TR811A - Axudas ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.

Convócanse para os anos 2019 e 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social reguladas por esta orde.

Actividades subvencionables .

Son subvencionables as actividades de carácter informativo, divulgativo, formativo e de asesoramento dirixidas a fomentar o emprendemento cooperativo e a economía social. A título orientativo as actividades poderán consistir en:

a) Organización de actividades formativas, tales como cursos e obradoiros, que teñan por obxecto dar a coñecer os principios e características propias da economía social ou dalgunha das tipoloxías de entidades que a conforman, mellorar o funcionamento das entidades e propiciar a súa consolidación e crecemento, así como formar o persoal responsable de titorías, especializado no asesoramento e acompañamento de proxectos.

b) Organización de actividades de difusión como xornadas, conferencias, simposios, charlas ou visitas formativas.

c) Celebración de feiras, mostras e congresos.

d) Celebración de encontros entre entidades de economía social, ou entre estas e outros actores económicos, dirixidas á mellora da xestión, os intercambios comerciais, a intercooperación para a posta en marcha de actividades, a obtención de financiamento e outras que contribúan de xeito directo á consolidación dos proxectos de economía social.

e) Actividades de asesoramento e acompañamento a grupos promotores ou a entidades de economía social preexistentes, para a posta en marcha de novos proxectos ou consolidación do negocio, realizadas de conformidade co «Itinerario do emprendemento en economía social» dispoñible no enlace http://eusumo.gal/asesoramento

f) Elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación así como manuais, guías, unidades didácticas ou similares, sempre que sexan inéditos.

g) Elaboración de proxectos de intercooperación e integración.

h) Elaboración de plans estratéxicos de carácter plurianual para o desenvolvemento da economía social.

i) Calquera outra acción promocional que fomente o cooperativismo e a economía social.

Gastos subvencionables .

1. Normas xerais:

1.1. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nesta orde. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

1.2. Os tributos considéranse gasto subvencionable cando a entidade beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

1.3. Cando o importe do gasto subvencionable da acción ou investimento supere a contía establecida para os contratos menores na normativa reguladora da contratación pública en vigor no momento da solicitude a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse coa solicitude da subvención, ou coa solicitude de pagamento, en función de cando se execute a actividade, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

2. Normas específicas:

2.1. Serán subvencionables os custos directos asociados á realización das actividades. Tamén serán subvencionables os custos indirectos e os correspondentes á organización das actividades, sempre que non superen o 30 % do custo total da actividade realizada e xustificada.

2.1.1. Consideraranse custos directos os seguintes:

a) Para o caso de actividades formativas e divulgativas, as retribucións do persoal formador interno e externo no exercicio das actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación das persoas participantes nas accións formativas.

b) Para as demais actividades subvencionables, os gastos directamente relacionados coa execución das actividades tales como a elaboración de estudos, informes, proxectos, plans estratéxicos ou calquera outros obxecto da subvención.

c) Os gastos de amortización de equipamentos, plataformas tecnolóxicas e outros, calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade, así como o alugamento ou arrendamento financeiro destes, excluídos os xuros, soportados na execución das accións e de xeito proporcional a estas.

d) Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles utilizados na realización das accións, incluíndo o material de protección e seguridade.

e) Os gastos de alugamento, arrendamento financeiro, excluídos os xuros, ou amortización das aulas, obradoiros e demais superficies utilizadas na realización da actividade.

f) Gastos de seguro de accidentes.

g) Gastos de publicidade para a organización e difusión das accións formativas.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e xustificaranse os criterios de imputación a esta.

2.1.2. Considéranse custos indirectos e gastos de organización os seguintes:

a) Os custos de persoal de apoio tanto interno como externo e todos os necesarios para a xestión e coordinación das actividades.

b) Os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a súa adecuada preparación ou execución. Non serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.

c) Outros custos: electricidade, auga, calefacción, mensaxaría, comunicacións, limpeza e vixilancia, asociados á execución da actividade formativa.

De conformidade co artigo 29, apartado 9, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, estes custos serán imputados pola entidade beneficiaria á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo cos principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período no que efectivamente se realiza a actividade.

2.2. Para a subvención de custos de persoal asociados a calquera tipo de actividade só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou o posto de traballo, as pagas extraordinarias, as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF, así como as axudas de custo.

2.3. No caso de actividades formativas e divulgativas a que se refire o artigo 7.a) e 7.b) serán subvencionables os gastos correspondentes ás accións en que se acredite a asistencia mínima de 10 alumnos/as, xustificada na forma establecida nesta orde e sempre que polo menos o 70 % do alumnado acredite unha asistencia mínima do 80 % da duración da actividade.

Para estas actividades non serán subvencionables os gastos correspondentes a manutención das persoas asistentes, tales como servizos de comidas e pausa-café.

2.4. As actividades de asesoramento e acompañamento a que se refire o artigo 7.e) serán subvencionables sempre que se acadasen un mínimo de 10 horas de asesoramento e se completasen os bloques I (presentación do proxecto) e II (deseño do modelo de negocio) do dito itinerario, e se teña iniciado ou derivado a outra entidade para o inicio do seguinte bloque.

2.5. Serán subvencionables os gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa cando este sexa obrigatorio segundo o que establece o artigo 25 desta orde.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde:

a) As asociacións de entidades de economía social.

b) Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.

c) As cámaras de comercio.

d) As universidades.

e) As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.

Requisitos

- Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As asociacións de entidades de economía social, as fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais deberán estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e estar ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros.

b) Ter formalizada a súa adhesión á Rede Eusumo mediante a subscrición de convenio de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, nos termos previstos no artigo 13 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e se regula o seu funcionamento con anterioridade á publicación desta orde.

Entenderase que cumpren este requisito os concellos pertencentes a unha agrupación de concellos, unha área metropolitana, unha mancomunidade de municipios ou un consorcio local que teñan subscrito o dito convenio.

c) Estar ao día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

d) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

- As entidades que poden ser beneficiarias poderán concorrer ás axudas de xeito individual ou conxuntamente con outras das sinaladas no parágrafo primeiro deste artigo. Neste suposto, todas as entidades solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

En particular, deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades solicitantes, así como o importe de subvención que se aplicará por cada unha delas, que terán, igualmente, a consideración de beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.

- Ningunha entidade poderá figurar en máis dunha solicitude individual. O incumprimento desta norma dará lugar a que unicamente se dea validez á solicitude presentada en primeiro lugar e que se proceda á inadmisión das restantes solicitudes onde figure a entidade incumpridora.

Porén, unha mesma entidade poderá figurar nunha solicitude individual e ademais, nunha ou varias solicitudes conxuntas, sempre que concorra nestas con diferentes entidades socias.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981544666

Fax: 981544659

Órgano responsable

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2019 e 2020 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.