MR435C - Rexistro de estacións de inspección técnica de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Este decreto ten por obxecto regular na Comunidade Autónoma de Galicia as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación dos produtos fitosanitarios, o censo de equipos de aplicación dos produtos fitosanitarios, o procedemento de autorización e rexistro das estacións de inspección, o procedemento e o programa de inspección, a formación dos directores e inspectores das estacións de inspección e a creación do Comité Fitosanitario Galego.

Créase o Rexistro de estacións de inspeccións técnicas de equipos de aplicación fitosanitarios (RITEAF), autorizadas para realizar inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, o cal queda adscrito á Consellaría competente en materia de agricultura, a través da Dirección competente en materia de sanidade vexetal.

A quen vai dirixido?

Estacións de inspeccións técnicas de equipos de aplicación fitosanitarios.

Requisitos

1.- Poderán ser titulares das ITEAF os considerados no artigo 7 do Real Decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
2.- Deberán dispoñer de persoal axeitado, axustándose ao disposto no artigo 8 do Real Decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
3.- Deberán dispoñer de equipamento adecuado, axustándose ao disposto no artigo 9 do Real Decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
4.- En cumprimento do disposto no artigo 7.3 do Real Decreto 1702/2011, as ITEAF que non pertenzan a Administración Pública, deberán subscribir unha póliza de responsabilidade civil, avais ou outras garantías que cubra os riscos da súa responsabilidade, respecto de danos ambientais, materiais e persoais a terceiros, por unha contía mínima de 300.000 euros de importe asegurado fronte a danos materiais e persoais, e de 500.000 euros de importe asegurado fronte a danos ambientais por contaminación, incluídos gastos de reparación complementaria e compensatoria.

5.- O persoal das ITEAF estará identificado en todo momento durante a realización das inspeccións da maquinaria de tratamentos fitosanitarios.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546186 / 981540048

Fax: 981546892

Órgano responsable

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Normativa

Ámbito Autonómico

Decreto 60/2014, do 15 de maio, polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e se crea o Comité Fitosanitario Galego (DOG nº 104 do 3 de xuño de 2014).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios (BOE nº 296 do 9 de decembro de 2011).

Ligazón á normativa

Corrección de erros do Real decreto 1702/2011, do 18 de novembro, de inspeccións periódicas dos equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios (BOE nº 107 do 4 de maio de 2012).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.