Xunta de Galicia

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2019, das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, concibidos como programas de formación, práctica profesional e, no caso dos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes, para incentivos á contratación temporal en empresas, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.

    2. Os obradoiros duais de emprego configúranse como programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

    3. A programación dos obradoiros duais de emprego integrarase, na medida do posible e conforme os itinerarios de inserción profesional que se definan, en proxectos que dean resposta ás demandas do mercado de traballo e sexan capaces de activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, crear postos de traballo.

    4. Valórase no caso dos concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes que se promova a inserción laboral por conta allea das persoas participantes que rematen o obradoiro con resultado de apto durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas do ámbito das materias impartidas e no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego. Se for o caso, as entidades promotoras deberán publicar unha convocatoria de axudas á inserción laboral, a través de incentivos á contratación. Porase á disposición na sede electrónica un anexo V como modelo orientativo de convocatoria.

    Etapas e duración .

    1. A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de nove meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

    2. Transcorrido o prazo de duración da etapa de formación en alternancia coa práctica profesional, valorarase que as entidades promotoras desenvolvan un programa de inserción laboral das persoas participantes nos obradoiros, a través de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas do ámbito das materias impartidas e no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego.

    3. A data límite para o inicio da formación e as prácticas profesionais será, con carácter xeral, o 30 de setembro de 2019.

    4. A data límite para o inicio das contratacións temporais por conta allea será, con carácter xeral, o 15 de xullo de 2020.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser persoas beneficiarias participantes neste programa aquelas que, estando desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, teñan unha idade igual ou superior aos dezaoito anos.

    2. Para poder participar neste programa é imprescindible cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe, co obxecto de estar vinculada mediante un contrato de tales características ao obradoiro dual de emprego durante toda a duración da etapa de formación en alternancia, de acordo co previsto no artigo 11.2 e na disposición adicional segunda do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

    3. Se a formación para impartir no proxecto vai dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, será necesario que o perfil do alumnado se adecue aos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os devanditos certificados.

    Obrigas das entidades promotoras.

    As entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás axudas e subvencións públicas, deberán:

    a) Realizar as actividades para as cales se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.

    b) Acondicionar e dotar as instalacións de xeito que reúnan as condicións de seguridade e saúde laboral que permitan o normal desenvolvemento das actividades formativas desde o inicio do proxecto.

    c) Acreditar ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

    d) Satisfacer, ao seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

    e) Someterse ás actuacións de avaliación, supervisión e control que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á xestión e tramitación administrativa do obradoiro dual de emprego no seu conxunto e dos incentivos á contratación, así como as previstas no artigo 11.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tamén ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Consello de Contas.

    f) Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.

    g) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación e conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagamentos e o seguimento da pista de auditoría.

    h) Comunicar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional, no momento de presentar a solicitude, así como con ocasión da xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do derradeiro pagamento.

    i) Remitir á xefatura territorial correspondente da Consellería de Economía, Emprego e Industria copia dos certificados de aproveitamento, nos cales conste o número de horas da formación recibida e a cualificación final, entregados ao alumnado participante no proxecto.

    j) Garantir o cumprimento do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no desenvolvemento do proxecto.

    k) Procurar, na execución do obradoiro, un uso non sexista da linguaxe e velar por transmitir unha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada de mulleres e homes.

    l) Identificar convenientemente, para os efectos de difusión pública, a sede do proxecto, así como as actividades e as obras e servizos que se realicen, tendo en conta que as súas actividades de publicidade e divulgación se adecuarán á normativa correspondente. Así mesmo, nas realizacións de carácter permanente que leven a cabo os obradoiros duais de emprego colocarase unha placa identificativa, seguindo os modelos e características que estableza a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, na cal constará o cofinancimento polos Servizos Públicos de Emprego.

    m) Formar as persoas participantes nos aspectos teóricos e prácticos das actividades profesionais contidas no plano formativo e contratar o alumnado participante, na modalidade contractual e pola duración prevista no artigo 4 desta orde, e formalos nos aspectos teóricos e prácticos das actividades profesionais ou oficios obxecto do programa.

    n) Procurar a inserción laboral posterior das persoas desempregadas participantes nos proxectos, ben como traballador ou traballadora por conta allea, a través dos incentivos á contratación establecidos na presente orde, ou por calquera outro medio; ou ben mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos ou por conta propia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Para a selección do alumnado-traballador, o grupo de traballo mixto determinará o perfil das persoas candidatas, os baremos e probas que poidan aplicarse, se é o caso, e os requisitos mínimos que aquelas deben cumprir, con suxeición ao previsto nos parágrafos seguintes.

    2. En todo caso, a selección irá precedida da tramitación de oferta de emprego pola correspondente oficina de emprego, e esta deberá observar, como requisitos mínimos que deben cumprir as persoas candidatas preseleccionadas, os seguintes:

    a) Ter dezaoito ou máis anos de idade.

    b) Estar desempregadas, entendéndose nesta situación as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.

    c) Cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe, co obxecto de ter vinculación mediante un contrato de tales características ao obradoiro dual de emprego, desde a súa incorporación ao proxecto, en aplicación do previsto nos artigos 2 e 5 desta orde.

    d) Cando a formación que se vai impartir no proxecto vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados.

    3. Terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, tendo prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como os emigrantes retornados; as mulleres en xeral; as mulleres vítimas de violencia de xénero; as persoas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego; as persoas paradas de longa duración; as persoas maiores de corenta e cinco anos; as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 3 en que se require unha maior formación, xa que estes programas van dirixidos ás persoas que, con carácter xeral, carecen dunha cualificación profesional; as persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos, e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.

    4. O grupo de traballo mixto practicará a selección de entre as relacións de persoas desempregadas confeccionadas pola oficina de emprego que deberán conter, no posible, tres persoas candidatas por posto.

    5. O alumnado que se seleccione deberá manter o cumprimento dos requisitos de selección na data da súa incorporación ao proxecto.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL

    SERVIZO DE PROGRAMAS MIXTOS

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981547224

    Fax: 981545765

    Email: dx.emprego-formacion@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º andar

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881597 / 881882579

    Fax: 881881576

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294257

    Fax: 982294282

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 6º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386827

    Fax: 988386829

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817022

    Fax: 986817766

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 17 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 88 do 9 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 17 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 88 do 9 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade, das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (obradoiros de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. Os obradoiros de emprego configúranse como programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

    3. A súa programación integrarase, na medida do posible e conforme os itinerarios de inserción profesional que se definan, en proxectos que dean resposta ás demandas do mercado de traballo e sexan capaces de activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, crear postos de traballo.

    Duración .

    1. Os proxectos terán unha duración de seis meses, así como unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

    2. Transcorrido o prazo de duración previsto na resolución de aprobación do proxecto, o proxecto considerarase finalizado.

    3. A data límite para o inicio dos proxectos será o 30 de setembro de 2019.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Persoas beneficiarias participantes .

    1. Poderán ser persoas beneficiarias participantes deste programa aquelas persoas mozas de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente no momento da selección do alumnado, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 90.1.a) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

    Ademais, deberán manter o cumprimento dos requisitos exixidos na Lei 18/2014, modificada polo Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, con carácter previo a participar nos obradoiros de emprego.

    2. Para poder participar neste programa é imprescindible cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe, co obxecto de estar vinculada mediante un contrato de tales características ao proxecto, durante toda a duración do proxecto, de acordo co previsto no artigo 11.2 e na disposición adicional segunda do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

    3. Se a formación que se vai impartir no proxecto vai dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, garantirase que o perfil do alumnado se adecúe aos requisitos sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados.

    Beneficiarias da subvención: entidades promotoras .

    1. Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos:

    – Polos concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos e as entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade corresponda integramente a elas.

    2. As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou servizos e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2018 superior a 500 persoas no ámbito territorial do proxecto, entendendo como tal o territorio do concello solicitante ou, se é o caso, a suma dos territorios dos concellos limítrofes da mesma provincia que concorran agrupados.

    Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe, cando menos, tres concellos limítrofes da mesma provincia, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.

    3. Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    4. Será requisito para a concesión da subvención que a entidade local solicitante ou entidades locais no caso de solicitudes presentadas por agrupación de concellos cumpriron coa súa obriga de remisión das contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

    Obrigas.

    As entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás axudas e subvencións públicas, deberán:

    a) Realizar as actividades para as que se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.

    b) Acondicionar e dotar as instalacións de xeito que reúnan as condicións de seguridade e saúde laboral que permitan o normal desenvolvemento das actividades formativas desde o inicio do proxecto.

    c) Formar as persoas participantes nos aspectos teóricos e prácticos das actividades profesionais contidas no plan formativo e contratar ao alumnado participante, na modalidade contractual e pola duración prevista no artigo 4 desta orde, e formalo nos aspectos teóricos e prácticos das actividades profesionais ou oficios obxecto do programa.

    d) Acreditar ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

    e) Satisfacer, ao seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

    f) Someterse ás actuacións de supervisión e control que en calquera momento poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria ou da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa así como as previstas no artigo 11.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tamén ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como do Tribunal de Contas relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do Fondo Social Europeo, que comprenderán as oportunas visitas sobre o terreo, e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, á Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

    g) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como aqueles estados contables e rexistros específicos que sexan exixidos por esta orde, coa identificación e conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións realizadas, para garantir a rastrexabilidade dos pagamentos e o seguimento da pista de auditoría.

    h) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, en canto poden ser obxecto das actuacións de comprobación e control. A data de certificación dos gastos á Comisión Europea será publicada no Diario Oficial de Galicia.

    i) Comunicar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a obtención doutras subvencións ou axudas para o mesmo proxecto ou finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional, no momento de presentar a solicitude así como con ocasión da xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do derradeiro pagamento.

    j) Procurar a inserción laboral posterior das persoas desempregadas participantes nos proxectos, ben como persoa traballadora por conta allea ou ben mediante a súa constitución en persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

    k) Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo FSE, reguladas na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE durante o período de programación 2014-2020 e mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) 1303/2013, e o artigo 13 do Regulamento (UE) 1304/2013, modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, así como as que se diten no seu desenvolvemento para o período 2014-2020.

    l) Aceptar a súa inclusión na lista de persoas beneficiarias publicada segundo o disposto no artigo 115 punto 2 do Regulamento (UE) 1303/2013 modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046.

    m) Comunicar a todas as persoas que participan no proxecto que os custos derivados da súa realización son cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89 %, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014-2020.

    n) Cumprir con cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa de emprego xuvenil, de conformidade co establecido no artigo seguinte.

    o) Remitir á xefatura territorial correspondente da Consellería de Economía, Emprego e Industria copia dos certificados de aproveitamento, nos cales conste o número de horas da formación recibida e a cualificación final, entregados ao alumnado participante no proxecto.

    p) Garantir o cumprimento do principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no deseño e desenvolvemento do proxecto.

    q) Procurar, na execución do obradoiro, un uso non sexista da linguaxe e velar por transmitir unha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada de mulleres e homes.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN LABORAL

    SERVIZO DE PROGRAMAS MIXTOS

    Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981547224

    Fax: 981545765

    Email: dx.emprego-formacion@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º andar

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881597 / 881882579

    Fax: 881881576

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294257

    Fax: 982294282

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 6º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386827

    Fax: 988386829

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817022

    Fax: 986817766

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 4 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 79 do 25 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 4 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 79 do 25 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2019, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. Establécese o seguinte programa de axudas:

    - Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356A).

    Obxecto e condicións para a obtención da axuda .

    1. Este programa ten por obxecto subvencionarlles parcialmente ás empresas de inserción laboral os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social incluídas no artigo 7 desta orde.

    2. Cando a persoa traballadora estea en situación de incapacidade temporal, a subvención referirase exclusivamente aos días en que o pagamento sexa, obrigatoriamente, por conta da empresa, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social.

    Non serán subvencionables as indemnizacións e as axudas de custo.

    3. Os contratos de traballo subscritos entre as persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social e as empresas de inserción laboral terán que reunir as seguintes características para seren subvencionables:

    a) Deberán formalizarse por escrito, axustándose ao disposto na Lei 44/2007, do 13 de decembro, que regula o réxime das empresas de inserción.

    b) A súa duración non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 3 anos.

    c) A xornada de traballo non poderá ser inferior ao 50 % da establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legalmente establecida.

    d) A persoa seleccionada, a empresa de inserción laboral e os servizos sociais deberán subscribir o convenio de inserción, co contido sinalado no artigo 13 do Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción laboral.

    4. Non poderán ser contratadas as persoas traballadoras que nos dous anos inmediatamente anteriores prestasen servizos, na mesma ou en distinta empresa de inserción laboral, mediante un ou varios contratos de traballo, incluído o contrato temporal de fomento do emprego. Exceptúanse os casos en que, no suposto de fracaso nun proceso previo de inserción ou no de recaída en situacións de exclusión, o servizo social público competente considere o contrario á vista das circunstancias persoais da persoa traballadora.

    5. A empresa de inserción laboral estará obrigada a facer un seguimento das persoas traballadoras en proceso de inserción mediante itinerarios individualizados de formación e ocupación.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    - Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.

    - Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como empresa de inserción laboral, de conformidade co Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral, e a Orde do 6 de maio de 2008 pola que se regula o procedemento de cualificación das empresas de inserción laboral e a organización e funcionamento do seu rexistro administrativo. Non obstante, non se poderá pagar a axuda mentres non obteñan a dita cualificación.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    - Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    - A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obteren a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ECONOMÍA SOCIAL

    Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

    Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544682 / 981957732

    Fax: 981544678

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 78 do 24 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019. Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social (DOG nº 78 do 24 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 30/07/2016 - 30/09/2016.

    Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación das solicitudes das axudas previstas nesta orde rematará o 30 de setembro de 2016.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • As solicitudes deberán presentarse no formulario normalizado que figura como anexo I desta orde e deberán ir acompañadas, do orixinal ou copia compulsada ou cotexada, da documentación común e específica que se relaciona:
      • A) Documentación común para todos os tipos de axuda:
        a) Solicitude no modelo do anexo I desta orde, que incluirá a declaración comprensiva do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.
        b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade en caso de non prestar a autorización na solicitude á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade, así como poder suficiente para actuar en nome da entidade.
        c) Memoria descritiva da entidade solicitante en que se recollan as actividades de inserción realizadas durante o último ano natural e o cumprimento dos seus obxectivos económicos e de inserción. A memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas, os recursos aplicados e as súas fontes.
      • B) Documentación específica para cada tipo de axuda:
        a) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social:
        - Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que estean en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.
        - Contratos de traballo e convenios de inserción das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención.
        - Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
        - Relación nominal das persoas traballadoras incluídas na cotización á Seguridade Social das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
        - Descrición detallada dos postos de traballo que se van cubrir e as súas características tecnicas.
        b) Subvención pola contratación de xerentes ou persoas tecnicas:
        - Relación nominal de xerentes ou persoas tecnicas da empresa de inserción laboral polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II, no cal se indicarán os custos laborais totais a cargo da empresa de inserción laboral, de xerentes ou persoas tecnicas, correspondentes ao período polo que se solicita subvención.
        - Memoria explicativa da necesidade da contratación de xerentes ou persoas tecnicas para o desenvolvemento da actividade empresarial, na cal conste o número e os perfís profesionais e os servizos que van prestar.
        - Contratos de traballo das persoas xerentes ou tecnicas polas cales se solicita subvención.
        - Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
        - Relación nominal das persoas traballadoras incluídas na cotización á Seguridade Social das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
        c) Subvención pola contratación de persoal tecnico en accións de orientación e acompañamento á inserción:
        - Relación nominal do persoal tecnico da empresa de inserción laboral ou da entidade promotora polo cal se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II, no cal se indicarán os custos laborais totais a cargo da empresa de inserción laboral ou da entidade promotora, do persoal tecnico polo cal se solicita subvención.
        - Memoria descritiva da necesidade da contratación de persoal tecnico en accións de orientación e acompañamento á inserción, na cal conste o número e os perfís profesionais, as funcións que van realizar, así como o número de persoas traballadoras en proceso de inserción que van orientar e a porcentaxe da xornada de traballo que lle van dedicar.
        - Contratos de traballo do persoal tecnico polo cal se solicita subvención.
        - Curriculum vitae do persoal tecnico, xunto coa documentación que acredite a súa formación e experiencia profesional.
        - Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
        - Relación nominal das persoas traballadoras incluídas na cotización á Seguridade Social das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
        d) Subvención pola realización de labores de mediación laboral:
        - Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que estean en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.
        - Contrato de traballo formalizado entre a persoa traballadora da empresa de inserción laboral e a empresa ordinaria á cal se incorpora ou documentación acreditativa da alta da persoa traballadora en proceso de inserción en calquera rexime especial da Seguridade Social por conta propia.
        - Se e o caso, declaración da empresa contratante de que a incorporación da persoa traballadora á empresa ordinaria se realizou por mediación da empresa de inserción laboral, xunto coas nóminas aboadas á persoa traballadora correspondentes aos seis primeiros meses desde o inicio da contratación.
        - Se e o caso, declaración do traballador ou da traballadora autónoma de que a súa iniciativa de autoemprego realizouse mediante o asesoramento, apoio e acompañamento da empresa de inserción laboral, xunto cos xustificantes das cotizacións á Seguridade Social desde a alta no rexime especial da Seguridade Social por conta propia.
        e) Subvención financeira:
        - Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que estean en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.
        - Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimentos e o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da subvención e xustificación da súa necesidade.
        - Contrato de prestamo ou, na súa falta, compromiso da entidade financeira sobre a concesión do prestamo, en que figuren as características e se faga constar que a operación se acolle ao convenio subscrito para tal fin, ou que xustifique que se trata dun microcredito.
        - Plan de investimentos xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos activos que se vaian ter en conta para acreditar o requisito do investimento en inmobilizado material ou intanxible que se vaia realizar e o destino do prestamo.
        f) Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral:
        - Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que estean en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.
        - Contratos de traballo das persoas traballadoras en proceso de inserción polas cales se solicita a subvención.
        - Memoria ampliada do proxecto.
        - Estudo económico-financeiro da viabilidade do proxecto.
        - Detalle do plan de investimentos en inmobilizado material ou intanxible e calendario para a súa execución, xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras.
        g) Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade:
        - Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, con indicación daquelas que estean en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II.
        - Orzamento dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade, con indicación daqueles aos cales se vai destinar a subvención.
        - Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.
        h) Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia tecnica:
        - Memoria da entidade ou curriculum vitae da persoa que elaborará o estudo ou o asesoramento, que deberá incluír a modalidade de axuda solicitada e xustificación da súa necesidade. No suposto da creación dunha empresa de inserción deberá incluír a actividade que vai desenvolver a empresa de inserción laboral e unha previsión económico-financeira para os dous exercicios iniciais.
        - No caso das subvencións para a realización de estudos de mercado, proxecto de apertura de mercados ou de reorientación da actividade empresarial que se somete a estudo deberá presentarse un índice do seu contido.
        - Orzamento detallado do estudo ou asesoramento.
    • As solicitudes dirixiranse ao órgano competente para resolver e deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, da persoa representante que actúe con poder suficiente, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
      Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE INTEGRACIÓN LABORAL
    Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544682 / 981957732Fax: 981544678

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2016, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social.
    Tipos de axuda.
    1. As empresas de inserción laboral poderán acceder aos seguintes tipos de axuda:
    a) A contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
    b) A contratación de xerentes ou persoas técnicas necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa de inserción laboral.
    c) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción.
    d) A realización de labores de mediación laboral para a contratación de persoas en inserción no mercado laboral ordinario.
    e) A formalización de préstamos con entidades financeiras.
    f) A creación e ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral.
    g) O inicio e posta en marcha da actividade.
    h) O fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica.
    2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias dos seguintes tipos de axuda:
    a) A contratación de persoas técnicas expertas en accións de orientación e acompañamento á inserción.
    b) O fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral.

    Beneficiarios:

    As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.
    Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas e subvencións:
    a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
    b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
    d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    e) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
    f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
    Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable adecuado para os gastos obxecto da subvención.
    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
    h) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
    De acordo con esta obriga, a empresa de inserción laboral deberá anunciar que está sendo subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Público de Emprego Estatal no seu domicilio social e nos seus centros de traballo. Para isto, incorporarán un rótulo visible ao público incluíndo o nome da empresa, a expresión «Empresa de inserción laboral» ou EIL, o logotipo da Xunta de Galicia. Os formatos que se deben utilizar serán proporcionados pola Secretaría Xeral de Emprego, no seguinte enlace: http://traballo.xunta.es/publicidade-de-empresas-de-insercion
    Igualmente, para cumprir esta obriga, a empresa de inserción laboral beneficiaria deberá presentar, para o pagamento da subvención concedida, a xustificación do cumprimento da obriga de informar as persoas traballadoras respecto da subvención do seu contrato, no modelo anexo IV desta orde.
    i) Ter levado a cabo a organización preventiva, a auditoría, se procede, e o plan de prevención, de acordo co previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e a normativa regulamentaria de desenvolvemento.
    j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Requisitos:

    - Poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral. Non obstante, non se poderá proceder ao pagamento da axuda en canto non obteñan esa cualificación.
    - Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
    - Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
    - A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 do artigo 3 de esta orden para obteren a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 1 de decembro de 2016 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 233 do 7 de decembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 143 do 29 de xullo de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 19 de decembro de 2016 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 244 do 23 de decembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras, para o ano 2019, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas con traballadores a cargo, para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Liña III: Conciliación da vida laboral, familiar e persoal (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:

    Subliña 1. Incentivos económicos para o fomento do teletraballo

    Contía dos incentivos.

    As axudas consistirán nun incentivo de 3.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 12.000 euros por empresa.

    O incentivo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina é polo menos igual á masculina. Este incremento non será aplicable a aquelas empresas que xa o obtiveran noutras convocatorias.

    Subliña 2. Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria.

    Contía dos incentivos.

    As axudas consistirán nun incentivo de 3.000 euros por persoa traballadora beneficiada, co límite máximo de 12.000 euros por empresa.

    O incentivo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina é polo menos igual á masculina.

    Subliña 3. Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

    Actividades subvencionables.

    1. Terán a consideración de actividades subvencionables os gastos efectivamente satisfeitos e desglosados, e conforme aos prezos do mercado, sen incluír o IVE, derivados dos investimentos realizados pola/s empresa/s de xeito individual ou mancomunadamente.

    2. Só se subvencionarán os gastos que se consideren imprescindibles para o axeitado funcionamento das instalacións habilitadas.

    3. Nas instalacións subvencionadas teranse en conta as necesidades das persoas traballadoras con discapacidade e con necesidades específicas, debendo recoller tal circunstancia na memoria das actuacións.

    Contía das axudas.

    1. As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80% do investimento, e por unha soa vez, co límite máximo de 10.000 euros por empresa.

    2. A intensidade da axuda verase incrementada nun 10% para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As empresas solicitantes poderán ser pemes, ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.

    Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia que deberán ter contratado nesta comunidade autónoma un mínimo de 8 persoas.

    Requisitos

    - As entidades solicitantes deben atoparse ao corrente das súas obrigacións tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración xeral da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.

    - Para efectos destas axudas, terán a consideración de pemes as empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual no excede os 43 millóns de euros.

    Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.

    - No caso de grupos de empresas, ou empresas vinculadas, só se poderá presentar a solicitude da axuda por unha única empresa, e soamente se tramitará aquela que teña o primeiro número de entrada no rexistro administrativo.

    - Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos empresariais que xa fosen beneficiarios destas axudas, polos mesmos conceptos, en anos anteriores. Non obstante, na liña III (conciliación) non se concederán axudas ás empresas que foron beneficiarias pola cantidade máxima subvencionable, en convocatorias anteriores.

    - Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.

    Subliña 1 .

    Requisitos específicos das empresas beneficiarias.

    Poderán ser beneficiarias as empresas que alén de cumprir cos requisitos do artigo 5 desta orde, non pertenzan aos sectores da denominada Tecnoloxía da Información e a Comunicación (desde agora TIC) da economía e que:

    a) Formalicen polo menos, un acordo de teletraballo, por un período de tempo non inferior a dous anos, cunha persoa xa vinculada á empresa por contrato laboral e xornada completa, cunha antigüidade de polo menos un ano, e/ou

    b) Contraten ex novo persoal na modalidade de teletraballo a xornada completa, e asinen coa persoa traballadora un acordo que regule esta situación por un período de tempo non inferior a dous anos.

    Requisitos do acordo de teletraballo.

    1. O teletraballo xa forme parte da descrición inicial do posto de traballo ou se inicie posteriormente, debe en ambos os casos documentarse mediante o «acordo individual de teletraballo», e o paso ao teletraballo non modificará as condicións laborais da persoa traballadora.

    2. O acordo de teletraballo debe indicar, de forma separada e numerada, o seguinte contido:

    2.1. Que a súa finalidade é a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

    2.2. Establecer a comparativa, en forma de táboa ou outra forma similar, na que se poidan comparar as condicións laborais do posto ou postos de teletraballo, coas condicións das persoas que presten o seu traballo nas instalacións da empresa da mesma ou similar categoría. Nas que necesariamente se deberán expoñer as retribucións e xornadas de traballo duns e outros, así como as vacacións, licenzas e permisos.

    2.3. Fixar un número mínimo de horas de dedicación ao teletraballo que non poderá ser inferior ao 50 % da xornada semanal ordinaria.

    2.4. O lugar onde se vai teletraballar. O método de traballo polo que fixará o sistema formalizado de traballo: quen supervisa o traballo, tipos de supervisión, supostos nos que a persoa teletraballadora deberá acudir ás instalacións da empresa e forma de comunicación.

    2.5. Establecer o reembolso ou compensación dos custos variables, tales como electricidade, teléfono, material de oficina, funcionamento do equipo, ou seguros derivados da realización de traballo.

    2.6. Que a propiedade dos equipos informáticos, hardware e software, utilizados no teletraballo, así como o seu mantemento corresponden á empresa.

    2.7. Establecer o sistema de prevención de riscos laborais, debendo a empresa facilitar ás persoas teletraballadoras e a quen exerza a súa representación legal e no caso de non existir estas, á totalidade dos traballadores e traballadoras do cadro de persoal da empresa, información sobre as condicións de seguridade e saúde laboral en que deba prestarse o teletraballo.

    Subliña 2.

    Requisitos específicos das empresas beneficiarias.

    Poderán ser beneficiarias, as empresas que, alén de cumprir cos requisitos do artigo 5, establezan nun convenio colectivo de empresa, ou mediante un acordo entre a empresa e quen exerza a representación legal das persoas traballadoras ou no seu defecto, coa totalidade do cadro de persoal, medidas de flexibilidade horaria. Entre as que poderá acordarse calquera medida de flexibilidade como, sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semana laboral comprimida, traballo a tempo parcial, permisos especiais no caso de emerxencias familiares e por un período non inferior a dous anos. No caso de persoas traballadoras autónomas deberán acordalo con todo o persoal traballador por conta allea.

    Requisitos do acordo de flexibilidade horaria.

    O acordo adoptado deberá detallar as medidas que se van implantar, tales como días, horas e supostos nos que se aplicará, segundo o número de persoas asinantes, de xeito que queden reflectidas as melloras propostas con respecto da situación anterior e o compromiso de que as ditas medidas manteranse durante, cando menos, dous anos.

    Subliña 3 .

    Poderán ser beneficiarias as empresas que conten cos requisitos do artigo 5 desta Orde, e que poñan en marcha as seguintes medidas de conciliación: habilitación de servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas ou salas de lactación, co fin de garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras da empresa.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS

    SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957752

    Fax: 981957751

    Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 29/07/2016 - 29/08/2016.

    Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da norma no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo III, acompañada da seguinte documentación:
      • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
      • Copia do DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
      • Certificados de debedas expedidos pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia no caso de denegar expresamente a súa consulta á Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
      • Documentación xustificativa dos criterios de avaliación segundo o artigo 28 e que non quedaran acreditados coa documentación que se indica neste artigo.
      • Copia da escritura de constitución ou estatutos da empresa solicitante, que acrediten o seu domicilio social e a potestade da persoa que actúa e que asina a solicitude.
      • Balance e conta de resultados da entidade solicitante do exercicio 2015.
      • Vida laboral de todos os códigos de conta cotización da empresa referida aos 30 días inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
    • ESPECÍFICA PARA O PROGRAMA I (incentivos económicos para o fomento de teletraballo e da flexibilidade horaria)
      • Copia do acordo, individual ou colectivo, asinado polo empresario/a e polos representantes legais dos traballadores/as afectados pola medida conciliatoria, de teletraballo ou flexibilidade horaria, e no caso de non existir representación legal asinada polo propio traballador ou traballadora afectada.
    • ESPECÍFICA PARA O PROGRAMA II (subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que fomenten o teletraballo)
      • Memoria explicativa e descritiva das actuacións materiais que se vaian realizar, así como o número de persoas traballadoras da empresa ás que vaia beneficiar dita actuación.
      • Orzamento detallado dos gastos para os que solicita a axuda, cuantificado economicamente en todos os seus epígrafes, especificando o IVE.
    • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS

    SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
    San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957752 / 981544615Fax: 981957751
    Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras, para o ano 2016, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes e micropemes, incluídos autónomos, para implantar a RSE, para a procura da igualdade laboral e a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Liña III: Conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
    - Programa 1. Incentivos económicos para fomento do teletraballo e da flexibilidade horaria.
    Actividades que se incentivan:
    No caso caso de teletraballo, incentivaranse a adopción de acordos que se formalicen e que deberán ter por obxecto o establecido no artigo 13.1. da orde
    No caso de flexibilidade horaria, incentivaranse a adopción dos acordos que se formalicen e que deberán ter por obxecto o establecido no artigo 13.2. da orde
    Empresas beneficiarias.
    1. No caso de incentivos para fomentar a flexibilidade espacial ou teletraballo, poderán ser beneficiarias as empresas que, ademais de reunir os requisitos esixidos no artigo 5 da orde:
    a) Formalicen, polo menos, un acordo de teletraballo, por un período de tempo non inferior a un ano, cunha traballadora ou cun traballador vinculado á empresa por contrato laboral, ou ben un acordo colectivo cos seus traballadores e traballadoras.
    b) Contraten a persoal na modalidade de teletraballo, e establezan co traballador/a un acordo que regule esta situación por un período de tempo non inferior a un ano
    2. No caso de incentivos para fomentar a adopción de medidas de flexibilidade horaria, poderán ser beneficiarias as empresas que ademais de reunir os requisitos esixidos no artigo 5, establezan en convenio colectivo de empresa ou mediante acordo entre a empresa e os/as representantes do persoal, ou no seu defecto, coa totalidade do cadro de persoal, medidas de flexibilidade horaria, tales como, sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semana laboral comprimida, traballo a tempo parcial, empregos compartidos, permisos especiais no caso de emerxencias familiares,etc. e por un período non inferior a un ano.
    - Programa 2: Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que fomenten o teletraballo.
    Actividades subvencionables.
    1. Serán subvencionable a adquisición de elementos tecnolóxicos físicos tales como: ordenador persoal, para o acceso a internet e todos aqueles periféricos necesarios para as tarefas a desenvolver: webcam, impresora, escáner e demáis compoñentes de hadware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo, coa finalidade de fomentar o uso de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) como unha medida de conciliación laboral e familiar.
    2. Non será subvencionable o software nin outro tipo de gasto distinto do sinalado, así mesmo, non serán subvencionables os tributos e impostos indirectos susceptibles de repercusión, de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

    Beneficiarios:

    Serán beneficiarias destas axudas as empresas que, ademais de reunir os requisitos esixidos no artigo 5 desta orde:
    a) Conten cun mínimo dunha persoa traballadora por conta allea.
    b) Pertenzan a sectores tractores da economía, non tecnolóxicos.

    Requisitos:

    1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), nesta consideración inclúense microempresas e persoas traballadoras autónomas con traballadores por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axuda.
    2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, catro persoas.
    3. As empresas solicitantes deberán cumprir, así mesmo, os requisitos xerais esixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.
    4. Ademais as solicitantes deben reunir as seguintes condicións:
    a) Que conten con persoas traballadoras por conta allea, cun máximo de 250 persoas. Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea no momento da presentación da solicitude.
    b)Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
    c) Non poden ser entidades sen ánimo de lucro nin entidades públicas.
    d) Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración xeral da comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como, antes das correspondentes propostas de pagamento.
    5. As empresas que resulten beneficiarias do programa I da liña III deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas de contabilidade nacional. De acordo co artigo 125 4.b) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 que regula as funcións da autoridade de xestión, a dita autoridade deberá asegurarse, no momento da emisión da resolución, de que as empresas beneficiarias das operacións manteñen o citado sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 1 de xullo do 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal nas pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 142 do 28 de xullo de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios, a través do programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas (código de procedemento TR358A).

    2. Esta axuda ten por finalidade sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

    3. Para os efectos deste programa, enténdese por entidade asociativa de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial aquela que conte con membros en, polo menos, dous sectores económicos entre os da agricultura, industria, construción e servizos.

    Gastos subvencionables .

    1. Serán subvencionables os gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

    2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

    a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.

    b) Arrendamentos de locais.

    c) Servizos profesionais independentes.

    d) Primas de seguros.

    e) Publicidade e propaganda.

    f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

    g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, de auga, de limpeza dos locais e aloxamento e mantemento da web.

    h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

    i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

    j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, en particular o programa de remuda xeracional dos negocios dos autónomos, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por participar nestas actividades non poderá superar o 50 % do seu custo.

    k) Gastos de renting.

    3. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:

    • Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.

    • Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexa superior ao da Comunidade Autónoma.

    2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Obrigas das entidades beneficiarias.

    Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións:

    a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

    b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    d) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    e) Estar ao día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

    f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    h) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para darlle publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

    i) Reintegrar os fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Ter personalidade xurídica propia e independente.

    b) Estar inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia na data de publicación desta orde.

    c) Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

    d) Ter o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.

    2. Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

    Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

    15871 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545625 / 981957590

    Fax: 981544678

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 93 do 16 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 93 do 16 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2017 das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de Galicia de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de Galicia de empresas de inserción laboral, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios, a través do seguinte programa de axudas:

    - Programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego (capítulo IV).

    Este programa ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de centros especiais de emprego de Galicia, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

    Para os efectos deste programa, enténdese por entidades asociativas de centros especiais de emprego de Galicia aquelas que asocien exclusivamente centros especiais de emprego inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo).

    Gastos subvencionables.

    1. Serán subvencionables os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

    2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:
    a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terá en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.
    b) Arrendamentos de locais.
    c) Servizos profesionais independentes.
    d) Primas de seguros.
    e) Publicidade e propaganda.
    f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.
    g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.
    h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.
    i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.
    j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción dos centros especiais de emprego en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

    3. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:
    - Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.
    - Os tributos considéranse gastos subvencionables cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As entidades asociativas de centros especiais de emprego cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da Comunidade Autónoma.

    Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións:
    a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
    b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    d) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    e) Estar ao día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
    f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
    h) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para darlle publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Teren personalidade xurídica propia e independente.
    b) Estaren inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
    c) Desenvolveren a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
    d) Teren o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.

    Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

    Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

    15871 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545625 / 981957590

    Fax: 981544678

    Órgano responsable

    SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 23 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 68 do 6 de abril de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 2 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 6 de abril) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 07/04/2017 - 08/05/2017.

    Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • A solicitude deberase presentar no modelo normalizado que figura como anexo I-C numérico a esta orde e deberá ir xunto coa seguinte documentación:
      • a) Escritura de poder suficiente para actuar en nome da entidade perante a Administración pública, agás que a capacidade de representación se recolla nos estatutos.
      • b) Acta de constitución e estatutos da entidade.
      • c) Memoria das actividades realizadas pola entidade e dos servizos prestados ás súas persoas asociadas no exercicio 2016, que inclúa unha breve historia da entidade e a descrición da súa implantación territorial, así como unha memoria das actividades previstas para o exercicio 2017.
      • d) As últimas contas anuais aprobadas xunto coa certificación acreditativa expedida polo representante legal, así como o orzamento de ingresos e gastos do exercicio 2017.
      • e) Para o suposto de subcontratación con persoas ou entidades vinculadas coa entidade beneficiaria da subvención, xuntarase unha petición de autorización para que se poida efectuar a subcontratación, así como a memoria co contido sinalado no segundo parágrafo do número 2 do artigo 37 desa orde.
    • Ademais, para acreditaren os criterios de valoración establecidos no artigo 41 desta orde, as entidades solicitantes deberán presentar a documentación específica que a continuación se relaciona e que servirá de fundamento para a concesión da subvención:
      • a) Libro de rexistro de empresas de inserción laboral asociadas á entidade.
      • b) Declaración responsable do representante legal da entidade dos centros de traballo con que contan as empresas de inserción laboral asociadas, con indicación do seu enderezo.
      • c) Contratos de traballo das persoas traballadoras que prestan os seus servizos na entidade e documentos de cotización á Seguridade Social TC-2 correspondentes ao exercicio 2016, así como os documentos acreditativos da condición de persoa en situación ou en risco de exclusión social.
    • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
      Se algunha das entidades presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
    • Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
    • A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
      Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
    • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
      Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa interesada a súa presentación con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se, no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO
    Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
    15871Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545625 / 981957590Fax: 981544678

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2017 das subvencións destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de Galicia de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de Galicia de empresas de inserción laboral, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios, a través do seguinte programa de axudas:

    - Programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral (capítulo V).

    Este programa ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de empresas de inserción laboral de Galicia, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lles son propios.

    Para os efectos deste programa, enténdese por entidades asociativas de empresas de inserción laboral de Galicia aquelas que asocien exclusivamente empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral (DOG núm. 153, do 8 de agosto).

    Gastos subvencionables

    1. Serán subvencionables os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada, realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

    2. Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:
    a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.
    b) Arrendamentos de locais.
    c) Servizos profesionais independentes.
    d) Primas de seguros.
    e) Publicidade e propaganda.
    f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.
    g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.
    h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.
    i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.
    j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción das empresas de inserción laboral en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.

    3. En ningún caso serán subvencionables os seguintes gastos:
    1. Os gastos de persoal e os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.
    2. Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

    Beneficiarios:

    Entidades asociativas de empresas de inserción laboral cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da Comunidade Autónoma.

    Son obrigas das entidades beneficiarias das subvencións:
    a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
    b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
    d) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    e) Estar ao día das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
    f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
    h) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para darlle publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Requisitos:

    a) Teren personalidade xurídica propia e independente.
    b) Estaren inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
    c) Desenvolveren a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
    d) Teren o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.

    Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unión de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 23 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 68 do 6 de abril de 2017).

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    A regulación do procedemento de inscrición das asociacións, as súas federacións, as súas confederacións e unións constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
    Para os efectos da inscrición e depósito dos estatutos no rexistro, enténdese por asociación profesional de traballadores autónomos, conforme o establecido no artigo 20.2º da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, aquela que teña por finalidade a defensa e tutela colectiva dos intereses profesionais das traballadoras/es autónomas/os e funcións complementarias, que poderá desenvolver todas aquelas actividades lícitas dirixidas a esta finalidade. En ningún caso poderá ter ánimo de lucro.
    Este procedemento regula inscrición da constitución da asociación

    A quen vai dirixido?

    Asociacións profesionais de traballadores autónomos que agrupen as persoas físicas que estean comprendidas no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que teñan por finalidade a defensa dos intereses profesionais das súas persoas asociadas e funcións complementarias, e desenvolvan principalmente as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia

    Enténdese que as asociacións profesionais de traballadores autónomos desenvolven a súa actividade principalmente na Comunidade Autónoma de Galicia cando máis do 50% das súas persoas asociadas estean domiciliadas nela.
    Será potestativa a inscrición das federacións, confederacións ou unións de asociacións profesionais de traballadores autónomos comprendidas no mesmo ámbito territorial.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

    Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

    15871 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545625 / 981957590

    Fax: 981544678

    Órgano responsable

    SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 222, do 12 de novembro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Orde do 17 de setembro de 2010 pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 185, do 24 de setembro de 2010).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.