Xunta de Galicia

  • Obxecto

    A regulación das condicións aplicables para o ingreso e traslado nos servizos destinados a persoas maiores, a persoas con discapacidade e a persoas en situación de dependencia, dentro da rede pública de servizos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto no caso de que se xestionen de forma directa, como indirectamente a través das diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos establecidas na normativa reguladora dos contratos do sector público.

    O ámbito de aplicación desta orde esténdese a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Para os efectos da regulación contida nesta orde, a rede pública de servizos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia comprende os seguintes servizos:

    a) Atención residencial.
    b) Atención diúrna.
    c) Atención nocturna.
    d) Servizos de supervisión e apoios puntuais prestados desde os equipamentos especiais regulados polo Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.

    Poderán autorizarse traslados a centros en que se presten servizos da mesma natureza aos que desfruta a persoa solicitante, nos seguintes casos:
    a) Traslado voluntario.
    b) Traslado derivado dunha permuta.
    c) Traslado por cambio de tipoloxía.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Persoas maiores, persoas con discapacidade e a persoas en situación de dependencia.

    Requisitos

    Non se autorizará a solicitude de traslado no caso de que a persoa solicitante teña pendente facer efectiva a cantidade establecida en concepto de participación económica no custo do servizo.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DA CORUÑA

    R/Concepción Arenal, 7-9

    15006 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881504

    Fax: 981881506

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo

    R/ Serra de Ancares, 68 baixo

    27003 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294427

    Fax: 982889162

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE OURENSE

    R/ Sáenz Díez, nº 33

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386199

    Fax: 988386159

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE VIGO

    Praza da Estrela, s/n - 3º Andar

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817217

    Fax: 986817637

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG nº 91 do 14 de maio de 2014).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG nº 103 do 2 de xuño de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    A regulación das condicións aplicables para o ingreso e traslado nos servizos destinados a persoas maiores, a persoas con discapacidade e a persoas en situación de dependencia, aos que se refire o artigo seguinte, dentro da rede pública de servizos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto no caso de que se xestionen de forma directa, como indirectamente a través das diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos establecidas na normativa reguladora dos contratos do sector público.

    O ámbito de aplicación desta orde esténdese a todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Para os efectos da regulación contida nesta orde, a rede pública de servizos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia comprende os seguintes servizos:

    a) Atención residencial.
    b) Atención diúrna.
    c) Atención nocturna.
    d) Servizos de supervisión e apoios puntuais prestados desde os equipamentos especiais regulados polo Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.

    Enténdese por estancia temporal o desfrute por tempo limitado dun servizo residencial ou dun servizo de supervisión e apoio puntual prestado desde os equipamentos especiais. Durante este desfrute, as persoas beneficiarias terán os mesmos dereitos e obrigas que as persoas usuarias que ocupan praza de forma permanente.

    Poderán acceder a este servizo as persoas maiores e/ou con discapacidade que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
    a) Que a persoa coidadora non lle poida prestar á persoa dependente a atención axeitada por causa dunha enfermidade, un accidente ou unha intervención cirúrxica.
    b) Que a persoa beneficiaria viva soa e precise dun período de convalecencia logo dunha enfermidade, un accidente ou unha intervención cirúrxica.
    c) Necesidade dun período de descanso da persoa coidadora para evitar unha situación de esgotamento físico ou psíquico.

    As estancias temporais terán unha duración máxima de dous meses ao ano, podéndose fraccionar en períodos semanais ou quincenais.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Personas mayores, a personas con discapacidad y a personas en situación de dependencia.

    Requisitos

    a) Ser persoa maior e/ou con discapacidade, e estar nunha situación de dependencia, estea ou non recoñecida formalmente.
    b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
    c) Non requirir tratamento hospitalario.
    d) Non padecer trastornos mentais ou condutuais graves, e non compensados, que poidan alterar a normal convivencia.
    e) Non estar sancionado coa revogación da adxudicación da praza pública de xeito definitivo, conforme a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DA CORUÑA

    R/Concepción Arenal, 7-9

    15006 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881504

    Fax: 981881506

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo

    R/ Serra de Ancares, 68 baixo

    27003 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294427

    Fax: 982889162

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE OURENSE

    R/ Sáenz Díez, nº 33

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386199

    Fax: 988386159

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE VIGO

    Praza da Estrela, s/n - 3º Andar

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817217

    Fax: 986817637

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG nº 91 do 14 de maio de 2014).

    Ligazón á normativa

    Corrección de erros. Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal (DOG nº 103 do 2 de xuño de 2014).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. O obxecto é a oferta de prazas para as estadías e os tratamentos termais dentro do programa de Benestar en balnearios 2019 e realizar á súa convocatoria.

    2. Para tal efecto, enténdese por establecementos balnearios aqueles que dispoñen de augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública segundo o artigo 2 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Prazas e quendas convocadas .

    1. Convócanse 700 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios da Xunta de Galicia 2019, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos termais que se relacionan no anexo IV.

    2. As quendas teñen una duración de 10 días, con nove noites cada unha, e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.

    3. O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o mes de maio e o de outubro de 2019.

    Servizos e prestacións ofertados .

    1. A estadía inclúe os seguintes servizos e prestacións:

    a) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.

    b) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:

    1º. O recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.

    2º. O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.

    3º. O seguimento médico do tratamento.

    c) Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro, termal ou residencial.

    d) Póliza colectiva de seguro turístico.

    2. As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en habitación individual, no caso de que houbese dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude, nos termos do anexo I, e acreditalo ao incorporarse á quenda.

    3. As persoas beneficiarias que estean interesadas en participar nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento termal, hoteleiro ou residencial terano que facer polos seus propios medios e ao seu cargo.

    4. O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal, así como o de regreso, serán por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o balneario, se for o caso.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

    b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.

    d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

    e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

    f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

    2. A persoa solicitante poderá ir acompañada:

    a) Do seu ou da súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa con quen teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do número primeiro.

    b) Dun fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos citados no número 1, agás o da letra a).

    c) Dunha persoa coa que desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no número 1.

    3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

    SERVIZO DE PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

    San Caetano

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981547391 / 981544640 / 981546737

    Fax: 981545691

    Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es

    http://www.xunta.es/politica-social

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DA CORUÑA

    R/ Concepción Arenal, 7-9

    15006 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881537

    Fax: 981881506

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal de Lugo

    R/ Serra de Ancares, 68 baixo

    27003 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294896

    Fax: 982889162

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE OURENSE

    R/ Concello, 14

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988372430

    Fax: 988370884

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE VIGO

    Praza da Estrela, s/n - 3º Andar

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817214

    Fax: 986817637

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019 e se realiza a súa convocatoria (DOG nº 64 do 2 de abril de 2019).

    Ligazón á normativa

    Resolución do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 14 de maio de 2019 pola que se aproba a relación de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir prazas para a estadía e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019 (DOG nº 97 do 23 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 17/03/2017 - 17/04/2017.

    Vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Tres meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • As persoas solicitantes deberán achegar xunto co anexo I os anexos II e III e a seguinte documentación:
      • a) Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
      • b) Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
      • c) Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non fose expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.
      • d) Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
      Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
      Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
    • En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de tres destinos por orde de prioridade.
      Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
      Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
      A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos rexistros e lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

    SERVIZO DE PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA
    San Caetano
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981547391 / 981544640Fax: 981545691
    Email: autonomiapersoal.sxps@xunta.es
    Información web: http://www.xunta.es/politica-social

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE VIGO

    Praza da Estrela, s/n - 3º Andar
    36201Vigo
    Teléfono: 986817214Fax: 986817637

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE LUGO

    R/ Serra de Ancares, 68 baixo
    27003Lugo
    Teléfono: 982294896Fax: 982889162

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DA CORUÑA

    R/ Concepción Arenal, 7-9
    15006Coruña, A
    Teléfono: 881881537Fax: 981881506

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE DEPENDENCIA E AUTONOMÍA PERSOAL DE OURENSE

    R/ Concello, 14
    32003Ourense
    Teléfono: 988372430Fax: 988370884

    Versión en formato PDF

    1. O obxecto desta orde é a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017 e proceder á súa convocatoria.

    2. Para tal efecto enténdense por establecementos balnearios aqueles que dispoñen de augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública segundo o artigo 2 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Beneficiarios:

    1. Serán persoas beneficiarias do programa de Benestar en balnearios aquelas que reúnan os seguintes requisitos:
    a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
    b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
    c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas que acudan en calidade de acompañantes.
    d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
    e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
    f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

    2. A persoa solicitante poderá ir acompañada de:
    1º. O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a) do punto primeiro.
    2º. Un fillo ou filla que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos citados no número 1 deste artigo, agás o da letra a).
    3º. Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos citados no número 1 deste artigo.

    3. As persoas solicitantes terán que cumprir os requisitos establecidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 53 do 16 de marzo de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Creación da tarxeta acreditativa de grao de discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a regulación do procedemento para a súa obtención.

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser titulares da tarxeta acreditativa de grao de discapacidade as persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, cuxo expediente conste en poder da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o procedemento establecido no Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, desenvolvido pola Orde do 25 de novembro de 2015 da Consellería de Política Social, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

    Requisitos

    1. A tarxeta acreditativa da discapacidade expedirase de oficio para aquelas persoas cuxa resolución de recoñecemento ou de revisión do grao de discapacidade teña lugar posteriormente á entrada en vigor da presente orde e se lles recoñeza nos termos indicados no artigo 3.

    2. A tarxeta acreditativa da discapacidade expedirase por petición expresa das persoas interesadas ou por quen teña a súa representación, nos seguintes supostos:

    a) As que teñan recoñecido un grao de discapacidade, xa sexa de carácter definitivo ou provisional, igual ou superior ao trinta e tres por cento á data de entrada en vigor desta orde. Con todo, en relación coas persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento e en curso unha solicitude de revisión do grao de discapacidade, a tarxeta acreditativa expedirase segundo o disposto na alínea anterior.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 20 de xullo de 2016 pola que se crea a tarxeta acreditativa do grao de discapacidade e se regula o procedemento para a súa obtención. (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Trátase dun conxunto de prestacións destinadas á protección de persoas discapacitadas que por non desenvolver actividad laboral non están comprendidas no campo de aplicación da Seguridade Social.

    Axudas que establecen:
    . Subsidio de mobilidade e Compensación por Gastos de Transporte
    . Asistencia Sanitaria e Prestación Farmaceútica (ASPF)

    A quen vai dirixido?

    Cidadáns españois e nacionais doutros paises, con residencia legal en España que cumpran os requisitos que para cada prestación se citan a continuación, advirtindo que estos Subsidios son compatibles entre sí e incompatibles con outras prestacións públicas, sempre que sexan de igual natureza e finalidade, e superior contía, cando esta sexa inferior aboarase a diferencia.

    Requisitos


    Asistencia Sanitaria e Prestación Farmaceútica (ASPF)

    . Non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social por non desenvolver actividade laboral
    . Non ter dereito como titular ou beneficiario a estas prestacións do sistema de Seguridade Social.
    . Minusvalía/Discapacidade: grado igual ou superior ó 33 %.

    Subsidio de Mobilidade e Compensación por Gastos de Transporte (SMGT)

    . Non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social por non desenvolver actividade laboral.
    . Non ser beneficiario ou non ter dereito, por idade ou por calquera outra circunstacia a prestación ou axuda de análoga natureza e finalidade e, no seu caso, de igual ou superior contía otorgada por outro organismo público.

    . Non superar o nivel de recursos económicos persoais e/ou familiares do 70%, en cómputo anual do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento. No suposto de que o beneficiario teña persoas ó seu cargo ou dependa dunha unidade familiar, dito importe incrementarase nun 10%, por cada membro distinto do beneficiario ata o tope do 100% do citado salario.
    . Idade: ter tres ou mais anos
    . Minusvalía/Discapacidade: grao igual ou superior ó 33%
    . Grave dificultade para utilizar transportes colectivos
    . Non encontrarse imposibilitado para desplazarse fóra da casa.
    . Si está internado nun centro, sair ó menos dez fins de semana ó ano.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL

    Edificio Administrativo San Caetano

    15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981541899

    Fax: 981545638

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881201

    Fax: 881881202

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294437

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE OURENSE

    Saenz Díez, 33 baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386192

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817230

    Fax: 986817294

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Ámbito Estatal

    Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos (BOE nº 103 do 30 de abril de 1982).

    Ligazón á normativa

    Real Decreto 383/1984, do 1 de febreiro, polo que se establece e regula o sistema especial de prestacións sociais e económicas previsto na Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos (BOE nº 49 do 27 de febreiro de 1984).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Prazo de resolución: Seis meses

    Sentido do silencio administrativo: Positivo

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I.
    • 1. Para todas as solicitudes:
      • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
      • Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.
      • Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de denegar a consulta.
      • Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a consulta
      • Certificación de convivencia.
      • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de denegar a consulta.
      • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a consulta.
      • Copia da sentenza xudicial que declare a incapacidade legal e/ou copia do documento que acredite a representación legal cando a solicitude se suscriba por persoa distinta á posible persoa beneficiaria.
      • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
      • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
    • 2. Só si se solicita o subsidio de mobilidade e compensación por gastos de transporte:
      • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
      • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
    15008Coruña, A
    Teléfono: 881881201Fax: 881881202

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201Vigo
    Teléfono: 986817230Fax: 986817294

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294437Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE OURENSE

    Saenz Díez, 33 baixo
    32003Ourense
    Teléfono: 988386192

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL
    Edificio Administrativo San Caetano
    15703Santiago de Compostela
    Teléfono: 981541899Fax: 981545638

    Versión en formato PDF

    Trátase dun conxunto de prestacións destinadas á protección de persoas discapacitadas que por non desenvolver actividad laboral non están comprendidas no campo de aplicación da Seguridade Social.
    Axudas que establecen:
    . Subsidio de mobilidade e Compensación por Gastos de Transporte
    . Asistencia Sanitaria e Prestación Farmaceútica (ASPF)

    Beneficiarios:

    Cidadáns españois e nacionais doutros paises, con residencia legal en España que cumpran os requisitos que para cada prestación se citan a continuación, advirtindo que estos Subsidios son compatibles entre sí e incompatibles con outras prestacións públicas, sempre que sexan de igual natureza e finalidade, e superior contía, cando esta sexa inferior aboarase a diferencia.

    Requisitos:


    Asistencia Sanitaria e Prestación Farmaceútica (ASPF)
    . Non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social por non desenvolver actividade laboral
    . Non ter dereito como titular ou beneficiario a estas prestacións do sistema de Seguridade Social.
    . Minusvalía/Discapacidade: grado igual ou superior ó 33 %.
    Subsidio de Mobilidade e Compensación por Gastos de Transporte (SMGT)
    . Non estar comprendido no campo de aplicación do sistema da Seguridade Social por non desenvolver actividade laboral.
    . Non ser beneficiario ou non ter dereito, por idade ou por calquera outra circunstacia a prestación ou axuda de análoga natureza e finalidade e, no seu caso, de igual ou superior contía otorgada por outro organismo público.
    . Non superar o nivel de recursos económicos persoais e/ou familiares do 70%, en cómputo anual do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento. No suposto de que o beneficiario teña persoas ó seu cargo ou dependa dunha unidade familiar, dito importe incrementarase nun 10%, por cada membro distinto do beneficiario ata o tope do 100% do citado salario.
    . Idade: ter tres ou mais anos
    . Minusvalía/Discapacidade: grao igual ou superior ó 33%
    . Grave dificultade para utilizar transportes colectivos
    . Non encontrarse imposibilitado para desplazarse fóra da casa.
    . Si está internado nun centro, sair ó menos dez fins de semana ó ano.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    ORDE do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG Núm. 146 do 4 de agosto de 2015)

    Ligazón á normativa

    ESTATAL

    Real Decreto 383/1984, do 1 de febreiro, polo que se establece e regula o sistema especial de prestacións sociais e económicas previsto na Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos (BOE nº 49 do 27 de febreiro de 1984).

    Ligazón á normativa

    ESTATAL

    Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos (BOE nº 103 do 30 de abril de 1982).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o período 2019-2020 dunha liña de subvencións dirixidas ás confederacións, federacións, consideradas ambas as entidades de segundo nivel asociativo, e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, no ámbito das persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, para realizar por estas un ou varios proxectos formativos para a promoción da igualdade de oportunidades proporcionando apoio a necesidades educativas especiais derivadas da discapacidade, que faciliten a plena integración nos sistemas de educación ou formación así como á adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades na vida cotiá que permitan unha preparación para unha futura inserción sociolaboral.

    2. A finalidade destas axudas é a de contribuír á mellora da empregabilidade mediante a adquisición de habilidades e capacidades prelaborais das persoas cun nivel de discapacidade igual ou superior ao 33 %, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o desenvolvemento de proxectos que incidan nos seguintes eidos:

    a) Promoverase o desenvolvemento da área persoal e social e/ou a área de formación básica e prelaboral.

    b) Promoverase o desenvolvemento de accións previas que melloren as súas posibilidades de inserción laboral, como formación básica instrumental, formación para mellorar a autoestima e formación para mellorar as súas habilidades sociais en xeral.

    Actuacións subvencionables .

    1. Será subvencionable o desenvolvemento de proxectos formativos para adquirir formación prelaboral básica, para o desenvolvemento de hábitos prelaborais e de formación en habilidades sociais, para o desenvolvemento de actividades na vida cotiá, e para a implementación de apoios a necesidades educativas especiais derivadas da discapacidade, que cumpran os requisitos establecidos no conxunto desta orde.

    2. Cada proxecto formativo disporá dos mecanismos precisos para individualizar as medidas para cada unha das persoas participantes, con avaliación das necesidades e asesoramento, e asignarase aquela formación que máis cumpra coas características do participante, así como os recursos de apoio necesarios. Os proxectos procurarán incrementar a participación das mulleres con discapacidade, co motivo de achegarse ao obxectivo da consecución da igualdade entre homes e mulleres.

    A execución dos proxectos formativos efectuarase a través de itinerarios de formación que incorporarán as intervencións seguintes:

    a) Valoración individual.

    b) Deseño do itinerario.

    c) Asignación das accións formativas e/ou dos recursos de apoio necesarios.

    d) Medidas de acompañamento.

    e) Seguimento e revisión dos obxectivos perseguidos.

    En todo momento, este itinerario personalizado deberá cumprir cos obxectivos de aprendizaxe funcional, construtiva e cooperativa así como a flexibilidade, a motivación, a participación activa e a interdisciplinariedade; aplicaráselles ás tarefas de carácter individualizado do proxecto formativo correspondentes ás intervencións dos tipos a), b), d) e e), unha ratio mínima dun profesional por cada 4 persoas participantes, e ás correspondentes a accións formativas de carácter grupal, correspondentes ás intervencións do tipo c), unha ratio mínima dun profesional por cada 6 persoas participantes.

    A valoración da ratio aplicada obtense polo cociente do número de horas totais recibidas polas persoas participantes entre o número de horas totais prestadas por cada persoa profesional, multiplicado pola ratio mínima establecida para cada unha das intervencións, computando o total de participantes nas accións desenvoltas en cada tipoloxía de intervención do proxecto, sen perxuízo do establecido no artigo 23.6 para o caso da inserción laboral do participante durante a execución dos proxectos da presente convocatoria.

    Agás o deseño do itinerario, o resto de intervencións terán o carácter de presencial. Para os efectos do establecido no presente punto, as horas non presenciais non poderán exceder o 5 % do total das horas do proxecto.

    Dentro do itinerario proposto para cada participante no proxecto formativo incluirase o desenvolvemento dunha ou varias das seguintes accións formativas:

    a) Habilidades sociolaborais.

    b) Habilidades da vida diaria en tarefas orientadas á autoxestión.

    c) Comunicación verbal, lecto-escritura, competencias sociais.

    d) Formación básica en novas tecnoloxías e informática.

    e) Clases de apoio (acceso exames autoescola, competencias clave, para a integración social no eido da educación obrigatoria, software necesario para o seguimento das clases de apoio, etc.).

    f) Actividades relacionadas co desenvolvemento de habilidades persoais e laborais vinculadas co contorno en que se desenvolven, prestándolle especial atención ao medio rural.

    g) Accións formativas que posibiliten a integración nun proxecto de desenvolvemento empresarial que permita crear ou consolidar unha actividade económica e a inserción laboral dos propios alumnos nela.

    Gastos subvencionables e modalidades de xustificación .

    1. Serán subvencionables os gastos derivados do desenvolvemento de todo o proxecto formativo personalizado. Entre estes inclúense os derivados da intervención correspondente á valoración individual, o deseño do itinerario, a asignación das accións formativas e dos recursos de apoio necesarios, as medidas de acompañamento e o seguimento e revisión dos obxectivos previstos.

    Os gastos clasifícanse, dunha banda, en gastos directos de persoal e outros gastos directos e, doutra banda, en gastos indirectos.

    a) Serán gastos directos:

    1º. Gastos directos de persoal, de acordo coa certificación de asignación de tarefas referida no artigo 9.1.g).

    2º. Outros gastos directos: materiais específicos, seguros destinados a cubrir continxencias de risco, axudas de custo e gastos de locomoción, servizos de apoio específicos, gastos de publicidade e campañas publicitarias e outros servizos necesarios, conforme o indicado no número 2.

    Estes gastos poderán efectualos directamente as persoas beneficiarias ou a través de subcontratacións.

    b) Serán gastos indirectos:

    1º. Gastos indirectos de persoal, segundo se especifica no punto 2 deste artigo.

    2º. Gastos en bens consumibles e en material funxible.

    3º. Gastos en subministracións de luz, auga, calefacción, teléfono, combustibles, limpeza e seguridade.

    4º. Gastos de alugamento e de mantemento de instalacións.

    2. A subvención poderá xustificarse de acordo cun baremo estándar de custo unitario por hora, nos termos que se detallan na epígrafe a). Excepcionalmente, para o caso dos gastos referidos na epígrafe b) poderá xustificarse de acordo cos custos reais con documentación soporte de gasto e pagamento.

    Así, a xustificación realizarase do seguinte xeito:

    a) Gastos subvencionados baixo a modalidade de módulo de custos simplificados, consonte o disposto nos artigos 67.1.b), 67.5.a), 68.bis.2 e 68.ter do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 de decembro, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018.

    Establécese un baremo por hora de 21,61 euros para persoas con titulación superior, de 18,05 euros para persoas con titulación media, de 14,64 euros para titulación en formación profesional de 2º grao e de 12,48 euros para titulación en formación profesional de 1º grao, de acordo coas retribucións salariais básicas relativas ao persoal laboral das citadas titulacións establecidas na Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, e de acordo coa Orde do 14 de xaneiro de 2019 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2019.

    Os catro módulos indicados obtivéronse a partir dun custo unitario por hora de traballo efectivo realizado polos profesionais das categorías descritas no parágrafo anterior consonte as retribucións salariais indicadas, cun máximo de 1.720 horas para 12 meses.

    Sobre os anteriores custos engadiuse un 40 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados da acción formativa, resultando un módulo por hora de 30,25 euros para persoas con titulación superior, de 25,27 euros para persoas con titulación media, de 20,50 euros para titulación en formación profesional de 2º grao e de 17,47 euros para titulación en formación profesional de 1º grao.

    Nesta modalidade inclúense os seguintes gastos:

    1º. Gastos directos de persoal: terán esta consideración os gastos do persoal que estean directamente relacionados coas accións formativas subvencionadas e que se refiran de forma inequívoca e constatable a elas, en particular, os seguintes:

    1º.1. As retribucións totais correspondentes ao persoal propio da entidade beneficiaria que participe no desenvolvemento do proxecto obxecto desta subvención, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social e a parte proporcional da paga extraordinaria que lle corresponda. A identificación da acción que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha previa asignación de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita acción coma no caso de dedicación parcial; garantirá sempre a súa xustificación documental.

    Só serán imputables as horas efectivamente realizadas polas persoas con titulación superior, con titulación media e con titulación en formación profesional de 2º grao ou de 1º grao (ou equivalentes), logo de que se lles asignen as funcións no desenvolvemento do proxecto formativo.

    1º.2. Así mesmo, terán a consideración de gastos directos de persoal as retribucións correspondentes ás persoas traballadoras por conta propia contratadas polo beneficiario para realizaren as accións formativas incluídas no proxecto formativo, logo de lles asignar as funcións.

    En ambos os dous casos, deberá quedar suficiente xustificación documental da acción que se subvenciona e do tempo de dedicación a ela.

    2º. Outros gastos directos. Serán subvencionables os gastos en materiais específicos necesarios para a execución do programa; seguros destinados a cubrir continxencias de risco derivadas da acción subvencionada, segundo calquera das previstas no artigo 4.2; axudas de custo e gastos de locomoción do persoal dedicado á execución do programa necesarios para a atención ás persoas participantes vinculados ao seu desenvolvemento.

    Así mesmo, os servizos de apoio específicos, como fisioterapia, actividades fisicodeportivas, intérprete de linguaxe de signos, etc., necesarios para o desenvolvemento eficaz das devanditas actividades de formación, co fin de acadar unha atención o máis integral posible, e outros servizos necesarios para o desenvolvemento dos proxectos formativos, como servizos de seguridade, servizos informáticos externos, etc.

    Finalmente, serán subvencionables os gastos de publicidade e campañas de sensibilización destinadas a resaltar a importancia da obtención da cualificación, así como para a difusión das accións obxecto da subvención.

    3º. Gastos indirectos: terán a dita consideración os gastos correntes que non se correspondan en exclusiva ás accións subvencionadas por ter carácter estrutural, pero que resulten necesarios para o seu desenvolvemento os gastos indirectos de persoal, como xestión administrativa e tarefas auxiliares; gastos en bens consumibles e en material funxible; gastos en subministracións, luz, auga, calefacción, teléfono, combustibles, limpeza e seguridade e gastos de alugamento e mantemento de instalacións.

    b) Gastos subvencionados mediante documentación soporte de gasto.

    Subcontratacións: considéranse subcontratacións as accións contratadas a terceiros polo beneficiario, que supoñan a execución parcial ou total dunha ou varias accións formativas das incluídas no artigo 4.2, integradas en cada proxecto formativo obxecto da subvención.

    3. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos ás axudas reguladas nesta orde será do 1 de xullo de 2019 ao 30 de xuño de 2020.

    Serán imputables ao exercicio 2019 os gastos comprendidos entre o 1 de xullo e o 30 de novembro de 2019 e ao 2020 os comprendidos entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de xuño de 2020.

    4. En todo caso, as accións que se desenvolvan ao abeiro desta convocatoria deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do 17 de decembro, no Regulamento (UE) núm. 1304/2013, do 17 de decembro, ambos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020 e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

    5. Para os efectos destas axudas, non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.

    6. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionalidade dos gastos serán resoltas pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social, por propia iniciativa ou por petición de calquera das persoas beneficiarias.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser destinatarias das subvencións para o desenvolvemento dos proxectos regulados nesta convocatoria as confederacións e as federacións cuxo obxecto social inclúa a promoción ou realización de accións no ámbito das persoas con discapacidade e as entidades de iniciativa social como entidades de primeiro nivel asociativo que, contando con análogo obxecto social, non se atopen asociadas nin federadas ás anteriores entidades de segundo nivel asociativo.

    2. Poderán, así mesmo, ser destinatarias as confederacións e federacións referidas no número anterior, que concorran conxuntamente con entidades de iniciativa social do seu ámbito federativo como agrupación de entidades ?en diante agrupación?, nos termos previstos polo artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Neste suposto, a federación ou confederación, que se denominará promotora e será a perceptora da axuda, deberá contar con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación e asumirá a dirección do proxecto formativo e a representación fronte ao órgano convocante.

    3. As agrupacións de entidades referidas no número anterior rexeranse polo documento contractual que as regule que, en todo caso, deberá incluír os seguintes aspectos:

    a) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán, igualmente, a consideración de persoas beneficiarias, así como o importe de subvención para aplicar por cada un deles.

    b) Acordo de representación da agrupación e elección da súa persoa representante ante a Administración.

    c) O compromiso da promotora de distribuír a axuda entre a agrupación, de acordo coa repartición establecida no orzamento aprobado na resolución de concesión da axuda conforme os seus compromisos de participación nel e coa resolución de pagamento tras a xustificación finalmente admitida pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

    d) Acordos de confidencialidade.

    e) Xestión da agrupación e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

    f) A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    As accións formativas dirixiranse a alumnos que cumpran os seguintes requisitos :

    a) Ter un nivel de discapacidade recoñecida, segundo o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a Orde do 25 de novembro de 2015, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade en Galicia ou normativa equivalente, igual ou superior ao 33 %.

    b) Estar empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Non ser perceptor dunha libranza vinculada á prestación de servizos para centro ocupacional ou titulares dunha praza no Sistema galego de servizos sociais.

    Así mesmo, poderán participar aqueles alumnos que, cumprindo os anteriores requisitos, dispoñan dun emprego que poida estenderse por duración indefinida tras a formación proporcionada en virtude desta orde.

    Os proxectos para os que se solicite a subvención deberán reunir os seguintes requisitos :

    a) Describirán o método empregado para o deseño do itinerario proposto, que deberá incluír intervencións de carácter individualizado para cada unha das persoas participantes, entendidas como a planificación do proceso formativo prelaboral de cada persoa mediante a avaliación das necesidades e asesoramento, garantindo a asignación daquela formación que máis cumpra coas características do participante, así como os recursos de apoio necesarios.

    A formación para recibir polas persoas participantes desenvolverase en función do itinerario establecido para cada unha e agruparase nas seguintes áreas: área de desenvolvemento persoal e social, área básica e prelaboral.

    b) Resultar adecuados para os obxectivos e finalidades contidos nesta orde, así como para os principios xerais dos servizos sociais incluídos no artigo 4 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.

    c) Referirse a un ou varios das accións previstas no número 2 e procurar que se adapten ás necesidades específicas do concreto colectivo a que se dirixan.

    d) Desenvolver o proxecto formativo entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020.

    e) A contía máxima concedida por proxecto formativo, que poderá cubrir ata o 100 % do custo do programa, será de 60.000,00 euros. Para obter o importe máximo, deberá acadarse un mínimo de 30 participantes e cumprir as ratios mínimas establecidas no número 2. A diminución do número de participantes comporta unha redución proporcional da contía máxima da subvención.

    f) Dentro da mesma solicitude só se poderá solicitar axuda para un proxecto. En caso de varios proxectos, presentaranse tantas solicitudes como proxectos se presenten.

    g) A entidade solicitante deberá achegar, no anexo III, información xeral dos proxectos, os criterios elixidos para a selección das persoas beneficiarias da convocatoria publicitada para o efecto, do detalle das solicitudes recibidas e do baremo empregado para a selección, se é o caso. Entre os criterios de selección de persoas participantes deberán incluírse aqueles que procuren incrementar a participación das mulleres con discapacidade en Galicia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS ECONÓMICOS

    SERVIZO DE XESTIÓN E COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA

    San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981546987

    Fax: 981545663

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. De acordo co establecido nos números 1 e 6 do artigo 47 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, as axudas de inclusión social son prestacións económicas non periódicas que teñen como finalidade posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas ou familias afectadas polas características referidas no artigo 3, así como atender ás situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social.

    2. De conformidade co previsto no artigo 2.2.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado o seu carácter de prestación social, as axudas de inclusión social non teñen carácter de subvención.

    3. Así mesmo, constitúen prestacións económicas non periódicas, de pagamento único, aínda que no caso das axudas para necesidades primarias de alimentación, vestido e enxoval doméstico, cando o seu importe supere a contía dun terzo do seu límite máximo, poderanse aboar en dous ou máis pagamentos fraccionados, de acordo co disposto no artigo 87.2 deste Decreto.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Persoas ou familias vulnerables.

    Requisitos

    Poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas persoas que, conforme o establecido no artigo 49 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, reúnan os seguintes requisitos:

    1. Ser maior de idade.

    2. Estar empadroado ou empadroada e ter residencia constatada polo traballador ou a traballadora social de referencia dos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por residencia constatada a que conste no informe social como a efectivamente habitada pola persoa solicitante.

    3. Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación que xustifique a solicitude da axuda.

    Considéranse ingresos insuficientes, para os efectos da aplicación desta medida, aqueles que, correspondendo ás persoas integrantes da unidade de convivencia independente, non sexan superiores ao cento vinte e cinco por cento do importe do tramo persoal e familiar da renda de inclusión que correspondería á unidade de convivencia, computando os ditos ingresos nos termos sinalados para a renda de inclusión social de Galicia, salvo no caso das axudas de inclusión social dirixidas a satisfacer necesidades primarias de alimentación, vestido e enxoval doméstico, nas cales os ingresos que se deben tomar en consideración son os efectivamente percibidos pola persoa solicitante e as restantes persoas membros da unidade de convivencia.

    En todo caso, non se poderán conceder estas axudas cando a persoa solicitante ou calquera persoa membro da unidade de convivencia dispoña de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios materiais suficientes para atender os gastos obxecto destas axudas. Teranse en conta para iso as características, valoración, posibilidade de venda ou calquera forma de explotación dos bens mobles ou inmobles de que dispoña a unidade de convivencia.

    Para estes efectos, considerarase que se dispón de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios materiais suficientes para atender os gastos obxecto destas axudas cando o valor dos ditos bens, calculado de acordo co previsto para a Risga, exceda o importe de multiplicar por 12 o 125 % do importe mensual do tramo persoal e familiar da renda de inclusión que correspondería á unidade de convivencia.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL

    Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981547440 / 981545466

    Fax: 981545638

    Email: dxinclusion.politicasocial@xunta.gal

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 881881201

    Fax: 881881202

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294202 / 982294203

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE OURENSE

    Saenz Díez, 33 baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386192

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817231

    Fax: 986817294

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    Ligazón á normativa

    Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

    Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Versión en formato PDF

    • Solicitude segundo o Anexo I.
    • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.
    • Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI.
    • Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de non autorizar a consulta.
    • Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
    • Certificación de convivencia.
    • Certificación de titularidade de bens inmobles, só no caso de denegar a súa consulta.
    • Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade.
    • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
    • Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os doce meses anteriores á formulación da solicitude.
    • Informe emitido polo/a facultativo/a do Servizo Galego de Saúde nos casos nos que se solicite unha axuda de inclusión social que teña que ver coa saúde da persoa solicitante ou coa persoa menor de idade ao seu cargo.
    • Orzamento de gastos para os que se solicita a axuda.
    • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
    • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
    • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
    • Documentación acreditativa da titularidade de vehículos da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    • Documentación acreditativa da titularidade de vehículos, das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
    • Documentación mínima que deben achegar os servizos sociais comunitarios do Concello de residencia da persoa solicitante:
      • Informe de valoración social con proposta de idoneidade da Axuda de inclusión social que solicita.
      • Proposta de proxecto de traballo social ou socioeducativo.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE VIGO

    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201Vigo
    Teléfono: 986817231Fax: 986817294

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE OURENSE

    Saenz Díez, 33 baixo
    32003Ourense
    Teléfono: 988386192

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70
    27071Lugo
    Teléfono: 982294202 / 982294203Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS, INCLUSIÓN E INMIGRACIÓN DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
    15008Coruña, A
    Teléfono: 881881201Fax: 881881202

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN E INTEGRACIÓN SOCIAL

    SERVIZO DE PRESTACIÓNS E ACCIÓN SOCIAL
    Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981547440 / 981545466Fax: 981545638
    Email: dxinclusion.politicasocial@xunta.gal

    Versión en formato PDF

    Axudas para situacións de emerxencia social destinadas a paliar necesidades extraordinarias e urxentes de persoas afectadas por situacións de emerxencia.
    Considéranse a estes efectos situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas que teñan carácter básico, transitorio, urxente e previsiblemente irrepetible, cando non estean cubertas polos diferentes sistemas de protección.

    Beneficiarios:

    Persoas que cumpran cos seguintes requisitos.

    Requisitos:


    - Ser maior de idade.
    - Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
    - Ter constituido unha unidade de convivencia independente.
    - Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    ORDE do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG Núm. 146 do 4 de agosto de 2015)

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2013).

    Ligazón á normativa

    AUTONÓMICA

    Orde do 26 de maio de 2015 pola que se aproba o modelo de informe social para a área da inclusión (ISI) e a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 131 do 14 de xullo de 2015).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.