PE120D - Axudas para a paralización definitiva de buques pesqueiros que faenan en augas interiores.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.

A quen vai dirixido?

Persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas.

Requisitos

1. Ser propietario dun buque de 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras.

2. O buque debe ter o seu porto base na Comunidade Autónoma galega e estar de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.

3. O buque para o cal solicita axuda debe ter constituído un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.

4. No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, polo tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo segmento de frota que figura no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia (RBPG).


5. No caso de buques para os cales a primeira venda dos produtos que captura non sexa obrigada en lonxa, o buque debe dispor da autorización para realizar a dita venda e debe transmitilas ao órgano competente.

6. O buque non pode ter unha resolución desfavorable de regularización, salvo que posteriormente se regularizase, para o cal deberá asinar o anexo IV.

7. Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio nos termos indicados no artigo 12 desta orde e non poderán estar finalizados, con independencia dos pagamentos realizados antes da data de presentación da solicitude.

8. O investimento non poderá aumentar a capacidade de pesca do buque nin que o equipo aumente a capacidade de detectar peixe.

9. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

10. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Non ter cometido infracción grave:
- Da PPC definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.
- Do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento UE) nº 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011 suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.

12. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das Comunidades Europeas (DOUE serie C 316, do 27 de novembro de 1995).

13. Non estea nin estivese nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

14. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

15. Á solicitude xuntarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 9 a 14 deste artigo.

16. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as comunidades de bens. Tampouco poderán ser beneficiarias as sociedades civís, salvo que se constitúan en escritura pública ou documento privado e se manifesten, neste último caso, como sociedade civil ante a AEAT, mencionándoo así no acordo de vontades, en cuxo caso terán outorgado un NIF «J», que indica que os seus pactos non se manteñen en segredo.

Sen prexuízo do anterior, segundo o tipo de axuda, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:
- Que a paralización estea incluída no programa operativo e que estea prevista como un instrumento do plan de acción regulado no artigo 22.4 do Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, indicando que o segmento de frota non está en equilibrio coas posibilidades de pesca.
- Que o buque pesque en augas interiores, segundo a definición recollida nesta orde.
- O buque pesqueiro ten que ter 10 anos ou máis de antigüidade e unha actividade pesqueira no mar de cando menos 90 días no ano durante os dous anos civís anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
- Os 90 días ao ano no mar de actividade pesqueira deberán terse realizado na modalidade e caladoiro segundo a definición recollida nesta orde de buque de 3ª que pesca en augas interiores e que estea en desequilibrio segundo o informe de equilibrio do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 1380/2013, do 11 de decembro, sobre a política pesqueira común, e permanecer na dita modalidade e caladoiro.
- O buque non teña cargas e gravames. Salvo que a súa cancelación estea suficientemente garantida ou se presente autorización para solicitar esta axuda, expresa e non sometida a condicións, emitida pola entidade crediticia ou pola persoa física ou xurídica titular do dereito garantido.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE PESCA, ACUICULTURA E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

SERVIZO DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA DA FROTA

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546295

Fax: 981546288

Email: sxmar.cmrm@xunta.gal

http://www.xunta.gal/mar

Órgano responsable

SERVIZO DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA DA FROTA

Normativa

Ámbito Autonómico

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).

Ligazón á normativa

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

Ligazón á normativa

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

Ligazón á normativa

Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

Ligazón á normativa

Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).

Ligazón á normativa

Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2017 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto(DOG nº 42 do 1 de marzo de 2017).

Ligazón á normativa

Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2017 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 66 do 4 de abril de 2017).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2017 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 70 do 10 de abril de 2017).

Ligazón á normativa

Orde do 28 de novembro de 2017 pola que se amplía o crédito e se modifica a Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2017, tramitado como expediente anticipado de gasto (DOG nº 229 do 1 de decembro de 2017).

Ligazón á normativa

Ámbito Europeo

Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.

Ligazón á normativa

Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.