Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas á adquisición de equipamento para a recepción das canles do servizo público e de interese xeral da televisión dixital terrestre satelital. Ano 2015.

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto posibilitar o acceso ao servizo público e ao servizo de interese xeral da televisión dixital terrestre vía satélite nas zonas con deficiencia de cobertura das redes terrestres aos beneficiarios definidos no artigo 4 das presentes bases.

    Zona rural.

    - Lugo central: Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Portomarín, Rábade, Samos, Sarria, Triacastela, Vilalba e Xermade.


    - Montaña luguesa: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín e Riotorto.

    - Depresións ourensás e terras do Sil: Baltar, Bande, Os Blancos, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Entrimo, A Gudiña, Laza, Lobeira, Lobios, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Monterrei, Muíños, Oímbra, Parada de Sil, A Pobra de Trives, Porqueira, Rairiz de Veiga, Riós, San Xoán de Río, Sandiás, Sarreaus, A Teixeira, Trasmiras, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia.

    Terán a consideración de subvencionables os gastos derivados da adquisición de equipamento para o acceso ao servizo público e ao servizo de interese xeral de televisión dixital terrestre vía satélite. O dito equipamento consistirá como máximo nunha antena parabólica de recepción cos seus complementos, cableado para 1 toma de usuario e 1 receptor de TDT por satélite. Só se subvencionará un equipamento por enderezo e titularidade.

    A entidade colaboradora deberá instalar o equipamento e tramitar a activación do servizo, deixándoo plenamente operativo e debendo incluír todos estes aspectos no orzamento e na factura do beneficiario.

    O procedemento de concesión das devanditas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

    No caso de esgotamento do crédito, e de acordo co establecido no artigo 5 desta Resolución, a Administración publicará por medios electrónicos a indicada circunstancia, o que levará consigo a non admisión das solicitudes posteriores.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As familias titulares ou residentes en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia.

    Os beneficiarios terán completa liberdade para elixir a empresa instaladora que prefira de entre as adheridas á convocatoria para actuar como entidade colaboradora.

    Son obrigas dos beneficiarios:
    a) Someterse ás actuacións de inspección e control da Xunta de Galicia, así como dos órganos de control autonómicos, estatais e comunitarios.
    b) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións (artigo 14.k) da Lei de subvencións de Galicia).
    c) Incluír as ditas axudas na correspondente declaración do IRPF.

    Requisitos

    Terán a consideración de familias as constituídas por un ou máis membros. No caso de que a familia estea constituída por máis dun membro solicitarase a axuda por un dos membros da unidade familiar en representación de todos eles, de acordo co establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Os beneficiarios deberán reunir as seguintes condicións:

    a) Non dispoñer de cobertura dalgunha canle do servizo público ou do servizo de interese xeral de televisión dixital terrestre.

    b) A axuda solicitarase para o enderezo de residencia ou vivenda da súa propiedade. Para acreditar a titularidade, o solicitante deberá presentar algún dos seguintes documentos:
    - Contrato de arrendamento en vixencia.
    - Escritura pública debidamente inscrita no rexistro correspondente que acredite a titularidade ou dereito do uso do inmoble.

    - Certificado catastral ou de empadroamento no domicilio para o que se solicita a axuda.
    - Xustificante acreditativo do pagamento do IBI correspondente ao último período recadatorio, no que conste a referencia catastral para a que se solicita a axuda.

    c) Non ser ou ter sido beneficiario doutra subvención para o mesmo obxecto.

    d) Tramitar a solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas pola Secretaría Xeral de Medios en procedemento público e aberto.

    Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable, con independencia das comprobacións que efectúe o órgano xestor.

    Non poderán solicitar a subvención nesta convocatoria as familias ás que se lle concedeu a axuda para a súa vivenda na convocatoria do ano 2013 e 2014.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

    Secretaría Xeral de Medios

    Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación de Medios

    Servizo de Estudos e Coordinación dos Medios

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544381

    Fax: 981541289

    PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

    Secretaría Xeral de Medios

    Subdirección Xeral de Enxeñería e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia

    Servizo de Planificación

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544330

    Fax: 981541289

    Email: xestion.sxm@xunta.es

    http://medios.xunta.es

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Servizo de Planificación

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 16 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a familias para a adquisición de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas que hai que revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 247 do 26 de decembro de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Versión en formato PDF

    • De conformidade co disposto no artigo 6 deste decreto, os operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas interesados en ocupar as infraestruturas de soporte ao despregamento de redes de comunicacións electrónicas proxectadas deberán comunicar as súas necesidades de ocupación, comunicación á que deberán anexar unha memoria tecnica na que detallen as súas necesidades.
    • A información mínima que deberán incluír na dita memoria os ditos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas para os efectos dun mellor aproveitamento das posibles sinerxías que implique a obra será a seguinte:
      • a) Por cada tramo no que requiran condutos:
        • 1º. Punto quilometrico de inicio ou, no seu defecto, coordenadas especificadas en UTM para o fuso 29, no sistema de referencia xeodesico ETRS89 (en diante «as coordenadas»).
        • 2º. En caso de existir algunha preferencia, marxe preferente pola que se desexa que transcorra a canalización.
        • 3º. Punto quilometrico de remate ou, no seu defecto, as coordenadas.
        • 4º. Necesidades de cruzamentos e/ou accesos a outras vías, indicando punto quilometrico ou as coordenadas.
        • 5º. Número de condutos requiridos no tramo en cuestión e previsión de uso destes e as tecnicas de tendido preferentes.
        • 6º. Necesidades específicas de arquetas en localizacións puntuais e marxe/s da vía nas que serían precisas. Para estes efectos deberanse proporcionar os puntos quilometricos ou as coordenadas.
      • b) Por cada espazo de reserva:
        • 1º. As coordenadas dos puntos dentro da área de influencia da obra onde se requiren espazos de reserva para a instalación de equipamento.
        • 2º. Dimensións físicas mínimas dos espazos que requiriría o operador de redes e servizos de comunicacións electrónicas, diferenciando o uso que se lle daría a cada un destes. Será preciso indicar para cada un deses espazos se se recollen elementos de obra civil susceptibles de seren compartidos con outros operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas.
        • 3º. Descrición das necesidades de infraestruturas de interconexión con outros servizos dentro da área de influencia da obra planificada.
      • A presentación das comunicacións realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das comunicacións será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
      • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      • No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
      • Na sede electrónica atópanse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se a persoa interesada desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizala de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados, e deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
      • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.
      • A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude inclúen autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos.
      • As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados ou, se e o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.
        Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (AMTEGA)

    Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
    5781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881999148 / 981957381Fax: 981544706
    Email: sociedade-dixital.amtega@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Establecer o marco normativo relativo á previsión da instalación de infraestruturas de soporte para o despregamento das redes de comunicacións electrónicas e de espazos de reserva habilitados para a situación de equipamento de telecomunicacións e localizacións de radiocomunicacións nas estradas que sexan promovidas pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico no ámbito das súas competencias.

    Ámbito de aplicación
    1. As previsións do presente decreto son de aplicación aos proxectos de estradas que sexan promovidas pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico no ámbito das súas respectivas competencias, que teñan por obxecto:
    a) A construción dunha nova vía.
    b) O desdobramento dunha vía existente.
    c) A construción dun trazado de características especiais coma pontes, viadutos ou túneles.
    d) A execución de obras que afecten a un trazado continuo de vía existente superior a 5 km e que supoñan a modificación do trazado ou a apertura de gabias para canalizacións.
    e) Outro tipo de actuacións en estradas, distintas das anteriores, cando a Administración ou entidade do sector público promotora da estrada considere que concorren razóns de interese e oportunidade que fagan recomendable a aplicación das previsións contidas neste decreto.
    2. Exceptúanse do ámbito de aplicación os camiños públicos ou privados, entre os que se inclúen os camiños de servizo, veciñais, agrícolas, forestais ou pecuarios.

    Beneficiarios:

    Os operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas.

    Requisitos:

    A Administración ou entidade do sector público promotora da estrada (en diante «promotor da estrada») e, no caso de contratos para a construción e/ou explotación da estrada en réxime de concesión de obra pública, o concesionario desta serán os responsables de asegurar que a execución e xestión das infraestruturas de soporte ao despregamento de redes de comunicacións electrónicas cumpren as disposicións do presente decreto. Para estes efectos, no caso de contratos para a construción e/ou explotación da estrada en réxime de concesión de obra pública, os pregos de cláusulas administrativas particulares da correspondente concesión farán referencia expresa ás obrigas para o concesionario derivadas do presente decreto.
    O promotor da estrada e, no caso de contratos para a construción e/ou explotación da estrada en réxime de concesión de obra pública, o concesionario desta, deberán comunicar á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante, «Amtega») a información necesaria para garantir a axeitada coordinación cos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas e conseguir a correcta definición das infraestruturas de soporte necesarias para o despregamento das redes de comunicacións electrónicas.
    O proceso de coordinación entre os axentes implicados incluirá a realización das seguintes actuacións:
    1. Comunicación previa por parte do promotor da estrada:
    O promotor da estrada deberá remitir á Amtega o documento provisional do anteproxecto ou proxecto de trazado, o cal deberá prever a execución das infraestruturas de soporte e a reserva de espazos necesarios para o despregamento de redes de comunicacións electrónicas pertinentes.
    Na redacción do anteproxecto ou proxecto de trazado deberán observarse os criterios técnicos previstos no título IV e anexos II, III e IV deste decreto.
    2. Consulta pública e comunicación de necesidades de ocupación de infraestruturas por parte dos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas:
    A Amtega someterá a información relevante para o despregamento de redes de comunicacións electrónicas contida no anteproxecto ou proxecto de trazado a un proceso de consulta pública aos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas, con aplicación dos principios de publicidade e concorrencia, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e na páxina web institucional garantindo o cumprimento das condicións previstas na normativa xeral estatal en materia de telecomunicacións, en particular en canto ao fomento dunha competencia leal e efectiva entre os operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas e a protección dos seus dereitos.
    O prazo de consulta pública será como mínimo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da consulta relativo á obra proxectada.
    Os operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas interesados achegarán as súas comunicacións de necesidades de ocupación das infraestruturas proxectadas ás que deberán anexar unha memoria técnica co contido previsto no seguinte artigo.
    No caso de que a información contida na memoria técnica non se considere suficiente, a Amtega poderá requirir os operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas que participasen no proceso para que, no prazo de 10 días hábiles, acheguen a información complementaria requirida. As solicitudes de información complementaria que se realicen aos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas deberán ser motivadas, ter unha xustificación obxectiva, ser proporcionadas para o fin perseguido e limitarse ao estritamente necesario.
    3. Informe de necesidades de infraestruturas de soporte ao despregamento de redes de comunicacións electrónicas:
    Recibidas as comunicacións coas necesidades de ocupación de infraestruturas dos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas, a Amtega remitirá por medios electrónicos ao promotor da estrada un informe no que se detallen e analicen as devanditas necesidades, así como o impacto técnico da súa satisfacción. Neste informe poderanse formular requirimentos específicos que excedan os criterios mínimos de referencia recollidos nos anexos ao presente decreto.
    Se no prazo de 2 meses desde a publicación da consulta pública no Diario Oficial de Galicia a Amtega non remitise ao promotor da estrada o devandito informe, este poderá considerar que non existen requirimentos específicos. Neste caso, o proxecto final deberá cumprir os criterios mínimos previstos no título IV e anexos II, III e IV deste decreto.
    4. Comunicación do proxecto da actuación:
    Con anterioridade ao inicio das obras, o promotor da estrada facilitará á Amtega acceso ao proxecto da actuación, que deberá incorporar, de xeito específico e diferenciado, unha separata de «infraestruturas de soporte e espazos de reserva para o despregamento de redes de comunicacións electrónicas» como un anexo do proxecto ou ben como un apéndice do anexo de obras complementarias.
    Tendo en conta as necesidades de ocupación de infraestruturas postas de manifesto no informe remitido pola Amtega, o proxecto de actuación deberá reflectir un dimensionamento e unhas características construtivas acordes cos criterios previstos no título IV e anexos II, III e IV deste decreto.
    Naqueles supostos nos cales, por razóns técnicas, non sexa posible cumprir os criterios previstos neste decreto o promotor da estrada deberá sinalar de xeito explícito esta circunstancia.
    Nos casos mencionados no parágrafo anterior a Amtega determinará, de forma motivada, as solucións que se adoptarán respecto das infraestruturas e espazos de reserva obxecto do presente decreto.
    O promotor da estrada indicará a forma na que os operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas que participen neste proceso deberán formalizar a súa solicitude de ocupación das infraestruturas ou espazos de reserva demandados.
    5. Información aos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas implicados no proceso de consulta pública:
    A Amtega informará por medios electrónicos aos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas que comparecesen coma interesados no período de consulta pública, do dimensionamento previsto no proxecto da actuación.
    Á vista do contido do proxecto da actuación, estes poderán, no prazo dun mes:
    a) Desistir do seu interese de ocupación das infraestruturas de soporte para o despregamento de redes de comunicacións electrónicas. Se algún dos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas desistise do seu interese inicial, non formalizando a solicitude de ocupación de parte ou todas as infraestruturas ou espazos de reserva inicialmente comunicados, o promotor da estrada poderá desistir da execución destas modificando para tal efecto a separata coa información relativa ás infraestruturas de soporte e aos espazos de reserva necesarios para o despregamento de redes de comunicacións electrónicas.
    b) Formalizar unha solicitude de ocupación seguindo o procedemento indicado polo promotor da estrada. Nestes casos, o promotor da estrada poderá exixir a constitución dunha garantía tendo en conta o incremento do investimento necesario para dar resposta ás necesidades de ocupación de infraestruturas formuladas na solicitude de ocupación e o número de solicitudes formalizadas, coa finalidade de asegurar a utilización futura das infraestruturas comprometidas.
    6. Comunicación da fin de obra por parte do promotor da estrada:
    Unha vez executada, entregada e aceptada a obra por parte do promotor da estrada, este informará a Amtega da súa finalización así como de calquera variación respecto do proxecto enviado con anterioridade facilitando á Amtega o acceso ao documento final de obra ou, no seu defecto, ao proxecto de construción vixente e definitivo, no cal se recollan as modificacións que, se é o caso, fosen introducidas.
    Coa finalidade de verificar o estado final da infraestrutura executada e dos espazos de reserva previstos, a Amtega poderá realizar visitas de comprobación.
    Así mesmo, nos supostos nos cales o promotor da estrada non xestione directamente a infraestrutura de soporte ao despregamento de redes de comunicacións electrónicas, comunicará á Amtega a identidade do organismo que leve a cabo a devandita explotación.
    7. Explotación das infraestruturas de soporte e espazos de reserva:
    Os xestores das infraestruturas de soporte vinculadas á obra pública executada resolverán as solicitudes de ocupación formuladas polos operadores de redes e servizos de comunicacións electrónicas. No caso das administracións e entidades públicas serán aplicables as fórmulas previstas na normativa patrimonial que sexa de aplicación.
    Se finalmente o operador de redes e servizos de comunicacións electrónicas non procedese á ocupación das infraestruturas de soporte executadas, o promotor da estrada poderá incautar total ou parcialmente a garantía constituída en concepto de danos e prexuízos ocasionados polo maior custo da actuación. En todo caso, o importe que se vaia incautar nunca poderá ser superior ao investimento que fose necesario realizar para dar resposta ás necesidades de ocupación de infraestruturas formuladas na solicitude de ocupación presentada polo operador no trámite descrito no punto 5 deste artigo.
    Os xestores das infraestruturas de soporte vinculadas á obra pública executada deberán cumprir, no que respecta á realización de acordos para o seu uso, os criterios recollidos no artigo 12.
    8. Comunicación ante calquera modificación nas infraestruturas por parte do xestor da estrada:
    Os xestores destas infraestruturas informarán a Amtega de calquera modificación que se produza nestas e afecte as infraestruturas ou os espazos de reserva obxecto do presente decreto.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Decreto 150/2014, do 27 de novembro, polo que se regulan as infraestruturas de soporte e os espazos de reserva para o despregamento de redes de comunicacións electrónicas en estradas promovidas pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico (DOG nº 234 do 5 de decembro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta Resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Versión en formato PDF

    • Anexo I desta Resolución.
    • A documentación relativa á tramitación dos convenios de colaboración subscritos pola Amtega suxeitos á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia deberá presentarse unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación da documentación será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
      A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
      A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do Cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • As persoas interesadas deberán achegar os documentos relativos á tramitación dos convenios, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se e o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao cal correspondan.
      Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
      O inicio dos trámites previos á sinatura do convenio comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa interesada ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, en cuxo caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.
      De conformidade co artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, para os efectos da súa difusión na internet, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fará pública na súa páxina web, dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior. A información manterase dispoñible na internet durante todo o exercicio orzamentario. Igualmente, manterase dispoñible na internet a información referida ao exercicio inmediatamente anterior. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que o inicio dos trámites previos á sinatura do convenio leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (AMTEGA)

    Cidade da Cultura de Galicia - Monte Gaiás, s/n
    5781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544372 / 981957381Fax: 981544706
    Email: sociedade-dixital.amtega@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Aprobar a posta en funcionamento do servizo de presentación de documentación relativa á tramitación dos convenios de colaboración subscritos pola Amtega e suxeitos á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Beneficiarios:

    O servizo que se aproba mediante a presente resolución será de aplicación para a presentación de toda a documentación, por parte das persoas xurídicas interesadas, relativa á tramitación de convenios de colaboración subscritos pola Amtega.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproba o servizo de presentación de documentación relativa á tramitación dos convenios de colaboración subscritos por esta axencia suxeitos á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    O obxecto desta resolución é regular a adhesión de 'aliados dixitais' ao Plan de inclusión dixital de Galicia 2020 e o seu procedemento.

    A través das denominadas 'alianzas dixitais' entre a Amtega e os diferentes axentes do ecosistema dixital, no marco da mellora da inclusión dixital preténdese proporcionar á cidadanía as aptitudes dixitais que lles permitan facer pleno uso das tecnoloxías para aumentar a súa empregabilidade e favorecer a súa inserción social.

    A quen vai dirixido?

    Poderá ser 'aliado dixital' calquera entidade ou profesional que teña interese en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia contribuíndo á mellora da inclusión dixital e que achegue a documentación necesaria para a tramitación das solicitudes prevista nesta resolución.

    Obrigas dos 'aliados dixitais'.

    Aquelas entidades ou profesionais que formalicen a súa adhesión ao Plan de inclusión dixital 2020 como 'aliados dixitais' comprométense, a través da solicitude, a:
    -Indicar o tipo de 'aliado dixital'.
    -Definir e levar a cabo as liñas de colaboración de interese.
    -Executar as actuacións de colaboración que se describen na memoria de activades do recadro habilitado no formulario de solicitude.
    -Estar ao día nos pagamentos coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Seguridade Social e co resto das administracións públicas.

    A onde acudir

    PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

    AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (AMTEGA)

    ÁREA DE SOCIEDADE DIXITAL

    Edificio CINC, Cidade da Cultura de Galicia, Monta Gaiás, s/n,

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545535

    Fax: 981544706

    Email: sociedade-dixital.amtega@xunta.es

    Órgano responsable

    ÁREA DE SOCIEDADE DIXITAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 22 de abril de 2016 pola que se regula a adhesión de aliados dixitais ao Plan de inclusión dixital en Galicia e o seu procedemento (DOG nº 82 do 29 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 21/03/2017 - 20/04/2017.

    Un (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Versión en formato PDF

    • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación económica complementaria:
      • a) A oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención.
      • b) As outras ofertas para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida, na localización para a cal se solicita a subvención e que non foron elixidas polo interesado, de térense recibido.
      • c) Xustificación da elección da oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención, cando a elección non recaia na oferta de menor importe.
      • d) No caso de que non sexa posible obter as tres ofertas indicadas no artigo 4.1.d) deberá porse de manifesto este feito mediante a declaración responsable incluída no anexo II e o solicitante xuntará unha xustificación de dita imposibilidade na cal indicará os motivos que impediron obter as tres ofertas (ausencia de provedores do servizo na zona, inexistencia de solucións técnicas dos provedores para a localización na cal se solicita a provisión, etc.)
        As ofertas presentadas e os provedores escollidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de resultar beneficiario da subvención.
    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
    • A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, os profesionais colexiados e as persoas representantes dalgunha das anteriores.
    • Se algunha das persoas obrigadas anteriores presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
    • Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • Se a solicitude non reunir os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixer, se dará por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    • No caso de que as persoas interesadas se opoñan á comprobación de datos segundo o indicado no artigo 12 das bases reguladoras ou existan circunstancias que aconsellen a súa presentación expresa, as persoas interesadas deberán presentar aqueles documentos sobre os cales se opoñan á súa comprobación.
    • No caso de que as persoas interesadas teñan que acreditar a representación cun documento expreso sen poderen empregar as distintas opcións de comprobación de datos xa indicadas no artigo 12, achegarán a documentación suficiente en dereito para acreditar a representación exercida.
    • Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
      Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
    • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
      A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas suxeitas á dita obriga presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
      Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
    • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (AMTEGA)

    Cidade da Cultura. Monte Gaiás
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545535
    Email: amtega@xunta.gal
    Información web: http://amtega.xunta.gal

    Versión en formato PDF

    As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.

    Esta actuación enmárcase na folla de ruta do Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), aprobado por Acordo do 1 de outubro de 2015 adoptado polo Consello da Xunta de Galicia.

    Así mesmo, as subvencións reguladas nas presentes bases ampárase no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, o cal prevé actuacións encamiñadas á concesión de axudas directas á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida na submedida 7.3 de apoio ás infraestruturas de banda larga. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia.

    Beneficiarios:

    As empresas privadas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    1. Con carácter xeral, son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases e de cada convocatoria, sexan aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

    2. Terán a consideración de obrigas das persoas beneficiarias:
    a) Realizar o proxecto que fundamente a concesión da subvención.
    b) Manter a alta no servizo contratado inicial durante, polo menos, un (1) ano.
    c) Acreditar a realización do proxecto obxecto de subvención no prazo sinalado na convocatoria ou excepcionalmente o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso potestativo de reposición.
    d) Dispor de acceso a redes de banda larga ultrarrápida na localización obxecto de subvención por un período mínimo de tres (3) anos desde a realización do proxecto subvencionado.
    e) Atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da LSG, non acrediten o cumprimento das ditas obrigas, requirirase o solicitante ou beneficiario para que acredite a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
    f) Facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación co proxecto obxecto de subvención, os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), do Consello de Contas, do Tribunal de Contas e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.
    g) Someterse aos controis administrativos, controis sobre o terreo e controis a posteriori previstos na normativa comunitaria, en aplicación do establecido no Regulamento (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control.
    h) Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.
    i) Comunicar ao órgano concedente a obtención de subvencións ou axudas que financien o proxecto subvencionado, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Estas comunicacións deberán efectuarse tan pronto como se coñezan.
    j) Manter un código contable diferenciado que recolla axeitadamente todas as operacións relacionadas co proxecto tal e como se establece no artigo 66.1.c) e i) do Regulamento (UE) nº 1305/2013. Así mesmo, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable ao beneficiario, así como das facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da subvención concedida e garante o seu adecuado reflexo na contabilidade das persoas beneficiarias, polo que deberá manterse accesible durante un período mínimo de 5 anos.
    k) Dar axeitada publicidade ás subvencións recibidas conforme o disposto no artigo 29.

    3. O incumprimento de calquera das obrigas sinaladas nas presentes bases poderá ser causa da perda de dereito ao cobramento ou do reintegro da subvención concedida segundo a fase do procedemento en que se atope a tramitación do expediente.

    4. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención e, de ser o caso, proceder ao reintegro da subvención recibida. Non renunciar poderá conducir á instrución dun expediente sancionador en materia de subvencións.

    Requisitos:

    a) Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.
    b) Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), e estar, por tanto, illada das redes que prestan estes servizos.
    c) Non estar situada a empresa dentro dun polígono industrial que xa conte con acceso a redes de banda larga ultrarrápida ou que dispoña de plans de despregamento en curso para estas redes e estar, por tanto, a empresa illada destas redes.
    Especialmente, consideraranse polígonos con plans de despregamento en curso os polígonos beneficiados ao abeiro da Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A; DOG do 22 de abril de 2016).
    d) Solicitar e obter tres ofertas, como mínimo, de diferentes provedores de acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, agás que polas especiais características dos gastos ou a localización en que se pretende levar a cabo o proxecto non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

    - Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.

    - Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG). A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que preceptivamente deba efectuar o órgano xestor.

    - Non poderán acadar a condición de beneficiaria as empresas en crise, de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01). Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 10 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Tramitar a clasificación da fundación por parte da Vicepresidencia e Consellaría da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a súa posterior adscrición a unha determinada consellería en atención aos seus fins e posterior declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións.

    Tramitar os actos da Fundacións adscritas ao Protectorado da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sometidos a inscrición rexistral.

    A quen vai dirixido?

    Fundacións de Interese Galego, así como outras persoas naturais e xurídicas que soliciten información sobre fundacións inscritas.

    Requisitos

    Requisitos de inscrición inicial de una fundación

    Son requisitos necesarios para que unha Fundación poida ser clasificada e declarada de interese galego:
    1º Que a Fundación estea domiciliada e exerza as súas funcións principalmente en Galicia.
    2º Que non teña ánimo de lucro.
    3º Que a súa finalidade sexa lícita e duradeira e sirva ao interese xeral de Galicia.
    4º Que os beneficiarios da Fundación non sexan persoas determinadas individualmente.
    5º A dotación inicial, sen a cal non se pode constituír unha Fundación debe ser suficiente para o cumprimento dos seus fins.
    6º Á realización da finalidade fundacional debe destinarse, cando menos, o 80% das rendas que obteña a Fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da Fundación.

    A unha Comisión formada polos Secretarios Xerais das Consellerías, correspóndelles o exame das solicitudes, co fin de emitir informe vinculante sobre a súa clasificación e adscrición.


    Correspóndelle á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, mediante Orde, a clasificación de todas as Fundacións. A dita Orde de clasificación levará consigo a adscrición da tutela da Fundación á Consellería correspondente por razón da materia que constitúa o fin primordial da Fundación.

    Á Consellería á que se adscribe a Fundación corresponderalle, mediante Orde, a declaración de Interese Galego da dita Fundación.

    Declarada de Interese Galego a Fundación, pasará a inscribirse no Rexistro único de Fundacións de Interese Galego dependente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

    Requisitos de inscriciónes sucesivas: Modificacións de Estatutos, modificación de patronato, etc.
    As establecidas na normativa segundo o tipo de inscrición.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    Edificio Administrativo San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    Ligazón á normativa

    Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009)

    Ligazón á normativa

    Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego (DOG nº 242 do 19 de decembro de 2006).

    Ligazón á normativa

    Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 251 do 31 de decembro de 2010).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins de lucro e dos incentivos fiscais ao mecenazgo (BOE nº 307 do 24 de decembro de 2002).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos (BOE nº 283 do 24 de novembro de 2011).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos (BOE nº 88, do 12 de abril de 2012).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

    A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

    A quen vai dirixido?

    Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    O/a bolseiro/a seleccionado/a comprometerase a:

    a) Desempeñar as actividades de formación e de colaboración na materia que se describen nas bases anteriores, de luns a venres, en horario de mañá e/ou tarde, de acordo coa distribución que realice a EGAP.

    b) Cumprir co programa de formación establecido pola directora da EGAP, baixo o asesoramento, orientación e dirección dos/as funcionarios/as que se designen para tales efectos, e asistir ás actividades formativas que a escola xulgue convenientes. Os gastos ocasionados con motivo destas actividades serán aboados pola escola con cargo á aplicación orzamentaria 05.80.122B.480.0 en que se habilitará previamente o crédito para este fin, logo de que a persoa titular da xefatura do Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións certifique os gastos producidos. Os gastos de desprazamento, aloxamento e mantemento non poderán superar a contía establecida para o grupo II do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre as indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

    c) Colaborar nas accións formativas da EGAP directamente relacionadas co obxecto da bolsa, de considerarse oportuno.

    d) Presentar os informes, formularios e demais documentos que lle exixa a EGAP con motivo da xestión do programa de formación e, ao finalizar a bolsa, informe de todas as actividades desenvolvidas durante o tempo de goce da bolsa, así como da formación recibida.

    e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control interno.

    f) Reintegrar as cantidades percibidas no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a concesión da bolsa.

    g) Presentar antes do último pagamento unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    – Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditada a titulación de licenciatura ou grao en Dereito.

    – Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que se declarará de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.

    – Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, manifestar un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.

    – Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

    – Non ter gozado anteriormente doutra bolsa da EGAP para a formación en estudos relacionados co dereito administrativo en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da lista de suplentes e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546044

    Fax: 981546337

    Email: egap@xunta.es

    http://egap.xunta.es

    Órgano responsable

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Extracto da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público (PR770I).

    A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva.

    A quen vai dirixido?

    Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    O/a bolseiro/a seleccionado/a comprometerase a:

    a) Desempeñar as actividades de formación e de colaboración na materia que se describen nas bases anteriores, de luns a venres, en horario de mañá e/ou tarde, de acordo coa distribución que realice a EGAP.

    b) Cumprir co programa de formación establecido pola directora da EGAP, baixo o asesoramento, orientación e dirección dos/das funcionarios/as que se designen para tales efectos, e asistir ás actividades formativas que a escola xulgue convenientes. Os gastos ocasionados con motivo destas actividades serán aboados pola Escola con cargo á aplicación orzamentaria 05.80.122B.480.0 en que se habilitará previamente o crédito para este fin, logo de que a persoa titular da xefatura do Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións certifique os gastos producidos. Os gastos de desprazamento, aloxamento e mantemento non poderán superar a contía establecida para o grupo II do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre as indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

    c) Colaborar nas accións formativas da EGAP directamente relacionadas co obxecto da bolsa, de considerarse oportuno.

    d) Presentar os informes, formularios e demais documentos que lle exixa a EGAP con motivo da xestión do programa de formación e, ao finalizar a bolsa, informe de todas as actividades desenvolvidas durante o tempo de goce da bolsa, así como da formación recibida.

    e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control interno.

    f) Reintegrar as cantidades percibidas no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a concesión da bolsa.

    g) Presentar antes do último pagamento unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    – Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en economía.

    – Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que se declarará de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.

    – Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que sexa esta, ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, manifestar un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.

    – Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546041

    Fax: 981546336

    Email: egap@xunta.gal

    Órgano responsable

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 31 de xaneiro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público (DOG nº 30 do 12 de febreiro de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 13/12/2016 - 12/01/2017.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • As solicitudes formalizaranse no modelo que se xunta como anexo I a esta convocatoria e deberán ir acompañadas da seguinte documentación en orixinal ou copia:
      • Copia do DNI ou NIE do solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
      • Título universitario correspondente no caso de denegar expresamente a súa consulta ou en defecto do título, xustificación do pagamento dos dereitos de expedición.
      • Certificación academica na que se detallen as cualificacións obtidas nas distintas disciplinas. Para facilitar a valoración do expediente academico, debe incluírse na certificación a nota media obtida.
      • Currículo do/da solicitante (de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo II), con exposición dos meritos academicos e profesionais, así como relación dos traballos e publicacións sobre temas relacionados co obxecto da bolsa, debidamente acreditados.
      • Documentos que acrediten a formación en materias relacionadas co obxecto da bolsa alegados polo interesado no seu currículo.
      • Memoria que versará sobre «A racionalización do gasto público na Comunidade Autónoma de Galicia» cunha extensión máxima de 20 follas.
      • Acreditación do curso de perfeccionamento de galego ou Celga 4, no caso de denegar expresamente a súa verificación.
    • Poderá acompañar calquera outra documentación acreditativa dos meritos a que se refire a base oitava.
      A documentación complementaria poderá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
      Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981546041Fax: 981546336
    Email: egap@xunta.gal

    Versión en formato PDF

    Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público.
    A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva.

    Beneficiarios:

    Poderán solicitar estas bolsas todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan os seguintes requisitos no momento de terminar o prazo de presentación de solicitudes:
    - Acreditar ter terminados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en economía.
    - Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.
    - Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, ou, no caso do ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, un compromiso expreso de renunciar a eses con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.

    O/a bolseiro/a seleccionado/a comprometerase a:
    a) Desempeñar as actividades de formación e de colaboración na materia que se describe nos artigos anteriores, de luns a venres, en horario de mañá e/ou tarde, de acordo coa distribución que realice a EGAP.
    b) Cumprir co programa de formación establecido pola directora da EGAP, baixo o asesoramento, orientación e dirección dos/as funcionarios/as que se designen a tales efectos, e asistir ás actividades formativas que a escola considere convenientes. Os gastos ocasionados con motivo destas actividades serán pagos pola escola con cargo á aplicación orzamentaria 05.80.122B.480.0 na que se habilitará previamente o crédito para este fin, despois de que o/a xefe/a do servizo de Estudos, Investigación e Publicacións certifique os gastos producidos. Os gastos de desprazamento, aloxamento e mantemento non poderán superar a contía establecida para o grupo II do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre as indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.
    c) Colaborar nas accións formativas da EGAP, de estimarse oportuno.
    d) Presentar os informes, formularios e demais documentos que lle exixa a EGAP con motivo da xestión do programa de formación e, ao finalizar a bolsa, informe de todas as actividades desenvolvidas durante o tempo de goce da bolsa, así como da formación recibida.
    e) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control interno.
    f) Reintegrar as cantidades percibidas no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a concesión da bolsa.
    g) Presentar antes do último pagamento declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das administracións públicas competentes ou outros entes públicos.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Resolución do 1 de decembro de 2016 pola que se convoca unha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público (DOG nº 235 do 12 de decembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    1. O obxecto do premio é fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma.

    2. A concesión do premio rexerase por estas bases; pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.

    Traballos de investigación.

    1. Os traballos serán orixinais (isto é, provirán directamente do seu autor, sen ser imitación, tradución ou copia doutra obra), inéditos e non premiados con anterioridade. Teranse por inéditos aqueles traballos que non fosen obxecto de divulgación ou publicación nos termos da lexislación de propiedade intelectual. En consecuencia, non se considerarán inéditos aqueles que fosen publicados, divulgados ou postos á disposición do público, por medios telemáticos, xa sexa internet ou outras redes.

    2. As persoas interesadas estarán obrigadas a comunicar á EGAP a publicación do traballo ou a concesión dun premio tan axiña como se producir, e sempre antes de que se resolva a concesión deste premio. A dita comunicación farase consonte o modelo normalizado que figura como anexo II desta orde, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https//sede.xunta.gal) co código de procedemento PR771A. A presentación da dita comunicación realizarase por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

    3. Os traballos, escritos nalgunha das dúas linguas cooficiais da comunidade autónoma, presentaranse en formato A4, mecanografados a dobre espazo e terán unha extensión mínima de 100 páxinas.

    4. Os traballos poderán versar sobre a organización, estrutura, funcións e/ou ámbitos competenciais de calquera das administracións a que se refire a base primeira. A investigación poderá ser realizada desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica ou económica.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    - Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio, e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e apelidos da persoa ou persoas gañadoras.

    - No suposto de que se trate de grupos de traballo, acreditarase expresamente a persoa física responsable da dirección do equipo, que será a persoa que figure como solicitante no modelo normalizado de solicitude, así como a porcentaxe de participación de cada integrante do grupo no traballo presentado

    Requisitos

    - Non poderán acceder a este premio as persoas que se atopen afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

    A onde acudir

    VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas)

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546044

    Fax: 981546337

    Email: egap@xunta.gal

    Órgano responsable

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA (EGAP)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXII edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXII edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.