Xunta de Galicia

  • Obxecto

    O obxecto deste decreto é a regulación da profesión de guía de turismo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que se atopen legalmente establecidos noutro Estado membro como guías de turismo e se despracen de xeito ocasional ou temporal para exerceren en Galicia a profesión de guía de turismo poderán prestar libremente os seus servizos sen máis limitacións que a obriga de presentar a declaración a que se refire o artigo 30 deste Decreto.

    No suposto de que a profesión de guía non estea regulada no Estado membro de establecemento, deberá acreditarse, ademais, o exercicio da profesión nel durante, polo menos, 2 anos dentro dos últimos dez.

    A quen vai dirixido?

    Guías de Turismo.

    Considéranse guías de turismo os/as profesionais que, debidamente habilitados/as, prestan de xeito habitual e retribuído servizos de asistencia, acompañamento e información en materia cultural, artística, histórica e xeográfica aos/ás usuarios/as turísticos/as nas súas visitas a museos e demais bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia.

    Non teñen a consideración de actividades profesionais propias dos/as guías de turismo as seguintes:
    a) Os servizos de mero acompañamento e asistencia proporcionada a grupos de usuarios/as turísticos/as fóra dos lugares comprendidos no artigo 2 deste Decreto.

    b) As actividades que realicen ocasionalmente e sen percibir retribución específica por iso os/as profesionais do ensino con ocasión de visitas formativas dirixidas a grupos de alumnos/as ou os/as funcionarios/as e persoal ao servizo da Administración pública con motivo de visitas de carácter institucional.
    c) As realizadas polos/as empregados/as de museos ou monumentos histórico-artísticos que no seu interior faciliten información sobre estes aos/ás visitantes, sen percibir retribución por este concepto e sen que ofrezan os seus servizos mediante anuncio ou publicidade.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546360

    Fax: 981546371

    http://turismo.xunta.es

    Órgano responsable

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 73/2015, do 7 de maio, polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galicia (DOG nº 92 do 19 de maio de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro de 2005, e a Directiva 2006/100/CE, do Consello, de 20 de novembro de 2006, relativas ao recoñecemento de cualificaciones profesionais, así como a determinados aspectos do exercicio da profesión de avogado (BOE nº 280, do 20 de novembro de 2008).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE (código de procedemento TU970A).

    2. Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes ao ano 2019 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019. Concretamente, serán subvencionables:

    • Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, quedando excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos en que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2019.

    • Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2019, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

    3. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

    4. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na normativa de contratos do sector público para os contratos menores, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

    Cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.

    5. Poderá subcontratarse a actividade obxecto da subvención nun 100 %, de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos ou servizos turísticos que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita a actividade turística para a cal se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

    No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

    Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.

    Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos indicados polo solicitante na solicitude de subvención. O solicitante pode verificar a información que consta no REAT accedendo á web (extranet sectorial do Turismo) https://turespazo.turismo.gal.

    No caso contrario, deberase presentar coa solicitude a documentación acreditativa da titularidade e/ou representación. Neste caso, a Axencia de Turismo de Galicia instará de oficio a actualización desa información no REAT.

    Obrigas dos persoas beneficiarias.

    Os persoas beneficiarias das subvencións adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable:

    a) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o gozo da subvención.

    b) No caso das subvencións destinadas á 1ª certificación e renovación, manterase a certificación da Q de calidade durante un ciclo completo de tres anos, incluído o ano en curso.

    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Axencia Turismo de Galicia, ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, para o cal se achegará canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    d) Comunicarlle á Axencia Turismo de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. Por estar esta convocatoria suxeita ao réxime de minimis tamén deberá comunicar calquera axuda obtida polo beneficiario baixo este réxime neste ano fiscal e nos dous anteriores. Estas comunicacións deberán efectuarse tan pronto como se coñezan e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    e) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Para tales efectos, o solicitante deberá achegar certificación de estar ao día nas citadas obrigas no caso de opoñerse expresamente a que as solicite o órgano xestor, no espazo habilitado para tal finalidade no anexo V. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, será requirido para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

    f) As persoas beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

    g) Igualmente o beneficiario deberá incluír, nas súas accións promocionais, a marca turística de Galicia e a marca Xacobeo 2021. De ser o caso, na páxina web deberá inserir un banner cunha ligazón a páxina de promoción turística de Galicia. Nos folletos e outras publicacións deberá incluír na contraportada a marca turística de Galicia e a marca Xacobeo 2021, seguindo as indicacións dos manuais de identidade corporativa das citadas marcas previstas nas páxinas web https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-galicia e https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/xacobeo-2021.

    h) A facilitar datos, de forma periódica ou logo de requirimento da Administración turística galega, sobre a ocupación rexistrada no establecemento.

    i) As persoas beneficiarias quedan obrigadas a reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido pola subvención concedida, así como os correspondentes xuros de demora devindicados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

    – Por incumprimento dos compromisos e obrigas relacionados neste artigo.

    – Por incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente nos prazos e termos establecidos nesta resolución.

    – Por obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, con falsificación das condicións requiridas para isto ou ocultación daquelas que o impedisen.

    – Por incumprimento total ou parcial do obxectivo da actividade, do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a subvención.

    – Por resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo ou a concorrencia con outras axudas para a mesma finalidade percibidas de calquera Administración ou ente público ou privado.

    – Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    - No caso de entidades baixo unha mesma franquicia, só poderá solicitar a axuda para os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación baixo a modalidade multi-site a entidade matriz. No caso de matriz e sucursais con distinto NIF, as axudas para os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q deberán ser solicitados por cada unha das entidades individualmente.

    - Non poderán obter a condición de beneficiarios aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, empregando o modelo que figura no anexo III.

    - Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente comunicados á Administración concedente, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o novo titular subrogarase na posición xurídica de beneficiario da subvención.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

    15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546363 / 981547404

    Fax: 981546371

    Email: fomento.turismo@xunta.gal

    http://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion

    Órgano responsable

    Axencia Turismo de Galicia

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 5 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE que conduzan á obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 90 do 13 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 5 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE que conduzan á obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 90 do 13 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria de nove (9) bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia (procedemento TU981A) distribuídas da seguinte maneira:

    – Oito (8) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos), 1 bolsa na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 bolsa na oficina de turismo da Coruña, 1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra, 1 bolsa na oficina de turismo de Vigo, 1 bolsa na oficina de turismo de Lugo, 1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.

    – Unha (1) bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

    Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo IV desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 7.2 das bases reguladoras.

    O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2018 e 2019 coa seguinte duración:

    – Bolsas de formación práctica especializada en oficinas de turismo: duración máxima 5 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

    – Bolsa de formación práctica especializada na área de estudos e investigación: duración máxima de (12) doce meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

    Requisitos

    1. Nacionalidade: española.

    2. Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das seguintes titulacións, que deberán estar finalizadas nos catro anos naturais inmediatamente anteriores ao remate do prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria.

    a) Bolsas de formación nas oficinas de información turística: grao en Turismo; mestrado relacionado con turismo. Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas; técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos ou titulación homologada equivalente.

    b) Bolsa de formación na área de estudos e investigación: estar en posesión dunha titulación superior (calquera).

    3. Idiomas:

    a) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.

    b) Inglés: no caso das bolsas de formación nas oficinas de información turística, certificado B1 ou superior ou acreditación de nivel equivalente ao B1. De consideralo necesario, a Comisión de Valoración poderá realizar unha entrevista persoal para comprobación do nivel de idioma.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE

    ÁREA DE CALIDADE E PROXECTOS EUROPEOS

    A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981547406

    Fax: 981546647

    Email: proxectos.turismo@xunta.es

    Órgano responsable

    ÁREA DE CALIDADE E PROXECTOS EUROPEOS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 11 de xaneiro de 2018 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2018 e 2019, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2018)

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a concesión de oito bolsas de formación práctica especializada en mercados emisores, en réxime de concorrencia competitiva nas seguintes cidades: Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, São Paulo, Bruxelas, Cantón e Milán.

    O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2018 e 2019 cunha duración máxima de 10 meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras.

    A data prevista de incorporación dos/das bolseiros/as aos seus destinos é o 1 de outubro de 2018 e está condicionada á dispoñibilidade nas oficinas das consellerías de turismo en destino; en todo caso, manterase á duración total de 10 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

    A quen vai dirixido?

    Bolseiros/as mediante a realización de prácticas formativas de especialización en mercados turísticos emisores nas cidades de Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, São Paulo, Bruxelas, Cantón e Milán, con suxeición ao plan de formación que se lles entregará ao comezo das súas prácticas e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.

    Requisitos

    1. Nacionalidade: ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.

    2. Titulación: estar en posesión na data de aceptación da bolsa dun grao universitario ou titulación homologada ou equivalente.

    Poderán participar no proceso de selección aqueles candidatos que no momento de presentación das solicitudes teñan superadas todas as materias do grao e estean pendentes da presentación e defensa do traballo de fin de grao. Estes candidatos deberán acreditar estar en posesión do título universitario no momento de aceptación da bolsa. O título achegado non poderá ser anterior ao 31 de decembro de 2014.

    Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, deberan estar validados ou recoñecidos oficialmente polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

    3. Linguas:

    a) Galego: os solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

    b) Outras linguas:

    b.1) Para as bolsas de Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, Milán, e São Paulo deberase acreditar o coñecemento da lingua oficial do país.

    b.2) Para a bolsa de Bruxelas deberase acreditar o coñecemento das linguas francesa ou inglesa.

    b.3) Para a bolsa de Cantón deberase acreditar o coñecemento das linguas chinesa ou inglesa.

    O nivel de coñecemento acreditarase mediante o título da escola oficial de idiomas ou outras institucións oficiais dentro do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) e será o seguinte:

    – Nivel B2 na lingua oficial do país para as bolsas de Londres, Berlín, Os Ánxeles e París.

    – Nivel B2 en francés ou inglés para a bolsa de Bruxelas.

    – Nivel B2 en chinés ou inglés para a bolsa de Cantón.

    – Nivel B1 na lingua oficial do país para as bolsas de São Paulo e Milán.

    4. En ningún caso poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídos da convocatoria aqueles solicitantes que fosen adxudicatarios das bolsas e que renunciasen a elas con posterioridade á súa aceptación.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE

    ÁREA DE CALIDADE E PROXECTOS EUROPEOS

    A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981547406

    Fax: 981546647

    Email: proxectos.turismo@xunta.es

    Órgano responsable

    ÁREA DE CALIDADE E PROXECTOS EUROPEOS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 2 de agosto de 2018 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante os anos 2018 e 2019, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 2 de agosto de 2018 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante os anos 2018 e 2019, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto actualizar os modelos oficiais de declaración responsable e comunicación previa relativos a actividades de servizos turísticos, que figuran no anexo I desta orde.

    Se unha persoa física ou xurídica está interesada na apertura dunha axencia de viaxe ou dunha sucursal, debe presentar, ante o Área Provincial da Axencia de Turismo de Galicia da provincia correspondente, a declaración responsable de que cumpre os requisitos establecidos na normativa vixente para o inicio de actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e solicitar a oportuna clasificación turística.

    A quen vai dirixido?

    Empresas / Persoas físicas e/ou xurídicas.

    Requisitos

    Cumprir os requisitos e condicións que se establecen na normativa vixente.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DA CORUÑA

    R/ Vicente Ferrer, 2

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184674 / 981184681

    Fax: 981184678

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294220 / 982294227

    Fax: 982889053

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE OURENSE

    R/ Curros Enríquez, 1-4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386069 / 988386035

    Fax: 988214976

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE PONTEVEDRA

    R/ Fernández Ladreda, 43

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805520 / 986805574

    Fax: 986805575

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en mateira de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2001).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto actualizar os modelos oficiais de declaración responsable e comunicación previa relativos a actividades de servizos turísticos, que figuran no anexo I desta orde.

    Unha persoa física ou xurídica está interesada na apertura dunha cafetería ou restaurante debe presentar, ante o Área Provincial da Axencia de Turismo de Galicia da provincia correspondente, a declaración responsable de que cumpre os requisitos establecidos na normativa vixente para o inicio de actividade e solicitar a oportuna clasificación turística.

    A quen vai dirixido?

    Empresas / Persoas físicas e/ou xurídicas.

    Requisitos

    Cumprir os requisitos e condicións que se establecen na normativa vixente.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DA CORUÑA

    R/ Vicente Ferrer, 2

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184674 / 981184681

    Fax: 981184678

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294220 / 982294227

    Fax: 982889053

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE OURENSE

    R/ Curros Enríquez, 1-4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386069 / 988386035

    Fax: 988214976

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE PONTEVEDRA

    R/ Fernández Ladreda, 43

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805520 / 986805574

    Fax: 986805575

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 19 de novembro de 2015 pola que se actualizan os modelos oficiais de declaración responsable e comunicación de inicio de actividade relativos a actividades de servizos turísticos (DOG nº 231 do 3 de decembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Decreto 108/2006, do 15 de xuño, polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes e das cafeterías da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 133 do 11 de xullo de 2006)

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 108/2006, do 15 de xuño, polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes e das cafetarías da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 148 do 2 de agosto de 2006).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 108/2006, do 15 de xuño, polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes e das cafetarías da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº174 do 8 de setembro de 2006).

    Ligazón á normativa

    Decreto 8/2007, do 10 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 108/2006, 15 de xuño, polo que se establece a ordenación dos restaurantes e das cafeterías da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2007).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Este decreto ten por obxecto a ordenación dos establecementos hoteleiros situados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

    O/a empresario/a turístico/a que pretenda desenvolver a actividade de aloxamento turístico regulada neste decreto deberá presentar ante a área provincial da Axencia Turismo de Galicia en que radique o establecemento unha declaración responsable en que manifeste o cumprimento dos requisitos previstos na normativa turística para a clasificación pretendida e o compromiso de mantelos durante o tempo de vixencia da actividade, mediante modelo normalizado previsto no anexo IV do decreto, xunto co cuestionario de autoavaliación previsto no artigo 37, para o caso dos hoteis.

    A quen vai dirixido?

    Propietarios de establecementos hoteleiros.

    Requisitos

    Cumprir os requisitos e condicións que se establecen na normativa vixente.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546365

    Fax: 981546371

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DA CORUÑA

    Praza Luis Seoane, s/n

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184674 / 981184681

    Fax: 981184678

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294220 / 982294227

    Fax: 982889053

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE OURENSE

    R/ Curros Enríquez, 1-4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386069 / 988386035

    Fax: 988386727

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE PONTEVEDRA

    R/ Fernández Ladreda, 43-6º

    36003 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986805520 / 986805574

    Fax: 986805575

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    Ligazón á normativa

    Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros. (DOG nº 144 do 1 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto actualizar os modelos oficiais de declaración responsable e comunicación previa relativos a actividades de servizos turísticos, que figuran no anexo I desta orde.

    Se unha persoa física ou xurídica está interesada na apertura dun establecemento de turismo rural (edificacións ubicadas no medio rural que, polas súas especiais características de construcción, emprazamento e tipicidade, prestan servizos de aloxamento turístico, mediante contraprestación), debe presentar, ante o Área Provincial da Axencia de Turismo de Galicia da provincia correspondente, a declaración responsable de que cumpre os requisitos establecidos na normativa vixente para o inicio de actividade e solicitar a oportuna clasificación turística.

    A quen vai dirixido?

    Empresas / Persoas física e/ou xurídicas.

    Requisitos

    Cumprir os requisitos e condicións que se establecen na normativa vixente

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DA CORUÑA

    R/ Vicente Ferrer, 2

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184674 / 981184681

    Fax: 981184678

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294220 / 982294227

    Fax: 982889053

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE OURENSE

    R/ Curros Enríquez, 1-4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386069 / 988386035

    Fax: 988214976

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE PONTEVEDRA

    R/ Fernández Ladreda, 43

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805520 / 986805574

    Fax: 986805575

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 19 de novembro de 2015 pola que se actualizan os modelos oficiais de declaración responsable e comunicación de inicio de actividade relativos a actividades de servizos turísticos (DOG nº 231 do 3 de decembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Decreto 191/2004, do 29 de xullo, de establecementos de turismo rural (DOG nº 154 do 10 de agosto de 2004).

    Ligazón á normativa

    Decreto 142/2006, do 27 de xullo, polo que se modifica o Decreto 191/2004, do 29 de xullo, de establecementos de turismo rural (DOG nº 173 do 7 de setembro de 2006).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    O/a empresario/a turístico/a que pretenda desenvolver a actividade de aloxamento turístico nas modalidades de apartamentos, deberá presentar ante a Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia na que radique o establecemento, unha declaración responsable, na que manifeste o cumprimento dos requisitos previstos na normativa turística para a clasificación pretendida e o compromiso de mantelos durante o tempo de vixencia da actividade, mediante o modelo normalizado previsto no nexo III.

    Requisitos

    Cumprir os requisitos establecidos pola normativa vixente.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DA CORUÑA

    R/ Vicente Ferrer, 2

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184674 / 981184681

    Fax: 981184678

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE OURENSE

    R/ Curros Enríquez, 1-3º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386069 / 988386035

    Fax: 988386727

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294220 / 982294227

    Fax: 982889053

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE PONTEVEDRA

    R/ Fernández Ladreda, 43

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805520 / 986805574

    Fax: 986805575

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Axencia Turismo de Galicia

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 29 do 10 de febreiro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Instrución interpretativa 1/2017, do 9 de maio, para a aplicación do Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 89 do 10 de maio de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Este decreto ten por obxecto a ordenación dos establecementos hoteleiros situados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

    As empresas turísticas que proxecten a apertura, construción ou modificación dun establecemento hoteleiro, antes de iniciaren calquera tipo de actuación ou trámite ante o concello correspondente poderán solicitar da Axencia Turismo de Galicia un informe relativo ao cumprimento dos requisitos mínimos de infraestrutura e servizos, empregando o modelo normalizado que figura no anexo III do decreto.

    A quen vai dirixido?

    Propietarios de establecementos hoteleiros.

    Requisitos

    Cumprir os requisitos e condicións que se establecen na normativa vixente.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

    15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546360 / 981546364

    Fax: 981546371

    http://turismo.xunta.es

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DA CORUÑA

    R/ Vicente Ferrer, 2

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184674 / 981184681

    Fax: 981184678

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294220 / 982294227

    Fax: 982889053

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE OURENSE

    R/ Curros Enríquez, 1-4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386069 / 988386035

    Fax: 988214976

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Turismo de Galicia

    ÁREA PROVINCIAL DE TURISMO DE PONTEVEDRA

    R/ Fernández Ladreda, 43

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805520 / 986805574

    Fax: 986805575

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros (DOG nº 201 do 18 de outubro de 1999).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros (DOG nº 227 do 24 de novembro de 1999).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2000).

    Ligazón á normativa

    Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216 do 11 de novembro de 2011).

    Ligazón á normativa

    Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros. (DOG nº 144 do 1 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.