Xunta de Galicia

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos, nas modalidades establecidas no artigo 4.2, en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia (procedemento BS403A), e proceder á súa convocatoria para o curso 2019/20.

    A axuda consistirá nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos por un período máximo de once (11) meses.

    A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo co cadro seguinte, non podendo superar en ningún caso o custo da praza.

    Enténdese por servizo de comedor o definido no artigo 26 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. Este servizo comprenderá o xantar, que será prestado por persoal do propio centro ou contratado con tal fin (servizo de catering), e incluirá en todo caso os alimentos.

    Para os efectos desta orde, considérase que as nenas e os nenos con necesidades específicas de apoio educativo ocupan dúas prazas. Neste caso, a axuda que resulte segundo o establecido neste artigo multiplicarase por dous.

    A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.

    No caso de percibírense outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía. A comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

    En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da praza subvencionada.

    As persoas solicitantes deberán presentar, xunto coa solicitude, unha declaración comprensiva de todas as axudas e subvencións solicitadas, concedidas ou percibidas para a mesma finalidade, usando o formulario establecido para o efecto nesta orde, o cal terán que volver achegar actualizado no suposto de variaren as circunstancias inicialmente declaradas.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono concilia as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    As persoas beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:

    a) Facilitar aos órganos competentes toda a información necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da axuda concedida, particularmente a que sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

    b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede.

    c) Comunicar calquera alteración das condicións que motivaron o seu outorgamento.

    d) Subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Ter un fillo ou filla nacido ou nacida con posterioridade ao 31 de decembro de 2016.

    b) Estar en calquera das circunstancias seguintes:

    1º. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono concilia.

    2º. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 exercendo a opción do programa Bono concilia e que, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.

    3º. Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2019/20 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.

    4º. Ter obtido axuda deste programa no curso 2018/19 e solicitala para a mesma nena ou neno.

    5º. Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2019/20 e solicitala para un irmán ou irmá.

    6º. Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.

    c) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.

    d) Escolarizar o neno ou a nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia.

    Para os efectos desta orde, enténdese por escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos: as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para mantemento do centro.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981185751

    Fax: 981185737

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294442

    Fax: 982294386

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE OURENSE

    Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo

    32003 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386121

    Fax: 988386131

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA VIGO

    Concepción Arenal, 8 -1º

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817769

    Fax: 986817049

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 29 de maio de 2019 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (DOG nº 110 do 12 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 29 de maio de 2019 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (DOG nº 110 do 12 de xuño de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2019 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aquelas outras que, tendo obtido a axuda no ano 2018, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á ampliación regulada no artigo 4.2, e proceder á súa convocatoria (código do procedemento BS403B).

    2. A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:

    a) Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

    b) Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

    2. Así mesmo, poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2019.

    3. Igualmente poderán beneficiarse da ampliación prevista no artigo 4.2 aquelas familias que obtiveran a axuda no ano 2018 e experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á dita ampliación.

    Requisitos

    1. Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:

    a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.

    Para estes efectos considerarase cumprido o requisito de residencia habitual co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.

    b) Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.

    c) Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda prevista no artigo 4.2.

    2. Ademais, as persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2019 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.

    3. Así mesmo, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    4. Todos os requisitos recollidos no punto 1 deste artigo deberán reunirse no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    5. No suposto de ter concedida a Tarxeta Benvida para unha filla ou fillo en situación de garda preadoptiva, non pode volver a solicitarse esta no momento de constituírse a adopción.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEMOGRAFÍA E CONCILIACIÓN

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 012

    Fax: 981544634

    Email: tarxetabenvida.familia@xunta.gal

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados ou adoptados/as no ano 2019 e se procede a súa convocatoria (DOG nº 248 do 31 de decembro de 2018).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados ou adoptados/as no ano 2019 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 248 do 31 de decembro de 2018).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas para a posta en funcionamento de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e outros contornos laborais da Comunidade Autónoma de Galicia e proceder á súa convocatoria para o período 2019-2020.

    Accións e gastos subvencionables

    1. De acordo co disposto no artigo 65.6 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, só serán subvencionables os gastos daquelas operacións que non estean totalmente finalizadas no momento da presentación da solicitude de axuda. Os ditos gastos deben ter sido realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018 e efectivamente pagados con data límite do 31 de decembro de 2019 respecto da cantidade anticipada consonte o previsto no artigo 22, e con anterioridade ao 1 de outubro de 2020 respecto do resto da subvención obtida, relativas ás seguintes actuacións:

    a) A realización do proxecto básico e de execución para a construción ou reforma dun inmoble destinado á creación dunha escola infantil 0-3.

    b) O acondicionamento da parcela e a construción ou reforma dun inmoble para creación dunha escola infantil 0-3.

    c) O equipamento da escola infantil 0-3, incluíndo o mobiliario e o material didáctico e de xogo. Este equipamento poderá ser de segunda man, sempre que estea en perfecto estado de uso e conste unha declaración de quen o vende sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e que o prezo non sexa superior ao valor de mercado e ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes requisitos do prezo mediante certificación de taxación independente.

    As actuacións sinaladas na letra c), sempre que sexa pertinente, deberán realizarse aplicando a perspectiva de xénero para asegurar que promoven o benestar equilibrado de nenas e nenos e unha construción da personalidade libre de estereotipos.

    2. Non serán en ningún caso subvencionables os xuros debedores nin outros gastos financeiros. Tampouco o imposto sobre o valor engadido (IVE) que sexa recuperable.

    3. Os gastos previstos deberán ser especificados na solicitude (anexo I).

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    1. Poderán ser beneficiarias destas axudas, a título individual ou agrupadas, as asociacións empresariais ou comerciais representantes de polígonos, parques, viveiros e outros espazos de tipo industrial, loxístico, científico, tecnolóxico, comercial ou de servizos, incluídas as entidades asociativas de cooperativas agrarias e as confrarías de pescadores, que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Desenvolver a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

    b) Dispoñer dunha parcela de terreo apta para o establecemento dunha escola infantil no recinto ou nas inmediacións do lugar ou centros de traballo das empresas ou entidades a quen representan.

    c) Achegar un estudo que reflicta o número mínimo de nenos/as menores de tres anos potenciais usuarios/as da escola infantil 0-3, incluídos os/as non nados/as e en proceso de adopción.

    d) Presentar un plan de viabilidade que permita a posta en funcionamento e o mantemento do centro durante un mínimo de 5 anos.

    2. Cando se trate de agrupacións deberán facerse constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de entidade beneficiaria. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    3. As entidades solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non están incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, para obter a condición de beneficiarias.

    4. Non poderán obter a condición de beneficiarias segundo o disposto no artigo 3.3 do Regulamento (UE) núm. 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento no crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1080/2006, as empresas en crise segundo a definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior na aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

    Obrigas das persoas beneficiarias

    1. De conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable, as persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

    a) Comunicar a aceptación das condicións da axuda e executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano que a concede, sen prexuízo da facultade da Consellería de Política Social de comprobar a realización material das actuacións.

    b) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder e conservar toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación perante a Comisión Europea das contas en que estean incluídos os gastos da operación, data esta que se comunicará á persoa beneficiaria.

    c) Ter unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manter as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinados ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período non inferior ao establecido no artigo 5, tal como recolle o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención. Ademais, deberá garantirse a durabilidade dos investimentos financiados con Feder nos termos previstos no artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

    d) Facer constar, en todo tipo de publicidade e información relativas aos programas e actuacións realizadas a condición de subvencionadas pola Consellería de Política Social e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020 segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e nos artigos 3 a 5 do Regulamento de execución (UE) núm. 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, á presentación de información sobre os instrumentos financeiros, ás características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións e ao sistema para o rexistro e o almacenamento de datos.

    e) Informar o público durante un período non inferior a cinco anos de que a infraestrutura está financiada pola Xunta de Galicia e polo Feder, así como dos obxectivos dos fondos. No lugar de prestación do servizo colocarase nun lugar destacado e visible un cartel informativo dun tamaño mínimo A3 no cal aparezan os anagramas da Xunta de Galicia e do Feder.

    f) Efectuar a xustificación para a percepción da axuda conforme o establecido nesta orde.

    g) Facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

    h) Informar no momento da xustificación final da axuda sobre o nivel de logro do indicador de produtividade asociado a esta convocatoria. Este indicador é o seguinte: identificador: C035, nome: capacidade de coidado de nenos ou de infraestruturas de educación subvencionadas, unidade de medida: persoas.

    i) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e polos servizos de inspección da Consellería de Política Social; polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

    j) Comunicarlle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera ente privado, nacional ou internacional, e non superar as porcentaxes máximas de acumulación establecidas na normativa aplicable.

    k) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómicas e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración xeral da Comunidade Autónoma. Cando as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o indicado no artigo 13 desta orde, desen como resultado que a entidade solicitante ou a beneficiaria ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase para que regularice a situación e presente por si mesma os correspondentes certificados.

    l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    m) Comunicar á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a concesión da autorización de creación/construción do centro, segundo o previsto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro.

    n) Poñer en funcionamento a escola infantil 0-3 antes do 31 de decembro de 2020 e manter a actividade subvencionada como mínimo 5 anos desde a data do pagamento final da axuda.

    ñ) No suposto de proxectos en que se tivese valorado a implantación dun plan de igualdade, remitir o dito plan á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica con carácter previo ao inicio da actividade da escola infantil e mantelo implantado durante como mínimo 5 anos desde a data do pagamento final da axuda.

    o) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

    2. As persoas beneficiarias, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da dita lei.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    As escolas infantís que se poñan en marcha ao abeiro desta orde reunirán os seguintes requisitos:

    a) Constituirán un centro completo cun mínimo de 3 unidades con 41 prazas, agás nos casos en que a demanda potencial non sexa suficiente para un centro completo nos que se creará o número de prazas e unidades internivelares que aprobe a Consellería de Política Social con base no proxecto presentado e á información que obre no seu poder, de acordo co disposto no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia en Galicia.

    b) Adaptaranse ao establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, e no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, así como, de ser o caso, na normativa de desenvolvemento, sen prexuízo do cumprimento da normativa sectorial que sexa de aplicación.

    c) A parcela onde se localicen estará separada de actividade industrial, preferentemente nunha zona axardinada que protexa o edificio das condicións exteriores, e non estará acaroada a naves ou establecementos susceptibles de actividades perigosas.

    d) A parcela e o patio de xogos estarán cercados e protexidos ata unha altura mínima de 1,50 m.

    e) Os elementos de xogo do patio cumprirán os requisitos establecidos no Decreto 245/2003, do 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís.

    f) O inmoble contará coas medidas correctoras precisas de protección contra o tráfico, ruído, contaminación e outras actividades molestas ou prexudiciais.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEMOGRAFÍA E CONCILIACIÓN

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957029

    Fax: 981544634

    Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal

    https://politicasocial.xunta.gal

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 19 de xullo de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e outros contornos laborais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 156 do 20 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 19 de xullo de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e outros entornos laborais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 156 do 20 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás corporacións locais para a adecuación e mellora das escolas infantís 0-3 e dos puntos de atención á infancia (PAI) da súa titularidade a través da realización de obras menores e da compra de equipamento, na consideración de que a calidade das infraestruturas e do mobiliario e recursos educativos utilizados son un factor básico de impulso da calidade da atención prestada.

    2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para o ano 2019.

    A quen vai dirixido?

    Poderán optar a estas axudas as corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Obrigas das entidades beneficiarias

    1. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como coas condicións e obrigas establecidas nesta orde e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación, en particular, as seguintes:

    a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano que a concede, sen prexuízo da facultade da Consellería de Política Social de comprobar a realización material das actuacións.

    b) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder e conservar toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación perante á Comisión Europea das contas en que estean incluídas os gastos da operación, data esta que se comunicará á persoa beneficiaria.

    c) Ter unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manter as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinados ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período non inferior a cinco anos computados desde o pagamento final desta axuda, tal como recolle o artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención. Ademais, deberá garantirse a durabilidade dos investimentos financiados con fondos Feder nos termos previstos no artigo 71 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

    d) Facer constar, en todo tipo de publicidade e información relativa aos programas e actuacións realizados a condición de subvencionados pola Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014/2020 segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e mais nos artigos 3 a 5 do Regulamento de execución (UE) núm. 821/2014 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1303/2013.

    e) Informar o público durante un período non inferior a cinco anos de que a infraestrutura está financiada pola Xunta de Galicia e polo Feder, así como dos obxectivos dos fondos. No lugar de prestación do servizo colocarase nun lugar destacado e visible un cartel informativo dun tamaño mínimo A3 no cal aparezan os anagramas da Xunta de Galicia e do Feder.

    f) Efectuar a xustificación para a percepción da axuda conforme o establecido nesta orde.

    g) Facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

    h) Informar no momento da xustificación final da axuda sobre o nivel de logro do indicador de produtividade asociado a esta convocatoria. Este indicador é o seguinte: identificador: C035, nome: Capacidade de coidado de nenos ou de infraestruturas de educación subvencionadas, unidade de medida: persoas.

    i) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Consellería de Política Social, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

    j) Comunicarlle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, e non superar as porcentaxes máximas de acumulación establecidas na normativa comunitaria europea.

    k) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Cando as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, desen como resultado que a solicitante ou a beneficiaria ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase para que regularice a situación e presente por si mesma os correspondentes certificados.

    l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    m) No suposto de proxectos en que se tivera valorado a existencia/compromiso da implantación dun plan de igualdade, remitir o dito plan á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e mantelo implantado durante, como mínimo, 5 anos desde a data do pagamento da axuda.

    n) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

    2. Ademais, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á cal se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

    Ler máis Ler menos

    Requisitos

    a) Ter en funcionamento unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade.

    b) Ter unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade que unicamente dependan da dotación do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade para seren postos en marcha no curso 2019/20.

    A entidade beneficiaria non poderá ter recibido axudas financiadas con Fondos Estruturais e de Investimento Europeos 2007-2013 (en diante, Fondos EIE 2007-2013) para o mesmo concepto de gasto. No suposto de recursos que unicamente dependan da dotación de equipamento para seren postos en marcha, tampouco poderán ter recibido axudas financiadas con Fondos EIE 2007-2013 para a construción da infraestrutura.

    2. Todos os equipamentos citados no número anterior deben cumprir os requisitos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia; no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, e no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, así como, de ser o caso, na normativa de desenvolvemento.

    3. Por outra banda, para poder ser beneficiaria destas axudas a entidade local deberá ter cumprido, con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes, o requisito de ter presentadas as contas ás cales se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2017, no Consello de Contas de Galicia.

    4. Non se poderá obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes agás o permiso de inicio da actividade, necesario para o financiamento das actuacións previstas no artigo 3.1.b), que, en todo caso, non poderá ser outorgado con data posterior ao 5 de decembro de 2019.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEMOGRAFÍA E CONCILIACIÓN

    SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

    Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981957029 / 981544650

    Fax: 981544634

    Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal

    https://politicasocial.xunta.gal

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 159 do 23 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 8 de agosto de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 159 do 23 de agosto de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2019/20.

    As solicitudes de novo ingreso seguirán a seguinte orde de adxudicación :

    1º. As dos fillos e as fillas do persoal que preste servizo nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, cando soliciten a praza para o centro onde presta servizo a nai, o pai, a persoa acolledora ou a titora ou o titor legal.

    2º. As de nenas/os con irmán ou irmá con praza no centro para o que solicitan a praza, renovada ou de novo ingreso.

    3º. As de menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar.

    4º. As prazas que queden vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo V. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas dentro dos criterios de prioridade para adxudicación de prazas previstos no artigo 14.1 do RRI:

    En primeiro lugar obterán praza nas escolas, as/os nenas/os empadroadas/os no concello en que se sitúe a escola. En segundo lugar, de existir prazas vacantes, poderán obter praza as/os fillas/os de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo no concello en que se localice a escola. En terceiro lugar, poderán acceder tamén persoas dos concellos limítrofes.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2019.

    Requisitos

    Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicataria/o de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:

    a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.

    b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2019. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.

    c) Respecto daquelas familias que xa escolarizasen outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da rede, estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    Escolas Infantís do Consorcio Galego

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)

    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    Escolas Infantís do Consorcio Galego

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)

    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2019/20 (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 9 de maio de 2019 pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 89 do 10 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 23 de maio de 2019 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de agarda para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2019/20.

    Renovación de praza .

    As nenas e os nenos escolarizadas/os durante o curso 2018/19 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2 desta Resolución, e sempre que estivesen matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2019, tal e como se recolle no artigo 14.2.a) do RRI.

    As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude, de haber prazas vacantes no horario solicitado. De haberen máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo que se incorporou á escola segundo o recollido no artigo 15.A) do RRI.

    Traslado de centro .

    As familias cun/cunha neno/a escolarizado/a nunha escola infantil da Rede A Galiña Azul no curso 2018/19 que xustifiquen un cambio de domicilio e/ou lugar de traballo terán dereito preferente a unha praza no centro que soliciten sempre que, unha vez rematado o proceso de renovación de praza do alumnado da propia escola, existan prazas suficientes.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2019.

    Requisitos

    Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    Escolas Infantís do Consorcio Galego

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)

    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    Escolas Infantís do Consorcio Galego

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)

    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 8 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2019/20 (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 9 de maio de 2019 pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 89 do 10 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

    Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Resolución do 23 de maio de 2019 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de agarda para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).

    Ligazón á normativa

  • Forma presentación

    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 09/03/2017 - 10/04/2017.

    Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    Versión en formato PDF

    • Para a renovación da praza do alumnado escolarizado durante o curso 2016/17, presentarase o modelo oficial de solicitude segundo o anexo VI desta resolución, que estará dispoñible nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org así como nas propias escolas infantís 0-3.
    • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
      a) Anexo II relativo á comprobación de datos do/a cónxuxe ou parella ou doutros membros da unidade familiar.
      b) Outros documentos que acrediten cambios de carácter socioeconómico na unidade familiar.
    • As solicitudes de renovación de praza deberán presentarse en soporte papel na propia escola infantil ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na páxina web do Consorcio http://www.igualdadebenestar.org.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao seguinte día hábil, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    ESCOLAS INFANTÍS

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)
    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

    ESCOLAS INFANTÍS

    Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)
    Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)

    Versión en formato PDF

    Esta resolución ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A galiña azul para o curso 2017/18.
    Solicitudes de renovación de praza.
    As nenas e os nenos escolarizadas/os durante o curso 2016/17 en calquera das escolas infantís obxecto desta resolución terán dereito á renovación automática da súa praza sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2, e sempre que estivesen matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2017, tal e como se recolle no artigo 14.2.a do RRI.
    As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude, de haberen prazas vacantes no horario solicitado. De haberen máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo que se incorporou á escola segundo o recollido no artigo 15.A do RRI.

    Beneficiarios:

    Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2017.

    Requisitos:

    Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Anunció.- Resolución do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2017/18 (DOG nº 47 do 8 de marzo de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    Iniciar presentación electrónica na sede

    Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


    Presencial

    Modelo de solicitude

    Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

    Datos da solicitude

    Prazo de presentación: 04/04/2017 - 29/05/2017.

    Trinta e cinco (35) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    Prazo de resolución: Cinco meses

    Sentido do silencio administrativo: Negativo

    Versión en formato PDF

    • A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anexo I desta orde e que estará dispoñible na guía de procedementos e servizos que se atopa no enderezo: http://www.xunta.gal/resultados-da-guia-de-procedementos.
    • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
      • a) Copia do libro ou libros de familia en que consten todas as fillas e fillos da persoa solicitante ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
      • b) Xustificante de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.
      • c) No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do correspondente convenio regulador.
      • d) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.
      • e) Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
        Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
      Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
      Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
    • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
    • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma establecida no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

    Instrucións

    Versión en formato PDF

    Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

    SERVIZO DE APOIO Á FAMILIA, Á INFANCIA E Á ADOLESCENCIA

    San Caetano, s/n
    15781Santiago de Compostela
    Teléfono: 981957781Fax: 981544634
    Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.gal

    Versión en formato PDF

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2017.

    Tipo de axuda e contía

    A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
    a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
    b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
    c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

    Beneficiarios:

    1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

    No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.

    2. Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.

    3. Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada polo pai e/ou a nai que teña/n a custodia do ou da menor polo que se solicita a axuda e os fillos e fillas da persoa solicitante.

    4. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.

    5. As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais, deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.

    6. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Requisitos:

    1. Será requisito necesario para a concesión da prestación:

    a) Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que non quede acreditada a dita circunstancia pola presentación do xustificante de empadroamento, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.

    b) Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

    2. Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.

    Versión en formato PDF

    AUTONÓMICA

    Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017 (DOG nº 65 do 3 de abril de 2017).

    Ligazón á normativa

    Versión en formato PDF

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que, baixo o principio de homoxeneidade, se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás corporacións locais para o desenvolvemento de programas que teñan por finalidade a concesión de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e proceder á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017.

    A quen vai dirixido?

    Poderán solicitar as subvencións que se regulan nesta orde as corporacións locais galegas que desexen implantar ou desenvolver o programa obxecto desta orde de convocatoria.

    Enténdense incluídos no punto anterior os concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

    Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver o programa conxuntamente, poderán solicitar as axudas que regula esta orde. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

    Non obstante o anterior, e en relación con aquelas solicitudes presentadas por calquera forma de agrupación de concellos, quedarán expresamente excluídas aquelas solicitudes nas cales non se acredite a realización conxunta do programa. Para estes efectos, considerarase que non queda suficientemente acreditado este aspecto cando os usuarios participantes do programa estean empadroados nun único concello dos integrantes da dita agrupación.


    En todo caso, a solicitude conxunta de subvención para o desenvolvemento dun servizo ou programa exclúe a posibilidade de solicitude individual para o mesmo programa.

    - En calquera caso as corporacións locais solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais e, así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, será requisito para a concesión de subvencións que as entidades locais cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.

    Ler máis Ler menos

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Píramide

    15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

    Teléfono: 981544655

    Fax: 981544634

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que desenvolverán as corporacións locais para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017 (DOG nº 161 do 26 de agosto de 2016).

    Ligazón á normativa

    Orde do 1 de decembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 12 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións que desenvolverán as corporacións locais para a posta en marcha de programas de axudas económicas a familias con menores a cargo para a compensación dos seus gastos farmacéuticos, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017 (DOG nº 232 do 5 de decembro de 2016).

    Ligazón á normativa

  • Obxecto

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e das responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019 (código de procedemento BS412A), así como realizar a súa convocatoria.

    As axudas previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e a finalidade das subvencións non será necesaria a comparación e prelación das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.

    Tipo de axuda e contía .

    1. A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio e/ou de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social para atender necesidades puntuais -ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia- previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:

    a) Enfermidade do/da menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.

    b) Enfermidade da persoa coidadora habitual.

    c) Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.

    d) Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan que os membros da unidade familiar atendan o/a neno/a.

    Os servizos de atención á infancia subvencionados deben cumprir os requisitos establecidos no dito Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, e o establecido no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, así como, de ser o caso, na normativa de desenvolvemento.

    2. Con carácter xeral, concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado. O número total de horas concedido incrementarase un 15 % por cada fillo/a menor de doce anos a partir do primeiro.

    3. A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:

    a) Renda per cápita familiar ata 3.750 euros: 14 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 100 % do importe facturado, cun límite de 5 €/hora para o resto de servizos previstos no punto 1.

    b) Renda per cápita familiar superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 80 % do importe facturado, cun límite de 4 €/hora para o resto de servizos previstos no punto 1.

    c) Renda per cápita familiar superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 65 % do importe facturado, cun límite de 3,25 €/hora para o resto de servizos previstos no punto 1.

    d) Renda per cápita familiar superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites establecidos no artigo 3.1.b): 7 €/hora no caso de servizos a domicilio ou o 50 % do importe facturado, cun límite de 2,5 €/hora para o resto de servizos previstos no punto 1.

    As mulleres vítimas de violencia de xénero recibirán en todo caso a axuda prevista na letra a).

    4. O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de novembro de 2019.

    5. A contía da axuda farase efectiva unha vez se presente a documentación establecida no artigo 15 desta orde.

    Ler máis Ler menos

    A quen vai dirixido?

    Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono coidado os pais/nais, titores/as ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Obrigas das persoas beneficiarias.

    As persoas beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e mais no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:

    a) Facilitarlles aos órganos competentes toda a información necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da axuda concedida, particularmente a que sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

    b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede.

    c) Comunicar calquera alteración das condicións que motivaron o seu outorgamento.

    Requisitos

    a) Ter unha nena ou un neno nada/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 cando o servizo para o cal se solicita axuda se recibise no último trimestre do ano 2018, e con posterioridade ao 31 de decembro de 2007 para aqueles que se reciban durante o período subvencionable do ano 2019.

    b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2017.

    Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    A onde acudir

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

    Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

    15008 Coruña, A (Coruña, A)

    Teléfono: 981185771

    Fax: 981185701

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

    Ronda da Muralla, 70

    27071 Lugo (Lugo)

    Teléfono: 982294289

    Fax: 982294359

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

    Avda. de la Habana, 79

    32004 Ourense (Ourense)

    Teléfono: 988386196

    Fax: 988386838

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    R/ Concepción Arenal, 8

    36201 Vigo (Pontevedra)

    Teléfono: 986817817

    Fax: 986817637

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

    XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

    OFICINA LOCAL DE PONTEVEDRA (PNC E XUVENTUDE)

    Avda. Fernández Ladreda, 43-1

    36071 Pontevedra (Pontevedra)

    Teléfono: 886206524

    Fax: 986805554

    Ler máis Ler menos

    Órgano responsable

    DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

    Normativa

    Ámbito Autonómico

    Orde do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 48 do 8 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

    Extracto da Orde do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 48 do 8 de marzo de 2019).

    Ligazón á normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.