Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e especialmente aquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

    I, Programa de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, preparadores laborais especializados ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas normalizadas, do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores que desempeñan postos de iguais características.

    Obxecto do programa e accións de emprego con apoio.

    1. Esta liña de axudas ten como obxecto subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.

    Trátase de favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con especiais dificultades para a súa inserción laboral mediante a súa contratación en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. As accións de emprego con apoio desenvolveranse no marco de proxectos de emprego con apoio, nos cales se deberán recoller, polo menos, as seguintes accións:

    a) Orientación, asesoramento e acompañamento á persoa traballadora apoiada elaborando para cada persoa traballadora un programa de adaptación ao posto de traballo.

    b) Labores de achegamento e mutua axuda entre a persoa traballadora beneficiaria do Programa de emprego con apoio, o empregador ou empregadora e o persoal da empresa que comparta tarefas coa persoa traballadora apoiada.

    c) Apoio á persoa traballadora no desenvolvemento de habilidades sociais e comunitarias, de modo que se poida relacionar co contorno laboral nas mellores condicións.

    d) Adestramento específico da persoa traballadora apoiada nas tarefas inherentes ao posto de traballo.

    e) Seguimento da persoa traballadora apoiada e avaliación do proceso de inserción no posto de traballo. Estas accións terán por obxecto a detección de necesidades e a prevención de posibles ameazas ou riscos, tanto para a persoa traballadora como para a empresa que a contrata, que poñan en perigo o obxectivo de inserción e permanencia no emprego.

    f) Asesoramento e información á empresa sobre as necesidades e os procesos de adaptación do posto de traballo.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poden ser beneficiarias deste programa as entidades que se regulan no capítulo II desta orde, concretamente no artigo 20, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda: asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral e empresas do mercado ordinario de traballo, incluídas as persoas traballadoras autónomas, que conten no seu cadro de persoal con preparadores e preparadoras laborais especializados/as ou se comprometan a incorporalos e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.

    2. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    3. Tampouco poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    4. A xustificación por parte das persoas ou entidades beneficiarias de non estar incursas nas prohibicións contidas nos puntos 2 e 3 anteriores para obter a condición de beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.

    Persoas destinatarias finais.

    1. As persoas destinatarias finais do Programa de emprego con apoio serán traballadores e traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social inscritos nos servizos públicos de emprego como demandantes de emprego non ocupados, así como traballadores e traballadoras con discapacidade procedentes de centros especiais de emprego ou persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social procedentes de empresas de inserción laboral, sempre que, en todos os casos, se atopen nalgún dos supostos que se describen a continuación:

    a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual cun grao de recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

    c) Persoas xordas e con discapacidade auditiva, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    d) Persoas en situación ou en risco de exclusión social recoñecido polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia que non teñan ningunha das discapacidades indicadas nas letras anteriores.

    2. As ditas persoas traballadoras deberán ser contratadas por unha empresa do mercado ordinario de traballo para ser empregadas efectivamente na organización produtiva da empresa.

    As empresas terán dereito aos beneficios previstos na normativa sobre contratación de persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social nos termos establecidos nela e poderán solicitar as subvencións dos programas de contratación de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria convocadas pola Consellería de Economía Emprego e Industria, e concretamente o Programa de contratación a tempo parcial de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria, regulado no capítulo III desta orde.

    3. Poderán ser persoas destinatarias finais deste programa as sinaladas nas letras a), b) e c) do número 1 deste artigo que, estando empregadas mediante un contrato de carácter indefinido, requiran o desenvolvemento das accións de emprego con apoio previstas no artigo 18.2 desta orde, como consecuencia dunha alteración das condicións da prestación do seu traballo ou do seu contorno laboral que produzan agudos problemas de adaptación que ameacen a continuidade da súa actividade produtiva.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Os proxectos de emprego con apoio deberán facer constar, polo menos, os seguintes aspectos:

    a) Identificación da empresa que vai contratar ás persoas traballadoras que van recibir apoio, así como o seu compromiso de contratación das ditas persoas.

    b) Identificación da entidade promotora que vai levar a cabo as accións de emprego con apoio a través dos preparadores e das preparadoras laborais que ten contratados ou que vai contratar, neste caso, deberá expresar o seu compromiso de contratación.

    c) Número de persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que van recibir as accións de emprego con apoio, con indicación do tipo e grao de discapacidade, tipo e duración do contrato que se lles vai formalizar e do centro ou centros de traballo en que van efectuar a prestación laboral, así como a descrición de cada un dos postos de traballo.

    d) Relación dos preparadores e das preparadoras laborais que lles van prestar o apoio ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con indicación do tipo e duración do contrato de traballo formalizado ou que van formalizar coa entidade promotora do emprego con apoio.

    e) Descrición da previsión das accións de emprego con apoio que cada preparador ou preparadora vai prestar a cada unha das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que lle corresponda atender, especificando a duración das ditas accións e a distribución temporal prevista nelas.

    f) Nomeamento, por parte da empresa que vai contratar ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que van recibir apoio, entre o seu persoal, da figura do coordinador ou coordinadora do proxecto con apoio, que desenvolverá accións para facilitar as relacións entre as persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, os preparadores e as preparadoras laborais e o persoal da empresa, así como o seguimento e avaliación por parte da empresa.

    g) Convenio ou convenios de colaboración a que se refire o artigo 23, no caso de que a entidade promotora sexa distinta da empresa que contrata as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

    2. As accións de emprego con apoio desenvolveranse no marco de proxectos de emprego con apoio que, para os efectos desta orde, terán unha duración máxima dun ano, prorrogable ata outro ano máis.

    Non obstante, no caso de persoas traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 21.a), o prazo máximo poderase ampliar ata tres anos.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Edificio Administrativo San Lázaro S/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544682 /981545701

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 axudas para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social no mercado ordinario de traballo, mediante os programas de emprego con apoio e de incentivos á contratación a tempo parcial e á formación (DOG nº 153 do 10 de agosto de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 axudas para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social no mercado ordinario de traballo, mediante o Programa de emprego con apoio (DOG nº 153 deo 10 de agosto de 2018).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 30 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 239 do 17 de decembro de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 27/01/2016 - 30/09/2016.

    O prazo xeral finalizará o 30 de setembro de 2016. *Información do prazo de presentación de solicitudes no último parágrafo do apartado documentación.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • As solicitudes deberanse presentar nos modelos normalizados que figuran como anexos numericos a esta orde e deberán ir acompañadas do orixinal, fotocopia compulsada ou debidamente cotexada da documentación que se relaciona:
      a) Solicitude no modelo do anexo I-A (procedemento TR343A) que incluirá:
      ? Declaración do número de traballadores e traballadoras da empresa e, no caso de empresas que teñan cincuenta traballadores/as ou máis, declaración responsable do cumprimento da cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme o establecido no artigo 18.1 desta orde.
      ? Declaración comprensiva do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade polas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, así como unha declaración das axudas de minimis obtidas no exercicio corrente e nos dous anteriores.
      b) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante da entidade en caso de non prestar a autorización, no modelo da solicitude, á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade.
      c) Se o solicitante e persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.
      d) Relación nominal dos traballadores ou traballadoras polos cales se solicita subvención, que incluirá a declaración da empresa sobre os custos salariais de dúas anualidades do traballador ou traballadora contratada (segundo o modelo do anexo II-A).
      e) De ser o caso, resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas ou do Ministerio de Defensa que recoñeza unha pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, ou certificado de ser perceptor destas pensións, únicamente no suposto de que a persoa con incapacidade permanente non autorize expresamente, no anexo III-A desta orde, para acceder a esta información no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas do INSS.
      f) Descrición detallada do posto de traballo que se vai cubrir e as súas características tecnicas, segundo o modelo anexo VIII da orde, ou aquel outro que, respectando o seu contido, presente a persoa ou entidade solicitante.
      g) No suposto de empresas colaboradoras en enclaves laborais, contrato realizado có centro especial de emprego, nos termos e condicións establecidas no artigo 5 do Real decreto 290/2004, do 20 de febreiro.
      h) No caso do incremento das axudas pola adaptación dos postos de traballo ocupados por persoas traballadoras con discapacidade, se e o caso, memoria descritiva da necesidade de adaptación ou dotación de medios de protección persoal con indicación do seu custo e calendario de execución.
    • As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente para resolver, e deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia da persoa solicitante ou da persoa representante que actue con poder suficiente.
      Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nos rexistros da Xunta de Galicia ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico da Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
      No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
      A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comúnmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico da Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • *Os prazos de presentación de solicitudes do Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, regulado no capítulo II desta orde, serán os seguintes:
      a) As solicitudes de axudas á contratación deberanse presentar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2016.
      b) As solicitudes de axuda pola adaptación de postos de traballo deberanse presentar antes do inicio desta adaptación, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2016.
      c) As contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2015 e a data de publicación desta orde poderanse acoller ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo para a presentación destas solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    R./Ronda da Muralla, nº 70-baixo
    27071Lugo
    Teléfono: 982294255 / 982294260Fax: 982294258

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE INTEGRACIÓN LABORAL
    Edificio Administrativo San Lázaro S/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544682 / 981544716Fax: 981544678

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    R./ Concepción Arenal, nº 8, 2º
    36201Vigo
    Teléfono: 986817076 / 986817077Fax: 986817010

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, nº 79 - 7ª
    32071Ourense
    Teléfono: 988386819Fax: 988386770

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga 9-1º
    15008Coruña, A
    Teléfono: 881881584 / 881881577Fax: 881881581

    Versión en formato PDF

    Coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2016 das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, a través dos seguintes programas:
    - Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria (capítulo II).
    Este programa ten por obxecto incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.
    Neste programa recóllense os seguintes tipos de axudas:
    a) Subvención pola contratación indefinida.
    b) Subvención pola contratación indefinida de traballadores e traballadoras con discapacidade dun enclave laboral.
    c) Subvención pola contratación temporal.
    d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.
    Ao abeiro da orde de convocatoria para o ano 2016, subvencionaranse contratacións que teñan data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambas inclusive.
    Neste programa subvencionase a contratación a tempo completo e a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo. A contía das subvencións e os incentivos adicionais, se é o caso, será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
    Os contratos e as transformacións de contratos temporais en indefinidos para que poidan ser obxecto de subvención deberanse formalizar e comunicar á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

    Beneficiarios:

    1. Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas neste programa os empregadores e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadores e traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos neste capítulo.
    No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.
    As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, no seu defecto, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril). Para o cómputo do número de persoas traballadoras da empresa teranse en conta as regras previstas na disposición adicional primeira do devandito real decreto.
    2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, nin os centros especiais de emprego.

    Requisitos:

    Exclusións e requisitos.
    1. Exclúense dos beneficios regulados neste programa:
    a) As contratacións realizadas con traballadores e traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou «única empresa», segundo o establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, mediante un contrato por tempo indefinido. Isto tamén será de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou traballadora con empresas ás cales a solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
    b) Traballadores e traballadoras que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo cal se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou por despedimento colectivo.
    Esta exclusión non será de aplicación cando a contratación indefinida se realice cun traballador ou traballadora con discapacidade procedente dun centro especial de emprego. Tampouco será de aplicación no suposto da incorporación a unha empresa ordinaria de traballadores e traballadoras con discapacidade no marco do Programa de emprego con apoio.
    2. En todo caso, as exclusións das letras a) e b) do número anterior non se aplicarán cando se trate da contratación de persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral.
    3. Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro), non se poderán conceder nos seguintes casos:
    a) As empresas que operen no sector da pesca e acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013 (DOUE L354, do 28 de decembro).
    b) As empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.
    c) As axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos seguintes casos:
    i) cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
    ii) cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade dela se repercuta aos produtores primarios.
    d) As empresas que realicen actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou estados membros, cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e ao funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.
    e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 1 de decembro de 2016 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 233 do 7 de decembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Corrección de erros. Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 226 do 25 de novembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Este programa ter por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos incentivos a contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

    Programa de incentivos á contratación indefinida inicial.

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.

    Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

    No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.

    Obrigas das entidades beneficiarias.

    1. Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da contratación.

    No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola cal se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial, polo menos cunha xornada de traballo igual á anterior, e a persoa traballadora deberá pertencer a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa polo que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causase baixa. Esta substitución deberase realizar ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberalle ser comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

    2. Manter durante 2 anos o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal no mes de realización da contratación indefinida inicial, que se contarán desde o mes de realización da contratación.

    3. Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento destas obrigas, corresponderalle á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 12 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas. Esta declaración deberase presentar respecto de cada un dos 2 anos seguintes ao mes en que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntaranse o informe de vida laboral dun código conta de cotización expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social das 24 mensualidades.

    Ademais, o beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora subvencionada.

    4. No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador a que se refire o parágrafo 1 anterior, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas cales percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro, relativo ao Fondo Social Europeo.

    A Administración actuante poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice este mantemento, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.

    2. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta, ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao da contratación.

    3. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

    No caso de que algún dos 3 meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

    4. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial non poderá ser inferior ao 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

    5. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

    Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

    Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

    a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

    b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

    c) Dar lugar, por causa da cal fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

    d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

    e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

    g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

    h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

    i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

    j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude se poida practicar inscrición no correspondente rexistro.

    Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    No caso de que a entidade solicitante sexa unha institución sen ánimo de lucro, a xustificación de non estar incursa na prohibición contida no número 3.e) anterior poderá ser substituída por unha declaración responsable a que se refire o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881582 / 981185893

    Fax: 981881581

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla nº 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294385

    Fax: 982294258

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, nº 79 - 6º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386196 / 988386839

    Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817008 / 986817016

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 19 de xullo 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2017).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 19 de xullo 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG. nº 170 do 7 de setembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Orde do 14 de setembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 19 de xullo 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG. nº 182 do 25 de setembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 17 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto) (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, a través do seguinte programa:
    - Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as transformacións en indefinidos dos contratos temporais de prácticas, para a formación e a aprendizaxe, de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación realizadas desde o día 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016.

    Para os efectos deste programa a transformación do contrato temporal en indefinido deberá producirse ao remate da duración inicial do contrato temporal.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

    No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.


    Obrigas das entidades beneficiarias
    1. Manter no seu cadro de persoal fixo ás persoas traballadoras subvencionadas durante un período de 2 anos contado desde a data de realización da transformación subvencionada.
    No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a empresa está obrigada a cubrir a vacante, polo menos en tempo de dedicación igual á anterior, cunha nova transformación dun contrato temporal que estivese vixente na data de baixa da persoa traballadora substituída e, de non ser isto posible, cunha nova contratación indefinida inicial realizada cunha persoa desempregada e inscrita no Servizo Público de Emprego. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.
    2. Manter durante 2 anos o número de persoas traballadoras fixas do cadro de persoal no mes de realización da transformación, que se contarán desde o mes de realización da transformación.
    3. Unha vez finalizado o período dos dous anos do cumprimento destas obrigas, corresponderá á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 12 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas. Esta declaración deberá presentarse respecto de cada un dos 2 anos seguintes ao mes no que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntaranse os documentos TC2 das 24 mensualidades.
    Ademais, o beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora subvencionada.
    4. No prazo máximo de catro semanas desde o cumprimento dos prazos de mantemento da condición de traballador aos que se refire o parágrafo 1 anterior, a entidade beneficiaria deberá presentar, respecto de cada unha das persoas polas que percibiu a subvención ou as persoas substitutas, os indicadores de resultado inmediatos aos que se refiren o anexo I do Regulamento (UE) num. 1304/2013, so Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.
    A Administración actuante poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice este mantemento, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Como consecuencia da contratación indefinida pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación pola cal se solicita subvención.
    No caso de que algún dos 3 meses anteriores á contratación pola cal se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
    Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

    2. No se incentivará a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.
    3. No caso de transformacións de contratos temporais a tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será a tempo completo (excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo-descontinuo, que poderá ter unha duración inferior á xornada a tempo completo en cómputo anual).
    Nos supostos de de contratos temporais a tempo parcial, a xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.
    4. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

    Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

    Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
    a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
    b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
    c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa administración.
    d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
    e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
    g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
    h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
    i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
    j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.

    Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme ao establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos dous apartados anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881582 / 981185893

    Fax: 981881581

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla nº 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294385

    Fax: 982294258

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, nº 79 - 6º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386196 / 988386839

    Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817008 / 986817016

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 153 do 12 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario e se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 14 de xullo) (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar, para o ano 2019, os incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

    2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

    3. Non poderán ser beneficiarias as persoas que desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova situación de alta na Seguridade Social. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

    4. Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran nin os autónomos colaboradores.

    5. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

    a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

    b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

    c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

    d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aquelas que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

    e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

    g) Non acharse ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

    h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

    i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.

    j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das que se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.

    6. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    7. A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 5 e 6 anteriores para obter a condición de persoa beneficiaria realizarase mediante declaración responsable, a excepción do recollido no punto 5.e) que se xustificará de conformidade co disposto no artigo 40.1.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    1. A persoa beneficiaria deberá manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada por un tempo mínimo de dous anos.

    2. No suposto da segunda e terceira contratación indefinida subvencionada, a persoa beneficiaria está obrigada a manter durante 2 anos, contados desde a data da realización da contratación subvencionada, o número de persoas traballadoras fixas do seu cadro de persoal.

    3. No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a persoa beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación indefinida inicial, polo menos cunha xornada de traballo igual ou superior á da persoa substituída, e a nova persoa traballadora deberá pertencer a algún colectivo polo que se lle puidera conceder un incentivo por importe igual ou superior ao da persoa que causase baixa. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.

    4. A persoa beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate do prazo sinalado nos puntos 1 e 2, o informe de vida laboral da empresa emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social das 24 mensualidades.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que realicen as persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida poderán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.

    3. Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial cando na data en que se formalice o contrato polo que se solicita a subvención non houbese outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratase con carácter indefinido, con anterioridade, outra persoa traballadora agás que este contrato indefinido se extinguise por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora, ou por resolución durante o período de proba.

    4. Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que con anterioridade á formalización destes contratos non se realizasen dúas o máis contratacións indefinidas agás que estes contratos indefinidos anteriores se extinguisen por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora, ou por resolución durante o período de proba.

    5. O contrato indefinido inicial para que poida ser obxecto de subvención deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO POR CONTA ALLEA

    San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957726 / 981957731

    Fax: 981957748

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019 (Programa pola contratación indefinida de persoas asalariadas) (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Extracto da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019 (Programa de emprego autónomo) (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019)

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2019)..

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral asociada aos contratos de formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, que se realicen con mozos e mozas menores de 30 anos, a través do seguinte programa:

    - Programa de incentivos á actividade laboral do contrato para a formación e a aprendizaxe.

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa os contratos para a formación e a aprendizaxe formalizados desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015 cando a entidade solicitante sexa unha empresa, e os contratos para a formación e aprendizaxe formalizados polas entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia desde o 15 de novembro do ano 2014 ata o 15 de novembro do ano 2015.


    Tamén serán subvencionables as cotizacións á Seguridade Social correspondentes aos contratos para a formación e aprendizaxe formalizados polos concellos de Galicia e subvencionados ao abeiro da convocatoria do ano 2014.

    O contrato para a formación e a aprendizaxe deberá adecuarse ao establecido no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual.

    As entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia poderán solicitar as axudas previstas no capítulo III desta orde con anterioridade á realización dos contratos para a formación e a aprendizaxe sempre que coa solicitude acheguen o acordo para a formación autorizado pola persoa responsable da Dirección Xeral de Emprego e Formación. As empresas e as entidades empregadoras deberán solicitar esta axuda con posterioridade á realización dos contratos para a formación e a aprendizaxe.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

    No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.


    2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, agás as entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia para os programas establecidos nos capítulos II e III desta orde de convocatoria.

    3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C244/02) en relación coas grandes empresas.

    4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
    a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
    b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declarados en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia dun convenio, estar suxeitos a intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme a Lei concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
    c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
    d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
    e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
    f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
    g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
    h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
    i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
    j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en virtude da cal se poida practicar a inscrición no correspondente rexistro.

    5. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria os solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    6. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiario realizarase mediante declaración responsable.

    Obrigas das entidades beneficiarias.
    As entidades beneficiarias destas axudas terán a obriga de manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada polo período de duración do contrato obxecto de subvención.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións para a formación e a aprendizaxe que se realicen con persoas mozas desempregadas maiores de 16 anos e menores de 30 anos que carezan da cualificación profesional recoñecida polo Sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

    2. Os contratos para a formación e a aprendizaxe terán unha duración mínima dun ano e deberán ser realizadas con mozos e mozas desempregadas. Non obstante, mediante convenio colectivo poderán establecerse distintas duracións do contrato, en función das necesidades organizativas ou produtivas das empresas, sen que a duración mínima poida ser inferior a seis meses nin a máxima superior a tres anos.


    3. Como consecuencia da contratación temporal pola que se solicita a subvención ten que incrementarse o emprego neto da entidade no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención, agás que as contratacións sexan realizadas polas entidades da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Para o cálculo do incremento do cadro de persoal non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade do traballador ou traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por finalización do contrato.

    4. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

    SERVIZO DE EMPREGO POR CONTA ALLEA

    Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

    15871 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957731 / 981957728

    Fax: 981544678

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881582 / 981185893

    Fax: 981881581

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla nº 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294385

    Fax: 982294258

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, nº 79 - 6º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386196 / 988386839

    Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817008 / 986817016

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE EMPREGO POR CONTA ALLEA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 20 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para o ano 2015 das subvencións para o financiamento da formación e da actividade laboral dos contratos para a formación e aprendizaxe regulados polo Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro (DOG nº 78 do 27 de abril de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual (BOE nº 270, do 9 de novembro de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

    No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida inicial a tempo completo e non ter traballado no día natural anterior á data da contratación.

    2. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

    3. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.


    4. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.

    No caso de que no mes anterior á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.

    5. Os contratos de traballo subscritos cos traballadores e traballadoras seleccionados/as deberán comunicarse á oficina de emprego correspondente, necesariamente a través do aplicativo CONTRAT@, agás no caso de empresas de menos de cinco traballadores, que poderán facelo a través deste aplicativo ou ben por escrito.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15071 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881586 / 881881583

    Fax: 881881581

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, nº 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294274

    Fax: 982294358

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 7º

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386825

    Fax: 988386770

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817076

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2017).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2017).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. (DOG. nº 167 do 4 de setembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 3 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas polo Programa I (emprego autónomo) ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto de 2017) (DOG nº 98 24 de maio de 2019),

    Ligazón á normativa

    Resolución do 17 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas polo Programa II (fomento da contratación por conta allea) ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto) (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 26 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto) (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 31/12/2015 - 30/09/2016.

    Comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 30 de setembro de 2016.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo I-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:
      1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante e/ou da persoa representante da entidade no Sistema de verificación de datos de identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.
      Se o solicitante e persoa xurídica, NIF da empresa no caso de que se denegue expresamente a súa consulta a traves do servizo de interoperabilidade correspondente, e poder suficiente para actuar en nome da entidade.
      2. Declaración do cadro de persoal, neto e fixo, de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada pola que se solicita subvención (anexo I-B).
      3. Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención na que se inclúan os custos salariais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo I-C) e a nómina do mes de contratación.
      4. Documentos TC2 correspondentes á mensualidade anterior ao mes de realización da contratación e, se e o caso, documentos TC2 correspondentes á mensualidade da contratación obxecto de solicitude de subvención.
      Se e o caso, documentos acreditativos das baixas previstas no artigo 20.4 desta orde.
    • De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecido na resolución de concesión, ou no seu caso, ata o 20 de decembro de 2016. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda da metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.
      A documentación a presentar e a seguinte:
      a) Documento TC2 correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.
      b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar ás persoas traballadoras acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo I-E.
      c) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo I-D.
      d) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas de información e publicidade ás que se refire o artigo 14.2.a) desta orde.
      e) Información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes aos que se refiren os anexos I e II do Regulamento (UE) número 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, de acordo co modelo que estará dispoñible na páxina web do Programa de Garantía Xuvenil (http://garantiaxuvenil.xunta.es).
      f) Declaración responsable de que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
      g) Se e o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se achegen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números dos asentos contables, e a indicación especifica do seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo. Estes documentos contables poden ir acompañados dunha breve explicación sobre a sistemática de contabilización dos gastos.
      Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra debeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
      3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia,da persoa solicitante ou da persoa representante que actúe con poder suficiente.
      Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
    15071Coruña, A
    Teléfono: 881881586 / 881881583Fax: 881881581

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8
    36201Vigo
    Teléfono: 986817076Fax: 986817010

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, nº 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294274Fax: 982294358

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 7º
    32004Ourense
    Teléfono: 988386825Fax: 988386770

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través do seguinte programa:
    - Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

    Beneficiarios:

    Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
    No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

    Requisitos:

    1. A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida e non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación.
    2. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
    3. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
    4. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.
    No caso de que no mes anterior á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
    5. A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50 % da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.
    6. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 15 do 25 de xaneiro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, a través do seguinte programa:
    - Programa de incentivos á contratación temporal.

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións temporais que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016.

    A quen vai dirixido?

    Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.

    Requisitos

    1. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal realizadas con persoas desempregadas que esgotasen as prestacións por desemprego.
    2. Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de 6 meses.
    3. Como consecuencia da contratación temporal pola cal se solicita a subvención ten que incrementarse o emprego neto da entidade solicitante no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.
    Para o cálculo do incremento do cadro de persoal non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade do traballador ou traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.
    4. As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881582 / 981185893

    Fax: 981881581

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla nº 70 baixo

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294385

    Fax: 982294258

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, nº 79 - 6º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386196 / 988386839

    Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817008 / 986817016

    Fax: 986817010

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 133 do 14 de xullo de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 153 do 12 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario e se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 14 de xullo) (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 31/12/2015 - 30/09/2016.

    Comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 30 de setembro de 2016.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo II-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:
      1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante e/ou da persoa representante da entidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.
      Se o solicitante e persoa xurídica, NIF da empresa no caso de que se denegue expresamente a súa consulta a traves do servizo de interoperabilidade correspondente, e poder suficiente para actuar en nome da entidade.
      2. Declaración do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada, segundo o modelo do anexo II -B.
      3. Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de axuda que se solicita na que se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II -C e a nómina do mes de contratación.
      4. Documentos TC2 correspondentes á mensualidade anterior ao mes de realización da contratación, e se e o caso, documentos TC2 correspondentes a mensualidade da contratación obxecto de solicitude de subvención.
      Se e o caso, documentos acreditativos das baixas previstas no artigo 28 punto 4.
      5. No caso do contrato para a formación e aprendizaxe, acordos para a actividade formativa autorizados pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
    • De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecido na resolución de concesión, ou no seu caso, ata o 20 de decembro de 2016. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda da metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.
      A documentación a presentar e a seguinte:
      a) Documento TC2 correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.
      b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras subvencionadas acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo II -E.
      c) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo II-D.
      d) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas de información e publicidade ás que se refire o artigo 14.2.a) desta orde.
      e) Información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes aos que se refiren os anexos I e II do Regulamento (UE) num. 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, de acordo co modelo que estará dispoñible na páxina web do Programa de Garantía Xuvenil (http://garantiaxuvenil.xunta.es).
      f) Declaración responsable de que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
      g) Se e o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se achegen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números dos asentos contables, e a indicación especifica do seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo. Estes documentos contables poden ir acompañados dunha breve explicación sobre a sistemática de contabilización dos gastos.
      Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra debeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.
    • As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia,da persoa solicitante ou da persoa representante que actúe con poder suficiente.
      Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, nº 8
    36201Vigo
    Teléfono: 986817076Fax: 986817010

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79, 7º
    32004Ourense
    Teléfono: 988386823Fax: 988386770

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
    15071Coruña, A
    Teléfono: 881881586 / 881881583Fax: 881881581

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, nº 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294274Fax: 982294358

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través do seguinte programa:
    - Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido.

    Beneficiarios:

    Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
    No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

    Requisitos:

    1. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas mozas desempregadas, que non tiveran traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación e inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
    2. Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial superior a 6 meses, agás o contrato en prácticas realizado conforme ao artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, que terá unha duración inicial mínima de 12 meses.
    3. O contrato para a formación e a aprendizaxe deberá adecuarse ao establecido no Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual. Os contratos para a formación e a aprendizaxe terán unha duración mínima dun ano. Non obstante, mediante convenio colectivo poderán establecerse distintas duracións do contrato, en función das necesidades organizativas ou produtivas das empresas, sen que a duración mínima poida ser inferior a seis meses nin a máxima superior a tres anos.
    Así mesmo será necesario que a actividade formativa sexa autorizada pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
    4. Como consecuencia da contratación temporal pola que se solicita a subvención ten que incrementarse o emprego neto da entidade solicitante no ámbito territorial de Galicia respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
    Para o cálculo do incremento do cadro de persoal non se computarán as persoas traballadoras cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por finalización do contrato.
    5. No suposto de transformación dun contrato temporal subvencionado en indefinido, aplicaranse as normas do capítulo II da presente orde, agás o requisito do incremento do emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia.
    6. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 15 do 25 de xaneiro de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.