Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Regular as doazóns de bens do patrimonio documental a un arquivo dependente da Xunta de Galicia.

    A quen vai dirixido?

    Persoas físicas ou xurídicas titulares de bens do patrimonio documental.

    Requisitos

    Presentar a correspondente solicitude na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do director do centro.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Arquivos e Museos

    Servizo do Sistema de Arquivos

    Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881995087 / 981957826

    Fax: 881999740

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia (DOG nº 191 do 7 de outubro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Decreto 122/2012, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento de composición e funcionamento do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia (DOG nº 97 do 23 de maio de 2012).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Código Civil, artigos 10, 609, 618 e seguintes (BOE nº 206, do 25 de xullo de 1889).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia (BOE nº 97, do 22 de abril de 1996).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (BOE nº 276, do 16 de novembro de 2011).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (BOE nº 29, do 3 de febreiro de 2012).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Autorizar a reprodución de documentos dos arquivos de xestión autonómica para a súa publicación e/ou difusión.

    A quen vai dirixido?

    Interesados en xeral.

    Requisitos

    - Presentar no centro a solicitude de autorización.
    - Cando a reprodución de fondos poida xerarlle beneficios económicos ao interesado, esixirase ademáis a sinatura dun convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no que se fixarán as condicións xerais da reproducción.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Arquivos e Museos

    Servizo do Sistema de Arquivos

    Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881995087 / 981957826

    Fax: 881999740

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia (DOG nº 191 do 7 de outubro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia (DOG nº 229 do 30 de novembro de 2011).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 16/1985, do 25 de xuño, de Patrimonio Histórico Español (BOE nº 155 do 29 de xuño de 1985).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erratas da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (BOE nº 296 do 11 de decembro de 1985).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 14 de decembro de 1989, da Secretaría Xeral Técnica, pola que se dá publicidade aos Convenios entre o Ministerio de Cultura e a Comunidade Autónoma de Galicia, sobre xestión de Bibliotecas, Museos e Arquivos de titularidade estatal (BOE nº 303 do 19 de decembro de 1989).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    O Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago ten a finalidade de levar a cabo actuacións conxuntas, facilitar información recíproca e calquera outra forma de colaboración no concernente ó Camiño.

    A quen vai dirixido?

    Poden inscribirse no rexistro aquelas entidades que teñan como finalidade, expresamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago e a difusión da cultura derivada deste.

    Requisitos

    As entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

    Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural

    San Caetano s/

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544010

    Fax: 981544830

    Órgano responsable

    Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 36, do 20 de febreiro de 2001)

    Ligazón á normativa

    Decreto 209/2002, do 13 de xuño, polo que se modifica o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2001).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros.-Decreto 209/2002, do 13 de xuño, polo que se modifica o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 129 do 5 de xullo 2002).

    Ligazón á normativa

    Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

    A quen vai dirixido?

    Entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

    Requisitos

    Procederá a cancelación da inscrición no rexistro cando a entidade deixe de cumprir os requisitos contidos no Decreto 45/2001, de 1 de febreiro, ou cando se extinga a súa personalidade xurídica ou se disolva a entidade.

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 18 de outubro de 2016.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Positivo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    SECRETARÍA XERAL DE CULTURA

    DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL
    San Caetano s/
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544010Fax: 981544830

    Versión en formato PDF

    Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

    Beneficiarios:

    Entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

    Requisitos:

    Procederá a cancelación da inscrición no rexistro cando a entidade deixe de cumprir os requisitos contidos no Decreto 45/2001, de 1 de febreiro, ou cando se extinga a súa personalidade xurídica ou se disolva a entidade.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Decreto 209/2002, do 13 de xuño, polo que se modifica o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2001).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Corrección de erros.-Decreto 209/2002, do 13 de xuño, polo que se modifica o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 129 do 5 de xullo 2002).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 36, do 20 de febreiro de 2001)

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.

    A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

    O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    A quen vai dirixido?

    Poderán optar a estas axudas as universidades, os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

    As persoas beneficiarias desta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en concreto, estarán obrigadas a:

    1. Destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o cal fosen concedidos. A Consellería de Cultura e Turismo poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución das axudas.

    2. Facer constar en toda a publicidade xerada polo proxecto subvencionado que recibiron unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo, utilizando a normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

    3. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

    4. Os beneficiarios deberán dar cumprimento as obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Os proxectos presentados deberán seguir as recomendacións e normas técnicas de arquivos dispoñibles no Portal de arquivos de Galicia.

    2. Os solicitantes deberán dispoñer dunha aplicación informática de xestión documental que siga as normas técnicas de arquivos para a execución do proxecto.

    3. O responsable técnico do proxecto será licenciado universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior e deberá acreditar formación e experiencia profesional en materia de arquivos e patrimonio documental.

    4. No caso dos entes locais, segundo o artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, será requisito para a concesión de subvencións que cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Subdirección Xeral de Arquivos e Museos

    Servizo do Sistema de Arquivos

    Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881995087 / 981957826

    Fax: 881999740

    Órgano responsable

    Servizo do Sistema de Arquivos

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    Ligazón á normativa

    Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia (DOG nº 191 do 7 de outubro de 2014).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 28 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 34 do 18 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 28 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 34 del 18 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Os bens inmobles serán declarados de interese cultural atendendo ás seguintes categorías: monumento, xardín histórico, sitio histórico, xacemento ou zona arqueolóxica, vías culturais, lugar e valor etnolóxico, conxunto histórico, paisaxe cultural e territorio histórico.

    Os bens mobles poderán ser declarados de interese cultural de forma individual ou como colección.

    Os bens inmobles serán declarados de interese cultural atendendo ás seguintes categorías: monumento, xardín histórico, sitio histórico, xacemento ou zona arqueolóxica, vías culturais, lugar e valor etnolóxico, conxunto histórico, paisaxe cultural e territorio histórico.

    A quen vai dirixido?

    Pode solicitar esta declaración calquera persoa, física ou xurídica, titular ou non de interese lexítimo sobre o ben inmoble que se pretenda a súa declaración como ben de interese cultural.

    Requisitos

    Presentación dunha solicitude xunto coa documentación que figura no anexo do decreto regulador, identificando en todo caso de maneira concreta e exhaustiva ben que se pretende declarar.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

    Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural

    San Caetano s/

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544010

    Fax: 981544830

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 16/1985, do 25 de xuño, de Patrimonio Histórico Español (BOE nº 155 do 29 de xuño de 1985).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erratas da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (BOE nº 296 do 11 de decembro de 1985).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (BOE nº 24, do 28 de xaneiro de 1986)

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros do Real Decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (BOE nº 26, do 30 de xaneiro de 1986).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, polo que se modifica o Real Decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español (BOE nº 52, do 2 de marzo de 1994).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 18 de outubro de 2016.

    Prazo de resolución: Seis meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    SECRETARÍA XERAL DE CULTURA

    DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL
    San Caetano s/
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981544010Fax: 981544830

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    SECRETARÍA XERAL DE CULTURA

    DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL
    San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957288Fax: 981957052

    Versión en formato PDF

    Solicitar da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a incoación do procedemento para a inclusión, logo do estudo sobre a súa procedencia, dos bens mobles, inmobles e inmateriais no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, e que sen estaren incluídos entre os bens declarados de interese cultural, merezan ser considerados, polo seu recoñecido valor propio, como de interese relevante para a permanencia ea identidade da cultura galega a través do tempo.

    Beneficiarios:

    Calquera persoa, física ou xurídica, titular ou non de interese lexítimo sobre o ben do que se pretende a súa inclusión no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

    Requisitos:

    Presentación dunha solicitude xunto coa documentación que figura no anexo do decreto regulador, identificando en todo caso de maneria concreta e exhaustiva o ben que se pretende a súa inclusión no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Convócanse os Premios da Cultura Galega en todas as súas modalidades para o ano 2019 (código do procedemento CT142A).

    1. Premio Cultura Galega de Letras.

    Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada coa literatura galega, con méritos especiais ao desenvolvemento de novos recursos e no plano expresivo, na construción dunha linguaxe propia, na creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas, tanto nos soportes convencionais como nos virtuais e outras formas experimentais coa escrita, así como calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública.

    2. Premio Cultura Galega de Artes Plásticas.

    Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada ás artes plásticas galegas, con méritos especiais no que atinxe ao desenvolvemento de recursos expresivos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo a partir de materiais convencionais ou de soportes virtuais e experimentais, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a enriquecer a creación plástica galega e a súa imaxe pública.

    3. Premio Cultura Galega de Artes Escénicas.

    Dirixido a persoas, colectivos ou entidades cunha traxectoria vinculada ás artes escénicas galegas meritoria en canto a recursos escénicos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a ampliar a representación escénica de Galicia e a súa imaxe pública. Nesta categoría terase en conta a obra realizada en soporte físico ou virtual, e incluiranse propostas teóricas ou proxectos de especial interese creativo ou innovador, que sirvan de referencia para a evolución escénica de Galicia.

    4. Premio Cultura Galega de Música.

    Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada á creación ou á promoción da música galega. Valorarase especialmente a achega para reforzar a imaxe desta arte como creadora dunha linguaxe galega de calidade, con personalidade propia e con capacidade para se integrar nos escenarios internacionais.

    5. Premio Cultura Galega de Audiovisual.

    Dirixido a persoas ou entidades con traxectoria vinculada á creación, á promoción ou á difusión da creación audiovisual galega, con méritos especiais no desenvolvemento de novos recursos e no plano expresivo, na construción de linguaxes propias e na capacidade de intercambio con outras sociedades e culturas.

    6. Premio Cultura Galega de Lingua.

    Dirixido a persoas, colectivos ou entidades de ampla traxectoria no ámbito da promoción da lingua galega. Valorarase o desenvolvemento de obras e de iniciativas destinadas a afianzar o uso e a valoración social do idioma propio de Galicia.

    7. Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural.

    Dirixido a persoas, colectivos ou entidades que presenten unha traxectoria meritoria vinculada á protección, conservación e difusión do patrimonio cultural galego, material e inmaterial, en calquera medio ou campo de actuación.

    8. Premio Cultura Galega de Proxección Exterior.

    Dirixido a persoas, colectivos ou entidades con traxectoria vinculada á difusión cultural de Galicia no exterior, que contribúan á proxectar, dentro e fóra do territorio galego, a riqueza e valor da cultura galega en calquera campo e a través de calquera medio convencional ou virtual.

    Obxecto e contido dos premios .

    1. Concederase un único premio en cada unha das modalidades descritas no artigo anterior e non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa ou entidade en modalidades distintas.

    2. O premio consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser candidatas as persoas colectivos ou entidades que se distingan pola súa traxectoria vinculada ao obxecto da modalidade correspondente de acordo co sinalado no artigo 1 desta orde.

    Requisitos

    - Na data de formalización da candidatura as persoas propostas como candidatas teñen que estar vivas e os colectivos e entidades obxecto das candidaturas deben ter actividade.

    - As candidaturas só poderán ser presentadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio, sen que os candidatos se poidan postular a si mesmos.

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544873 / 981957048

    Fax: 981541598

    Órgano responsable

    Dirección Xeral de Políticas Culturais

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 17 de xuño de 2019 pola que se convocan os Premios da Cultura Galega para o ano 2019 (DOG nº 121 do 27 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 17 de xuño de 2019 pola que se convocan os Premios da Cultura Galega para o ano 2019 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da produción da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

    Modalidades e límites.

    1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

    1.a) Modalidade A: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de ficción, segundo as seguintes submodalidades:

    – Modalidade A1: longametraxes de ficción de autoría galega que contribúan a resaltar a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e posúan potencial para a difusión nacional e internacional.

    – Modalidade A2: longametraxes con especial valor cinematográfico, cultural e social que contribúan a fomentar o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de distribución e comercialización nacional e internacional.

    1.b) Modalidade B: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de animación que posúan un especial valor cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.

    1.c) Modalidade C: produción e coprodución de longametraxes documentais de autoría galega con especial valor cinematográfico que non empreguen como especial instrumento a recreación de ficción.

    1.d) Modalidade D: produción de curtametraxes de ficción, animación e documental de autoría galega, cunha duración máxima de 30 minutos.

    1.e) Modalidade E: producións ou coproducións destinadas a ser emitidas por televisión de acordo coas seguintes submodalidades:

    – Modalidade E1. Longametraxes, miniseries e series televisivas de ficción que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión. Consideraranse longametraxes de ficción para televisión aquelas producións que teñan unha duración mínima de 60 minutos. Consideraranse miniseries de ficción aquelas produción de 2 capítulos que teñan unha duración mínima de 52 minutos cada un. Consideraranse series de ficción aquelas producións de ata 400 minutos de duración total que se correspondan cunha primeira tempada e teñan carácter autoconclusivo.

    – Modalidade E2. Longametraxes documentais para televisión de autoría galega que contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción. As longametraxes documentais para TV deberán ter un mínimo de 52 minutos de duración.

    – Modalidade E3. Series de animación infantil e xuvenil destinadas a ser emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos.

    2. Para acceder á modalidade E é requisito obrigatorio presentar contrato ou carta de compromiso dunha emisora de televisión ou plataforma con ampla difusión no territorio galego.

    3. Entenderase por longametraxe cinematográfica (modalidades A, B e C) aquela produción de máis de 60 minutos de duración.

    4. Entenderase por produción de autoría galega aquela en que dous dos seguintes profesionais: director, guionista ou produtor executivo, sexan de orixe galega ou conten con máis de dous anos de actividade profesional acreditada en Galicia. No caso de proxectos que conten con coprodución internacional haberá que acreditar a orixe ou antigüidade de máis de dous anos de actividade profesional en Galicia dun só dos profesionais mencionados.

    5. Entenderase por obra en versión orixinal galega aquela que teña máis do 75 % dos diálogos e/ou narración en lingua galega.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 961.1), e con sucursal ou oficina permanente, polo menos, un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

    Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

    Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polas empresas que a integran no momento da súa constitución.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. A consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan da calidade da proposta, do seu carácter cultural, da súa achega ao tecido industrial galego e do grao de desenvolvemento en canto aos traballos previos realizados e as condicións económico-financeiras do proxecto. As subvencións que se concedan deberán ter efecto incentivador, polo que a solicitude deberá terse presentado antes do comezo do proxecto.

    2. Non poderán ser destinatarios das subvencións previstas nesta convocatoria as empresas produtoras que só teñan unha participación financeira no proxecto de longametraxe.

    3. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual.

    4. Un mesmo solicitante poderá obter, de acordo coa presente convocatoria, un máximo de dúas subvencións, sempre que unha delas sexa das seguintes modalidades:

    – Proxectos da modalidade A1, que constitúan a primeira longametraxe dun director e non superen os 300.000 euros de orzamento de produción.

    – Proxectos da modalidade C.

    – Proxectos da modalidade D.

    Noutros casos, no suposto de que varios proxectos dun mesmo solicitante se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación. Dentro da mesma convocatoria non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades nin tampouco se poderá presentar un mesmo proxecto a distintas modalidades.

    5. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

    6. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    Consellería de Cultura e Turismo

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

    15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996077 / 881996078

    Fax: 881996080

    Email: agadic@xunta.es

    Órgano responsable

    Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.