MR446A - Axudas aos plans de reestructuración e reconversión da viña en Galicia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, conforme os requisitos e condicións establecidos para esta medida nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.

Convocatoria .

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento MR446A) para a súa execución anual ou bianual, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo II desta orde.

Investimentos subvencionables .

1. O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha ou varias das actividades seguintes:

a) A reimplantación de viñas.

b) A reconversión varietal.

c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus baremos estándar de custos unitarios recóllense no anexo VI desta orde.

2. Non se subvencionará:

a) As accións de forma illada, a excepción da sobreenxerta, ou do cambio de vaso a espaller ou a outro sistema de condución.

b) A renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

c) As operacións de xestión diaria dun viñedo.

d) A protección contra danos ocasionados pola caza maior, aves ou saraiba.

e) Construcións de cortaventos e muros de protección contra o vento.

f) Vías de acceso e elevadores.

g) Adquisición de vehículos agrícolas.

h) As accións realizadas con material de segunda man.

i) As novas plantacións de viña concedidas en virtude dos artigos 63 e 64 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

j) As arrincas naquelas superficies onde se empreguen autorizacións de plantación concedidas en virtude dos artigos 66 e 68 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, non xeradas pola arrinca efectuada na aplicación do plan de reestruturación e con anterioridade á solicitude do plan.

k) O imposto do valor engadido (IVE).

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación. Así mesmo, no marco do Programa nacional de apoio ao sector vitivinícola 2019-2023 (PASVE 2019-2023) poderán acollerse a estas axudas os futuros viticultores definidos no artigo 2.c) desta orde.

2. Non poderán ser beneficiarias:

a) Aquelas persoas viticultoras que contraveñan a normativa vixente en materia de plantacións de viña, para calquera das superficies de viña da súa explotación.

b) Aquelas persoas viticultoras que solicitasen axuda, no marco do PASVE 2019-2023, para realizar unha operación de reestruturación e reconversión da viña e, logo de aprobada, renuncien á súa execución ou non a fagan no exercicio indicado na solicitude aprobada, salvo causas de forza maior e circunstancias excepcionais que poden recoñecerse conforme os casos previstos no punto 2 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Os requisitos que deberán cumprir as persoas beneficiarias son:

1. Só poderán figurar nun único plan, agás que a reestruturación e/ou reconversión se leve a cabo en distintas provincias.

2. Deberán ter presentada a declaración de colleita de uva da campaña anterior, agás que non tivesen a obriga de presentala.

3. Ter inscritas ao seu nome no RVG as parcelas de viña e/ou as resolucións de arrinca, autorizacións de replantación, dereitos de replantación e/ou autorizacións de plantación por conversión de dereitos que se van incluír nos plans ou, na súa falta, antes do remate do prazo de solicitude destas axudas, presentar as correspondentes solicitudes para a concesión de autorización de plantación por conversión e/ou de replantación, e sempre antes da caducidade das ditas autorizacións que se vaian incluír nestes plans.

4. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Cumprir a normativa nesta materia e, en particular, o novo réxime de plantacións de viña, conforme ao Real decreto 1338/2018, do 29 de outubro.

6. As comunidades de bens ou sociedades civís deberán cumprir as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles (anexo I), que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Tamén deberán nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario correspondan á agrupación. Así mesmo, deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte a aquela en que solicite o pagamento final.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO, S/N

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546884

Fax: 981546892

Órgano responsable

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.