Altas de Subministro de Auga. Vivenda Unifamiliar

Actualizado el 21 de mayo de 2020
Ver en la web de la administración

Subministración ou abastecemento de auga potable en vivendas unifamiliares, entendendo como tales aquelas en que unha única familia ocupa o edificio na súa totalidade.

O Pleno do Excelentísimo Concello de Vigo, reunido en sesión extrórdinaria o día 25 de outubro de 1990, adxudicou a Seragua FCC Vigo UTE a concesión para a explotación do Servizo Municipal de Augas de Vigo por un período de vinte e cinco anos. A finais de 2002, Seragua pasou a denominarse Aqualia.

A quen está dirixido

1. As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, que utilicen ou se beneficien do servizo.

2. Serán responsables solidarios ou subsidiarios as persoas físicas ou xurídicas, consideradas para estes efectos segundo o disposto na Lei 58/2003, Xeral Tributaria.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Pode realizar este trámite online a través da páxina de Aqualia.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Pagando as taxas correspondentes de formalización de alta e achegando a documentación necesaria ás oficinas de Aqualia.

Documentación requirida

  • Licenza municipal de primeira ocupación
    Ou certificado de que a vivenda é anterior ao 1985.
  • Boletín de Instalación selado pola Delegación de Industria

Observacións

O pago realizarase se non está domiciliado, en efectivo nas oficinas de Aqualia e se está domiciliado transfírese á súa conta bancaria. Dereitos de alta: 16,76 €.

Deberá pagar una fianza que irá en función do calibre do contador e do uso ao que se destina. Normalmente, instálase un contador de 13 mm cun importe de 64,88 €.

Máis información

Atención o cliente: 900 813 357

Direccións:

Oficina Principal

C/ Cantabria s/n

36206 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Oficina no Centro

C/ Venezuela nº 4

36203 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.