Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.



Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación: 07/05/2016 - 06/06/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • 1. As entidades incluídas no artigo 3 desta orde que desexen acollerse aos beneficios desta convocatoria deberán formalizar a correspondente solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta orde e que poderán obter, así mesmo, no enderezo da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e no da web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://lingua.gal).
  • 2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
  • 3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • 4. No caso de que algún dos documentos que a persoa solicitante ou representante vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
  • 5. Á solicitude xuntarase a seguinte documentación:
    • 5.1. Documento acreditativo da personalidade do solicitante, que será:
      • Se se trata dunha persoa física, a fotocopia compulsada ou cotexada do DNI ou NIE só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade, ou documento equivalente.
      • Se a empresa é unha persoa xurídica, a fotocopia compulsada da escritura de constitución e de modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito sexa exixible conforme a lexislación que lle sexa aplicable. De non o ser, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou o documento de constitución, os estatutos ou a acta fundacional en que consten as normas polas cales se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente rexistro oficial.
    • 5.2. Xustificación da representación con que actúa a persoa asinante da solicitude:
      • Cando a persoa asinante da solicitude actúe no nome dunha persoa xurídica, a fotocopia compulsada dos estatutos ou dos acordos sociais dos cales se deduza a antedita representación ou do poder notarial correspondente, debidamente inscritos no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda.
    • 5.3. Copia compulsada ou cotexada do NIF da editorial solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta, ou documento equivalente.
    • 5.4. Copia compulsada ou cotexada do último recibo do imposto de actividades económicas onde consta que a empresa editorial dispón dunha sede na Comunidade Autónoma galega na epígrafe de «edición de libros».
    • 5.5. Constancia documental da existencia dun contrato debidamente asinado, se o houber, coa persoa autora ou tradutora da obra, que respectará o establecido no Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, que regulariza, aclara e harmoniza as disposicións legais vixentes sobre a materia.
    • 5.6. Un exemplar completo da maqueta definitiva das obras para as cales se solicita subvención, ou ben os guións e as imaxes cando se trate de vídeos didácticos ou soportes informáticos, recursos multimedia ou electrónicos, así como unha memoria explicativa en que se recollan as características técnicas, a temporalización da edición e as persoas destinatarias a que vai dirixido o citado material.
    • 5.7. No caso de que as obras estean xa editadas, achegarase un exemplar de cada título e nas publicacións electrónicas, a clave para a súa lectura, con todos os manuais e o software que as acompañe. Deberán ter un depósito legal posterior ao 31 de decembro de 2014. Na falta de depósito legal, considerarase esta mesma data límite pero referida á da obtención do correspondente ISBN.
    • 5.8. Unha certificación do editor pola cal se compromete a ter editada a obra subvencionable o día 1 de setembro de 2016 como data límite (anexo III).
    • 5.9. Unha certificación do importe que se solicita, desagregado por conceptos, referido ao orzamento do custo de execución da obra, no cal, ademais, deberá constar expresamente a tiraxe de exemplares. No caso das publicacións electrónicas, cando non exista ningún soporte tanxible, achegarase unha estimación das licenzas que se prevé comercializar.
    • 5.10. Deberá achegarse unha descrición da obra para a cal se solicita a subvención (anexo II).
    • 5.11. De acordo co artigo 6.1 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, declaración do conxunto de todas as axudas de minimis recibidas durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, suxeitas ao citado regulamento ou a outros regulamentos de minimis (anexo I).
  • 6. As publicacións trimestralizadas consideraranse como un único proxecto subvencionable. Tratarase igualmente a edición de cadernos, separatas, unidades didácticas e demais publicacións que se precise adquirir conxunta ou separadamente co libro de texto durante o mesmo curso académico e que se precisen para desenvolver o currículo. Polo tanto, terán que se presentar como unha soa solicitude de subvención.
  • 7. Así mesmo, cando unha empresa editorial presente varias solicitudes da mesma obra ou publicación, en distintos soportes e/ou formatos, consideraranse como un proxecto global e concederáselle unha única subvención, que determinará a aplicación dos criterios de valoración e concesión, ao conxunto de todos os formatos ou soportes en que se achegue a obra subvencionable.
  • 8. A documentación especificada nos puntos 5.1 a 5.4 deste artigo presentarase unha soa vez no caso de achegar varias solicitudes de subvención.
  • 9. Desestimaranse as solicitudes que non se axusten estritamente aos requisitos das epígrafes anteriores e os expedientes arquivaranse sen máis trámite.
  • 10. Se a solicitude non reunir os datos de identificación ou algún dos previstos no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, requirirase a entidade ou o solicitante, de conformidade co establecido no artigo 71 da dita lei, para que nun prazo de 10 días emende as faltas ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste na súa petición, cos efectos previstos no artigo 42 da mesma lei.
  • No prazo de presentación de solicitudes, considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.Se o último día de prazo é inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

SECRETARÍA XERAL DE POLITÍCA LINGÜÍSTICA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PLANIFICACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGUÍSTICA

SERVIZO DE XESTIÓN E PROMOCIÓN LINGUÍSTICA
Rúa de San Roque, 2
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881999485 / 881995041Fax: 981544424

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA CORUÑA
Salvador de Madariaga, s/n
15008A CORUÑA
Teléfono: 981184702Fax: 982184785

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

GABINETE DE NORMALIZACION LINGUISTICA DE LUGO
Ronda Muralla, 70
27071LUGO
Teléfono: 982294162Fax: 982294152

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

GABINETE DE NORMALIZACION LINGUISTICA DE OURENSE
R/ Concello, 11
32003OURENSE
Teléfono: 988386659Fax: 988386600

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DELEGACIÓN TERRITORIAL DE VIGO

GABINETE DE NORMALIZACION LINGUISTICA DE PONTEVEDRA
R/ Montero Ríos
36001PONTEVEDRA
Teléfono: 986805971Fax: 986805937

http://xunta.es/linguagalega

Versión en formato PDF

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e das condicións polas cales se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios, segundo establece a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE).

Recursos didácticos subvencionables.
1. Será subvencionable a elaboración e edición en lingua galega dos recursos didácticos curriculares e complementarios destes, realizados en soportes impresos ou dixitais.
A elaboración de material didáctico para a formación regrada de adultos en lingua galega deberá incorporar as directrices do Marco común europeo de referencia para as linguas. Este texto pode ser consultado na páxina web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística:
http://www.lingua.gal/recursos/outros/_/publicacions/recurso_0001/marco-europeo-comun-referencia-para-linguas
2. Para os efectos desta norma, considérase recurso didáctico complementario calquera tipo de material educativo que contribúa a afondar no coñecemento dos bloques temáticos contidos nos currículos oficiais das ensinanzas non universitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta orde, mesmo cumprindo os requisitos exixidos no artigo precedente, os seguintes recursos:
1. A edición de material didáctico para o nivel universitario.
2. Libros de creación literaria, dicionarios e enciclopedias.
3. Os libros de bibliófilo.
4. As publicacións de difusión gratuíta.
5. Os libros publicados por clubs do libro ou entidades similares, destinados a seren distribuídos entre as súas persoas subscritoras.
6. As obras que non sexan primeira edición.
7. Os proxectos con contidos idénticos aos xa subvencionados nalgunha das tres últimas convocatorias, con independencia do soporte ou formato en que se presenten.

Beneficiarios:

As empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nesta orde e non estean nalgún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e elaboren os recursos didácticos curriculares obxecto desta orde.

Requisitos:

1. As empresas solicitantes deberán dispor dun departamento de edición na Comunidade Autónoma de Galicia, na epígrafe «edición de libros», que acreditarán coa copia do último recibo do imposto de actividades económicas (IAE).

2. Os materiais ou proxectos propostos deberán cumprir os seguintes requisitos:

Só se subvencionarán proxectos que estean correctamente realizados en galego, segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, e nas normas ortográficas e morfolóxicas aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do día 12 de xullo de 2003). Malia o anterior, admitiranse proxectos trimestralizados de primaria en que, cando menos, o 60 % da proposta se realice en lingua galega e nos cales as materias de obrigada impartición en galego, segundo o Decreto 79/2010, do 20 de maio, estean en galego, única lingua que se terá en conta para a valoración e subvención correspondente destas publicacións.
- Os materiais editados en soporte impreso deberán ter unha tiraxe mínima de 1.000 exemplares, e de 500 os editados en soporte dixital ou audiovisual. En calquera caso, as publicacións electrónicas, pola súa natureza, non están suxeitas a este requisito e, de se editaren nalgún soporte tanxible (pen-drive, CD, DVD ou outros), a tiraxe mínima será de 50 exemplares.
- Os materiais terán que estar destinados á venda e haberá que acreditar o correspondente número de ISBN e a referencia do depósito legal definitivo. O depósito legal terá unha data posterior ao 31 de decembro de 2014. Na falta de depósito legal, considerarase esta mesma data límite pero referida á da obtención do correspondente ISBN.
- As obras en formato electrónico ou noutros soportes análogos ou similares non terán que acreditar a existencia do depósito legal, polas súas características e por non existir regulación legal neste sentido. Así pois, nestes casos, a data de obtención do ISBN definitivo deberá ser posterior ao 31 de decembro de 2014.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG nº 84 do 14 de xullo de 1983).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 21 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 86 do 6 de maio de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.