PR970B - Bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Consello da Cultura Galega.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta resolución ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións que rexerán a convocatoria de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación concretos que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e que se inclúen como anexos a esta resolución (procedemento PR970B), na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Para poder ser beneficiaria/o das bolsas deberán presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo V desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican na base 6 da convocatoria.

Duración .

As actividades iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada, tal e como dispón a base 11ª desta convocatoria. A duración de cada unha das bolsas será de sete (7) meses, a data estimada de comezo é o 1 de xuño de 2019 e a de remate, en calquera caso, o 31 de decembro de 2019. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

As persoas que non se incorporen no prazo establecido perderán os dereitos inherentes á bolsa concedida, agás causa xustificada de atraso apreciada pola presidenta do Consello da Cultura Galega.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán solicitar estas bolsas ou ser persoas beneficiarias delas as persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que para cada bolsa se sinalen nos anexos desta resolución, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión da titulación universitaria requirida para a bolsa para a cal presente solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematados os estudos conducentes a el no curso académico 2010/11 ou posterior.

c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.

d) Non resultar persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.

e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro).

Ler máis Ler menos

Requisitos

Requisitos específicos das persoas solicitantes. Unha bolsa para colaborar na Área de Publicacións .

Para solicitar a bolsa a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

– Posuír o título de licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas ou titulacións equivalentes.

Valoraranse como méritos:

– Posuír experiencia en edición de textos e edición dixital.

– Posuír experiencia en tradución e corrección.

– Posuír coñecementos de informática.

Requisitos específicos das persoas solicitantes: Dúas bolsas para colaborar na Área de Documentación .

Para solicitar as bolsas a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

– Posuír o título de licenciatura ou grao en Información e Documentación ou titulacións equivalentes.

Valoraranse como méritos:

– Ter experiencia en catalogación en formatos Marc.

– Posuír coñecementos de programas de catalogación bibliográfica e de descrición arquivística.

– Posuír coñecementos de informática.

– Posuír experiencia en xestión documental.

Requisitos específicos das persoas solicitantes: Dúas bolsas para colaborar na Área de Comunicación .

Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario, ademais de reunir os requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

– Posuír o título de licenciatura ou grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou titulacións equivalentes.

Valoraranse como méritos:

– Posuír experiencia en edición de textos, edición dixital e audiovisual.

– Posuír coñecementos de edición de páxina web.

– Posuír coñecementos de informática.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Consello da Cultura Galega

Pazo de Raxoi, 2º andar-Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981957202

Email: rexistro@consellodacultura.gal

http://www.consellodacultura.gal

Órgano responsable

Consello da Cultura Galega

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se anuncia a dita convocatoria (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se anuncia a dita convocatoria (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.