PR527A - Solicitude de entidades colaboradoras para a xestión de subvencións destinadas ao acceso ao servizo público de televisión dixital terrestre satelital.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Seleccionar as entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións destinadas a adquisición e instalación de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital para as vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia.

Con este fin arbítrase un programa de axudas para a adquisición e instalación de equipamentos de TDT-Sat en vivendas e edificacións localizadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia carentes do servizo de TDT, así como as demais condicións establecidas no artigo 4 da Resolución.

A quen vai dirixido?

As empresas privadas con personalidade xurídica propia, validamente constituídas e os empresarios individuais.
En ambos os casos, deberán ser empresas instaladoras de telecomunicación rexistradas como tipo A no Rexistro de Instaladores de Telecomunicación do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que oferten servizos de instalación TDT-Sat na Comunidade Autónoma de Galicia coas características técnicas especificadas no artigo 4.

Obrigas das entidades colaboradoras

Sen prexuízo das obrigas establecidas no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras quedarán obrigadas a:

a) Emprego dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos, baseados en estándares de uso común amplamente difundidos, dispostos pola Secretaría Xeral de Medios, para a presentación da solicitude de adhesión da entidade colaboradora, así como a tramitación e xestión das actuacións recollidas nesta resolución, que requirirán, cando menos, o coñecemento e necesario emprego da sinatura electrónica, técnicas de escaneamento e dixitalización de documentación, ferramentas da internet e a integración co Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.


b) Dispoñibilidade e emprego de certificado dixital de usuario por parte do representante legal da entidade colaboradora e por parte do interlocutor único que defina a propia entidade colaboradora para o despacho cotián dos asuntos.

c) Verificar e certificar que os solicitantes reúnen os requisitos para solicitar a axuda que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.

d) Realizar, en representación dos solicitantes da axuda, a presentación telemática das solicitudes de axuda e documentación complementaria que sexa requirida de acordo coas bases reguladoras da subvención.

e) Conservar os documentos de solicitude de axuda, declaracións responsables e autorizacións asinados polos solicitantes á disposición da Secretaría Xeral de Medios, que poderá requirir o envío desa documentación para os efectos de realizar as comprobacións que procedan.

f) Realizar todos os trámites administrativos ante a Secretaría Xeral de Medios para que os solicitantes obteñan a condición de beneficiarios, e, así mesmo, achegar toda a documentación xustificativa da realización das actuacións subvencionables nos termos exixidos nas bases reguladoras da subvención.

g) Informar os solicitantes das obrigas que asumen no caso de resultaren beneficiarios.

h) Incluír na solicitude de activación do servizo na plataforma TDT-Sat os datos relativos á localización da vivenda do solicitante e o número de referencia da subvención recibida.

i) Executar as actuacións necesarias para a subministración e instalación do servizo de TDT-Sat dos beneficiarios coas características especificadas no artigo 4.

j) Xustificar e certificar a realización das actuacións subvencionables ante a Secretaría Xeral de Medios. Deberase xuntar escrito de conformidade do beneficiario da correcta instalación da subministración por parte da entidade colaboradora.

k) Comunicar calquera variación substancial relativa á información inicial presentada en relación coa solicitude de obtención da calidade de entidade colaboradora.

l) Adiantar a contía da axuda aos beneficiarios mediante o correspondente desconto na factura. Este importe será aboado pola Secretaría Xeral de Medios á entidade colaboradora, logo da cesión do dereito ao cobramento da subvención autorizada polos solicitantes.

m) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de control e comprobación da pista de auditoría.

n) Cumprir as obrigas en materia de protección de datos de carácter persoal derivadas da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e da normativa aplicable.

o) Atoparse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado e da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

p) Anunciar o carácter público do financiamento das actuacións subvencionadas e as obrigas de publicidade sinaladas no artigo 7.

q) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Secretaría Xeral de Medios, así como calquera outra que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios.

O incumprimento das obrigas sinaladas neste artigo e, en particular, a falsidade ou inexactitude nas declaracións e certificados presentados polas entidades colaboradoras, poderá implicar a perda da condición de entidade colaboradora, así como a aplicación do réxime sancionador previsto na normativa aplicable en materia de subvencións.

Ler máis Ler menos

Requisitos

a) Identificación da situación censual de alta da entidade colaboradora nunha epígrafe do imposto de actividades económicas relacionada co desenvolvemento do tipo de actividades recollidas nesta resolución.

b) Ser empresa instaladora de telecomunicación rexistrada como tipo A no Rexistro de Instaladores de Telecomunicación do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e ter o seguro de responsabilidade civil en vixencia.

c) Ser distribuidor autorizado de equipamentos de TDT-Sat para o público en xeral.

d) Existencia de sede e/ou puntos de venda ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Dispoñibilidade e emprego de certificado electrónico de usuario así como de sinatura electrónica avanzada por parte do representante legal da entidade e por parte do interlocutor único que designe a entidade colaboradora.

Non poderán obter a condición de entidades colaboradoras aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

A onde acudir

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Secretaría Xeral de Medios

Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación de Medios

Servizo de Estudos e Coordinación dos Medios

Rúa do Hórreo nº 61

15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981544234

Fax: 981541289

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Secretaría Xeral de Medios

Subdirección Xeral de Enxeñería e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia

Servizo de Planificación

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981544330

Fax: 981541289

Email: xestion.sxm@xunta.es

http://medios.xunta.es

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

Secretaría Xeral de Medios

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 21 de xaneiro de 2013 pola que se aproban as bases e se convoca a selección de entidades colaboradoras na xestión das subvencións para a adquisición e instalación de equipamentos de televisión dixital terrestre mediante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas para revitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia, e pola que se aproban as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, das devanditas subvencións (procedementos administrativos PR527A e PR527B) (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2013).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.