Xunta de Galicia

  • Obxecto

    De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 10/2013, do 27 de novembro:

    1. A renda de inclusión social de Galicia confórmase como unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber de participar en procesos personalizados de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de Servizos Sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.

    2. A renda de inclusión social de Galicia, en canto prestación económica, terá carácter alimenticio, persoal e non transmisible, e non poderá ser obxecto de embargo ou retención nin darse en garantía de obrigas, nos termos previstos na lexislación de axuizamento civil.

    A quen vai dirixido?

    Persoas que se encontren en situación ou risco de exclusión social.

    Requisitos

    De conformidade co establecido no artigo 12 da Lei 10/2013, do 27 de novembro:

    1. Terán dereito a renda de inclusión social de Galicia as persoas que se encontren nunha situación tecnicamente valorada de exclusión social ou de risco de exclusión social, de acordo co previsto no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, e neste decreto, e que, sen prexuízo das excepcións establecidas nos artigos seguintes, reúnan os seguintes requisitos:

    a) Ter residencia efectiva e constatada pola traballadora ou traballador social de referencia dos servizos sociais comunitarios responsables de desenvolver as accións que se deseñen no correspondente proxecto de integración social, e estar empadroado/a en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma galega, polo menos durante os seis meses anteriores á presentación da solicitude de valoración da Risga por parte da persoa interesada, computando para estes efectos os períodos de empadroamento sucesivo en distintos concellos galegos.

    Para estes efectos, enténdese por residencia efectiva aquela que mantivese a persoa solicitante por tempo superior a seis meses nun período de doce.

    b) Ter residencia legal, conforme a normativa vixente.

    c) Ter máis de vinte e cinco anos.

    Para estes efectos, entenderase que teñen máis de vinte e cinco anos as persoas que teñan cumprida a dita idade na data da solicitude da prestación.

    d) Dispor na unidade de convivencia de ingresos inferiores ao importe do tramo persoal e familiar que lle correspondería e, ademais, non dispor de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios suficientes para a subsistencia, de acordo cos criterios de cómputo establecidos neste decreto.

    Para os efectos de cumprimento deste requisito, terase en conta o importe do tramo persoal e familiar que lle correspondería, sen incluír o complemento de aluguer.

    e) Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de lles prestar alimentos de acordo coa lexislación civil, e tendo en conta o disposto nos artigos seguintes.

    2. En todo caso, debe acreditarse a existencia dunha situación tecnicamente valorada de exclusión social ou de risco de exclusión social, así como a concorrencia dos requisitos para o acceso á renda, tanto no momento da solicitude como no momento da resolución de concesión. Así, no caso de que exista variación das circunstancias durante a tramitación da solicitude, deberán ser comunicadas no prazo de dez días desde que se produzan, para a súa avaliación.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL

    Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981547440 / 981545466

    Fax: 981545638

    Email: dxinclusion.politicasocial@xunta.gal

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881201

    Fax: 881881202

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294202 / 982294203

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE OURENSE

    Saenz Díez, 33 baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386192

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817231

    Fax: 986817294

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Tramitar a inscrición no Rexistro Unico de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, das entidades prestadoas de servizos sociais.

    A quen vai dirixido?

    a) Entidades públicas: considerando nesta categoría as administracións públicas territoriais e os entes que integran o seu sector público.

    b) Entidades privadas: as persoas físicas e xurídicas privadas, xa sexan de iniciativa social ou de carácter mercantil.

    1.º Para os efectos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais considéranse entidades privadas de iniciativa social, aquelas organizacións non gobernamentais e institucións non gobernamentais que realicen actividades de servizos sociais carecendo de ánimo de lucro. Para estes efectos acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.


    2.º Para os efectos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais considéranse entidades privadas de carácter mercantil, as persoas físicas e persoas xurídicas con ánimo de lucro, que realizan actividades de servizos sociais. As sociedades de responsabilidade limitada e as sociedades anónimas terán carácter mercantil calquera que sexa o seu obxecto.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    Todos os centros e programas de servizos sociais, de conformidade coa normativa que os regula, deben:

    a) Estar correctamente identificados e sinalizados no exterior das súas instalacións, agás que a natureza e finalidade do servizo o desaconselle. Así mesmo, debe sinalizarse o interior das instalacións para facilitar o acceso, a orientación e a información sobre a localización dos servizos para todas as persoas.

    b) Dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garantan o respecto aos dereitos das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos.

    c) Contar cun rexistro de altas e baixas de persoas usuarias e cun expediente individual de cada unha delas, coa documentación mínima necesaria que determine a normativa específica que lle resulte de aplicación. En todo caso, a entidade deberá garantir a protección dos datos de carácter persoal de conformidade co establecido na Lei 15/1999, do 13 de decembro, en todo o que lle sexa de aplicación.


    d) Dispoñer da póliza de seguros de danos necesarias para garantir a reparación dos sinistros do edificio, así como de póliza de seguro de responsabilidade civil que garanta a cobertura das indemnizacións ás persoas usuarias e/ou a terceiros polos danos e prexuízos causados como consecuencia dos sinistros do edificio e/ou do de-senvolvemento dos servizos.

    e) Expoñer nun lugar visible ao público a documentación que acredite as autorizacións e licenzas concedidas, as normas de funcionamento previamente visadas pola Administración e o cartel informativo sobre a existencia dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. Ademais, exporase a información básica referida aos servizos prestados, ao horario e aos períodos de funcionamento do servizo, así como, cando a natureza do servizo non o desaconselle, os prezos ou as tarifas exixibles pola prestación dos servizos, onde consten claramente as contías totais das prestacións básicas e dos servizos optativos ou susceptibles de cobramento a parte.

    f) Contar co equipamento mobiliario, as axudas técnicas, o material e o persoal necesario para o desenvolvemento axeitado dos servizos, segundo as características e necesidades das persoas destinatarias.

    g) Dispoñer de conexión telefónica co exterior e dun enderezo de correo electrónico.

    h) Contar cunha persoa que asuma a dirección ou coordine o programa ou servizo.

    2. Ademais dos requisitos xerais establecidos no punto anterior, as entidades titulares e as xestoras de servizos, centros e programas deberán adecuarse aos requisitos específicos que, de acordo coa súa tipoloxía e persoas ás que se dirixan, se establezan na normativa que lles resulte de aplicación, así como dispoñer no centro ou nas instalacións nas que se desenvolve o programa, de toda aquela documentación acreditativa do cumprimento destes.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    Edificio administrativo San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957696

    Fax: 981957697

    Email: inspección.ssociais@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008

    Teléfono: 981185771

    Fax: 981185701

    Email: xefaturaterritorial.ctb.coruna@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294271

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. da Habana, 79

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386224

    Fax: 988386770

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    R/ Concepción Arenal, 8-2ª

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817769 / 986817202

    Fax: 986817621

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

    Ligazón á normativa

    Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Tramitar a toma de constancia e actualizar os datos obrantes no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais respecto a unha entidade inscrita.

    A quen vai dirixido?

    Titulares ou representantes legais de entidades inscritas no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.

    Requisitos

    Modificación dos datos referidos a:

    a) A denominación da entidade e/ou dos centros e programas autorizados dos que a entidade sexa titular.
    b) O enderezo social da entidade.
    c) O obxecto social da entidade.
    d) Os datos identificativos dos/as representante/s legais da entidade e/ou dos/as seus administradores/as.
    e) O cambio de titularidade dos centros ou programas que a entidade teña autorizados.
    f) O cambio de entidade xestora dos centros ou programas que a entidade titular teña autorizados.

    2. Non obstante, a modificación dos datos inscritos da entidade realizarase de oficio cando se refira:


    a) Aos datos das entidades locais inscritas como entidades prestadoras de servizos sociais, e a modificación a levar a cabo consista no cambio do/a representante legal da entidade como resultado dun proceso electoral.
    b) Aos datos inscritos das entidades públicas ou privadas inscritas como entidades prestadoras de servizos sociais, e a modificación a levar a cabo se refira á súa denominación, enderezo social, obxecto social ou aos datos identificativos dos/as representantes legais ou administradores/as da entidade, sempre que modificación sexa comunicada por outro rexistro oficial.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    Edificio administrativo San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957696

    Fax: 981957697

    Email: inspección.ssociais@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981185771

    Fax: 981185701

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294289

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. de la Habana, 79

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386196

    Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    R/ Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817217

    Fax: 986817637

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE AUTORIZACIÓN E INSPECCIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

    Ligazón á normativa

    Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 07/05/2016 - 06/06/2016.

    Un mes, contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • Con cada solicitude (anexo I) e obrigatoria a presentación da seguinte documentación:
      • a) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais. Neste caso unicamente se incluirá a copia do DNI ou NIE da persoa representante no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
      • b) Declaración responsable asinada pola persoa representante legal da entidade na cal se exprese que a entidade está ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non concorre ningunha das restantes circunstancias a que se refire o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño (incluída no anexo I).
      • c) Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas, concedidas e/ou percibidas para a mesma actuación ou finalidade, das distintas administracións públicas ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais ou, se e caso, declaración de que non se solicitaron outras axudas ou subvencións (incluída no anexo I).
      • d) Copia do NIF da entidade só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
        As entidades que solicitasen subvención no exercicio anterior quedarán exentas de presentar a documentación prevista na alínea a), sempre que non se producisen modificacións no seu contido, circunstancia que será acreditada mediante certificación simple expedida pola persoa representante da entidade, onde se indicará a referencia administrativa do expediente onde consta a dita documentación.
      • e) Memoria da entidade (anexo II) que conteña os datos básicos de identificación e, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.
    • Documentación específica para as subvencións de funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social.
      Ficha de identificación do centro para o que se solicita a subvención (anexo III), que incluirá os seguintes aspectos:
      • a)Tipo de centro para o que se solicita a subvención.
      • b) Identificación do centro e da persoa responsable. No caso de non contar coa autorización para o inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, deberán achegar a copia da solicitude do permiso de inicio de actividades.
      • c) Horario de atención ás persoas usuarias, número de días de apertura coa desagregación reflectida no anexo III.
      • d) Perfil das persoas usuarias e rexime económico aplicado.
      • e) Número de prazas autorizadas. Número previsto de persoas usuarias/día.
      • f) Outras unidades e recursos: módulo de unidades familiares, de media estanza, recursos extra e existencia doutros recursos similares na zona de influencia.
      • g) Recursos humanos dispoñibles.
      • h) Descrición das características tecnicas do centro.
      • i) Declaración de gastos previstos para cada anualidade recollendo de xeito separado os gastos ata o 30 de novembro de 2016 e, no seu caso, ata o 31 de marzo de 2017.
        A información mínima requirida no anexo III poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.
    • Documentación específica para as subvencións de promoción de actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos, ou atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, incluíndo aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante:
      Unha ficha de descrición da actuación (anexo IV). Esta/s ficha/s, deberá/n conter como mínimo a información seguinte:
      • a) Datos da entidade solicitante.
      • b) Denominación da actuación.
      • c)Tipo de actuación.
      • d) Xustificación da necesidade social e localización territorial.
      • e) Obxectivos e descrición xeral da actuación que deberá estar adaptada ás persoas destinatarias, a cal deberá incorporar a perspectiva de xenero nos termos definidos no artigo 4 desta orde.
      • f) Descrición dos recursos humanos e materiais que se van utilizar para garantir o axeitado desenvolvemento da actuación, especificando a titulación e dedicación horaria do persoal á actuación para a que se solicita a subvención. No caso de formación práctica indicarase se o desenvolvemento precisa dun/ha monitor/a a cargo da entidade solicitante. No suposto de accións formativas que comporten o compromiso de contratación ou de prácticas non laborais ao que se refire o artigo 12.2.a) achegarase documento acreditativo asinado pola empresa. No caso de solicitar equipamento especial para unha acción formativa, deberase indicar expresamente a relación de medios necesarios para a impartición que ten que costear a entidade solicitante.
      • g) Cronograma da/das actuación/s: a/as descrición/s conterá o período temporal de desenvolvemento da actuación, con indicación do seu número total de horas e/ou, no caso de que sexa necesario pola súa natureza, días, semanas ou meses de execución efectiva, así como o número previsto de persoas usuarias, coa desagregación reflectida no anexo IV. Esta descrición deberase presentar desagregada, recollendo de xeito separado as actuacións previstas ata o 30 de novembro de 2016 e, se e o caso, ata o 31 de marzo de 2017, segundo o establecido no anexo IV. Nas actuacións de tipo formativo distinguirase o número de horas teóricas e prácticas e as unidades didácticas ou módulos nos que se divida, con expresión da duración de cada un deles. Tamen se indicará se se van aboar bolsa de asistencia ás persoas participantes, así como o número de días que van acudir á parte teórico-práctica ou axudas para transporte, no caso de apoio á conciliación e/ou formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de conducir.
      • h) Perfil e criterios de selección das persoas destinatarias para a actuación e para cada unha das súas fases. Indicarase, de ser o caso, a/s problemática/s específica/s das persoas usuarias. No caso de solicitudes tipo b).2º e b).3º este punto deberá axustarse ao establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro.
      • i) Metodoloxía que se vai empregar no desenvolvemento da actuación, a cal deberá incorporar a perspectiva de xenero describindo os axustes que se introducirán en función dos roles diferentes que asumen homes e mulleres na sociedade e que poden condicionar o acceso e a calidade da súa participación.
      • j) Avaliación cualitativa prevista.
      • k) Para as actuacións do artigo 4.1.b).1º a declaración de gastos previstos para cada anualidade recollendo de xeito separado os gastos ata o 30 de novembro de 2016 e, no seu caso, ata o 31 de marzo de 2017.
        A información mínima requirida no anexo IV poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.
    • Documentación específica para as subvencións de investimento de centros de inclusión ou emerxencia social:
      • a) Memoria tecnica xustificativa da actuación que se vai desenvolver (anexo V), xunto con, no caso de subvención para construción, reforma ou ampliación, proxecto de execución ou licenza. Nesta memoria recollerase, de ser o caso, como se atenden os condicionantes de xenero no proxecto proposto.
      • b) Orzamento desagregado dos gastos, que se deberá presentar recollendo de xeito separado as actuacións previstas ata o 30 de novembro de 2016 e, se e o caso, ata o 31 de marzo de 2017, segundo o establecido no anexo V.
      • c) No caso de subvencións para construción, reforma ou ampliación, planos da actuación a escala axeitada e proxecto. No caso de presentación de solicitude para equipamento e vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos do centro, este substituirase por unha memoria xustificativa da súa necesidade e documento das súas condicións tecnicas.
      • d) Documentación acreditativa do rexime fiscal da entidade solicitante respecto do IVE, para os efectos de determinar a súa subvencionabilidade
    • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
      Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • Calquera documentación complementaria correspondente a calquera solicitude poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2. da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e no artigo 22.3. do Decreto 198/2010, do 2 de decembro.
      A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
      As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
      No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da entidade solicitante de forma electrónica superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, deberá mencionarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido na documentación complementaria para cada procedemento.
      Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se se desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizarse de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. Neste caso deberá mencionarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS INMIGRANTES
    Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545615Fax: 981545638

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL
    Edificio Administrativo de San Caetano. Edificio a Pirámide
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981541899

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE COORDINACIÓN DE PROGRAMAS DE INCLUSIÓN
    Edificio Administrativo de San Caetano
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981545564Fax: 981545638

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, levan a cabo a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante.
    Quedan fóra do obxecto das subvencións reguladas na presente orde as actividades e proxectos que teñan principalmente os seguintes contidos:
    a) Promoción da saúde pública, asesoramento sobre enfermidades crónicas, divulgación das características e efectos dunha determinada enfermidade ou outras problemáticas de índole sanitaria, salvo as dirixidas á prevención das discapacidades, especialmente enfermidade celíaca e fenilcetonuria. Estas actividades e proxectos deberán, en todo caso, establecer criterios de progresividade social na atención ás persoas e familias.
    b) Realización de actividades lúdicas, culturais, de lecer ou recreo.
    Non serán prioritarias, para os efectos previstos nesta orde, aquelas actividades ou proxectos susceptibles de acceder a outras liñas de colaboración financeira específicas promovidas por outros centros directivos da Xunta de Galicia.
    Actuacións subvencionables
    1. Serán subvencionables as seguintes tipoloxías de actuacións:
    a) Funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social.
    Inclúese neste tipo o funcionamento daqueles centros que complementen os ámbitos de intervención social do Sistema Galego de Servizos Sociais neste nivel de atención, os cales se especifican no artigo 3 da Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, e que corresponden ás seguintes tipoloxías:
    Albergues.
    Centros de acollida.
    Comedores sociais.
    Centros de atención social continuada.
    Centros de día e inclusión social.
    b) Actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos ou atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, incluíndo aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante.
    1º. Actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun proxecto de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos:
    Inclúese os seguintes servizos coa seguinte desagregación por programas:
    Servizos de primeira atención e prevención:
    Programas informativos de valoración, orientación e información dirixido a identificar situacións de risco e factores de vulnerabilidade, así como a informar sobre os recursos e prestacións do Sistema galego de Servizos Sociais.
    Programas de asesoramento técnico especializado destinado a proporcionar información en materias de diversa índole que requiren un coñecemento especializado (estranxeiría, discriminación por motivos raciais ou étnicos, etc.)
    Servizos de atención ás necesidades básicas:
    Servizo da cobertura de necesidade de alimento.
    Servizo de provisión de recursos básicos (hixiene, roupeiro, lavandaría, apoio material e económico...).
    Servizo de atención de rúa e/ou atención urxente.
    2º. Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social:
    1ª. Atención desenvolvida a través de itinerarios de inclusión sociolaboral con acompañamento. Esta atención comprenderá tanto actuacións coa persoa usuaria, como a valoración social individual, deseño dun itinerario, seguimento, revisión dos obxectivos ou actuacións, medidas de acompañamento, accións de mellora de habilidades sociais básicas, busca activa de emprego ou orientación social e laboral, como aqueloutras actuacións para as que non é precisa a presenza da persoa pero que son necesarias para a consecución dos obxectivos do seu proxecto de inclusión, tales como a prospección do mercado laboral, a intermediación laboral activa e/ou a coordinación con outros dispositivos. Incluiranse neste punto aquelas actuacións dirixidas a informar, orientar e asesorar en materia de consumo aos participantes para que poidan exercer axeitadamente os seus dereitos e xestionar os seus recursos de maneira eficiente.
    2ª. Actuacións de adquisición e mellora das competencias sociais e profesionais, deseñadas para adquirir unha formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás necesidades das persoas en situación de exclusión social, incluíndo formación dirixida ao autoemprego e constitución de cooperativas.
    3ª. Actuacións de apoio á conciliación, que consistirán na posta á disposición de servizos de atención persoal e/ou familiar, no fogar ou nun recurso comunitario, dirixidos a facilitar a participación das persoas nas accións comprendidas nos seus proxectos de inclusión sociolaboral ou en formación complementaria.
    4ª. Actuacións de mediación intercultural, a realizar por persoal especializado, dirixidas a facilitar a comunicación e a convivencia entre persoas procedentes de diferentes culturas; esta mediación levarase a cabo a en distintos ámbitos (sanidade, educación, vivenda...), a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade o respecto e o fomento de actitudes de tolerancia coa diversidade cultural. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.
    5ª. Actuacións en territorios en exclusión seveira, que aproveiten espazos de dinamización comunitaria ou de interrelación xeracional ou interterritorial e teñan por finalidade tanto compartir experiencias, vivencias e aprendizaxes, como debater problemáticas comúns relativas á análise das potencialidades tanto económicas como sociais do territorio e as súas posibles solucións, sempre que exixan a presenza e dedicación de persoal dinamizador ou experto. Para os efectos da presente orde, entenderase que un territorio sofre exclusión seveira cando a súa dispersión, recente perda de poboación e/ou dificultades de comunicación por estrada impidan ou dificulten de xeito importante o desenvolvemento destes espazos de comunicación. Para os efectos de valorar a dispersión, perda de poboación ou dificultade de transporte por estrada, a comisión de valoración empregará indicadores de estatísticas oficiais que poderá complementar con outros deseñados por axentes ou institucións especializadas.
    Serán persoas beneficiarias das actuacións que se subvencionen na letra 4.1.b).2º as perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia, as persoas en situación ou risco de exclusión derivadas da rede de equipos de inclusión sociolaboral, e, en xeral, as afectadas por factores de exclusión social. Para a consideración destes factores haberá que aterse ao establecido nos artigos 3.1. e 3.3. da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. Así mesmo e, en aplicación do artigo 56.5. da citada lei, no caso de unidades de convivencia con varias persoas en condicións de participar nun proxecto de inclusión sociolaboral estableceranse medidas personalizadas para cada unha delas. Na ficha de descrición da actuación (anexo IV) deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas destinatarias e o seu perfil.
    3º. Atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante:
    Inclúense neste punto as actuacións que se sinalan na letra 4.1.b).2º adaptadas ás necesidades específicas destas persoas, podendo incluír actuacións de formación lingüística, introdución ao funcionamento e características da sociedade de acollida, formación no coñecemento e respecto dos valores constitucionais, estatutarios e da Unión Europea, dos dereitos humanos e liberdades públicas, de tolerancia e igualdade entre homes e mulleres, e calquera outra formación que resulte necesaria para a atención das súas necesidades específicas.
    Serán persoas beneficiarias dos programas ou actuacións subvencionadas neste punto as persoas inmigrantes que acrediten documentalmente tal condición ou a súa orixe estranxeira e se atopen en situación de vulnerabilidade ou en risco de exclusión social, de acordo co establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro.
    Tamén participarán neste programa aquelas persoas solicitantes de asilo ou refuxiadas que puidesen chegar a Comunidade Autónoma galega.
    Na ficha de descrición da actuación (anexo IV) deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas participantes e o seu perfil.
    c) Investimento en centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas. Estas poderán adoptar as seguintes modalidades:
    A construción, ampliación, reforma e mellora dos centros, así como a adquisición de inmobles que garden unha relación directa coas actuacións anteriores.
    A adquisición e instalación de equipamento e moblaxe, así como a adquisición de vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos propios do centro, excluíndose expresamente os vehículos turismos.
    2. Poderán solicitarse un máximo de catro actuacións para cada unha das tipoloxías de actuacións singularizadas do artigo 4.1.b), indicando a súa orde de prioridade. Esta limitación non será de aplicación ás tipoloxías de actuacións mencionadas nas letras a) e c) deste artigo nin tampouco a aquelas actuacións que teñan inequivocamente un contido formativo concreto e totalmente diferenciado.
    3. Todas as accións comprendidas nos puntos b).2º e b).3º serán deseñadas, desenvoltas e avaliadas incorporando a perspectiva de xénero, o cal significa que se estudará en que medida a variable xénero inflúe nos procesos de exclusión e se terán en conta as diferentes circunstancias, expectativas e necesidades que teñen os homes e as mulleres ás que se dirixen polo mero feito de ser home ou muller. A perspectiva de xénero aplicarase tamén nas accións da letra c) en que sexa posible.
    Gastos subvencionables.
    1. Para os efectos da presente orde, consideraranse como gastos subvencionables os seguintes:
    a) Gastos subvencionables para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social e realización de actuacións singularizadas.
    1º. Gastos directos: terán esta consideración os que a continuación se relacionan sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, polo tanto, se refiran inequivocamente a ela:
    Gastos de persoal:
    Persoal propio da entidade: serán subvencionables as retribucións totais correspondentes á execución do programa, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social e a parte proporcional da paga extraordinaria que lle corresponda. A identificación da actuación que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha previa asignación de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita actuación coma no caso de dedicación parcial.
    Traballadores/as por conta propia para a realización de actividades de formación.
    Axudas de custo e gastos de viaxe, que se rexerán na súa contía pola normativa establecida nos convenios colectivos aplicables.
    Gastos por seguros de accidentes do alumnado e participantes que cubran os riscos derivados da actividade subvencionada.
    Bolsas por asistencia a acción formativas que non sexan percibidas por persoas titulares dunha renda de inclusión social de Galicia que inclúa ese complemento. Esta restrición non será aplicable as persoas que formen parte da unidade de convivencia da persoa titular da dita renda.
    Axudas por desprazamento para participantes en accións de formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de condución tipo B ou C.
    2º. Gastos de carácter indirecto: terán a dita consideración os que a continuación se relacionan sempre que non se correspondan en exclusiva á actuación subvencionada por ter carácter estrutural pero resulten necesarios para a súa realización:
    Gastos de persoal.
    Gastos en material funxible.
    Gastos de aluguer e mantemento das instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade).
    b) Gastos subvencionables de investimento en centros de inclusión e emerxencia social.
    Serán gastos subvencionables aqueles necesarios para a realización do investimento definido no artigo 4.1.c) que se correspondan de maneira indubitada á operación cofinanciada, e deberán estar debidamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto na presente base reguladora, coas seguintes especificidades:
    Será subvencionable a construción, ampliación, reforma e mellora dos centros, así como a adquisición de inmobles que garden unha relación directa coas actuacións anteriores co límite do 10 % do gasto total subvencionable da operación segundo o artigo 69.3 do Regulamento 1303/2013.
    Consideraranse subvencionables o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante, así como os tributos necesarios para a realización da subvención, sempre que o beneficiario os aboe efectivamente.
    Unicamente con respecto ás solicitudes para ampliación da superficie destinada para a atención das persoas usuarias, serán subvencionables as adquisicións de terreos e de bens inmobles nos que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación, ata o límite do 10% do gasto total subvencionable da operación. Estes terreos deberán ser limítrofes, agás no caso de unidades funcionalmente vinculadas ao establecemento principal, as cales, non obstante, deberán estar próximas a este, de tal xeito que a súa utilización permita o desprazamento a pé polas persoas usuarias.
    En todo caso, o importe subvencionable non poderá superar o valor de mercado dos terreos e dos bens inmobles, punto que se deberá acreditar mediante certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.
    Así mesmo, e unicamente con respecto á adquisición de equipamento necesario de adaptación funcional para prestación dos servizos, estes poderán ser de segunda man, sempre que conste unha declaración de quen o vende sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e o prezo non sexa superior ao valor de mercado e ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes puntos mediante certificación de taxación independente.
    2. En todo caso, as actuacións establecidas no artigo 4.1.b).2º e 3º deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derro

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto o establecemento do réxime de concesión de axudas ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, levan a cabo a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante, e proceder á súa convocatoria para os exercicios 2018, 2019 e 2020.

    2. Quedan fóra do obxecto das subvencións reguladas nesta orde as actividades e proxectos que teñan principalmente os seguintes contidos:

    a) Promoción da saúde pública, asesoramento sobre enfermidades crónicas, divulgación das características e efectos dunha determinada enfermidade ou outras problemáticas de índole sanitaria, salvo as dirixidas á prevención das discapacidades, especialmente enfermidade celíaca e fenilcetonuria. Estas actividades e proxectos deberán, en todo caso, establecer criterios de progresividade social na atención ás persoas e familias.

    b) Realización de actividades lúdicas, culturais, de lecer ou recreo.

    3. Non serán prioritarias, para os efectos previstos nesta orde, aquelas actividades ou proxectos susceptibles de acceder a outras liñas de colaboración financeira específicas promovidas por outros centros directivos da Xunta de Galicia.

    Gastos subvencionables.

    1. Para os efectos desta orde, consideraranse como gastos subvencionables das actuacións singularizadas establecidas no artigo 4, alíneas 1.a) e 1.b) os seguintes:

    a) Gastos subvencionables para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social e realización de actuacións singularizadas:

    1º. Gastos directos: terán esta consideración os que a seguir se relacionan sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, por tanto, se refiran inequivocamente a ela:

    1º.1. Gastos de persoal propio da entidade: serán subvencionables as retribucións totais correspondentes á execución do programa, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social e a parte proporcional da paga extraordinaria que lle corresponda. A identificación da actuación que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha asignación previa de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita actuación como no caso de dedicación parcial.

    1º.2. Gastos de traballadores/as por conta propia para a realización de actividades subvencionadas.

    1º.3. Axudas de custo e gastos de viaxe, que se rexerán na súa contía pola normativa establecida nos convenios colectivos aplicables.

    1º.4. Gastos por seguros de accidentes do alumnado e participantes que cubran os riscos derivados da actividade subvencionada.

    1º.5. Bolsas por asistencia a acción formativas que non sexan percibidas por persoas titulares dunha renda de inclusión social de Galicia que inclúa ese complemento. Esta restrición non será aplicable ás persoas que formen parte da unidade de convivencia da persoa titular da dita renda.

    1º.6. Axudas por desprazamento para participantes en accións de formación teórica adaptada dirixida á adquisición do permiso de condución tipo B ou C.

    2º. Gastos de carácter indirecto: terán a dita consideración os que a seguir se relacionan, sempre que non se correspondan en exclusiva coa actuación subvencionada por ter carácter estrutural pero resulten necesarios para a súa realización:

    2º.1. Gastos de persoal.

    2º.2. Gastos en material funxible.

    2º.3. Gastos de aluguer e mantemento das instalacións que comprende os gastos de luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.

    b) Poderá subvencionarse ata o 80 % dos gastos necesarios para a realización do investimento en centros de inclusión e emerxencia social definido no artigo 4.1.c) que se correspondan de maneira indubitada coa operación cofinanciada, e deberán estar debidamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto na presente base reguladora, coas especificidades que se indican nos seguintes puntos.

    Será subvencionable a construción, ampliación, reforma e mellora dos centros, así como a adquisición de edificacións xa existentes para seren rehabilitadas ou postas en uso como centros de inclusión e emerxencia social.

    Unicamente con respecto ás solicitudes para ampliación da superficie destinada á atención das persoas usuarias serán subvencionables as adquisicións de terreos en que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación, ata o límite do 10 % do gasto total subvencionable da operación, de conformidade co artigo 69.3 do Regulamento 1303/2013 e do artigo 7.2 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

    Estes terreos deberán ser limítrofes, agás no caso de unidades funcionalmente vinculadas ao establecemento principal, as cales, non obstante, deberán estar próximas a este, de tal xeito que a súa utilización permita o desprazamento a pé das persoas usuarias.

    En todo caso, o importe subvencionable non poderá superar o valor de mercado dos terreos e dos bens inmobles, aspecto que deberá acreditarse mediante certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.

    Non será subvencionable a adquisición de terreos ou de bens inmobles que pertenzan ou pertencesen durante o período de elixibilidade ao organismo responsable da execución ou a outro organismo ou entidade, directa ou indirectamente, vinculado ou relacionado con el.

    Así mesmo, e unicamente con respecto á adquisición de equipamento necesario de adaptación funcional para prestación dos servizos, estes poderán ser de segunda man, sempre que conste unha declaración de quen o vende sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e que o prezo non sexa superior ao valor de mercado e ao custo dos bens novos similares; estes aspectos do prezo acreditaranse mediante certificación de taxación independente.

    Só se subvencionará a adquisición ou desenvolvemento de aplicacións informáticas cando estean relacionadas coa actividade do centro.

    Para os efectos destas axudas, non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

    De acordo co artigo 65.6 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, a operación para a cal se solicita a axuda, para ser subvencionable, non poderá ter concluído materialmente na súa totalidade antes da presentación da solicitude de axuda.

    2. En todo caso, as actuacións establecidas no artigo 4.1.b).2º e 3º deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, no Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello, e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020. As actuacións sinaladas no artigo 4.1.c) deberán cumprir ademais das normas establecidas no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, citado máis arriba, as normas do Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, segundo corresponda en función do financiamento da axuda.

    3. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos a todas as axudas reguladas na presente orde será do 1 de xullo de 2018 ao 30 de xuño de 2020. Unicamente para as actuacións de construción, ampliación, reforma e mellora de centros poderán adquirirse compromisos de gasto de carácter plurianual alén do 30 de xuño de 2020 e, en ningún caso posterior o 30 de novembro do mesmo ano, consonte ao establecido no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

    4. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Consellería de Política Social por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

    5. Con respecto ás subvencións establecidas no artigo 4.1.a) e 4.1.b) non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de persoal monitor, alugamento de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionados con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

    Non obstante o anterior, cando, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe de cada un destes gastos supere os 15.000 €, para o caso de subministracións e servizos e 40.000 € para contratos de obras, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para prestación do servizo, agás no caso de que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número delas ou que os gastos se realizasen con anterioridade á solicitude da subvención.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social a que se refire o artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.

    Obrigas das entidades subvencionadas.

    1. As entidades que sexan subvencionadas deberán:

    a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. En todo caso, as actuacións prestaranse de acordo co establecido na Carteira de servizos sociais de inclusión definida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, en todos os aspectos que sexan de aplicación.

    b) Manter de forma separada na contabilidade as axudas percibidas. No caso das subvencións financiadas polo FSE Galicia 2014-2020, manter unha pista de auditoría suficiente e manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida.

    c) En todo caso, respecto das axudas cofinanciadas co FSE ou Feder deberán conservar toda a documentación relativa á subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación destas contas nas cales estean incluídos os gastos da operación perante a Comisión Europea. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

    d) Os beneficiarios comprométense a asumir a responsabilidade de adoptar as medidas necesarias para facer chegar ao público información sobre as operacións financiadas polo PO Feder/FSE de acordo co estipulado no artigo 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013. En particular, deberán facer constar, en todo tipo de publicidade e información das actuacións realizadas, a condición de subvencionados pola Consellería de Política Social, se for o caso, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020 ou PO FSE Galicia 2014/2020 segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio recibido polo proxecto e debe figurar o emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea, referencia ao Fondo Feder ou FSE que dea apoio ao proxecto e aos lemas dos fondos. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada. As características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo deberán axustarse ao establecido nos artigos 3, 4 e 5 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014.

    e) Informar, se for o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social) e, se for o caso, cofinanciadas polo Feder e/ou FSE, así como dos obxectivos dos fondos, e os emblemas figurarán como mínimo nos partes de asistencia/participación, enquisas de avaliación ou certificados de asistencia.

    f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recolla e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiadas ás fórmulas que, se for o caso, propoña a Consellería de Política Social e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Así mesmo, deberán realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao FSE. Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seralles facilitados o acceso á aplicación Participa 1420. Polo que respecta aos indicadores relativos ás axudas ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social, realizarase unha contaxe global da capacidade máxima de persoas para as cales está deseñado o centro e, no caso de adquisición de equipamento de uso social, farase unha estimación da poboación beneficiaria durante a súa vida útil.

    g) Axustarse na execución das accións aos obxectivos que, se for o caso, estableza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Inclusión Social. En particular, e coa periodicidade con que sexa requirida, deberá comunicar á Dirección Xeral de Inclusión Social o cumprimento das accións subvencionadas polas persoas participantes, comunicación en que se fará constar toda a información precisa para dar cumprimento aos requirimentos de información asociados aos indicadores de produtividade e de resultado do FSE. En particular, e con respecto ás persoas participantes, recadará información sobre os indicadores de produtividade e resultado para FSE. Para a acreditación deste aspecto, a entidade deberá recadar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para o seguimento da súa intervención social.

    h) As infraestruturas e equipamentos subvencionados deberán permanecer destinados ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período de cinco anos desde o pagamento final o beneficiario, segundo establece o artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 a que se remite o artigo 7 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención, segundo o establecido no artigo 22.3.

    i) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada para a actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

    j) Controlar a asistencia ás accións formativas e expedir o certificado de aproveitamento para os participantes que teñan asistido como mínimo ao 60 % do total das súas horas.

    k) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Inclusión Social a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días respecto á data en que se produzan.

    l) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

    m) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social, e ás verificacións dos organismos implicados na xestión e seguimento do PO FSE Galicia 2014-2020 e Feder, incluídas as visitas sobre o terreo, que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

    n) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades e dos desprazamentos para a asistencia a elas.

    o) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    p) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

    2. Os servizos da Consellería de Política Social poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nesta orde.

    3. No que respecta ás obrigas previstas nas alíneas c) e d) de comunicar e informar os cidadáns de que as actuacións foron subvencionadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020 ou Fondo Social Europeo 2014/2020 e poder xustificar o cumprimento dos indicadores de comunicación previstos nos programas operativos, a Dirección Xeral de Inclusión Social recadará proba documental do cumprimento desta obriga, que deberá ser facilitada no prazo de 10 días. O incumprimento desta obriga o non proporcionar a proba documental nos prazos exixidos poderá supoñer unha minoración da contía total da axuda na forma prevista no artigo 21.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social a que se refire o artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

    b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven a súa misión con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

    c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.

    d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.

    e) Dedicarse, con carácter preferente en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións recollidas no artigo 1.

    Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.

    2. Dentro dos límites da lexislación autonómica, tamén poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica, sempre que poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

    A agrupación deberá facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada uno deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Cada un dos membros da agrupación deberá estar inscritos no Rexistro Único de
    Entidades Prestadoras de Servizos Sociais de Galicia.

    3. No suposto de subvencións para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social, ademais do disposto no punto anterior, a entidade deberá contar coa autorización para o inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro.

    No momento da solicitude será suficiente con presentar unha copia da solicitude do permiso de inicio de actividades en que conste o rexistro de entrada.

    O órgano instrutor verificará que as entidades solicitantes teñen concedido o mencionado permiso con anterioridade á notificación da resolución da subvención que corresponda.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS INMIGRANTES

    Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545615

    Fax: 981545638

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE COORDINACIÓN DE PROGRAMAS DE INCLUSIÓN

    Edificio Administrativo de San Caetano

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545564

    Fax: 981545638

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL

    Edificio Administrativo de San Caetano. Edificio a Pirámide

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981541899

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020) (DOG nº 121 do 26 de xuño de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020) (DOG nº 121 do 26 de xuño de 2018).

    Ligazón á normativa

    Orde do 29 de novembro de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establécen as bases que rexen a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2010 e Feder Galicia 2014-2020) (DOG nº 229 do 30 de novembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 3 de decembro de 2018 do procedemento BS631A de concesión de axudas a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020) (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 22 de outubro de 2018 do procedemento BS631A de concesión de axudas a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020) (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 18 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se procede á publicación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas para o investimento en centros de inclusión en virtude da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020) (DOG nº 49 do 11 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto publicar o modelo actualizado de solicitude de complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva para a súa presentación na Comunidade Autónoma de Galicia.

    A quen vai dirixido?

    Pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817230

    Fax: 986817294

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294437

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE OURENSE

    Saenz Díez, 33 baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386192

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL

    SAN CAETANO S/N

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981541899

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881201

    Fax: 881881202

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 11 de abril de 2017 pola que se publica o modelo actualizado de solicitude de complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva para a súa presentación na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 83 do 2 de maio de 2017).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real decreto 1191/2012, do 3 de agosto, polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento de pensión para o aluguer de vivenda a favor dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva (BOE nº 186 do 4 de agosto de 2012).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Solicitar pensión non contributiva de xubilación

    A quen vai dirixido?

    Cidadáns españois e nacionais doutros países con residencia legal en España que cumpran os requisitos indicados no seguinte apartado e teñan fixada a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Requisitos

    1) As persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores á contía anual establecida para a pensión non contributiva e en caso de convivencia con familiares de ata o segundo grao de consanguinidade non superar o límite de ingresos establecido segundo a súa unidade de convivencia.

    2) Ter 65 anos ou máis.

    3) Residir en territorio español e telo feito durante un periodo de 10 anos no periodo que media entre a data de cumprimento dos 16 anos e a de devengo da pensión, dos cales 2 teñen que ser consecutivos e inmediatemente anteriores á data de solicitude.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881201

    Fax: 881881202

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294202 / 982294203

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE OURENSE

    Saenz Díez, 33 baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386192

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817230

    Fax: 986817294

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SAN CAETANO S/N

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544895

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas (BOE nº 69 do 21 de marzo de 1991).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (BOE nº 154 do 29 de xuño de 1994).

    Ligazón á normativa

    Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación (BOE nº 280 do 20 de novembro de 2009).

    Ligazón á normativa

    Ler máis Ler menos

  • Obxecto

    A presente orde ten por obxecto regular o procedemento para a emisión dos informes de esforzo de integración da persoa estranxeira en Galicia, así como determinar, para os efectos da dita emisión, o contido mínimo das accións formativas e as entidades que poden impartir esta formación, de acordo co establecido no artigo 31.7 da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.

    Para os efectos da presente orde, terán a consideración de accións formativas as seguintes:
    a) Coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España.
    b) Coñecemento e respecto dos valores estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
    c) Coñecemento e respecto dos valores da Unión Europea.
    d) Coñecemento e respecto dos dereitos humanos, liberdades públicas, democracia e tolerancia.

    e) Coñecemento e respecto da igualdade entre mulleres e homes.
    f) Aprendizaxe das linguas oficiais, galego e castelán.

    Tamén poderán terse en conta outras accións de formación para o emprego impartidas polos servizos públicos de emprego e formación ou por entidades inscritas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego do órgano competente en materia de Emprego, así como a participación en programas de inclusión socio-laboral que recibiran financiamento da comunidade autónoma ou a participación en actividades de carácter social debidamente acreditadas.

    Emisión do informe.
    1. Será competente para a emisión do informe favorable de esforzo de integración a persoa titular da dirección xeral competente en materia de inclusión social. Só se emitirán informes favorables. Se da documentación achegada non se acreditara o esforzo de integración, comunicarase tal circunstancia de forma motivada á persoa solicitante.
    2. O informe deberá emitirse no prazo máximo de tres meses contados desde a entrada da solicitude. Se vencer o prazo máximo sen ter emitido informe, os/as interesados/as entenderán que non se ten por acreditado o esforzo de integración.

    O informe conterá os seguintes datos:
    a) Nome e NIE da persoa estranxeira sobre quen se emite informe.
    b) Data de emisión do informe.
    c) Órgano que emite o informe.
    d) Entidade que impartiu a acción formativa. Se son varias terá que indicarse que accións formativas desenvolveu cada unha. No caso de entidades privadas, indicarase que se trata dunha entidade acreditada de conformidade coa súa norma de aplicación.
    e) Información sobre cada acción formativa con expresión do número de horas totais da acción formativa, e horas de aproveitamento.
    f) Valoración positiva.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Persoas estranxeiras.

    Requisitos

    a) Estar empadroadas nalgún concello de Galicia no momento da solicitude.
    b) Ter autorización de residencia temporal no momento da solicitude e atoparse dentro do prazo previsto para a súa renovación.
    c) Ter participado en accións formativas destinadas ao coñecemento e respecto dos valores constitucionais de España, dos valores estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia, dos valores da Unión Europea, dos dereitos humanos, as liberdades públicas, a democracia, a tolerancia e da igualdade entre mulleres e homes, así como á aprendizaxe das linguas oficiais do lugar de residencia impartidas por entidades públicas ou por entidades privadas.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS INMIGRANTES

    Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981545615

    Fax: 981545638

    Órgano responsable

    SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS INMIGRANTES

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 10 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para a emisión do informe sobre o esforzo de integración da persoa estranxeira no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 225 do 25 de novembro de 2015).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 10 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para a emisión do informe sobre o esforzo de integración da persoa estranxeira no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 227 do 27 de novembro de 2015).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2019, de subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a prestación de servizos ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.

    2. Serán subvencionables os servizos desta natureza constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 8, que se desenvolvan no período que abrangue desde o 1 de novembro de 2018 e ata o 31 e outubro de 2019, segundo o que nel se indica.

    3. A prestación poderá realizarse mediante xestión individual ou compartida segundo o previsto no artigo 6 e ser directa ou indirecta mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial da actividade subvencionada, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa de aplicación.

    4. As subvencións destinaranse á consecución das seguintes finalidades:

    a) Programa I, á consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

    Serán obxecto deste programa os proxectos destinados ao financiamento de unidades de atención temperá promovidos por concellos, entidades ou agrupacións, que sexan continuidade daqueles que foron subvencionados ao abeiro das convocatorias precedentes desta consellería e que garantan a continuidade na atención ás persoas destinatarias no seu respectivo ámbito territorial.

    b) Programa II, destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.

    Serán obxecto deste programa os novos proxectos destinados ao financiamento de unidades de atención temperá promovidos por concellos, entidades ou agrupacións, que non foron subvencionados ao abeiro das convocatorias precedentes desta consellería.

    5. O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

    6. Dado que a presente convocatoria conta con financiamento comunitario procedente do Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, respectarase o previsto no Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello. Así mesmo, o Regulamento (UE) nº 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1801/2006, do Consello, ambos regulamentos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

    7. O procedemento de concesión de subvencións regulado na presente orde ten o código BS700A para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios de inicio específicos, de uso obrigatorio para os interesados.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia ou agrupacións delas que se relacionan a seguir:

    a) Para a xestión individual: concellos, incluídos os que resulten dunha fusión municipal, que conten cun censo mínimo de 10.000 habitantes, segundo a cifra de poboación na data 1 de xaneiro de 2018, fonte: o Instituto Galego de Estatística.

    b) Para a xestión compartida:

    1º. Agrupacións de concellos e/ou de mancomunidades de concellos.

    2º. Mancomunidades de concellos.

    3º. Consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos.

    Quedan excluídas as deputacións provinciais.

    2. Ningún concello poderá figurar simultaneamente en solicitude de xestión individual e compartida. O incumprimento disto dará lugar á inadmisión da solicitude individual; considerarase como efectiva a de xestión compartida.

    3. Non poderá obterse a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    1. Para ser admitida a solicitude ao abeiro desta orde, sen prexuízo da totalidade da normativa aplicable, deberán cumprirse os seguintes requisitos específicos, que se acreditarán na forma establecida nos artigos 12 e 13 desta orde:

    a) Requisitos aplicables a todos os solicitantes:

    1º. Estar a/as entidade/s ou a totalidade dos concellos integrantes inscritos no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración.

    2º. Ter adoptado polo órgano competente acordo de solicitude de subvención respecto do servizo de atención temperá de que se trate e nas condicións en que este se preste, aceptación das condicións e demais requisitos establecidos nesta orde e demais normativa aplicable, así como o compromiso de cofinanciamento para a execución no período que se sinale, que deberá estar incluído no intervalo sinalado no artigo 8.1.b).

    No caso de agrupacións, o acordo pode figurar no texto do convenio sinalado no punto c).2º ou de xeito independente, sempre que sexa subscrito por todos os asinantes daquel.

    3º. Ter cumprida a entidade ou a totalidade de concellos integrantes, no caso de xestión compartida, a obriga establecida nos artigos 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, referida á remisión da conta xeral do exercicio orzamentario que corresponda ao Consello de Contas.

    4º. Cumprir as condicións establecidas no artigo 8 respecto da prestación do servizo para que a actuación sexa susceptible de subvención.

    b) No caso de solicitude para xestión individual: contar co censo mínimo sinalado no artigo 6.1.a).

    c) No suposto de solicitude para xestión compartida:

    1º. Deberá xestionar o servizo de forma conxunta a agrupación ou, se é o caso, de forma mancomunada ou consorciada, e implicar aforro de custos respecto dos que suporía a prestación individual polos/as concellos e/ou mancomunidades integrantes. En ningún caso poderá consistir en actuacións independentes daqueles.

    2º. No caso de agrupacións de concellos e/ou mancomunidades, ter subscrito un convenio de colaboración entre todos os integrantes cuxo obxecto sexa a prestación do servizo nos termos especificados nos artigos 1 e 8, e con vixencia durante todo o período respecto do que se solicita subvención e ata que transcorra o prazo establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Ademais, deberá reflectir os seguintes datos:

    2º.1. Determinación do concello ou mancomunidade encargado de xustificar a subvención, que será a nome do que, se é o caso, se ingresen os fondos.

    2º.2. Nomeamento de representante.

    2º.3. Determinación dos compromisos de execución asumidos por cada un dos concellos ou mancomunidades, así como a porcentaxe de subvención que lles corresponderá a cada un deles.

    De ter subscrito un convenio anterior á publicación desta orde con tal obxecto e vixencia, admitirase documento anexo a el no que se reflictan os datos sinalados nos puntos 2º.1, 2 e 3, debidamente asinado polos correspondentes representantes.

    Figurará na páxina web da consellería (http://politicasocial.xunta.gal), na epígrafe relativa á información da presente orde, un modelo de convenio.

    3º. E no suposto de mancomunidades de concellos ou agrupación delas e consorcios locais constituídos exclusivamente por concellos: deberán determinar os concellos membros daqueles que participan na prestación do servizo.

    2. Os citados requisitos deberán terse cumprido en función das seguintes datas de referencia:

    a) A data 1 de xaneiro de 2018, o recollido no punto 1.b) para o caso de xestión individual.

    b) Con carácter previo ao inicio do prazo de execución respecto do que se solicita a subvención:

    1º. Os establecidos no punto 1.a), ordinais 1º e 4º, sen prexuízo do reflectido no artigo 8.2.

    2º. Os sinalados no punto 1.c), ordinais 1º, 2º e 3º. Sen prexuízo da necesidade de existencia de convenio na dita data nas condicións especificadas, os datos do punto 1.c), números 2º.1, 2 e 3 poderán ser determinados con data límite a de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    c) Na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os especificados no punto 1.a), ordinais 2º e 3º.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981540142 / 981546736 / 981547398

    Fax: 981545691

    Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 70 do 10 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 70 do 10 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2017 e 2018, de subvencións destinadas aos concellos galegos para a mellora ou adaptación de infraestruturas e/ou dotación de equipamento en espazos públicos e edificios destinados á prestación de servizos públicos co fin de garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os requisitos previos establecidos na presente orde e demais normativa aplicable.

    Requisitos

    Non poderá obterse a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Requisitos e obrigas específicos os establecidos no artigo 6.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546736 / 981547398 / 981540142

    Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es

    Órgano responsable

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2017).

    Ligazón á normativa

    Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017).

    Ligazón á normativa

    Orde do 8 de maio de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (DOG nº 94 do 18 de maio de 2018).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.