MR632A - Axudas para investimentos en empresas de primeira transformación de produtos forestais.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para empresas de primeira transformación de produtos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2016 en réxime de concorrencia competitiva.

Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos en empresas de primeira transformación de produtos forestais que superen os 10.000 m3 de materia prima empregada nos procesos de transformación da dita materia prima e posteriores. Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención. En ningún caso se poderán subvencionar investimentos que se utilicen para producir bens de consumo final.

Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, no que se subvencionará o diferencial de custo. Neste caso a Administración verificará a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria.



Os investimentos subvencionables son os seguintes:
1º. Bens de equipo e instalacións en serradoiros do proceso de serra e posteriores: carro de serra, serras, canteadora, retestadeiras, empilladora/clasificadora de táboa, instalación antiazulado, etc.
2º. Obra civil necesaria para a instalación da maquinaria de serra, nave de serrado, obra civil para almacenamento de produtos no propio serradoiro.
3º. Bens de equipamento e instalacións en industrias de primeira transformación doutros produtos forestais distintos da madeira e non alimentarios (biomasa, cortiza, etc.), do proceso de transformación e posteriores: esteladoras fixas, cribas, etc.
4º. Obra civil necesaria para a instalación da maquinaria de primeira transformación, nave de primeira transformación, obra civil para almacenamento de produtos forestais distintos da madeira e non alimentarios (biomasa, cortiza, etc.) na propia industria.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Pequena e mediana empresa do sector forestal radicadas en Galicia.

Obrigas dos beneficiarios.
1. O beneficiario da axuda está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. O beneficiario non poderá substituír os equipos subvencionados anteriormente polos equipos obxecto de subvención e deberá manter os investimentos subvencionados e os requisitos que condicionaron a obtención da axuda, durante un período mínimo de 5 anos, contados desde a data do último pagamento da axuda.
4. O beneficiario está obrigado a apuntar na contabilidade da empresa, de forma separada ou ben cun código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación, os movementos relativos ás subvencións percibidas, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ler máis Ler menos

Requisitos

a) Ser peme (pequena e mediana empresa) do sector forestal radicada en Galicia. Tomarase a definición de microempresa ou peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros; pequenas empresas son aquelas empresas que ocupan menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros e microempresas son aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

b) Ser industria de primeira transformación de produtos forestais que empreguen no proceso de transformación máis de 10.000 m3 de materia prima (rolla ou outros produtos forestais).


c) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
- Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe.
- Vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
- Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou declaración anual do IRPF, segundo proceda, ou na declaración anual do IVE).
- Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.
- Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado.

d) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este) e unha declaración xurada do solicitante de que a empresa cumpre coa normativa ambiental. A empresa deberá estar inscrita no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, requisito que será comprobado pola Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

e) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.

f) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor), de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Este requisito será comprobado pola Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

g) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

h) Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Conforme este regulamento, unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
1º. Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
2º. Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
3º. Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida no punto 3.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria. Compróbase a veracidade desta declaración nos controis sobre o terreo que se realicen.

Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Subdirección Xeral de Recursos Forestais

Servizo de Fomento Forestal

San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881997335

Fax: 981546101

Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal

http://emediorural.xunta.es/oav

Órgano responsable

Servizo de Fomento Forestal

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 19 de maio de 2016 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para investimentos en empresas de primeira transformación de produtos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2016 (DOG nº 105 do 3 de xuño de 2016).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.