MR708A - Subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas que xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020 para a creación e desenvolvemento de actividades económicas viables non agrícolas, ben ampliando o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias, incentivando a súa diversificación, ou ben mediante a creación, ampliación e modernización de unidades de produción no medio rural, co fin de contribuír á xeración de novos empregos e á dinamización económica dos territorios rurais.

As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG).


Con carácter xeral, serán subvencionables:
a) A construción, adquisición e mellora de inmobles, que só poderán ser utilizados en relación cos obxectivos do proxecto. No caso de adquisición de inmobles, o importe subvencionable non superará o 50 % dos gastos subvencionables.
b) A adquisición de terreos ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
c) Os custos xerais vinculados aos gastos anteriores en concepto de honorarios de proxecto, dirección de obra e estudos de viabilidade, ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
d) Compra de maquinaria e equipamentos novos.
e) Adquisición e desenvolvemento de programas informáticos precisos para a execución e bo fin da operación.
f) Adquisición de patentes e licenzas relacionadas co proceso produtivo (con exclusión das licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática), ata o límite do 10 % do total dos gastos subvencionables.
g) Gastos de constitución (notariais, rexistrais e administrativos) derivados do comezo da actividade prevista no proxecto.

Non serán subvencionables:
a) Os gastos de funcionamento da actividade e o material funxible en xeral.
b) Os investimentos de reparación e mantemento das instalacións, así como a reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ben polo seu rendemento, que deberá xustificarse na memoria que se presente xunto coa solicitude da axuda.
c) Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
d) A compra de inmobles que vaian ser derrubados.
e) A compra de inmobles a familiares de 1º grao de consanguinidade ou afinidade, ou a socios da empresa promotora.
f) Os investimentos en reformas de locais que fosen financiados con fondos do Feader e non transcorresen polo menos cinco anos desde a data de pagamento final.
g) A compra de vehículos de transporte exterior.
h) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.
i) Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante, así como as obras de simple ornamentación.
j) Os gastos de aluguer de instalacións e equipamentos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).
k) A man de obra propia nin os materiais de igual procedencia.
l) As taxas e licenzas administrativas.
m) O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable polo beneficiario.
n) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.
o) Os xuros debedores.
p) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como «outros», «imprevistos» ou «partidas globais», así como os conceptos correspondentes a «gastos xerais» e «beneficio industrial».
q) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda, coa excepción dos gastos de estudos de viabilidade e redacción do proxecto.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. As pequenas empresas.

Segundo a definición que resulta do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, ten a consideración de pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Non poderán ser beneficiarias as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro, aínda que realicen actividade económica.


As empresas deberán ter a súa razón social ou ben o seu centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.

Para estes efectos considerarase zona rural o territorio elixible segundo o previsto no artigo 3.2.b) destas bases reguladoras.

3. Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.

Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude da axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Non poderán ser beneficiarias das axudas previstas nestas bases reguladoras as empresas que operan no sector da pesca e da acuicultura.

Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Barcia, nº 56, Laraño

15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981547382

Fax: 981547381

http://agader.xunta.es

Órgano responsable

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 18 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 66 do 7 de abril de 2016).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.