PE155B - Axudas para proyectos de cooperación interterritorial e transnacional dos grupos de acción local do sector pesqueiro.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 03/09/2016 - 01/03/2020.

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. *

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • 1. As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e axustaranse ao modelo que figura como anexo I.
    2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    3. As solicitudes virán asinadas polo representante legal da entidade solicitante; se son formuladas por varias entidades conxuntamente, deberán vir asinadas polo representante legal da entidade que exerza a representación de todas elas, ou polo GALP coordinador, de ser o caso.
    4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
    5. Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que conten esta e na que se fan constar os seguintes puntos:
    a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiara, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    b) Que as persoas non se atopan en ningún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, e dicir:
    1º. Non ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.
    2º. Non ter estado involucrados na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDR da Unión recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes segundo se establece no seu artigo 33.
    3º. Non ter cometido infraccións graves da política pesqueira común (PPC).
    4º. Non ter cometido fraude no marco do Fondo Europeo da Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
    c) Non ter sido sancionado coa imposibilidade de obter prestamos, subvencións, ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
    d) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administración públicas competentes.
    e) Incluiranse a información sobre as axudas de minimis cubertas polo Regulamento (UE) 1407/2013 ou por outros regulamentos de minimis, recibidas durante o exercicio fiscal correspondente e sobre os dous exercicios fiscais anteriores, de ser o caso.
    6. Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación, xunto cun índice e ordenada segundo se indica:
    a) Acreditación da personalidade:
    1º. Copia do NIF da persoa xurídica solicitante, só no caso de non denegar expresamente a súa consulta.
    2º. Copia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
    3º. Certificación do órgano competente na cal se especifique o acordo polo que se lle concede autorización para facer a solicitude ao asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
    4º. Certificación do órgano competente na cal se acredite o desempeño actual do cargo.
    b) Proxecto para o cal se solicita a subvención, que deberá conter, polo menos:
    1º. Memoria e orzamento que conteña unha descrición do proxecto conforme o modelo que figura na páxina web http://mar.xunta.gal.
    No caso de que o proxecto se poida desenvolver por fases susceptibles de produciren efectos independentes, farase constar de xeito expreso e describirase cada unha delas independentemente.
    No orzamento detallado de cada unha das accións propostas, o IVE deberá vir separado e acompañarase da documentación xustificativa dos custos incluídos (orzamentos, contratos, facturas pro forma, ...).
    2º. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.
    A elección entre as ofertas presentadas, que se deberán achegar coa xustificación ou, de ser o caso, coa solicitude de subvención, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. As ofertas presentadas deben coincidir en conceptos para facilitar a comparación entre elas.
    c) O acordo de cooperación subscrito con anterioridade á solicitude da axuda por todos os grupos participantes no proxecto de cooperación, que terá o contido mínimo establecido no artigo 6.2.
    d) Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, se e o caso.
    En todo caso, aquelas persoas que estean exentas do IVE, deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria.
    e) Proxecto tecnico de execución, se e necesario. En actuacións sobre inmobles presentarase un proxecto básico ou un anteproxecto valorado que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar e o seu custo, ademais de acreditar a dispoñibilidade sobre o inmoble en cuestión.
    f) Outra documentación que sexa necesaria ou adecuada para a correcta valoración do proxecto presentado.
    g) Certificacións acreditativas de estar ao corrente no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social, no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    h) No caso de que o proxecto o requira, o promotor deberá acreditar a capacidade legal do uso ou disfrute ou propiedade dos bens relacionados no proxecto.
    7. No caso de solicitudes formuladas conxuntamente, deberá incluírse a documentación das alíneas a), d), f) e g) do punto 6 por cada un dos solicitantes, e ademais engadirase:
    a) Un acordo de nomeamento do representante ou apoderado único para os efectos da subvención, asinado polos representantes de todas as entidades solicitantes.
    b) A distribución dos compromisos que corresponda executar a cada un dos solicitantes, así como o importe da subvención solicitada para cada un deles.
    c) Declaración responsable de cada unha das entidades, de acordo co anexo II.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981544069Fax: 981545025
Email: sxmar.cmrm@xunta.es

Versión en formato PDF

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de axudas para proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dentro da Unión Europea (UE) dos grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante GALP) para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do FEMP 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (en diante EDLP).
*
1. As solicitudes de axudas poderán ser presentadas ao longo de todo o período do Programa operativo 2014-2020 ata o 1 de marzo de 2020.
2. Coas solicitudes presentadas ata o 31 de xaneiro de cada ano realizarse a adxudicación das axudas.
3. De non esgotarse o crédito orzamentario para a anualidade correspondente, poderá realizarse unha nova fase de adxudicación de axudas, coas solicitudes presentadas ata o 1 de xullo de cada ano, co límite do crédito dispoñible.
4. Para a convocatoria de 2016 o prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
5. Aquellas solicitudes que no pudieran ser atendidas en el período correspondiente por falta de crédito podrán ser tomadas en consideración en el período siguiente, en caso de que el solicitante haga manifestación expresa en ese sentido, sin que esto suponga preferencia ninguna como criterio de selección.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios destas axudas os GALP.

Requisitos:

a) Ter sido seleccionados pola Consellería do Mar no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020.
b) Ter asinado un convenio de colaboración coa Consellería do Mar para o desenvolvemento dunha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP).
c) Participar nun proxecto de cooperación interterritorial e/ou transnacional.
2. Non poderán obter a condición de beneficiario dunha axuda FEMP os GALP:
a) Que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, durante todo o período de tempo previsto en aplicación deste.
b) Nos que concorran algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Que non estean ao corrente das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios conxuntos:
1. As entidades sinaladas anteriormente poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente, como unha agrupación de entidades. Neste último caso, deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada unha delas na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada unha delas. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumpriren as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.
2. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente, cando non for posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un deles.
3. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8 desta lei.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016. (DOG nº 166 do 2 de setembro de 2016).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2017 para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), tramitado como anticipado de gasto (DOG nº 18 do 26 de xaneiro de 2017).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.