IN315A - Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización de accións que contribúan a mellorar as prácticas preventivas e ambientais do sector mineiro galego, ao aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, á investigación e innovación no seu aproveitamento e á transferencia de coñecemento no marco dun desenvolvemento sustentable, así como á divulgación do sector na sociedade, incluíndo a investigación e divulgación da historia da minaría de Galicia e a recuperación e posta en valor do patrimonio mineiro.

2. Así mesmo, por medio desta orde e consonte as bases, apróbase a convocatoria destas subvencións para o ano 2019.

Prazo de duración do procedemento de concesión .

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a 5 meses.

Actuacións e gastos subvencionables .

1. Serán subvencionables as actuacións, actividades, proxectos ou estudos que teñan como finalidade impulsar a realización de accións que contribúan a:

a) Mellorar as prácticas preventivas en materia de riscos laborais, propoñendo solucións específicas e aplicables ao sector.

b) Mellorar as prácticas ambientais do sector mineiro.

c) Fomentar a investigación e a innovación en sistemas de explotación e de tratamentos mineiros innovadores que minimicen os impactos ambientais e territoriais.

d) Transferencia de coñecemento, entendendo como tal o proceso polo cal os resultados da investigación e da innovación, así como da tecnoloxía, son transferidos aos actores económicos ou institucionais do sector da minaría co fin de xerar valor e desenvolvemento económico sustentable.

e) Actuacións que promovan un aproveitamento máis racional e eficiente dos recursos que permitan un desenvolvemento económico sustentable e integrador social e territorialmente.

f) Divulgación do sector mineiro galego, fomentando o coñecemento da actividade mineira pola sociedade.

g) Investigación e divulgación da historia da minaría de Galicia.

h) Recuperación e posta en valor do patrimonio mineiro galego.

Non se financiarán publicacións cuxos contidos impliquen recompilación, recensión, revisión ou reedición doutras publicacións xa existentes. En particular, non se financiarán publicacións tipo catálogos ou inventarios que se limiten a reproducir relacións de elementos ou actuacións.

2. Consideraranse, así mesmo, gastos subvencionables os seguintes:

– Recursos humanos: gastos de persoal, tanto propio como o que se contrate especificamente, que só poderá ser imputado ao proxecto en función da dedicación efectiva ao mesmo. Coa finalidade de conseguir unha maior eficiencia na asignación dos fondos destinados a esta orde de axudas, os gastos de persoal propio subvencionables non poderán superar o 50 % do total do investimento subvencionable da actuación e a súa contía máxima será de 40.000 euros. Estes límites aplicaranse, así mesmo, aos gastos de persoal efectivamente xustificados respecto do total xustificado.

– Material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto.

– Custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridos ou obtidos por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia.

– Servizos externos: contratacións con entidades externas necesarias para o eficiente desenvolvemento dos proxectos.

– Material funxible: adquisición de materiais funxibles, compoñentes precisos, subministracións e produtos similares.

– Gastos indirectos: imputaranse polo beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo aos principios e normas de contabilidade xeralmente admitida e en todo caso na medida que tales custos correspondan ao período no que efectivamente se realiza a actividade. Excluiranse aqueles gastos que teñan financiamento directo a través dalgunha das partidas do investimento do proxecto subvencionable. Así mesmo, de cara a unha maior eficiencia na asignación dos fondos destinados a esta orde de axudas, os gastos indirectos imputados á actividade subvencionada non poderán superar o 8 % do importe total do resto das partidas do investimento subvencionable do proxecto.

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada.

Así mesmo, de acordo co disposto no número 7 do dito artigo, os gastos financeiros, os de asesoría xurídica e financeira, os gastos notariais e rexistrais, periciais e os gastos de garantía bancaria poderán ser subvencionables se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación desta.

4. As actuacións e os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2019 ata a data de xustificación establecida no artigo 23 destas bases.

5. En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado. Así mesmo, a comisión de valoración poderá considerar como non subvencionables ou limitar a súa porcentaxe en relación co investimento subvencionable total do proxecto, á vista das solicitudes presentadas, aqueles conceptos que se consideren menos críticos para o normal desenvolvemento da actuación obxecto de axuda ou elementos que se consideren reiterativos doutros acometidos e subvencionados en exercicios anteriores.

6. Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

7. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, realizarase conforme os criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria en que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as entidades sen ánimo de lucro cuxo obxecto ou actividades estean relacionadas coa minaría. As ditas entidades non deberán exercer unha actividade económica ofrecendo bens ou servizos nun mercado determinado, salvo que dispoñan de contabilidade separada para as actividades económicas e as subvencionadas.

En todo caso, serán admitidas como entidades sen ánimo de lucro as universidades, con ensinanzas universitarias e/ou apoio á investigación en ámbitos do coñecemento relacionados coa minaría, e os colexios profesionais dos enxeñeiros de minas, enxeñeiros técnicos de minas e xeólogos.

Obrigas das persoas beneficiarias.

a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención, mediante a modalidade de conta xustificativa con entrega de informe de auditor.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ás persoas beneficiarias en cada caso.

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro desta orde.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Estas medidas deberán adecuarse ao obxecto subvencionado, tanto na súa forma como na súa duración, e consistirán na inclusión da imaxe institucional da entidade concedente (Consellería de Economía, Emprego e Industria), e nas inscricións relativas ao financiamento público en carteis, placas, material impreso, medios electrónicos ou audiovisuais, ou ben en mencións realizadas en medios de comunicación, todo iso en función do tipo de actuación subvencionable.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.

k) Manter os investimentos subvencionados e conservar toda a documentación relacionada coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

l) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

m) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Ler máis Ler menos

Requisitos

- As persoas beneficiarias deberán desenvolver actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán ter pendentes de pagamento débedas coa comunidade autónoma e deberán atoparse ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS MINERAIS

SERVIZO DE XESTIÓN MINEIRA

Edificios Administrativos San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981957092 / 981957090 / 981545465

Fax: 981545515

Email: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal

http://ceei.xunta.gal

Desde o resto do Estado: 902 12 00 12

Órgano responsable

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde de 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego cara a unha minaría sustentable e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.