Proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de enerxías renovables.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica

Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.



Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación: 15/01/2016 - 15/02/2016.

O prazo para presentar as solicitudes será de un (1) mes contado dende o 15 de xaneiro de 2016. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Xunto coa solicitude, todos os interesados deberán presentar a seguinte documentación:
  • 1. Documentación acreditativa da titularidade dos terreos ou inmobles sobre os cales se vai executar o proxecto ou da súa dispoñibilidade durante un período mínimo de cinco anos que permitan concretar a situación do predio ou inmoble sobre o terreo (copia simple do título de propiedade, certificado catastral, recibo de pagamento do IBI, contrato de arrendamento ou cesión de uso, e mais o documento que acredite a titularidade do arrendador ou cedente).
  • Fotografías do lugar onde se va a instalar o equipo
  • 2. Memoria técnica da actuación, que incluirá como mínimo:
    • a) Descrición da instalación proxectada, incluíndo os cálculos do dimensionamento dos principais equipamentos térmicos (bomba de calor e paneis solares) e do sistema de captación xeotérmica nesta tipoloxía.

      No caso das bombas de calor aerotérmicas e xeotérmicas, análise das condicións de funcionamento e xustificación técnica do factor de ponderación e factor de corrección para o sistema, segundo o establecido no documento «Prestacións medias estacionais das bombas de calor para a produción de calor en edificios», emitido polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, co fin de xustificar que se pode considerar un equipamento renovable e, adicionalmente, o rendemento indicado na solicitude e, por tanto, da potencia térmica útil indicada para o sistema (coherente, se for o caso, co certificado indicado na alínea d) seguinte).

      Nos proxectos de enerxía xeotérmica, descrición detallada do sistema de captación térmica (tipo, captación, materiais, etc.).
    • b) Plano de situación onde se indique a localización dos equipamentos e que inclúa o exterior da edificación, indicando a zona da captación.
    • c) Folla de características dos principais equipos térmicos (bomba de calor e paneis solares).
    • d) Certificados de rendemento:
      • Xeotérmica e aerotérmica.

        Certificado do coeficiente de rendemento en modo calefacción (COP) emitido por un laboratorio independente e acreditado para realizar as probas segundo a norma que os afecte (UNE-EN 14511:2012, UNE-EN 15316:2010, UNE-EN 16147 etc). Para acreditar este coeficiente, deberá xuntarse a certificación emitida por Eurovent ou por un laboratorio de ensaio acreditado para este tipo de ensaios, segundo a normativa vixente. No caso dos equipamentos que xustifiquen dispoñer dunha cualificación enerxética A ou superior, deberán achegar a documentación xustificativa correspondente.
      • Solar térmica.

        No caso de que o modelo do panel solar que se vai utilizar non figure na base de datos da aplicación informática mediante a cal se cobre a solicitude, deberá consignar nela correctamente as características principais do modelo que se vai utilizar (marca, modelo, superficie de apertura e coeficientes de rendemento do ensaio realizado por unha entidade debidamente acreditada), co fin de que a aplicación informática poida calcular a axuda máxima asignable ao expediente. Do mesmo xeito, no caso de que o solicitante non estea de acordo coas características incluídas para un panel solar que si se atope na base de datos, poderase propoñer unha modificación destas características (superficie de apertura e/ou coeficientes de rendemento).

        En calquera destes dous casos, á solicitude orixinal deberáselle xuntar unha copia completa do ensaio de rendemento do colector solar empregado, que inclúa os seus coeficientes de rendemento, e que sexa emitida por unha entidade debidamente acreditada (segundo a Orde ITC/71/2007, do 22 de xaneiro, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ou, se for o caso, a norma que a substitúa). Este documento considérase imprescindible para poder optar á obtención da axuda (no caso de tratarse dun novo panel) ou para poder modificar as características dos paneis incluídas na base de datos da aplicación informática.
  • 3. Con independencia do importe do gasto subvencionable, e na procura da moderación de custos propostos, é obrigatorio presentar tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.

    As ofertas deberán ser comparables desde un punto de vista técnico-económico, correspondendo a instalacións con características similares. No caso de que non se escolla a oferta máis vantaxosa desde un punto de vista económico, deberá estar debidamente xustificada a elección fundamentándose en criterios técnico-económicos. No caso de que a xustificación non sexa a axeitada, poderá tomarse como investimento elexible o orzamento correspondente á oferta máis económica.

    Deberá remitirse o contido de cada unha das ofertas e non se admitirá o certificado, informe, invitacións realizadas ou documento similar indicando que se solicitaron e se tiveron en conta tales ofertas na elección da proposta escollida sen que se concrete o seu alcance.

    Non será necesario acreditar as 3 ofertas no suposto de que polas especiais características dos gastos que se subvencionan non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, e neste suposto o beneficiario debe prestar declaración expresa motivada en tal sentido.

    Non obstante, as administracións públicas non deberán presentar tres ofertas cando estean obrigadas a tramitar un procedemento de contratación pública dos previstos no artigo 138.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, séndolles de aplicación o previsto no artigo 20.7 das presentes bases no momento da xustificación final.

    No caso do sector público autonómico, integrado ?de acordo coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral da comunidade autónoma de Galicia?, pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais do seu sector público, será de aplicación o previsto no artigo 23.2 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación coa non vinculación das empresas convidadas.
  • 4. As administracións públicas, ademais da documentación sinalada nos puntos anteriores, deberán achegar:
    • a) Acreditación do nomeamento ou da elección do representante da entidade solicitante.
    • b) Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases, se procede.
    • c) No caso das administracións locais, certificación de que a entidade solicitante remitiu as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigado ao Consello de Contas. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que a data de sinatura do certificado implicará que a data de remisión das respectivas contas ao Consello de Contas se efectuou, en todo caso, nunha data anterior á emisión do certificado.
    • d) Fotocopia do NIF da entidade solicitante.
  • 5. As empresas, ademais da documentación sinalada nos puntos 1 a 3, cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente e tamén o documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (non é necesario no caso de que o solicitante sexa unha empresa pública).
  • 6. As entidades privadas sen ánimo de lucro, ademais da documentación sinalada nos puntos 1 a 3, deberán presentar a documentación que acredite a representación con que se actúa.
  • 7. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, ademais da documentación sinalada nos puntos 1 a 3, deberán achegar:
    • a) Documentación que acredite a súa constitución.
    • b) Documentación que acredite a representación con que se actúa.
    • c) Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios mediante a presentación do anexo III, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.es).
  • 8. Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.
  • 9. A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Cando as persoas interesadas non teñan a consideración de Administración pública ou de pequenas e medianas empresas (pemes) a documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    No caso de que algún dos documentos que vai presentar a persoa solicitante ou representante de forma electrónica supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da xunta de Galicia e na paxina web do Inega publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
  • 10. A sede electrónica ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • Cando as persoas interesadas teñan a consideración de Administración pública ou de pequenas e medianas empresas (pemes) e as súas agrupacións e asociacións, a presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.es), ou ben desde as páxinas web do Inega (http://www.inega.es) de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

    Para estes efectos, terá a consideración de Administración pública o sector público autonómico, nos termos definidos no artigo 3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia ?Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes?, así como as entidades locais previstas na Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia e as entidades delas dependentes.

    Para todas as demais persoas interesadas, as solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia e na páxina web do Inega (http://www.inega.es).

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981541500Fax: 981541515
Información web: www.inega.es

Versión en formato PDF

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica.

Serán subvencionables:
1. Equipamento principal de xeración enerxética (bomba de calor ou paneis solares).
2. O custe de montaxe e conexionado.
3. Accesorios para o correcto funcionamento do sistema salvo os equipos emisores que non formen parte do equipo xerador e os elementos de distribución da calor fora da sala de caldeiras.
4. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondeos, intercambiadores, acumuladores, tuberías, etc.

Non son subvencionables:
1. O IVE, excepto cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.
En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola administración tributaria.
2. Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
3. Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
4. A reposición ou mera substitución de equipamentos existentes. A estes efectos enténdese por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha máquina existente ou parte da mesma por unha máquina nova e moderna sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente .
5. Equipamento e materiais non funxibles de segunda man.
6. A simple reposición ou substitución de equipamentos e maquinarias.
7. As obras de mantemento.
8. Os gastos de aluger.
9. As taxas e licenzas administrativas.
10. Na adquisición de bens e servizos mediante contratos públicos os pagos efectuados polo contratista á Administración en concepto de taxa de dirección de obra ou control de calidade.
11. As conducións de distribución interior do calor e os equipos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.

Beneficiarios:

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

2. Quedan excluídas aquelas empresas que non teñan a consideración de pemes, segundo os termos definidos no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías (Regulamento (CE) 651/2014 da Comisión). Os datos para o cálculo de efectivos, os importes financeiros e o período de referencia serán os referidos nos artigos 4 e 5 do anexo I do citado regulamento.

3. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía, nos termos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

4. Se as empresas non tiveren o domicilio social en Galicia, deberán acreditar, cando menos, a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma.

5. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, o máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

6. Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

7. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin as empresas exceptuadas do ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e mais do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da agricultura.

8. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas de dereito privado deberán nomear un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Estas agrupacións non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obrigas dos beneficiarios.

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras e na resolución de concesión.

2. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia efectuarase mediante a presentación do anexo IV que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.es).

3. O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, nos cinco (5) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

4. Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada durante un mínimo de cinco (5) anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

5. Os beneficiarios deben dar publicidade á concesión da axuda do seguinte xeito:
a) Se o investimento supera os 50.000 ?, mediante unha placa cos logotipos da Administracións financiadoras. O tamaño mínimo da placa será A4 (297×210 mm).
b) Cando o orzamento supere os 100.000 euros, o beneficiario colocará un panel publicitario durante a execución das obras, que non poderá retirar ata a visita de comprobación in situ. Para investimentos superiores a 500.000 euros o panel será permanente.

O 25 % do espazo, como mínimo, dos paneis e placas estará ocupado pola descrición do proxecto, o logotipo do Feader e o lema: «Feader: Europa inviste no rural». Todas as actividades informativas e publicitarias incorporarán a bandeira europea e o lema anterior.

O Inega facilitará modelos aos beneficiarios ao través da súa páxina web.

6. O beneficiario deberá conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos, e está obrigado a facilitar a información que lle requira o Inega e a someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

7. Os beneficiarios estarán obrigados a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado.

8. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as súas entidades instrumentais, no caso de resultaren beneficiarias de subvención e sempre que non estivesen orzamentados inicialmente, deberán xerar o correspondente crédito polos ingresos que se produzan.

Requisitos:

1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude.

2. Que se desenvolvan nas zonas rurais de Galicia. A definición de zona rural realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) no seu territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración de zonas urbanas os 7 concellos dos núcleos de poboación máis grandes da comunidade autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela). A Autoridade de xestión, xunto co Instituto Galego de Estatística, perfila as cuadrículas de estudo (1 km2) dentro de cada unha das zonas urbanas a nivel parroquia (unidade de poboación significativa do medio rural galego) definindo parroquias rurais, intermedias ou urbanas. As parroquias definidas como rurais ou intermedias serán admisibles aos efectos do fondo Feader.

Esta información pode ser consultada nos propios concellos ou na web:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es.

3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos para os que foron aprobados.

4. Que sexan viables tecnicamente.

5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.

6. Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.

7. Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo de un ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

8. O beneficiario no caso de pago indebido quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao que se engadirán, no seu caso, os intereses. Non se aplicará a obriga de reembolso si o pago e froito dun error da autoridade competente ou de outra autoridade sen que o beneficiario puidera detectar razoablemente ese erro (artigo 7.1 e 3 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014).

Con carácter xeral os supostos de retirada total e parcial da axuda e a imposición de sancións administrativas o beneficiario veñen reguladas no artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

9. O investimento para que a actuación sexa subvencionable deberá superar os 3.000 euros (IVE excluído).

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 23 de decembro de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2016 (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2015).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.