Xunta de Galicia

  • Obxecto

    O manexo de maquinaria mineira móbil só poderá ser realizado por operadores debidamente autorizados pola Autoridade Mineira, para o cal, o interesado ten que solicitar á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da provincia onde se sitúe a explotación mineira, a emisión do correspondente certificado de aptitude, que non terá carácter xeral, senón para cada tipo de máquina e que deberá ser renovado cada cinco anos.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE OURENSE

    Curros Enriquez, 1 - 4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386716

    Fax: 988386727

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DA CORUÑA

    Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar

    15071 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184961

    Fax: 981184790

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE PONTEVEDRA

    Fernández Ladreda, 43 - 5º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805227

    Fax: 986805247

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294654

    Fax: 982294681

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira (BOE nº 140 do 12 de xuño de 1985).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira (BOE nº 302 do 18 de decembro de 1985).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    As empresas do sector mineiro ou da construción que precisen o uso de explosivos nos que se contemple a realización de voaduras que teñan a condición de especiais, deben contar coa autorización de consumo da Subdelegación do Goberno, para o cal previamente, teñen que solicitar á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da provincia onde se sitúen os traballos, a aprobación dun proxecto de voadura especial subscrito por un técnico titulado en minas e co contenido establecido no apartado 3.1 da Orde do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo do 29 de xullo de 1994.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DA CORUÑA

    Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar

    15071 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184961

    Fax: 981184790

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294654

    Fax: 982294681

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE OURENSE

    Curros Enriquez, 1 - 4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386716

    Fax: 988386727

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE PONTEVEDRA

    Fernández Ladreda, 43 - 5º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805227

    Fax: 986805247

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira (BOE nº 140 do 12 de xuño de 1985).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira (BOE nº 302 do 18 de decembro de 1985).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I.
    • No caso de persoas físicas solicitantes, copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • No caso de actuar por medio de representante, copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • Declaración responsable da relación do equipamento técnico que dispón a empresa para a realización das voaduras e do seu cumprimento da normativa de seguridade.
    • Declaración responsable da relación do persoal con cartilla de artilleiro autorizado para efectuar pegas concordantes cos tipos de voadura especial para os que se solicita inscripción.
    • Póliza de responsabilidad civil.
    • Xustificante de pago de taxas (Código: 32.01.00).
    • No caso de persoas xurídicas solicitantes, copia do NIF, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • No caso de persoas xurídicas solicitantes, copia da escritura ou documento de constitución, de modificación, dos estatutos ou do acto fundacional.
    • No caso de actuar por medio de representante, documentación acreditativa da representación.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DA CORUÑA

    Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar
    15071Coruña, A
    Teléfono: 981184961Fax: 981184790

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE OURENSE

    Curros Enriquez, 1 - 4º
    32003Ourense
    Teléfono: 988386716Fax: 988386727

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294654Fax: 982294681

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE PONTEVEDRA

    Fernández Ladreda, 43 - 5º
    36003Pontevedra
    Teléfono: 986805227Fax: 986805247

    Versión en formato PDF

    As empresas do sector mineiro ou construción para levar a cabo a execución de voaduras especiais deben estar autorizadas e inscritas para tal fin pola Subdelegación do Goberno, para o cal previamente, ten que solicitar á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da provincia onde teñan o seu domicilio social, a emisión dun certificado sobre o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa de aplicación (punto 6 da Orde do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo do 29 de xullo de 1994).

    Versión en formato PDF

    ESTATAL

    Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira (BOE nº 140 do 12 de xuño de 1985).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    ESTATAL

    Corrección de erros do Real Decreto 863/1985, do 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira (BOE nº 302 do 18 de decembro de 1985).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2017.

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa para acadar melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.

    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

    Actuacións e gastos subvencionables.

    1. A actuación subvencionable será a renovación de fachadas e cubertas existentes de vivendas unifamiliares ou edificios de vivenda colectiva, xunto coas súas instalacións anexas, de ser o caso, por unha fachada ou cuberta de lousa. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de renovacións parciais da fachada ou cuberta.

    2. A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética».

    3. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

    As actuacións e os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade a data de xustificación establecida no artigo 17 desta orde.

    Consideraranse custos subvencionables aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de renovación de fachadas e cubertas, realizados desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data de xustificación establecida no artigo 17, en concreto:

    • Custos das memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións a subvencionar.

    • Custos de licenzas.

    • Custos de desmontaxe das fachadas e cubertas existentes.

    • Custos de materiais das novas fachadas e cubertas de lousa. A lousa pertencerá na súa calidade comercial á primeira selección.

    • Custos de montaxe das novas fachadas e cubertas de lousa.

    Custos non subvencionables:

    • A substitución ou instalación das carpintarías exteriores (portas, fiestras e canalóns), vidros e chemineas.

    • Os gastos e custos financeiros xerados, como consecuencia do investimento.

    • Os gastos realizados en bens usados.

    O imposto sobre o valor engadido (IVE) subvencionarase cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.

    4. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

    A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa solicitude, realizarase conforme os criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.

    5. Permítese a subcontratación total ou parcial, pola persoa beneficiara das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 desta orde se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.

    b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

    c) Obter todos os permisos e licenzas que se requiran para o desenvolvemento dos traballos obxecto da axuda, así como cumprir cos requisitos establecidos na normativa de aplicación, especificamente a relativa á marcación CE e á colocación.

    d) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    f) Dispoñer dos documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.

    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    h) En cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no caso da promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberá constar o cofinanciamento con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que se efectuará incorporando de forma visible o símbolo e o logotipo da Xunta de Galicia.

    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    j) Se é o caso, non disolver a comunidade de propietarios ata que transcorra o prazo de prescrición establecido nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    k) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para ao cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as persoas físicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

    - En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.

    - As persoas beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS MINERAIS

    SERVIZO DE XESTIÓN MINEIRA

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957092 / 981957258

    Fax: 981545515

    Email: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal

    http://ceei.xunta.gal

    Dende o resto do Estado: 902120012

    Órgano responsable

    SERVIZO DE XESTIÓN MINEIRA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización de accións que contribúan a mellorar as prácticas preventivas e ambientais do sector mineiro galego, ao aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, á investigación e innovación no seu aproveitamento e á transferencia de coñecemento no marco dun desenvolvemento sustentable, así como á divulgación do sector na sociedade, incluíndo a investigación e divulgación da historia da minaría de Galicia e a recuperación e posta en valor do patrimonio mineiro.

    2. Así mesmo, por medio desta orde e consonte as bases, apróbase a convocatoria destas subvencións para o ano 2019.

    Prazo de duración do procedemento de concesión .

    Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a 5 meses.

    Actuacións e gastos subvencionables .

    1. Serán subvencionables as actuacións, actividades, proxectos ou estudos que teñan como finalidade impulsar a realización de accións que contribúan a:

    a) Mellorar as prácticas preventivas en materia de riscos laborais, propoñendo solucións específicas e aplicables ao sector.

    b) Mellorar as prácticas ambientais do sector mineiro.

    c) Fomentar a investigación e a innovación en sistemas de explotación e de tratamentos mineiros innovadores que minimicen os impactos ambientais e territoriais.

    d) Transferencia de coñecemento, entendendo como tal o proceso polo cal os resultados da investigación e da innovación, así como da tecnoloxía, son transferidos aos actores económicos ou institucionais do sector da minaría co fin de xerar valor e desenvolvemento económico sustentable.

    e) Actuacións que promovan un aproveitamento máis racional e eficiente dos recursos que permitan un desenvolvemento económico sustentable e integrador social e territorialmente.

    f) Divulgación do sector mineiro galego, fomentando o coñecemento da actividade mineira pola sociedade.

    g) Investigación e divulgación da historia da minaría de Galicia.

    h) Recuperación e posta en valor do patrimonio mineiro galego.

    Non se financiarán publicacións cuxos contidos impliquen recompilación, recensión, revisión ou reedición doutras publicacións xa existentes. En particular, non se financiarán publicacións tipo catálogos ou inventarios que se limiten a reproducir relacións de elementos ou actuacións.

    2. Consideraranse, así mesmo, gastos subvencionables os seguintes:

    – Recursos humanos: gastos de persoal, tanto propio como o que se contrate especificamente, que só poderá ser imputado ao proxecto en función da dedicación efectiva ao mesmo. Coa finalidade de conseguir unha maior eficiencia na asignación dos fondos destinados a esta orde de axudas, os gastos de persoal propio subvencionables non poderán superar o 50 % do total do investimento subvencionable da actuación e a súa contía máxima será de 40.000 euros. Estes límites aplicaranse, así mesmo, aos gastos de persoal efectivamente xustificados respecto do total xustificado.

    – Material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto.

    – Custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridos ou obtidos por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia.

    – Servizos externos: contratacións con entidades externas necesarias para o eficiente desenvolvemento dos proxectos.

    – Material funxible: adquisición de materiais funxibles, compoñentes precisos, subministracións e produtos similares.

    – Gastos indirectos: imputaranse polo beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo aos principios e normas de contabilidade xeralmente admitida e en todo caso na medida que tales custos correspondan ao período no que efectivamente se realiza a actividade. Excluiranse aqueles gastos que teñan financiamento directo a través dalgunha das partidas do investimento do proxecto subvencionable. Así mesmo, de cara a unha maior eficiencia na asignación dos fondos destinados a esta orde de axudas, os gastos indirectos imputados á actividade subvencionada non poderán superar o 8 % do importe total do resto das partidas do investimento subvencionable do proxecto.

    3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada.

    Así mesmo, de acordo co disposto no número 7 do dito artigo, os gastos financeiros, os de asesoría xurídica e financeira, os gastos notariais e rexistrais, periciais e os gastos de garantía bancaria poderán ser subvencionables se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación desta.

    4. As actuacións e os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2019 ata a data de xustificación establecida no artigo 23 destas bases.

    5. En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado. Así mesmo, a comisión de valoración poderá considerar como non subvencionables ou limitar a súa porcentaxe en relación co investimento subvencionable total do proxecto, á vista das solicitudes presentadas, aqueles conceptos que se consideren menos críticos para o normal desenvolvemento da actuación obxecto de axuda ou elementos que se consideren reiterativos doutros acometidos e subvencionados en exercicios anteriores.

    6. Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

    7. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

    A elección entre as ofertas presentadas, realizarase conforme os criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as entidades sen ánimo de lucro cuxo obxecto ou actividades estean relacionadas coa minaría. As ditas entidades non deberán exercer unha actividade económica ofrecendo bens ou servizos nun mercado determinado, salvo que dispoñan de contabilidade separada para as actividades económicas e as subvencionadas.

    En todo caso, serán admitidas como entidades sen ánimo de lucro as universidades, con ensinanzas universitarias e/ou apoio á investigación en ámbitos do coñecemento relacionados coa minaría, e os colexios profesionais dos enxeñeiros de minas, enxeñeiros técnicos de minas e xeólogos.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.

    b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención, mediante a modalidade de conta xustificativa con entrega de informe de auditor.

    c) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás persoas beneficiarias en cada caso.

    f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro desta orde.

    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    h) Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, tanto na súa forma como na súa duración, e consistirán na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente (Consellería de Economía, Emprego e Industria), e nas inscricións relativas ao financiamento público en carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación, todo iso en función do tipo de actuación subvencionable.

    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    j) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.

    k) Manter os investimentos subvencionados e conservar toda a documentación relacionada coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

    l) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

    m) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - As persoas beneficiarias deberán desenvolver actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    - Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán ter pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma e deberán atoparse ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS MINERAIS

    SERVIZO DE XESTIÓN MINEIRA

    Edificios Administrativos San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957092 / 981957090 / 981545465

    Fax: 981545515

    Email: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal

    http://ceei.xunta.gal

    Desde o resto do Estado: 902 12 00 12

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde de 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2017.

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e contribuír a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente á vez que se mellora a eficiencia enerxética.

    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

    Actuacións subvencionables.

    1. A actuación subvencionable será a rehabilitación con granito da envolvente das fachadas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de rehabilitacións parciais da fachada.

    2. Os tipos de fachada ou envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, fachadas transventiladas de granito e fachadas de perpiaño, coas características seguintes:

    a) Fachadas pegadas de granito: composta de placas de granito pegadas, con morteiros ou adhesivos á estrutura soporte, e suxeitas con ancoraxes de vara como elemento de seguridade.

    b) Fachadas transventiladas de granito: composta de placas de granito fixadas á estrutura soporte mediante un sistema de ancoraxe, existe entre elas unha cámara de aire e un material illante.

    c) Fachadas de perpiaño: composta de perpiaño de granito de espesor aproximado entre 6 e 12 cm, unha cámara de aire, un illamento e unha estrutura interior. As pezas de granito estarán unidas á estrutura interior mediante ancoraxes puntuais de seguridade.

    3. A rehabilitación da fachada ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética».

    4. A solución construtiva elixida ten que cumprir as especificacións da Norma UNE 22203. Construción de aplacados de fachada con pedra natural, en canto ao deseño e construción da fachada ou envolvente térmica.

    Gastos subvencionables.

    1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.

    As actuacións e os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade á data de xustificación establecida no artigo 18 desta orde.

    Consideraranse custos subvencionables aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de rehabilitación de fachadas con granito, realizados desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data de xustificación establecida no artigo 18, en concreto:

    • Custos de memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións que se van subvencionar.

    • Custos de licenzas.

    • Custos de desmontaxe do material de fachada ou envolvente existente.

    • Custos dos materiais: granito, morteiros e adhesivos, ancoraxes e sistemas de ancoraxe e o material illante.

    • Custos de man de obra civil e instalacións auxiliares necesarias para a montaxe da nova envolvente de granito.

    Custos non subvencionables:

    • A substitución ou instalación das carpintarías exteriores (portas e fiestras) e vidros.

    • Os gastos e custos financeiros, como consecuencia do investimento.

    • Os gastos realizados en bens usados.

    O imposto sobre o valor engadido (IVE) subvencionarase cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.

    2. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, á prestación do servizo ou á entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

    A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa solicitude, realizarase conforme os criterios de eficacia e economía e, no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.

    3. Permítese a subcontratación total ou parcial, por parte da persoa beneficiaria, das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 desta orde se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.

    b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

    c) Obter todos os permisos e licenzas que se requiran para o desenvolvemento dos traballos obxecto da axuda, así como cumprir cos requisitos establecidos nas normativas de aplicación, especificamente as relativas á marcación CE e á colocación.

    d) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    f) Dispoñer dos documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.

    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    h) En cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no caso da promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberá constar o cofinanciamento con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que se efectuará incorporando de forma visible o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia.

    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    j) Se é o caso, non disolver a comunidade de propietarios ata que transcorra o prazo de prescrición establecido nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    k) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias, as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

    - En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.

    - As persoas beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS MINERAIS

    SERVIZO DE XESTIÓN MINEIRA

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957092 / 981545465

    Fax: 981545515

    Email: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal

    http://ceei.xunta.gal

    Dende o resto do Estado: 902120012

    Órgano responsable

    SERVIZO DE XESTIÓN MINEIRA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 14/03/2015 - 13/06/2015.

    Finalizará o 13 de xuño de 2015. No suposto de que se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concédente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Xunto coa solicitude deberase presentar copia dixitalizada, ou ben orixinal ou copia compulsada se se opta por presentar a solicitude en soporte papel, da seguinte documentación:
    • A. Documentación xenerica:
      • a) DNI ou NIE do solicitante.
      • b) No caso de que o solicitante sexa unha comunidade de propietarios, achegarase, ademais:
      • c) Acreditación da titularidade do edificio ou vivenda mediante certificación do Rexistro da Propiedade, escritura pública de obra nova, escritura pública de compravenda, escritura pública de aceptación ou partición da herdanza, escritura pública de doazón e aceptación, ou sentenza xudicial, segundo corresponda.
    • B. Documentación tecnico-económica que deberá incluír o seguinte:
      • a) Memoria explicativa segundo o anexo III.
      • b) Cadro de gastos para os que solicita a subvención segundo o anexo IV, acompañado dos orzamentos ou facturas pro forma que xustifique os anteditos gastos.
      • c) Reportaxe fotográfica antes da rehabilitación.
      • d) Proxecto tecnico visado polo órgano competente no caso de ser preceptivo.
      • e) Cando resulte de aplicación, segundo o indicado no punto 2 do artigo terceiro, copia das tres ofertas solicitadas e, en caso de non se optar pola máis vantaxosa, memoria xustificativa da diferente elección. No caso de non presentar as ofertas por concorrer algunha das circunstancias indicadas na citada base, deberá indicar o motivo.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
    • O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará aos tres meses do día seguinte da publicación da presente orde.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    Versión en formato PDF

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente á vez que se mellora a eficiencia enerxética.
    Actuacións subvencionables.
    1. A actuación subvencionable será a rehabilitación con granito da envolvente das fachadas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de rehabilitacións parciais da fachada.
    2. Os tipos de fachada ou envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, fachadas trasventiladas de granito e fachadas de perpiaño, coas características seguintes:
    a) Fachadas pegadas de granito: composta de placas de granito pegadas con morteiros ou adhesivos á estrutura soporte, e suxeitas con ancoraxes de varilla como elemento de seguridade.
    b) Fachadas trasventiladas de granito: composta de placas de granito fixadas á estrutura soporte mediante un sistema de ancoraxe, existindo entre elas unha cámara de aire e un material illante.
    c) Fachadas de perpiaño: composta de perpiaño de granito de espesor aproximado entre 6 e 12 cm, unha cámara de aire, un illamento e unha estrutura interior. As pezas de granito estarán unidas á estrutura interior mediante ancoraxes puntuais de seguridade.
    3. A rehabilitación da fachada ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética».
    4. A solución construtiva elixida ten que cumprir as especificacións da norma «UNE 22203. Construción de aplacados de fachada con pedra natural» en canto ao deseño e construción da fachada ou envolvente térmica.
    Gastos subvencionables.
    1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
    Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade á data de xustificación establecida no artigo 16.
    Consideraranse custos subvencionables aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de rehabilitación de fachadas con granito, en concreto:
    - Custos de memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios, ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións que se van subvencionar.
    - Custos de licenzas.
    - Custos de desmontaxe do material de fachada ou envolvente existente.
    - Custos dos materiais: granito, morteiros e adhesivos, ancoraxes e sistemas de ancoraxe e o material illante.
    - Custos de man de obra civil e instalacións auxiliares necesarias para a montaxe da nova envolvente de granito.
    Custos non subvencionables:
    - Os custos dos materiais da estrutura soporte da fachada.
    - A substitución ou instalación das carpintarías exteriores (portas e fiestras) e vidros.
    - Os gastos e custos financeiros, como consecuencia do investimento.
    - Os gastos realizados en bens usados.
    O imposto sobre o valor engadido (IVE) subvencionarase cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.
    2. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.
    A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa solicitude, realizarase conforme os criterios de eficacia e economía e, no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.
    3. Permítese a subcontratación total ou parcial, polo beneficiario das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Beneficiarios:

    Os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas illadas ou edificios de vivenda colectiva, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
    Obrigas dos beneficiarios.
    a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.
    b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.
    c) Obter todos os permisos e licenzas que se requiran para o desenvolvemento dos traballos obxecto da axuda, así como cumprir cos requisitos establecidos nas normativas de aplicación, especificamente as relativas á marcaxe CE e á colocación.
    d) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
    e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    f) Dispoñer dos documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.
    g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
    h) Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento nas actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, os beneficiarios das axudas deberán facer constar o cofinanciamento con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria, mediante carteis coa lenda Proxecto cofinanciado, xunto co do escudo normalizado da Xunta de Galicia.
    i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    j) Se é o caso, non disolver a comunidade de propietarios ata que transcorra o prazo de prescrición establecido nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Requisitos:

    - Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas físicas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
    - En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.
    - Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 12 de novembro de 2015 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa, establecido na Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN316A), e se modifica o artigo 16 das bases reguladoras (DOG nº 217 do 13 de novembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Versión en formato PDF

    • Solicitude sengundo o Anexo I.
    • No caso de persoas físicas solicitantes, copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • No caso de actuar por medio de representante, copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • Memoria xustificativa, acompañando o proxecto, os planos e a relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se consideren de necesaria expropiación ou ocupación, así como a descripción física e xurídica deses bens e dereitos afectados.
    • No caso de solicitude de declaración de utilidade pública: memoria descritiva da explotación que ven realizando e dos labores, instalacións e servizos a realizar fóra dos límites da autorización de aproveitamento; os planos da explotación representando os terreos sobre os que foi concedida a autorización e os terreos cuxa ocupación se pretende; relación dos investimentos realizados; e producións alcanzadas e a obter.
    • Xustificante do pago das taxas administrativas (Código: 32.01.00 e 32.07.03).
    • No caso de persoas xurídicas solicitantes, copia do NIF, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • No caso de persoas xurídicas solicitantes, copia da escritura ou documento de constitución, de modificación, dos estatutos ou do acto fundacional.
    • No caso de actuar por medio de representante, documentación acreditativa da representación.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294654Fax: 982294681

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DA CORUÑA

    Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar
    15071Coruña, A
    Teléfono: 981184961Fax: 981184790

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS MINERAIS

    SERVIZO DE XESTIÓN MINEIRA
    Edificios Administrativos. San Caetano, s/n bloque nº 5
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957092Fax: 981545515

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE PONTEVEDRA

    Fernández Ladreda, 43 - 5º
    36003Pontevedra
    Teléfono: 986805227Fax: 986805247

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE OURENSE

    Curros Enriquez, 1 - 4º
    32003Ourense
    Teléfono: 988386716Fax: 988386727

    Versión en formato PDF

    Se vostede é titular dunha explotación mineira poderá solicita-la expropiación forzosa por procedemento de urxencia para o emprazamento e traballos de instalacións e servicios correspondentes.
    Os que realicen aproveitamento de recursos da Sección A, deberán solicitar previamente a declaración de entidade pública. O outorgamento dunha concesión de explotación levará implícita a declaración de utilidade pública.

    Versión en formato PDF

    ESTATAL

    Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 1973).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    ESTATAL

    Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE n.º 351 do 17 de decembro de 1954).

    Ligazón á normativa

    ESTATAL

    Real Decreto Legislativo 1303/1986, de 28 de xuño, polo que se adecua ao ordenamiento xurídico da Comunidade Económica Europea o título VIII da Lei 22/1973, de 21 de xullo, de Minas (BOE nº 155, de 30 de xuño de 1986).

    Ligazón á normativa

    ESTATAL

    Real Decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría (BOE nº 295 do 11 de decembro de 1978).

    Ligazón á normativa

    ESTATAL

    Decreto de 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa (BOE nº 160, de 20 de xuño de 1957).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Se vostede, como representante dunha empresa eléctrica da Comunidade Autónoma de Galicia, desexa realizar obras de transporte, transformación e/ou distribución de enerxía eléctrica, pode solicitar á Xunta de Galicia a correspondente autorización.

    A súa solicitude someterase a información ó público durante o prazo de trinta días. Se vostede prevé que como consecuencia das reclamacións deberá procederse á expropiación de terreos, pode presenta-lo proxecto da instalación e solicitar, paralelamente na instancia, a declaración de utilidade pública como paso previo á expropiación.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

    SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS ENERXÉTICAS

    Edificios Administrativos. San Caetano, s/n bloque nº 5

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545573

    Fax: 981545515

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DA CORUÑA

    Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar

    15071 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184961

    Fax: 981184790

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294654

    Fax: 982294681

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE OURENSE

    Curros Enriquez, 1 - 4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386716

    Fax: 988386727

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE ENERXÍA E MINAS DE PONTEVEDRA

    Fernández Ladreda, 43 - 5º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805227

    Fax: 986805247

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS ENERXÉTICAS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 34 do 16 de febreiro de 2001).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 1955/2000, de 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, suministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, de 27 de decembro de 2000).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 1955/2000, de 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, distribución e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 62, de 13 de marzo de 2001).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o Reglamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, de 19 de marzo de 2008).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o Reglamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 120, de 17 de maio de 2008).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproba o Reglamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 174, de 19 de xullo de 2008).

    Ligazón á normativa

    Lei 24/2013, de 26 de decembro, do Sector Eléctrico (BOE nº 310, de 27 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o Reglamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas Instrucións Técnicas Complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, de 9 de xuño de 2014).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Se vostede, como representante dunha empresa da Comunidade Autónoma de Galicia, desexa realiza-la producción de enerxía eléctrica, pode solicitar á Xunta de Galicia a correspondente autorización.

    Antes de poder autorizarlle a súa solicitude en base á producción de enerxía eléctrica, debe vostede posuí-la correspondente concesión administrativa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

    Edificios Administrativos. San Caetano, s/n bloque nº 5

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545573/881995317

    Fax: 981545515

    Órgano responsable

    SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS ENERXÉTICAS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (DOG nº 252 do 29 de decembro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 1955/2000, de 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, suministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, de 27 de decembro de 2000).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 1955/2000, de 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, distribución e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 62, de 13 de marzo de 2001).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o Reglamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, de 19 de marzo de 2008).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o Reglamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 120, de 17 de maio de 2008).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproba o Reglamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 174, de 19 de xullo de 2008).

    Ligazón á normativa

    Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, de 11 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o Reglamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas Instrucións Técnicas Complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño de 2014).

    Ligazón á normativa

    Lei 24/2013, de 26 de decembro, do Sector Eléctrico (BOE nº 310, de 27 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.