Autoliquidación do Imposto Vehículos Tracción Mecánica (IVTM): Novas Altas.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Este trámite permite realizar o pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) por primeira vez (nova alta).

O pago deste imposto é imprescindible para matricular un novo vehículo e dalo de alta na Xefatura Provincial de Tráfico.

Se o vehículo estivese de baixa e agora quere volver dalo de alta é necesario facer a autoliquidación coma se fose un alta nova e pagar os trimestres correspondentes.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar o documento de pago nas entidades bancarias colaboradoras.

Este documento será o xustificante de pago do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

Debe presentalo na Xefatura Provincial de Tráfico para o trámite de matriculación dun vehículo.

Non ten que presentar nin este impreso nin ningunha outra documentación no Concello.

Observacións

Exencións e bonificacións:
- Pode optar ás exencións e bonificacións deste imposto cumplindo os requisitos detallados no artigo 4 da ordenanza 3 reguladora do imposto de vehículos de tracción mecánica.
Outras:
- O período impositivo coincide co ano natural agás no caso de primeira adquisición do vehículo en que comezará o primeiro día do trimestre natural en que se produce dita adquisición.
- A cota do imposto é irredutible agás no caso de primeira adquisición, baixa definitiva ou baixa temporal por subtracción ou roubo do vehículo en que se rateará por trimestres naturais.
- Cando se trate de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación en exercicios anteriores, o imposto xestionarase mediante o sistema de padrón anual que se notificará de modo colectivo mediante publicación de anuncio no Boletín Oficial da Provincia de conformidade co artigo 102.3 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria, excepto os ciclomotores e motocicletas de ata 125 cc. nos que as cotas anuais deberán ser ingresadas polo procedemento de autoliquidación entre os meses de xaneiro e abril de cada ano.

Oficinas

  • Administración de Tributos

    Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
    Teléfono: 010
    Teléfono: 986 810 0100

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.