Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, que contribúa a asegurar a madureza dos produtos audiovisuais galegos, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CT207B).

    A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual, nas modalidades establecidas na base quinta, que se atopen en fase inicial de desenvolvemento, e que se prevexa que se levarán a cabo nos exercicios 2019 e 2020.

    Modalidades .

    1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as seguintes:

    a) Desenvolvemento de proxectos de ficción para cine e televisión (longametraxes, series e miniseries).

    b) Desenvolvemento de proxectos de animación (longametraxes cinematográficas e series de animación para TV).

    c) Desenvolvemento de proxectos de documental para cine e televisión.

    d) Desenvolvemento de proxectos piloto de programas para televisión que destaquen por ofreceren formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.

    2. Para os efectos das presentes bases terase en conta o seguinte:

    – Consideraranse longametraxes cinematográficas (ficción, animación e documental) aqueles proxectos dunha duración de 60 minutos ou superior.

    – Os proxectos de documental para televisión deberán ter unha duración mínima de 50 minutos e conter un marcado potencial de internacionalización.

    – No caso de series de ficción para TV os proxectos corresponderanse con primeiras temporadas e estarán planificados para unha duración máxima global de 400 minutos.

    – Consideraranse miniseries de ficción para TV aqueles proxectos dun mínimo de dous capítulos de polo menos 50 minutos de duración cada un.

    – Os proxectos de series de animación para TV deberán ter unha duración mínima global de 130 minutos.

    – O director e o guionista serán considerados noveis cando no seu currículo profesional non figuren obras que se correspondan coa categoría a que se presenta a solicitude.

    3. O importe máximo da subvención concedida pola Agadic non poderá superar o 75 % do importe subvencionable.

    4. Sen prexuízo da posible presentación de varios proxectos, poderán ser obxecto de subvención un máximo de dous proxectos por solicitante.

    Non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades.

    Non poderá presentarse un mesmo proxecto a distintas modalidades.

    5. En todos os casos, o importe que se vai xustificar será o correspondente ao total dos custos do proxecto de desenvolvemento.

    6. O importe das subvencións reguladas nesta resolución en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas ou patrocinios concedidos por outras administracións públicas ou entes públicos, autonómicos, nacionais ou internacionais, superen o 100 % do custo da actividade subvencionada que desenvolverá o beneficiario, isto sen prexuízo das particularidades e especificidades previstas para cada tipo ou modalidade de axuda nas cláusulas que seguen.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

    Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    1. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias das subvencións quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron concedidos.

    2. As producións subvencionadas deberán axustarse fielmente ao proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto, cambio de título, modificación substancial de contidos ou trocos nos responsables do equipo técnico deberalle ser notificada con anterioridade á Agadic, que adoptará as medidas que considere procedentes.

    3. Na futura documentación do proxecto (materiais de promoción e distribución) e nos títulos de crédito da produción resultante, páxina web... farase constar que recibiu unha subvención ao desenvolvemento ou produción por parte da Agadic coa súa imaxe corporativa, debe constar expresamente «coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia) e Xacobeo 21».

    4. No caso dos pilotos de series de animación e formatos de programas de TV, nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «coa subvención da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais», de conformidade coa normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    - Para os efectos da presente convocatoria, os beneficiarios deberán ter un contrato cun director ou guionista para desenvolver algún dos tipos dos sinalados na base quinta, quedan excluídas as agrupacións de interese económico.

    - Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    - Así mesmo, quedan excluídos aqueles solicitantes que fosen beneficiarios de axudas nas convocatorias de subvencións da Agadic nos dous exercicios anteriores aos da presente convocatoria e incumprisen as bases ou as finalidades establecidas nela, sempre e cando fosen sancionados por iso. As condicións exixidas no número 1 do presente artigo deberanse manter durante todo o período de execución do proxecto subvencionado. A perda dalgunha destas condicións suporá a perda da condición de beneficiario e, de ser o caso, o reintegro das cantidades percibidas.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996077 / 881996078

    Fax: 881996080

    Email: agadic@xunta.es

    Órgano responsable

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores individuais ou a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

    Normativa aplicable.

    A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na presente resolución aprobatoria das bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2019, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e, supletoriamente, á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de xeral aplicación.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán optar a estas subvencións referidas nas modalidades A e B todas as persoas físicas residentes, polo menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, sempre que non realicen o proxecto para o que solicitan a subvención de xeito profesional.

    2. Poderán optar ás subvencións referidas na modalidade C os directores residentes, polo menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que estean constituídos como produtora individual no momento de presentar a solicitude. Así mesmo, poderán optar aquelas persoas xurídicas constituídas como produtoras con antigüidade ininterrompida de, polo menos, un ano inmediatamente anterior a esta convocatoria, establecidas como mínimo durante un ano previo inmediatamente anterior a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Non poderán acceder ás subvencións os solicitantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996077 / 881996078

    Fax: 881996080

    Email: agadic@xunta.es

    Órgano responsable

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria para o ano 2018, baixo o réxime de concorrencia competitiva, da XXIV edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, da X edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil e da XIII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en dúas modalidades: para rapaces e para adultos, segundo o público ao que vaian dirixidos os textos.

    A quen vai dirixido?

    As persoas físicas maiores de idade que presenten textos teatrais inéditos escritos en galego conforme á normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.

    Os beneficiarios dos premios quedan sometidos ás actuacións de comprobación e control efectuadas polo órgano competente para resolver, así como ás de control financeiro desenvolvidas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou polo Consello de Contas segundo a súa normativa propia.

    Ademais, deberáselle facilitar á Agadic toda a información e documentación complementarias que considere precisas para a concesión ou aboamento do importe dos premios.

    Requisitos

    - Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo para cada un dos premios.

    - Non poderán presentarse textos de teatro de monicreques aos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María.

    - Os gañadores da edición inmediatamente anterior non poderán presentarse ao mesmo premio (modalidade, no caso do Barriga Verde) no que resultaron galardoados.

    - Non poderá presentarse o persoal da Agadic.

    - Non poderán acceder a estes premios os participantes que se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    - Durante o proceso de resolución desta convocatoria, os participantes teñen a obriga de comunicarlle á Agadic a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do proceso.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996077 / 881996078

    Fax: 881996080

    Email: agadic@xunta.es

    Órgano responsable

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, X Manuel María de literatura dramática infantil e XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018 (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, X Manuel María de literatura dramática infantil e XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018 (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade aos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXIV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, X Manuel María de literatura dramática infantil e XIII Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2018 (DOG nº 120 do 26 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. O obxecto desta resolución é establecer as bases que regularán, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais para o apoio a festivais de cine de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

    2. Para os efectos desta convocatoria, entenderase por festivais aqueles certames, semanas e mostras que teñan por obxecto a promoción e difusión da produción cinematográfica e audiovisual e se celebren en Galicia.

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao espazo económico europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas, que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei de subvencións de Galicia.

    2. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado, e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

    Requisitos

    Requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias.

    1. Poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades enumeradas na base cuarta que se atopen na situación que fundamenta a concesión da subvención e nas cales concorran as circunstancias previstas na presente convocatoria.

    2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

    3. Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por un mesmo solicitante, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por solicitante. No caso de que varios proxectos se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación.

    4. Quedarán excluídas as solicitudes conxuntas das entidades locais en que non se acredite a realización conxunta do festival e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

    5. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.

    Requisitos dos festivais para optar as axudas.

    1. Para optar a estas axudas os festivais terán que reunir os seguintes requisitos:

    a) Celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019. No dito cómputo enténdense incluídos tanto o 1 de novembro do ano da publicación da convocatoria como o 31 de outubro do seguinte.

    Enténdense incluídos os festivais iniciados ata o día 31 de outubro do ano 2019 e que desenvolvan as actividades neste período.

    b) Ter unha duración mínima de 4 xornadas e realizar un mínimo de 20 proxeccións.

    c) Ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas inmediatamente anteriores ao ano da convocatoria respectiva.

    d) Que a programación proposta para a edición obxecto de axuda conteña un mínimo dun 5 % de títulos ou 5 sesións de produción cinematográfica galega e/ou dirección galega.

    e) Que obteñan unha puntuación mínima na fase de valoración de 50 puntos, polo que quedarán excluídos de subvención os que non alcancen a dita puntuación; deberán obter ademais 15 puntos na letra B da base décimo quinta.

    f) As actividades que se desenvolvan obxecto desta subvención non poden estar subcontratadas nin total nin parcialmente, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996077 / 881996078

    Fax: 881996080

    Email: agadic@xunta.es

    Órgano responsable

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 19 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 19 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras da concesión dunha subvención anual aos concellos de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego e en formato físico, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia. Os fondos bibliográficos deberán ser editados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2016, e o 29 de setembro de 2017.

    A súa finalidade é de interese público: o fomento e a edición de libros publicados en galego, así como a promoción da lectura e a mellora das coleccións e dos servizos bibliotecarios, por ser a Rede de bibliotecas públicas a destinataria dos exemplares.

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarios desta subvención todos os concellos de Galicia que:

    a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.

    b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

    c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

    2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Requisitos

    As bibliotecas públicas municipais receptoras dos fondos bibliográficos deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar integrada na Rede de bibliotecas de Galicia ou ter solicitado a súa integración (capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas).

    b) Ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais.

    c) Ter cuberta a estatística de bibliotecas do ano 2015 e remitida á Secretaría Xeral de Cultura.

    d) Ter informatizada a súa xestión.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

    Servizo do Libro e Publicacións

    Cidade da Cultura.Monte Gaiás, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544810

    Fax: 881995141

    Órgano responsable

    Servizo do Libro e Publicacións

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 19 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención destinada a concellos de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 4 do 5 de xaneiro de 2017).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Trátase dun instrumento que permite ter coñecemento das características e situación dos diferentes centros, no que poden inscribirse tódalas bibliotecas que desexen formar parte da Rede de Bibliotecas de Galicia, sempre que cumpran os requisitos esixidos na normativa vixente.

    A quen vai dirixido?

    Tódalas bibliotecas que desexen formar parte da Rede de Bibliotecas de Galicia, sempre que cumpran os requisitos esixidos na normativa vixente.

    Requisitos

    Recollidos no capítulo II (Dos centros bibliotecarios fixos) do Decreto 41/2001, en función do tipo de biblioteca.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

    Servizo do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia

    R/ Horreo, 61

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981543979

    Fax: 881999666

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña

    Praza Luís Seoane, s/n

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184701

    Fax: 981184629

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294297

    Fax: 982294238

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Ourense

    Rúa do Concello, 11

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386082

    Fax: 988386079

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Pontevedra

    R/ Fernández Ladreda, 43, 8º andar

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805188

    Fax: 986805937

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Servizo do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2001).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia (DOG nº 122 do 27 de xuño de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    A Rede de Bibliotecas de Galicia é un sistema coordinado dos centros bibliotecarios, incluídos no Sistema Bibliotecario de Galicia, constituído polos centros bibliotecarios dependentes da Consellería competente en materia cultural, así como tódolos de titularidade pública ou privada, que, mediante a formalización dun convenio, se comprometan a colaborar nos obxectivos de mellora do sistema bibliotecario.

    A quen vai dirixido?

    Os titulares de centros bibliotecarios poderán solicitar da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a súa integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.

    Requisitos

    - A inscrición da biblioteca no Rexistro de Bibliotecas de Galicia.
    - Cumprilos requisitos estipulados no Decreto regulador.
    - Asinar un convenio coa Consellería competente en materia de cultura (agás as bibliotecas nodais).

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

    Servizo do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia

    R/ Horreo, 61

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981543979

    Fax: 881999666

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña

    Praza Luís Seoane, s/n

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184701

    Fax: 981184629

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294297

    Fax: 982294238

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Ourense

    Rúa do Concello, 11

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386082

    Fax: 988386079

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Pontevedra

    R/ Fernández Ladreda, 43, 8º andar

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805188

    Fax: 986805937

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Servizo do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2001).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia (DOG nº 122 do 27 de xuño de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Ten por finalidade a creación de servizos bibliotecarios por parte dos concellos.

    A quen vai dirixido?

    Tódolos concellos de Galicia poden solicitar da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a creación de bibliotecas ou axencias de lectura.

    Requisitos

    Acordo do pleno municipal de creación do servizo e de comprometerse a facerse cargo dos gastos de persoal e do seu mantemento.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

    Servizo do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia

    R/ Horreo, 61

    15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981543979

    Fax: 881999666

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña

    Praza Luís Seoane, s/n

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981184701

    Fax: 981184629

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294297

    Fax: 982294238

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Ourense

    Rúa do Concello, 11

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386082

    Fax: 988386079

    Consellería de Cultura e Turismo

    Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Pontevedra

    R/ Fernández Ladreda, 43, 8º andar

    36003 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 986805188

    Fax: 986805937

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    Servizo do Rexistro da Propiedade Intelectual de Galicia

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2001).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia (DOG nº 122 do 27 de xuño de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de bolsas de formación en biblioteconomía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos, así como calquera outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios.

    2. As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia (código de procedemento CT233A).

    3. Os bolseiros recibirán a súa formación nas seguintes bibliotecas públicas: Biblioteca de Galicia, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Ourense, Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel e Biblioteca Pública Municipal de Ferrol (Central).

    Serán coordinados e dirixidos pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do persoal técnico debidamente cualificado, designado para tal efecto por aquela.

    4. A formación comprenderá unha parte teórica e outra práctica que será impartida por persoal técnico bibliotecario.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

    Requisitos

    – Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación; licenciatura ou grao en Historia ou Xeografía e Historia, Filoloxía ou Lingua e Literatura, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Humanidades.

    – Non percibir outra bolsa ou contrato remunerados durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

    – Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis (6) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, a xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.

    – Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

    – Non poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán achegar, para estes efectos, unha declaración responsable de que non concorre ningunha das circunstancias previstas no referido artigo.

    A concesión da bolsa será incompatible con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, de acordo co disposto no artigo 14.1.p) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881999773 / 881995089

    Fax: 981544887

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios (DOG nº 34 do 16 de febreiro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 11 de xuño de 2018 pola que se anuncia a adxudicación de 35 bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios, convocadas pola Orde do 6 de febreiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 34, do 16 de febreiro) (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2018)

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 14/04/2016 - 13/05/2016.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o modelo que figura como anexo I nesta convocatoria.
    • Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar, no anexo I, a súa consulta no sistema de verificación de identidades, de acordo co disposto no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade do solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
    • Declaración expresa de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que sexa esta, ou, no caso de o ter, un compromiso expreso de renunciar con anterioridade ao momento da incorporación ao centro ao cal sexa destinado consonte o modelo que se inclúe no anexo I.
    • Copia debidamente cotexada da certificación academica oficial completa na cal se fará constar a nota media do expediente academico da titulación.
    • Copia debidamente cotexada dos documentos que acrediten os meritos alegados.
    • Declaración responsable de que non concorre ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o previsto no artigo 11.g) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, consonte o modelo que se inclúe no anexo I.
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
      Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
      As copias gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    • No prazo de presentación de solicitudes, se o último día do prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    SECRETARÍA XERAL DE CULTURA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE BIBLIOTECAS

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881999773 / 881995089Fax: 981544887

    Versión en formato PDF

    1. Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación en biblioteconomía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos así como calquera outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios.
    2. Os bolseiros recibirán a súa formación nas seguintes bibliotecas públicas: Biblioteca de Galicia, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Ourense, Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel e Biblioteca Pública Municipal de Ferrol (Central).
    Serán coordinados e dirixidos pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do persoal técnico debidamente cualificado, designado para tal efecto por aquela.
    3. A formación comprenderá unha parte teórica e outra práctica que será impartida por persoal técnico bibliotecario.

    Beneficiarios:

    Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
    - Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación, licenciatura ou grao en Historia ou Xeografía e Historia, Filoloxía ou Lingua e Literatura, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Humanidades.
    - Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
    - Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis (6) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.
    - Non poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán achegar, para estes efectos, unha declaración responsable de que non concorre ningunha das circunstancias previstas no referido artigo.
    A concesión da bolsa será incompatible con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, de acordo co disposto no artigo 14.1.p) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    Ás persoas seleccionadas, logo de aceptaren as bolsas, seralles de aplicación o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e, así mesmo, quedarán obrigadas a:
    - Incorporarse aos centros aos cales sexan destinadas na data sinalada pola Secretaría Xeral de Cultura. Non obstante, a Secretaría Xeral de Cultura poderá autorizar un aprazamento de ata un máximo de 15 días naturais na incorporación á bolsa, que se concederá, tras a petición expresa do interesado/a e por causas debidamente xustificadas e acreditadas. Os días de atraso na incorporación deberán ser recuperados polo bolseiro, que deberá realizar o número total de horas nos meses establecidos para a realización da formación.
    - Asistir os centros onde resulten destinadas, de acordo coas directrices determinadas que fixen os responsables da execución do programa de formación teórica e práctica.
    - Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
    - Cumprir o compromiso de formación durante todo o período para o cal se lle concedeu a bolsa.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 28 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios (DOG nº 70 do 13 de abril de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.