Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2019/20.

    Renovación de praza .

    As nenas e os nenos escolarizadas/os durante o curso 2018/19 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2 desta Resolución, e sempre que estivesen matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2019, tal e como se recolle no artigo 14.2.a) do RRI.

    As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude, de haber prazas vacantes no horario solicitado. De haberen máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo que se incorporou á escola segundo o recollido no artigo 15.A) do RRI.

    Traslado de centro .

    As familias cun/cunha neno/a escolarizado/a nunha escola infantil da Rede A Galiña Azul no curso 2018/19 que xustifiquen un cambio de domicilio e/ou lugar de traballo terán dereito preferente a unha praza no centro que soliciten sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2019.

    Requisitos

    Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    Escolas Infantís do Consorcio Galego

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)

    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    Escolas Infantís do Consorcio Galego

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)

    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2019/20 (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 9 de maio de 2019 pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 89 do 10 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 23 de maio de 2019 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de agarda para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 09/03/2017 - 10/04/2017.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    Versión en formato PDF

    • Para a renovación da praza do alumnado escolarizado durante o curso 2016/17, presentarase o modelo oficial de solicitude segundo o anexo VI desta resolución, que estará dispoñible nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org así como nas propias escolas infantís 0-3.
    • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
      a) Anexo II relativo á comprobación de datos do/a cónxuxe ou parella ou doutros membros da unidade familiar.
      b) Outros documentos que acrediten cambios de carácter socioeconómico na unidade familiar.
    • As solicitudes de renovación de praza deberán presentarse en soporte papel na propia escola infantil ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na páxina web do Consorcio http://www.igualdadebenestar.org.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao seguinte día hábil, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    ESCOLAS INFANTÍS

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)
    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    ESCOLAS INFANTÍS

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)
    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)

    Versión en formato PDF

    Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A galiña azul para o curso 2017/18.
    Solicitudes de renovación de praza.
    As nenas e os nenos escolarizadas/os durante o curso 2016/17 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2, e sempre que estivesen matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2017, tal e como se recolle no artigo 14.2.a do RRI.
    As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude, de haberen prazas vacantes no horario solicitado. De haberen máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo que se incorporou á escola segundo o recollido no artigo 15.A do RRI.

    Beneficiarios:

    Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2017.

    Requisitos:

    Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Anunció.- Resolución do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2017/18 (DOG nº 47 do 8 de marzo de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 04/04/2017 - 29/05/2017.

    Trinta e cinco (35) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I desta orde e que estará dispoñible na guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo: http://www.xunta.gal/resultados-da-guia-de-procedementos.
    • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
      • a) Copia do libro ou libros de familia en que consten todas as fillas e fillos da persoa solicitante ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
      • b) Xustificante de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.
      • c) No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do correspondente convenio regulador.
      • d) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.
      • e) Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
        Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
      Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
      Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
    • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma establecida no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    SERVIZO DE APOIO Á FAMILIA, Á INFANCIA E Á ADOLESCENCIA

    San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957781Fax: 981544634
    Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.gal

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2017.

    Tipo de axuda e contía

    A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
    a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
    b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
    c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

    Beneficiarios:

    1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

    No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.

    2. Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

    3. Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.

    4. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.

    5. As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.

    6. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Requisitos:

    1. Será requisito necesario para a concesión da prestación:

    a) Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que non quede acreditada a dita circunstancia pola presentación do xustificante de empadroamento, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.

    b) Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

    2. Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017 (DOG nº 65 do 3 de abril de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e das responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019 (código de procedemento BS412A), así como realizar a súa convocatoria.

    As axudas previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e a finalidade das subvencións non será necesaria a comparación e prelación das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.

    Tipo de axuda e contía .

    1. A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio e/ou de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social para atender necesidades puntuais -ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia- previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:

    a) Enfermidade do/da menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.

    b) Enfermidade da persoa coidadora habitual.

    c) Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.

    d) Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan que os membros da unidade familiar atendan o/a neno/a.

    Os servizos de atención á infancia subvencionados deben cumprir os requisitos establecidos no dito Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, e o establecido no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, así como, de ser o caso, na normativa de desenvolvemento.

    2. Con carácter xeral, concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado. O número total de horas concedido incrementarase un 15 % por cada fillo/a menor de doce anos a partir do primeiro.

    3. A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:

    a) Renda per cápita familiar ata 3.750 euros: 14 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 100 % do importe facturado, cun límite de 5 €/hora para o resto de servizos previstos no punto 1.

    b) Renda per cápita familiar superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 80 % do importe facturado, cun límite de 4 €/hora para o resto de servizos previstos no punto 1.

    c) Renda per cápita familiar superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 65 % do importe facturado, cun límite de 3,25 €/hora para o resto de servizos previstos no punto 1.

    d) Renda per cápita familiar superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites establecidos no artigo 3.1.b): 7 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 50 % do importe facturado, cun límite de 2,5 €/hora para o resto de servizos previstos no punto 1.

    As mulleres vítimas de violencia de xénero recibirán en todo caso a axuda prevista na letra a).

    4. O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de novembro de 2019.

    5. A contía da axuda farase efectiva unha vez se presente a documentación establecida no artigo 15 desta orde.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono coidado os pais/nais, titores/as ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    As persoas beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e mais no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:

    a) Facilitarlles aos órganos competentes toda a información necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da axuda concedida, particularmente a que sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

    b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede.

    c) Comunicar calquera alteración das condicións que motivaron o seu outorgamento.

    Requisitos

    a) Ter unha nena ou un neno nada/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 cando o servizo para o cal se solicita axuda se recibise no último trimestre do ano 2018, e con posterioridade ao 31 de decembro de 2007 para aqueles que se reciban durante o período subvencionable do ano 2019.

    b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2017.

    Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981185771

    Fax: 981185701

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294289

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. de la Habana, 79

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386196

    Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    R/ Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817817

    Fax: 986817637

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    OFICINA LOCAL DE PONTEVEDRA (PNC E XUVENTUDE)

    Avda. Fernández Ladreda, 43-1

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 886206524

    Fax: 986805554

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 48 do 8 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 48 do 8 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 09/04/2016 - 30/04/2016.

    O prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de abril de 2016.

    Prazo de resolución: Catro meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas.
    • A solicitude (anexo I) irá acompañada da seguinte documentación:
      • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
      • Copia do título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou cando, sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.
      • Copia da resolución administrativa de acollemento, no caso de non ser expedida pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou cando, sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.
      • Certificado de discapacidade, só no caso de non ser expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou cando, sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.
      • Certificado de monoparentalidade, só no caso de non ser expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou cando, sendo expedido por esta, non se autorice a súa consulta.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    • Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
      A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, xa mencionados.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DO CARBALLIÑO

    Avda. do Parque
    32500Carballiño, O
    Teléfono: 988788111Fax: 988271106

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. de la Habana, 79
    32004Ourense
    Teléfono: 988386196Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    R/ Concepción Arenal, 8
    36201Vigo
    Teléfono: 986817217Fax: 986817637

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de estadías e servizos para o ano 2016 das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social.
    O procedemento regulado pola presente orde comprende exclusivamente as estadías reflectidas no anexo II cuxa adxudicación corresponde á Consellería de Política Social.
    A distribución das prazas será compartida nun 50 % entre a Consellería de Política Social e as centrais sindicais en razón da súa representatividade na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos resultados obtidos nas derradeiras eleccións sindicais.
    Tipos de servizo.
    1. Servizo de residencia.
    O servizo de residencia consistirá no aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
    2. Servizos para non residentes.
    Poderán gozar do servizo de comedor os/as familiares e persoas con relación de amizade cos ou coas residentes, que veñan visitar a instalación, segundo as normas para a provisión de prazas que determine a persoa que exerza a dirección de cada residencia, e sen prexuízo da prioridade que se outorgue e se garanta ás persoas aloxadas.

    Beneficiarios:

    Todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior.

    Requisitos:

    Ter a súa residencia en territorio español ou ser galego/a residente no exterior.
    Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaran dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 4 de abril de 2016 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2016 (DOG nº 67 do 8 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, coa finalidade de consolidar a oferta existente e de ofrecer un servizo amplo de conciliación da vida familiar e laboral en que se preste unha atención educativa de calidade e cuns prezos homoxéneos para as familias (código de procedemento BS420A).

    2. Para os efectos desta orde, enténdese por nenas/os de 0 a 3 anos as/os nacidas/os con posterioridade ao 31 de decembro de 2016.

    Gastos subvencionables.

    1. As axudas convocadas teñen como finalidade compensar os gastos que se produzan e/ou se aboen desde o primeiro de xaneiro de 2019 ata a data de xustificación nos seguintes conceptos:

    a) Gastos de persoal (non se subvencionarán aqueles importes que excedan dos salarios e complementos establecidos para cada categoría profesional no último convenio colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil).

    b) Gastos de alimentación.

    c) Outros gastos xerais de mantemento do centro.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social que teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolva/n a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Obrigas das entidades beneficiarias:

    1. As entidades beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ademais especificamente a:

    a) Asegurar o cumprimento do proxecto educativo na/s escola/s subvencionadas.

    b) Remitir os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

    c) Facilitar a inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Política Social respecto dos centros subvencionados.

    d) Adaptar a tarifa de prezos da escola infantil 0-3 ao establecido no artigo 21 desta orde.

    e) Realizar a selección de solicitudes para a adxudicación de prazas na escola infantil 0-3 de acordo co baremo e puntuación establecidos no anexo VI.

    f) Prestar servizo cinco días á semana durante todo o ano, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral ou salvo causa xustificada, logo da autorización da Consellería de Política Social.

    g) Asegurar na prestación do servizo de comedor que se proporciona unha dieta equilibrada e adecuada á idade dos nenos e nenas e poñer a disposición dos pais e das nais a relación semanal de menús.

    h) Cumprir cos contidos exixidos para o proxecto lingüístico, de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

    i) Enviarlle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte a documentación que consta nos seguintes dous puntos:

    1º. Un certificado de ingresos e gastos compresivo de todo o ano natural conforme o modelo establecido no anexo III.

    2º. Unha relación do alumnado do centro no curso 2019/20, onde se indique a seguinte información:

    – Nome do pai, nai ou representante legal.

    – Nome da/do nena/o.

    – Meses de asistencia ao centro.

    – Importe da cota mensual.

    j) En relación coas solicitudes de novo ingreso para o curso 2019/20:

    1º. Facilitar unha copia do modelo de solicitude de axudas que figura como anexo IV a esta orde ás persoas que lles soliciten praza, co obxecto de que poidan exercer a opción por unha axuda do Bono concilia no caso de figurar en lista de espera no centro.

    2º. Remitirlle á xefatura territorial da Consellería de Política Social da súa provincia, con data límite do 12 de xuño de 2019, a relación de solicitantes de prazas do centro que se encontren en lista de espera para o curso 2019/20 e que, pola súa vez, optan polo Bono Concilia. A esta relación xuntaranse todas as solicitudes de axuda do Bono Concilia (anexo IV).

    k) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

    l) Dar a adecuada publicidade das axudas percibidas a través do taboleiro de anuncios do centro e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.

    m) Dar adecuada publicidade ao número de solicitudes de praza recibidas e o baremo aplicado para a súa selección a través do taboleiro de anuncios do centro e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.

    2. As entidades beneficiarias teñen a obriga de subministrar información nos termos previstos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

    3. As entidades que resulten beneficiarias destas axudas por primeira vez disporán dun prazo de 2 meses desde a data de notificación da resolución de concesión da axuda para adaptar os prezos da escola infantil 0-3 ao disposto no artigo 21 desta orde.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

    b) Que a escola infantil 0-3 para a cal se solicita a axuda cumpra os requisitos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, e mais no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, así como na normativa de desenvolvemento.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEMOGRAFÍA E CONCILIACIÓN

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957029 / 981545666

    Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 9 de maio de 2019 das axudas convocadas pola Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 93 do 16 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Tramitación do Título de Familia Numerosa.

    A quen vai dirixido?

    As familias numerosas.

    Requisitos

    Pódese obter o Título de Familia Numerosa sempre e cando a composición da unidade familiar sexa algunha das seguintes:
    a) Un ou dous ascendentes con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns.
    b) Un ou dous ascendentes con dous fillos, sexan ou non comúns, sempre que alomenos un destes sexa incapacitado ou discapacitado para traballar.
    c) Dous ascendentes, cando ambos fosen discapacitados ou estivesen incapacitados para traballar ou alomenos un destes tivese unha discapacidade superior ó 65 %, con dous fillos, sexan ou non comúns.
    d) O pai ou a nai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares, sempre que se atopen baixo a súa dependencia económica, aínda que non vivan no domicilio conxugal.

    e) Dous ou máis irmáns orfos de pai e nai sometidos a tutela, acollemento ou garda que convivan co tutor, acolledor ou gardador, pero non ás súas expensas.
    f) Tres ou máis irmáns orfos de pai e nai, maiores de dezaoito anos, ou dous, se un deles é discapacitado, que convivan e teñan unha dependencia económica entre eles.
    g) O pai ou a nai con dous fillos, cando faleza o outro proxenitor.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA FAMILIAR, INFANCIA E ADOLESCENCIA

    SERVIZO DE APOIO Á FAMILIA, Á INFANCIA E Á ADOLESCENCIA

    Edificio Administrativo de San Caetano.Edificio a Pirámide

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881995437

    Fax: 981544634

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981185750

    Fax: 981185737

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294442

    Fax: 982294386

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE OURENSE

    Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386121

    Fax: 988386131

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA VIGO

    Concepción Arenal, 8 -1º

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817044

    Fax: 986817049

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2011).

    Ligazón á normativa

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas (BOE nº 277 do 19 de novembro de 2003).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 1621/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE nº 15 do 18 de xaneiro de 2006).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 1918/2008, do 21 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1621/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE nº 289 da 1 de decembro de 2008).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    En caso de desaparición ou extravío do título, poderá solicitarse, da Administración que o tiver expedido, un duplicado deste, de acordo co procedemento que esta estableza para tal efecto.

    A quen vai dirixido?

    Familias numerosas.

    Requisitos

    No caso de que apareza o título de familia extraviado, comprometerse á súa entrega no órgano competente en materia de Familia da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar ou dos Servizos Centrais, de ser o caso.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEMOGRAFÍA E CONCILIACIÓN

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Edificio Administrativo de San Caetano.Edificio a Pirámide

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544650

    Fax: 981544634

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981185704

    Fax: 981185737

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294442

    Fax: 982294386

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE OURENSE

    Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386121

    Fax: 988386131

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA VIGO

    Concepción Arenal, 8 -1º

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817044

    Fax: 986817049

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia (DOG nº 134 do 13 de xullo de 2011).

    Ligazón á normativa

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas (BOE nº 277, do 19 de novembro de 2003).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 1621/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE nº 15, do 18 de xaneiro de 2006).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 1918/2008, do 21 de novembro, polo que se modifica o Real Decreto 1621/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE nº 289, da 1 de decembro de 2008).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Solicitar a inscrición no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia para actuar en funcións de cooperación e auxilio a aquelas persoas que teñen ou tiveron unha relación familiar e precisen dunha solución pactada á súa problemática.

    A quen vai dirixido?

    Os profesionais especializados en áreas psico-socio-familiares .

    Requisitos

    a) Ser titulado en dereito, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, traballo social ou en educación social.
    b) Ter desenvolvido, alomenos durante os dous anos inmediatamente anteriores á solicitude de habilitación para a inscrición, actividades profesionais no eido psico-socio-familiar.
    c) Estar en posesión das licenzas ou autorizacións pertinentes para o exercicio da súa actividade profesional e, se é o caso, inscrito no seu colexio profesional.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEMOGRAFÍA E CONCILIACIÓN

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Edificio Administrativo de San Caetano.Edificio a Pirámide

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544650

    Fax: 981544634

    Órgano responsable

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar (DOG nº 117 do 18 de xuño de 2001).

    Ligazón á normativa

    Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta (DOG nº 34 do 18 de febreiro de 2003).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta (DOG n° 44 do 4 de marzo de 2003).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    A consellería competente en materia de familia designará de oficio o mediador, unha vez acreditada a vontade das partes de continuar co proceso de mediación.

    A quen vai dirixido?

    As persoas que se atopen nunha situación de conflicto familiar como consecuencia da crise da súa relación matrimonial ou de parella.

    Requisitos

    O mediador familiar designarase, de acordo cos criterios de orde temporal das inscricións no rexistro e de rotación entre tódolos agrupados, en función do partido xudicial nos que os mediadores desenvolvan a súa actividade, tendo en conta o disposto nos números 2 e 3 do artigo 11 deste decreto:
    - Cada mediador abrirá folio no libro de rexistro e asignaráselle un número diferente e correlativo, no que se farán consta-los datos establecidos no artigo seguinte.
    - O rexistro de mediadores familiares agrupará as inscricións por partidos xudiciais nos que os mediadores desenvolvan a súa actividade, para os efectos de facilita-las consultas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEMOGRAFÍA E CONCILIACIÓN

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Edificio Administrativo de San Caetano.Edificio a Pirámide

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544650

    Fax: 981544634

    Órgano responsable

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar (DOG nº 117 do 18 de xuño de 2001).

    Ligazón á normativa

    Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta (DOG nº 34 do 18 de febreiro de 2003).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta (DOG n° 44 do 4 de marzo de 2003).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

Page 7 of 59
Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.