MT406A - Axudas a entidades sen ánimo de lucro para facilitar a súa participación en materia ambiental.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Regular as bases e convocar para 2009, axudas ás entidades de carácter ambiental. Para estes efectos, entenderase por entidade de carácter ambiental as asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan por fin primordial o estudo, a conservación, a promoción e/ou defensa dos recursos naturais e do ambiente.
Establécense tres tipos de axudas:
a) Para gastos de funcionamento, tales coma gastos de persoal, alugueres, comunicacións, enerxía, mantemento, reparación e outros de carácter ordinario, correspondentes ao ano 2009.
b) Para programas de actividades, para realizar en 2009 e/ou 2010, de estudo, educación, promoción, difusión e/ou defensa dos valores ambientais en temática directamente relacionada coas competencias da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Poderanse subvencionar os custos directos dos respectivos programas e investimentos de carácter inmaterial, tales coma cursos, seminarios, demostracións, elaboración e edición de estudos, informes e publicacións.

c) Para investimentos, que se realizarán en 2009 e/ou 2010. Son subvencionables os gastos derivados da dotación de infraestruturas básicas para o desenvolvemento dunha actividade estable, tales como o acondicionamento, equipamento e mobiliario de locais para oficinas, reunións e actividades, material de transporte, ou equipamentos e sistemas informáticos.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán optar ás axudas contempladas nesta orde, nas condicións que nela se establecen, as entidades de carácter ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, que como tales estean inscritas no rexistro público creado polo Decreto 226/2007, do 22 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 239, do 12 de decembro). Para os efectos de aplicación desta orde, establécense tres tipos de entidades:
a) Entidades con carácter xeral: todas as inscritas no devandito rexistro.
b) Entidades de ámbito autonómico: entidades inscritas que estendan o seu ámbito de actuación, segundo os seus estatutos, ao conxunto da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Federacións: entidades inscritas que conten con polo menos 3 entidades adheridas, pola súa vez inscritas, sempre que así conste nos datos dispoñibles no rexistro.

Requisitos

A inscrición no citado rexistro deberá ter data anterior á da publicación da orde anual de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Tamén poderán solicitar as axudas aquelas entidades non inscritas que con anterioridade á publicación da citada orde no Diario Oficial de Galicia teñan presentado a correspondente solicitude de inscrición e achegado a documentación completa prevista no artigo 3.2º do Decreto 226/2007, do 22 de novembro.
Non poderán ser beneficiarias das axudas as entidades que se encontren nalgunha das seguintes situacións:
a) As vinculadas, directa ou indirectamente, segundo os seus estatutos, a unha administración pública.
b) As entidades incursas nalgún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos que se lles exixen no artigo 11 da devandita Lei 9/2007.

A onde acudir

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Vicesecretaría Xeral

Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario

Rúa San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541740

http://medioambiente.xunta.es

Órgano responsable

Servizo de Xestión Económica e Control Orzamentario

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 19 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro, para facilitar a súa participación en materia ambiental, así como a súa convocatoria para o ano 2009 (DOG nº 47, do 9 de marzo de 2009).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.