Xunta de Galicia

  • Obxecto

    1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, a través dos concellos galegos.

    2. O procedemento de concesión destas subvencións, co código de procedemento IN201I, tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin, calquera que for a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que, conxuntamente, non supere o custo total da actuación ou proxecto.

    3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

    Considéranse actuacións subvencionables as que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16, e que teñan por obxecto a creación de espazos de emprendemento comercial situados en concellos de ata 20.000 habitantes.

    Concretamente, será subvencionable a posta en marcha e/ou a adecuación de instalacións de uso comercial co obxectivo de habilitar espazos de emprendemento comercial, que contarán coa oportuna sinalización e de poñer á disposición postos de venda adecuados espacialmente nos cales se desenvolverán actividades comerciais que veñan complementar o mix comercial existente na zona.

    Os espazos activos de emprendemento comercial darán prioridade a aquelas iniciativas comerciais que estean vencelladas coa comercialización dos produtos locais, de forma que o mercado poida configurarse como un escaparate e referente dos produtos vinculados ao correspondente territorio.

    A porcentaxe subvencionable acadará o 70 % do investimento, cun máximo de 70.000,00 euros de subvención.

    Estes investimentos requiren a inclusión, por parte do concello solicitante, dun proxecto para a realización de actuacións de difusión-asesoramento-formación dirixidas as persoas interesadas sobre o novo espazo de emprendemento comercial, así como, de ser o caso, información para o aumento da rendibilidade do posto de venda con técnicas de visual merchandising, colocación do produto e atención ao cliente. Esta actuación terá unha subvención máxima de 600,00 euros, incluída necesariamente no investimento subvencionable.

    4. Gastos subvencionables.

    De acordo co previsto no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en adiante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, sen admitir dúbida, respondan á natureza da actuación subvencionada.

    No suposto de rehabilitación e mellora de bens inventariables cumprirase o estipulado no artigo 29, puntos 4 e 5, da citada Lei 9/2007 e, de ser o caso, as seguintes regras especiais:

    – No caso de bens inscritibles nun rexistro público, o beneficiario deberá destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante un período de cinco anos.

    Os gastos subvencionables deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data límite de xustificación establecida nestas bases reguladoras. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, pagados, operativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto.

    5. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta orde as actuacións seguintes:
    a) Custos relativos á adquisición de bens inmobles e/ou o seu mantemento, así como alugamento de locais.
    b) Custos relativos á redacción de proxectos técnicos que non leven aparellada a súa execución.
    c) Custos de toda clase de persoal, agasallos promocionais, premios, trofeos, gastos de representación e a realización de recepcións e actos análogos.
    d) Campañas de promoción ou calquera outra actuación que teñan por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica ou similares, así como as actuacións promovidas polos centros comerciais abertos ou polas asociacións de praceiras/os das prazas de abastos.

    6. Subvencionarase un proxecto por concello e a solicitude presentada terá como obxecto a realización dunha única actuación definida no punto 3 deste artigo. De presentarse máis dunha solicitude, terase en conta a primeira presentada segundo o número e data do rexistro de entrada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de ata 20.000 habitantes.

    Son obrigas do beneficiario as previstas no artigo 11 da Lei 9/2007, e particularmente:
    a) Realizar o investimento ou a actuación que fundamenta a concesión da subvención.
    b) Acreditar ante a entidade concedente a realización do investimento ou a actividade, así como o cumprimento dos requisitos ou condicións que determinan a concesión ou o desfrute da subvención.
    c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    d) Comunicarlle á entidade concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
    e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
    f) Reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    g) Declarar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda.
    h) Garantir o cumprimento da normativa de axudas de Estado no que atinxe ao destino que se lle dea ás infraestruturas obxecto das subvencións.
    i) Cumprir as obrigas de información contidas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    R/ Vicente Ferrer, 2

    15071 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184962 / 981184914

    Fax: 981184790

    Email: axudas-IN223.cei.co@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544530 / 81545596

    Fax: 981545541

    Email: cei.dxcomercio@xunta.es

    http://economiaeindustria.xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294938 / 982294670

    Fax: 982294681

    Email: axudas-IN223.cei.lu@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    Curros Enríquez, 1º - 4º

    32071 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386712 / 988386717

    Fax: 988386727

    Email: axudas-IN223.cei.ou@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE COORDINACIÓN INDUSTRIAL DE VIGO

    Praza da Estrela, s/n

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817550 / 986817557

    Fax: 986817580

    Email: invigo@xunta.es

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2017).

    Ligazón á normativa

    Orde do 16 de xuño de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2017).

    Ligazón á normativa

    Orde do 9 de outubro de 2017 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 197 do 17 de outubro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Orde do 16 de novembro de 2017 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 220 do 20 de novembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Incentivar o comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico.

    Considéranse actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 17 a adquisición de:

    1. Ordenadores de sobremesa para uso comercial.

    2. Paquetes de software de xestión:
    - Módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico.
    - Complemento do módulo de xestión: soporte técnico e a implantación in situ.

    3. Páxinas web comerciais cos seguintes elementos mínimos:
    - Portada ou páxina de inicio.
    - Formulario de contacto.
    - Sistema de catálogo en liña ou páxinas de produtos ou servizos facilmente actualizables desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das dúas primeiras páxinas como mínimo.

    - Formación para actualización das páxinas polo xestor.
    - Como mínimo un complemento preinstalado tipo blog, foro, xestor de noticias, xestor de enquisas ou similar.
    - Epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.
    - Rexistro nome de dominio.
    - Outras características: a tecnoloxía da páxina debe ser facilmente accesible e indexable polos motores de busca.

    4. Periféricos e outros compoñentes:
    - Lectores de código de barras.
    - Caixóns portamoedas.
    - Impresoras de tickets.

    5. TPV integrados.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas.

    Son obrigas do beneficiario:
    1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
    2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o disfrute da subvención.
    3. Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    4. Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2º destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
    Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    5. Acreditar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
    6. Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de cinco anos desde a súa concesión.
    7. Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
    Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, as entidades beneficiarias de axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos activos adquiridos ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa inscrición «Proxecto cofinanciado», acompañado do escudo normalizado da Xunta de Galicia.
    8. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Desenvolver a súa actividade en establecementos comerciais ou no comercio ambulante no territorio galego e que, se é o caso, os investimentos se realicen en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia, e deben, así mesmo, ter o seu enderezo social en Galicia.
    b) Figurar inscritos no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
    c) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II desta orde. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    d) Non superar os 10 traballadores.
    e) Que, de ser o caso, os seus locais comerciais non superen os 150 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. Esta limitación non será de aplicación para as actividades encadradas nas epígrafes 653.1 e 663.
    f) Os/as beneficiarios/as de ordes de convocatoria desta consellería para equipamentos similares dos exercicios 2008 a 2012 non poderán ser novamente beneficiarios/as para os mesmos conceptos xa subvencionados, a menos que se trate de investimentos destinados a un establecemento comercial de nova apertura.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545557

    Fax: 981545541

    http://economiaeindustria.xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    Edificios Servicios Múltiples, 1º Praza Luis Seoane s/n

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184904

    Fax: 981184790

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294653

    Fax: 982294681

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    Curros Enríquez, 1º - 4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386714

    Fax: 988386727

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    Fernández Ladreda, 43-5º

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805206

    Fax: 986805246

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN214A) (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2013).

    Ligazón á normativa

    Orde do 9 de outubro de 2013 pola que se amplía a dotación orzamentaria e o prazo de xustificación das subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN214A) (DOG nº 199 do 17 de outubro de 2013).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica

    Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 30/09/2011 - 14/10/2011.

    Dende o día seguinte ao da publicación no DOG e ata o 14 de outubro de 2011

    Prazo de resolución: 6 meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Para poder actuar como entidade colaboradora, as entidades interesadas en participar neste procedemento poderán solicitar a súa consideración coma tal presentando os formularios normalizados que figuran, exclusivamente para efectos informativos, como anexo III desta orde, xunto coa seguinte documentación:
      • 1.º Identificación do/a representante legal da entidade colaboradora.
      • 2.º Declaración de non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos puntos 2.º e 3.º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
      • 3.º Declaración do cumprimento da normativa en materia de protección de datos de carácter persoal por parte da entidade colaboradora.
      • 4.º Declaración expresa de compromiso de utilización dos medios electrónicos nas comunicacións entre a entidade colaboradora e a consellería, segundo o establecido no artigo 27 da Lei 11/2007 e 24 do Decreto 198/2010.
      • 5.º Designación do/a interlocutor/a único/a da entidade colaboradora, que levará o despacho cotián dos asuntos tramitados baixo este rexime de subvencións e que deberá dispor dun certificado dixital de usuario, para realizar os trámites telemáticos que poidan establecerse.
      • 6.º Identificación detallada da entidade colaboradora, o que tamen servirá para a acreditación de determinados criterios de solvencia tecnica e eficacia. Recollerase cando menos o seguinte:
        a) Razón social, datos de localización, enderezo completo e datos de contacto da súa sede e puntos de venda ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.
        b) Enderezo da páxina web propia da entidade colaboradora.
        c) Enderezo de correo electrónico do/a interlocutor/a único/a da entidade colaboradora e enderezo de correo electrónico, dispoñible ao público, para a atención comercial e tecnica ás persoas solicitantes de subvencións que sexan clientes da entidade colaboradora.
      • 7.º Epígrafe ou epígrafes do imposto de actividades económicas en que está dada de alta a entidade colaboradora, de acordo coa súa declaración censual.
      • 8.º Medios humanos en Galicia. Acompañaranse os TC do mes anterior ou, de ser o caso, certificación da Seguridade Social de inexistencia de traballadores/as.
      • 9.º Documentación administrativa de acreditación da personalidade da entidade colaboradora:
        a) Documento/s público/s acreditativo/s do poder con que actúa o/a representante legal (no caso de persoas xurídicas). Esta documentación deberá ser a de outorgamento do poder ou, de ser o caso, a de nomeamento do/a representante, e deberá estar en vigor na data de presentación da solicitude. A documentación ten que presentarse íntegra e nela deberá figurar expresamente a súa inscrición no rexistro que legalmente lle puider corresponder.
        b) NIF da entidade colaboradora (no caso de persoas xurídicas).
        c) Autorización para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Administracións Públicas, de acordo co previsto no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, ou, de ser o caso, DNI do/a representante legal ou do/a empresario/a individual.
        d) Autorización para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Administracións Públicas, de acordo co previsto no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, ou, de ser o caso, DNI do/a interlocutor/a único/a da entidade colaboradora para o despacho cotián dos asuntos tramitados baixo este rexime de subvencións.
        e) Copia da escritura de constitución e modificacións posteriores, no caso de ser unha persoa xurídica.
        f) Certificación bancaria da titularidade da conta onde se realizarán os ingresos da consellería á entidade colaboradora.
      • 10.º Certificados acreditativos de situación censual e de estar ao día das obrigas coas administracións públicas, excepto no caso de que a consellería sexa autorizada para solicitalos. Noutro caso deberanse achegar as certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia, ou non ser debedor/a por resolución de procedencia de reintegro, e da situación censual das actividades económicas que declara a entidade colaboradora ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    Curros Enríquez, 1º - 4º
    32003Ourense
    Teléfono: 988386714Fax: 988386727

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    Edificios Servicios Múltiples, 1º Praza Luis Seoane s/n
    15008Coruña, A
    Teléfono: 981184904Fax: 981184790

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294653Fax: 982294681

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    Fernández Ladreda, 43-5º
    36003Pontevedra
    Teléfono: 986805206Fax: 986805246

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545557Fax: 981545541
    Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

    Versión en formato PDF

    Este anexo ten por obxecto regular o proceso de selección das entidades colaboradoras e as condicións de colaboración destas na xestión das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego; as súas bases reguladoras figuran como anexo II desta orde.
    As entidades colaboradoras actuarán como canle entre os/as beneficiarios/as e a consellería nos termos establecidos nesta orde.
    As entidades que soliciten a adhesión e obteñan a consideración favorable da súa solicitude, deberán asinar un convenio de colaboración con esta consellería e acadarán a condición de entidades colaboradoras, con suxeición ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    Para poderen participar no proceso de selección de entidades colaboradoras, requirirase que as entidades presenten a xustificación dos seguintes aspectos:
    1.º Identificación da situación censual de alta da entidade colaboradora nunha epígrafe do imposto de actividades económicas relacionado co desenvolvemento do tipo de actividades recollidas neste réxime de subvencións.
    2.º Existencia de sede e/ou puntos de venda ao público na Comunidade Autónoma de Galicia, desde onde se poidan desenvolver as actividades recollidas neste réxime de subvencións.
    A acreditación da solvencia técnica da entidade colaboradora establecerase a través dos seguintes elementos, que deberán cumprirse na súa totalidade:
    1.º Compromiso de emprego dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos dispostos pola Consellería de Economía e Industria para a presentación da solicitude de adhesión da entidade colaboradora, así como na tramitación e xestión das actuacións recollidas nesta orde.
    Estes medios estarán baseados en estándares de uso común e/ou amplamente difundidos, e recollerán cando menos o coñecemento e necesario emprego da sinatura electrónica, técnicas de escaneado e dixitalización de documentación, a navegación en ferramentas da internet e a integración co Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
    2.º Existencia de páxina web propia da entidade colaboradora.
    3.º Dispoñibilidade e emprego de certificado dixital de usuario por parte do/a representante legal da entidade colaboradora e por parte do/a interlocutor/a único/a que defina a propia colaboradora para o despacho cotián dos asuntos.
    A acreditación da solvencia económica non será necesaria para estas actuacións, dado que a participación da entidade colaboradora suponlle a esta unha demora no cobramento da parte do equipamento subvencionado ás persoas beneficiarias, para a recuperación posterior mediante xustificación ante a consellería.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 13 de xullo de 2012 pola que se modifica a orde da Consellería de Economía e Industria do 11 de agosto do 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia númrto 164, do 29 de agosto, se abre o prazo de presentación de solicitudes de subvencións para promover a sociedade da información no comercio retallista galego a través de entidades colaboradoras previsto na citada orde (procedemento IN214A), e se procede á publicidade da relación de ditas entidades colaboradoras, seleccionadas ao abeiro da orde do 11 de agosto do 2011 (procedemento IN214B) (DOG nº 139 do 20 de xullo de 2012).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 11 de agosto de 2011 pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede a súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (DOG nº164 de 29 de agosto de 2011).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 16 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2011, modificada pola Orde do 26 de setembro de 2011 (DOG número 187, do 29 de setembro), pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013. (Códigos de procedemento IN214B e IN214A, DOG número 164, do 29 de agosto de 2011) (DOG nº 241 del 20 de decembro de 2011).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 26 de setembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2011 pola que se regula o proceso de selección de entidades colaboradoras na xestión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a sociedade da información no comercio retallista galego, se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, cofinanciada polo Feder, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (códigos de procedemento IN214B e IN214A, Diario Oficial de Galicia número 164, do 29 de agosto) (DOG nº 187 de 29 de setembro de 2011).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía e Industria para fomentar a remuda comercial.

    Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016.

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto facilitar a remuda comercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.

    As contías da subvención serán as seguintes:

    a) Os transmisores que teñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñesen desenvolvendo, que se fixa na cantidade de oitocentos euros (800,00?).


    b) Os transmisores que non teñan acadada a idade ordinaria de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñesen desenvolvendo, a razón de oitocentos euros (800,00 ?) mensuais ata o último mes en que cumpran a idade ordinaria de xubilación legalmente establecida, contados desde o mes seguinte á resolución de concesión.

    c) Os adquirentes do negocio comercial percibirán un pagamento único de dos mil euros (2.000 ?), con independencia do número de establecementos que adquiran.

    O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4º desta lei.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os/as comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 desta Orde do Código de comercio.

    Tamén se considerarán beneficiarios/as as persoas designadas polo solicitante para a remuda comercial, con capacidade legal para exercer o comercio, e quedan vinculadas ambas as dúas persoas para a concesión da subvención.

    En ningún caso pode un cónxuxe ser adquirente do outro cónxuxe que transmite a actividade comercial.

    Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


    Son obrigas das persoas beneficiarias:
    1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
    2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención. Ademais, deberá acreditar a formación dada pola persoa transmisora ao adquirente.
    3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poida realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
    4. Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
    Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    5. Acreditar, con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992.
    6. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.

    b) Ter unha idade mínima de 64 anos feitos na data en que se presenta a solicitude.

    c) Exercer, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais relacionadas no anexo II, de forma ininterrompida durante os últimos dez anos.

    Non obstante, considerarase cumprido este requisito polo comerciante que sucedese ou substituíse no exercicio da actividade comercial que viña desenvolvendo o seu cónxuxe, tras o falecemento deste ou tras o abandono del de toda actividade comercial, antes da entrada en vigor desta orde, sempre que entre ambos os dous sumen os dez anos exixidos.

    No caso de que a persoa solicitante estea dada de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, será considerada beneficiaria sempre que a actividade principal estea incluída dentro das agrupacións citadas. Considerarase actividade principal aquela que resulte de conxugar os elementos de facturación e superficie de venda destinada á actividade, que deberá acreditarse, se é o caso, coa presentación da declaración da renda do último exercicio.


    d) Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar o período de carencia exixido para causar dereito á pensión de xubilación, polo menos ao chegar á idade ordinaria de xubilación.

    e) Designar a persoa física continuadora da actividade, con capacidade legal para exercer o comercio.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE ORDENACIÓN

    Edificio Administrativo San Caetano

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545915

    Fax: 981545541

    Email: cei.dxc.axudas@xunta.es

    http://economiaeindustria.xunta.es

    Órgano responsable

    SERVIZO DE ORDENACIÓN

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede a súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 11 del 19 de xaneiro de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a apertura de novos establecementos comerciais. Ano 2014.

    Considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de novembro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18 do Anexo I desta orde a adquisición de:

    1) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.

    Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

    2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou similares.


    Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

    3) Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.

    As páxinas web deberán dispor de navegación por menús e conter como mínimo páxinas de presentación da empresa, detalle da actividade comercial realizada, localización do establecemento comercial, contacto e información dos produtos que oferta.

    Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

    Non serán subvencionables os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

    En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000,00 ?, IVE excluído.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

    Son obrigas do beneficiario:
    1º. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
    2º. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.
    3º. Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

    4º. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2º destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.
    5º. Acreditar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
    6º. No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, a persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, por un período mínimo de cinco anos no caso de bens inscritibles nun rexistro público ou de dous anos para o resto de bens, contados desde o remate do prazo de execución do proxecto.
    No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida; estes datos deberán ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente.
    7º. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.
    8º. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
    b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
    c) Estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II. A data de alta no imposto de actividades económicas ten que estar comprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014, ambos incluídos, e considerarase para todos os efectos como data de inicio da actividade.

    d) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    Non poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545525 / 881999481

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 27 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 23 do 4 de febreiro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Orde do 15 de setembro de 2014 pola que se amplía a dotación orzamentaria da subvención convocada ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 178 do 18 de setembro de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto a concesión das subvencións para actuacións en mercados e prazas de abastos de Galicia que teñan concedido o selo de Mercado Excelente ou estean no proceso previo á súa obtención.

    2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

    3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

    4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as que a continuación se especifican, sempre que sexan realizadas nos seguintes prazos :

    • Na anualidade 2019, desde o 1 de xaneiro de 2019 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16.

    • Na anualidade 2020, desde o 1 de decembro de 2019 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16.

    Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.

    4.1. Prazas de abastos que teñan concedido o selo de Mercado Excelente .

    Considéranse actuacións subvencionables os investimentos en mercados e prazas de abastos que teñan concedido o selo de Mercado Excelente, de acordo coa Orde do 4 de xaneiro de 2017, pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia, e que constitúan un valor engadido neles, tendo en conta que deberán ter prioridade as actuacións que respondan ás observacións realizadas pola auditoría que se realice conforme ao artigo 5 da antedita orde. Estas actuacións, se non fosen aínda resoltas, deberán ser tidas en conta no conxunto das previstas na solicitude. De non o fixer, deberá xustificarse na solicitude.

    En concreto, consideraranse actuacións subvencionables:

    a) Acondicionamento das instalacións: mellora da imaxe, instalación de sistemas de climatización, de sistemas de illamento térmico e/ou acústico que reduza o impacto de ruídos, establecemento de sistemas de recollida de auga.

    b) Creación e/ou mellora de servizos para clientes: servizo de carros da compra, adecuación e/ou creación de zonas de descanso, tales como espazos infantís, salas de lactancia e outros, creación dun servizo de repartición a domicilio con persoal maker, instalación de consigna frigorífica, de servizo de cociñado de produtos.

    c) Creación e/ou mellora doutros servizos: instalación de pantallas de información, servizo automático de quenda, planos de situación do edificio «vostede está aquí», rede Wifi e implantación e/ou actualización de páxinas web dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos que conten con tenda online e pasarela de pagamento.

    d) Loxística e comercialización do produto, a súa presentación: creación dun packaging propio do mercado adecuado ás características específicas dos produtos, incluídos sistemas de envasado ao baleiro.

    e) Creación ou mellora de aparcadoiros para vehículos e/ou bicicletas, sempre que sexan contiguos ás instalacións do mercado ou praza de abastos.

    f) Actuacións de conservación, mantemento, reposición e mellora das instalacións e dos equipamentos.

    g) Actuacións de promoción e dinamización da praza de abastos e mercado.

    h) Actuacións formativas e de asesoramento dirixidas ao mentoring comercial, aumento da rendibilidade do punto de venda a través de técnicas de visual merchandising, colocación do produto e atención ao cliente.

    i) Os gastos imputables ás unidades xerenciais derivados do mantemento dos estándares de calidade do selo Mercado Excelente de Galicia, cuxas principais funcións serán a busca da rendibilidade como negocio mediante a planificación estratéxica, o correcto funcionamento do mercado, a axeitada atención ao cliente, o desenvolvemento de plans de mellora nas instalacións, as relacións institucionais e con outros mercados e a implementación de procesos de mellora continua.

    Os gastos subvencionables derivados da prestación destes servizos en ningún caso poderán levarse a cabo por persoal incluído na relación de posto de traballo do propio concello.

    4.2. Prazas de abastos que non dispoñan do selo de Mercado Excelente .

    Considéranse actuacións subvencionables os investimentos de diagnose de situación e usos do mercado e as posteriores actuacións de formación e mentoring e accións e medidas materiais derivadas da devandita diagnose, preparatorias para a obtención do selo de Mercado Excelente.

    En concreto, considéranse subvencionables:

    a) Diagnose de situación e usos do mercado realizada por unha empresa de consultoría especializada.

    Poderán acollerse ás actuacións deste parágrafo todos os concellos que aínda non conten co selo de Mercado Excelente de Galicia.

    A diagnose de situación e usos do mercado deberá incluír os seguintes aspectos:

    • Un estudo de mercado.

    • Un estudo de impacto económico actual e potencial da praza de abastos na súa contorna.

    • Recollida de percepcións e opinións sobre o mercado por parte dos praceiros/as e usuarios/as.

    • Descrición da oferta e da demanda, existentes e futuras, nivel de ocupación e diversidade con inclusión dunha ficha individual dos postos activos do mercado así como as súas posibles actuacións de mellora.

    • Estratexia de optimización e redimensionamento de usos, se for o caso.

    • Análise e proposta de actuacións de innovación.

    • Avaliación dos procedementos administrativos relativos á adxudicación dos postos do mercado.

    • Análise DAFO.

    • Cumprimento, segundo a realidade existente, do anexo II da Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia.

    b) Actuacións de preparación para a obtención do selo de Mercado Excelente:

    Poderán acollerse ás actuacións deste parágrafo os concellos que teñan concedida e xustificada a diagnose de situación e usos do mercado e acrediten mediante a presentación da ferramenta de autoavaliación contida no anexo II da Orde do 4 de xaneiro de 2017, acadar, polo menos, a puntuación mínima no capítulo I (ferramenta de avaliación da arquitectura) naqueles aspectos que atinxen ao estado do edificio.

    En concreto, considéranse actuacións subvencionables:

    – Accións de mentoring e actuacións de formación dos praceiros/as e da unidade xerencial.

    – A execución de accións e medidas materiais derivadas da diagnose de situación e usos do mercado previsto na letra a) que deberán incluír, en todo caso, accións de mentoring e actuacións de formación dos praceiros/as e/ou da unidade xerencial.

    As actuacións de mentoring e actuacións de formación deberán recollerse nun proxecto que, en todo caso, concretará o número de horas, obxectivos e indicadores para a súa medición.

    As accións e medidas materiais derivadas da diagnose de situación e usos deberán recollerse nunha memoria-proposta que, en todo caso, será validada pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo con carácter previo á concesión da subvención e en que se incluirá, xunto coas propostas de actuación, un cronograma de execución e os indicadores que permitan medir os seus resultados respecto a cada anualidade, de ser o caso.

    As dúas actuacións anteriores deberán estar baseadas na proposta de actuacións da diagnose de situación e usos do mercado previamente realizada.

    5. Para as actuacións contidas no número 4.1, a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 150.000,00 euros de subvención por solicitante para os dous exercicios (2019 e 2020). A cantidade máxima de subvención anual será de 75.000 euros por beneficiario. Malia o anterior, o importe máximo da subvención da actuación prevista na letra i) será de 10.000 euros por exercicio.

    A solicitude deberá corresponder a un conxunto de actuacións coherente cos estándares de excelencia e co proxecto con que se acadou o selo de Mercado Excelente, contribuirá á súa mellora e detallará as actuacións e os orzamentos que se vaian realizar en cada unha das anualidades, se for o caso, e que constitúan un valor engadido neles, tendo en conta que deberán ter prioridade as actuacións que respondan ás observacións realizadas pola auditoría que se realice conforme ao artigo 5 da Orde de 5 de xaneiro de 2017 se non fosen aínda resoltas. De non o fixer, deberá xustificarse na solicitude.

    Para as actuacións contidas no número 4.2.a) a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun investimento máximo por solicitante de 14.000 euros por solicitante .

    Para as actuacións contidas no número 4.2.b), a porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento, cun máximo de 40.000 euros de subvención por solicitante para os dous exercicios (2019-2020).

    6. Actuacións e gastos non subvencionables:

    a) Custos relativos á adquisición ou aluguer de bens inmobles.

    b) Custos relativos á redacción de proxectos técnicos que non leven aparellada a súa execución para as actuación contidas no número 4.1.

    c) Custos relativos a actuacións do número 4.2.b) non recollidas na diagnose de situación e usos do mercado do número 4.2.a) e/ou non validadas pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

    d) Custos relativos á execución de accións e medidas derivadas da diagnose de situación e usos do mercado que non estean vinculadas á realización de actuacións de mentoring e de formación.

    e) Custos relativos a obras de nova construción de mercados e prazas de abastos.

    f) Agasallos promocionais, premios, trofeos, gastos de representación e a realización de recepcións e actos análogos.

    g) Campañas de promoción ou calquera outra actuación que teña por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas ou similares. No caso de actuacións do número 4.2 non se considerarán actuacións subvencionables as campañas de promoción e dinamización do mercado.

    h) Os impostos recuperables ou repercutibles polo/a beneficiario/a.

    i) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os concellos galegos que conten cun mercado co selo de Mercado Excelente outorgado de conformidade coa Orde do 4 de xaneiro de 2017 pola que se regula o procedemento para a obtención do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.

    Requisitos

    Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Os concellos deberán cumprir co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545419 / 981545594

    Fax: 981545541

    Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal

    http://ceei.xunta.gal

    012 (desde o resto do Estado 902 12 00 12)

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

    R/ Vicente Ferrer, 2

    15071 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184962 / 981184914

    Fax: 981184790

    Email: axudas-IN223.cei.co@xunta.gal

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294938 / 982294670

    Fax: 982294681

    Email: axudas-IN223.cei.lu@xunta.gal

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

    Curros Enríquez, 1º - 4º

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386712 / 988386717

    Fax: 988386727

    Email: axudas-IN223.cei.ou@xunta.gal

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

    SERVIZO DE COORDINACIÓN INDUSTRIAL DE VIGO

    Praza da Estrela, s/n

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817550 / 986817557

    Fax: 986817580

    Email: invigo@xunta.gal

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e se procede á súa convocatoria (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e se procede á súa convocatoria (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de catro bolsas de formación na Consellería de Economía, Emprego e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo, para as persoas tituladas que se especifican no anexo I, e proceder á súa convocatoria (código de procedemento IN225A).

    2. O importe total que se habilita para esta convocatoria, que se tramita como un expediente anticipado de gasto, está condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente, e ascende a 59.200,00 € que se imputará ás aplicacións 09.30.751A.480.0, Formación en materia de comercio (57.200,00 €) e 09.30.751A.484.0, Cotas sociais para formación en materia de comercio (2.000,00 €) dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para 2019, e que se destinará ao pagamento das persoas bolseiras e das cotas da Seguridade Social.

    3. En cumprimento do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social (BOE núm. 259, do 27 de outubro), destinaranse 2.000,00 €, en concepto de cotizacións á Seguridade Social por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria por continxencias comúns e profesionais.

    4. Ao abeiro do disposto no artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febrero, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade (DOG núm. 32, do 17 de febreiro de 2016), reservarase o 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos nesta convocatoria, que accederán á quenda reservada. Só se non houber suficientes solicitudes de participación de mulleres as prazas cubriranse con homes.

    As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.

    A Dirección Xeral de Comercio e Consumo elaborará un programa formativo que integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, o sector da distribución e as estruturas comerciais. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias de comercio e artesanía sobre as cales o centro directivo ten competencia.

    Así mesmo, a Dirección Xeral de Comercio e Consumo nomeará unha/un titora/or responsable das actividades de formación que desenvolverán as/os bolseiras/os.

    O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2019 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    As persoas que tivesen una titulación universitaria de licenciada/o ou de grao.

    As persoas beneficiarias das bolsas terán as seguintes obrigas:

    a) Aceptar por escrito as normas e obrigas establecidas nas bases reguladoras e na convocatoria da bolsa, dentro do prazo de 5 días posteriores á notificación da concesión.

    b) Xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos.

    c) Presentar, coa aceptación da bolsa, declaración de non percibir outras subvencións, bolsas, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria das persoas interesadas, segundo o modelo do anexo III. Así mesmo, deberán presentar a dita declaración antes de cada pagamento mensual.

    d) Presentar, tamén coa aceptación da bolsa, certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade nin estar afectada/o por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles coa realización das funcións que se desenvolverán.

    e) Comunicarlle a súa renuncia á Dirección Xeral de Comercio e Consumo con dous días de antelación á data de cesamento, no caso de que se produza con posterioridade ao inicio da formación.

    f) Comunicarlle á Dirección Xeral de Comercio e Consumo a obtención doutras bolsas ou axudas, así como calquera outra alteración dos requisitos impostos ás persoas beneficiarias para o outorgamento destas bolsas.

    g) Non desenvolver outras tarefas que dificulten o cumprimento das súas obrigas como bolseiras/os.

    h) Cumprir co programa de formación establecido cuns niveis de rendemento satisfactorios presentando os traballos e informes que determine a Dirección Xeral de Comercio e Consumo. Así mesmo, deberán asistir ás actividades que o dito centro directivo considere convenientes para a súa formación.

    i) Presentar ante a Dirección Xeral de Comercio e Consumo, no prazo dun mes a partir da finalización da formación, unha memoria detallada das actividades realizadas en que especificará o programa formativo desenvolvido e os obxectivos acadados.

    j) Presentar, no momento de aceptar a bolsa, declaración responsable coa conta bancaria onde deba aboarse a bolsa.

    k) As demais que, con carácter xeral, se establecen no artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia.

    «En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xañeiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xañeiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei».

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Poderán optar á concesión destas bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

    a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada/o na Comunidade Autónoma de Galicia.

    b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

    c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciada/o, arquitecta/o, enxeñeira/o ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2010 ou posterior.

    d) Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da lista de reserva e gozase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.

    e) Non ter emprego remunerado.

    f) Non desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.

    g) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseira/o.

    h) Non estar incursas en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria/o sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3ª planta

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545525

    Fax: 981545541

    Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal

    http://ceei.xunta.gal/portada

    desde o resto do Estado: 902 12 00 12

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Comercio e Consumo

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 17 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación nesta dirección xeral e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 82 do 30 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Iniciar modificación e baixa dende a carpeta do cidadán

    Modificación e baixa dende a carpeta do cidadán: acceda a súa carpeta do cidadán para realizar modificacións e baixas sobre expedientes abertos.



    Acceso ao expediente con código de seguridade

    Acceso con código de seguridade: acceda a un expediente empregando o código de seguridade proporcionado. O acceso require autenticación na carpeta do cidadán.



    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Tres meses, o inicio da súa actividade a esta sección do Rexistro Galego de Comercio.

    Versión en formato PDF

    • As persoas físicas ou xurídicas interesadas na súa inscrición nesta sección presentarán a solicitude conforme o modelo normalizado que se establece no anexo III.
    • A comunicación de datos a esta sección conterá, polo menos, os seguintes puntos:
      • a) A identificación da empresa, así como da súa persoa titular.
      • b) A estrutura e a composición dos órganos de administración e goberno da persoa xurídica.
      • c) A relación de produtos ou servizos que configuran a oferta comercial.
      • d) O ámbito de actuación da persoa física ou xurídica comerciante.
      • e) A clase ou as clases de medios de comunicación para transmitir as propostas de contratos e para recibir as respostas das persoas consumidoras.
      • f) A referencia ao sistema comercial previsto e ao lugar para atender as reclamacións das persoas consumidoras e para atender o exercicio por parte destas do dereito de desistencia ou revogación.
    • Así mesmo, a comunicación de datos incluirá a manifestación de que a persoa comerciante interesada dispón da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos establecidos nas regulamentacións e nas normas específicas aplicables aos produtos obxecto de comercialización e en calquera outra regulamentación sectorial que resulte aplicable.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545557Fax: 981545541
    Email: cei.dxc.axudas@xunta.es
    Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

    Versión en formato PDF

    1. De conformidade co disposto no artigo 57.1 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas domiciliadas en territorio galego que exerzan a actividade de venda a distancia en calquera ámbito territorial deberanlle comunicar, no prazo de tres meses, o inicio da súa actividade a esta sección do Rexistro Galego de Comercio.
    Tamén deberán efectuar a devandita comunicación aquelas persoas físicas ou xurídicas que, sen estaren domiciliadas en territorio galego, difundan as súas ofertas por medios que abranguen Galicia e non consten inscritas noutro rexistro estatal ou autonómico.
    2. Quedan exentas da obriga de comunicación de datos a esta sección as persoas establecidas noutros Estados membros da Unión Europea que operen en réxime de libre prestación, sen establecemento permanente en Galicia.

    Beneficiarios:

    Persoas físicas ou xurídicas domiciliadas en territorio galego.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio (DOG nº 84 do 3 de maio de 2012).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Iniciar modificación e baixa dende a carpeta do cidadán

    Modificación e baixa dende a carpeta do cidadán: acceda a súa carpeta do cidadán para realizar modificacións e baixas sobre expedientes abertos.



    Acceso ao expediente con código de seguridade

    Acceso con código de seguridade: acceda a un expediente empregando o código de seguridade proporcionado. O acceso require autenticación na carpeta do cidadán.



    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Tres meses desde o seu inicio.

    Versión en formato PDF

    • As persoas físicas ou xurídicas interesadas na súa inscrición nesta sección presentarán a solicitude conforme o modelo normalizado que se establece no anexo V.
    • A comunicación de datos a esta sección conterá, polo menos, os seguintes puntos:
      • a) Datos referentes ás persoas franqueadoras: o nome ou a razón social, o domicilio, os datos de inscrición no Rexistro Mercantil, se e o caso, e o número de identificación fiscal.
      • b) Denominación dos dereitos de propiedade industrial ou intelectual obxecto do acordo de franquía e acreditación de ter concedida e en vigor a titularidade ou os dereitos de licenza de uso sobre eles, así como a súa duración e eventuais recursos xudiciais interpostos polo/a titular ou usuario/a da marca, se e o caso.
      • c) Descrición do negocio obxecto da franquía, con expresión do número de franqueadas con que conta a rede e o número de establecementos que a integran, distinguindo os explotados directamente pola franqueadora dos que operan baixo o rexime de cesión de franquía, con indicación do municipio e provincia en que están situados. Indicarase tamen a antigüidade con que a empresa leva exercendo a actividade franqueadora, con especificación de establecementos propios e franqueados, así como dos franqueados que deixasen de pertencer á rede en España nos dous últimos anos.
      • d) No caso de que a franqueadora sexa unha franqueada principal, esta deberá facilitar a información relacionada cos seguintes datos da súa franqueadora: nome, razón social, domicilio, forma xurídica e duración do acordo de franquía principal; e manifestar que conta co contrato que acredite a cesión por parte da franqueadora orixinaria.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545557Fax: 981545541
    Email: cei.dxc.axudas@xunta.es
    Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

    Versión en formato PDF

    1. As persoas físicas ou xurídicas que realicen a actividade comercial en réxime de franquía en territorio galego deberanllo comunicar a esta sección do Rexistro Galego de Comercio no prazo de tres meses desde o seu inicio, sempre que teñan o seu domicilio social ou unha delegación ou representación en Galicia.
    2. Quedan exentas da obrigación de comunicación de datos a esta sección as persoas franqueadoras establecidas noutros Estados membros da Unión Europea que operen en réxime de libre prestación, sen establecemento permanente en Galicia.
    Persoas franqueadoras consolidadas.
    1. Dentro desta sección establecerase un apartado específico para as persoas franqueadoras consolidadas.
    2. Consideraranse persoas franqueadoras consolidadas aquelas empresas que cumpran cando menos, as dúas condicións seguintes:
    a) Ter desenvolvido a actividade franqueadora durante, polo menos, dous anos en dous establecementos franqueados.
    b) Dispoñer dun número mínimo de catro establecementos, dos cales dous, polo menos, deberán ser establecementos propios.

    Beneficiarios:

    Establecementos comerciais.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio (DOG nº 84 do 3 de maio de 2012).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Iniciar modificación e baixa dende a carpeta do cidadán

    Modificación e baixa dende a carpeta do cidadán: acceda a súa carpeta do cidadán para realizar modificacións e baixas sobre expedientes abertos.



    Acceso ao expediente con código de seguridade

    Acceso con código de seguridade: acceda a un expediente empregando o código de seguridade proporcionado. O acceso require autenticación na carpeta do cidadán.



    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano

    Versión en formato PDF

    • As asociacións ou federacións interesadas na súa inscrición nesta sección poderán presentar a solicitude conforme o modelo normalizado que se establece no anexo VI.
    • A comunicación de datos a esta sección conterá, polo menos, os seguintes puntos:
      • a) A identificación da asociación ou federación.
      • b) Número de identificación fiscal (NIF).
      • c) A descrición do seu obxecto.
      • d) A composición dos seus órganos directivos, con indicación do nome e cargo das súas persoas membros.
      • e) A relación das persoas comerciantes asociadas, con especificación dos seguintes datos referentes a elas: número de asociada, nome ou razón social, NIF, rótulo e IAE do/s establecemento/s.
      • f) No caso de asociacións de carácter autonómico ou federacións, indicaranse as de carácter provincial que as compoñen.
    • Coa comunicación achegarase a seguinte documentación:
      • a) Acta fundacional.
      • b) Estatutos, debidamente inscritos no rexistro correspondente.
      • c) Certificación expedida pola persoa que desempeñe a secretaría da asociación ou federación, debidamente asinada e selada, na cal deberán constar os seguintes puntos:
        1) A composición dos órganos directivos, con indicación do nome e cargo das súas persoas membros.
        2) A relación das persoas comerciantes asociadas, con especificación dos seguintes datos relativos a elas: número de asociada, nome ou razón social, rótulo e IAE do/s establecemento/s.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

    DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

    SERVIZO DE ORDENACIÓN
    Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545594Fax: 981545541
    Email: cei.dxcomercio@xunta.es

    Versión en formato PDF

    Neste procedemento regulase a Sección sexta de asociación de comerciantes ou federacións do Rexistro Galego de Comercio, creado pola Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 de decembro de 2010 e entrou en vigor o 19 de xaneiro de 2011.
    O artigo 8.1, da devandita lei crea o Rexistro Galego de Comercio, adscrito á dirección xeral competente en materia de comercio, que ten por obxecto a inscrición dos establecementos comerciais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como das asociacións comerciais por eles constituídas. Regulamentariamente determinaranse as seccións que integren este rexistro, así como a forma e os datos requiridos para levar a cabo a devandita inscrición.
    O artigo 8.2, recolle que o Rexistro Galego de Comercio será público e a inscrición nel gratuíta, e considerada condición indispensable para optar a calquera das liñas de axuda convocadas pola Administración da comunidade autónoma ou para participar activamente nos programas específicos.
    No que atinxe ao funcionamento do rexistro haberá que aterse ao disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na Lei de sinatura electrónica, na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e nas normas que se diten en desenvolvemento do portelo único en relación coa aplicación da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

    Beneficiarios:

    1. Poderán inscribirse nesta sección do Rexistro Galego de Comercio as asociacións de persoas comerciantes por xunto ou polo miúdo que cumpran os requisitos establecidos no artigo seguinte.
    2. Tamén poderán inscribirse as federacións de asociacións de persoas comerciantes.
    3. A inscrición nesta sección será condición imprescindible para que as asociacións de persoas comerciantes e as federacións delas poidan optar ás axudas e subvencións convocadas pola consellería competente en materia de comercio ou participar en programas específicos.

    Requisitos:

    1. Para seren incluídas nesta sección, as asociacións de persoas comerciantes, así como as súas federacións, deberán cumprir os seguintes requisitos:
    a) Estar constituída en asociación sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica e debidamente inscrita nos rexistros que corresponda pola súa propia natureza.
    b) Ter o seu domicilio social en Galicia e realizar a súa actividade, polo menos, en territorio galego.
    c) Contar cunha referencia ao sector comercial na súa denominación.
    d) Ter como finalidade nos seus estatutos a defensa ou promoción da actividade comercial das súas asociadas.
    e) Non ter como asociadas persoas que non exerzan algunha actividade empresarial.
    f) Dispoñer dunha comisión específica, expresamente recollida nos estatutos, para as persoas afiliadas pertencentes ao sector comercial, no caso de asociacións que non estean compostas maioritariamente por empresas do comercio.
    2. Tamén poderán inscribirse nesta sección as asociacións de comerciantes que, sen estaren domiciliadas en Galicia, desenvolvan a súa actividade en territorio galego e cumpran os demais requisitos que se establecen no apartado anterior.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio (DOG nº 84 do 3 de maio de 2012).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.