MR203B - Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

O obxecto desta disposición é establecer os niveis de capacitación dos que deben dispor as persoas que desenvolven actividades relacionadas coa utilización de produtos fitosanitarios dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, así como fixar o contido dos cursos para alcanzar estes niveis de capacitación.

A capacitación correspondente aos niveis que prevé o número anterior entenderase acreditada co carné de manipulador e aplicador de produtos fitosanitarios, que será expedido coa presentación previa do certificado acreditativo de ter superado o curso de formación do nivel correspondente.

Expedición e validez dos carnés de manipulador-aplicador.

O procedemento para a expedición do carné será o indicado no artigo 14 da Orde do 17 de marzo de 2009. Deberán ser achegadas, xunto coa documentación requirida no dito artigo, dúas fotografías tamaño carné de cada persoa que solicita a acreditación.


Os carnés expedidos pola autoridade competente, segundo o modelo que se especifica no anexo III, terán unha validez de dez anos para todo o territorio do estado español. Os carnés expedidos polos órganos competentes doutras comunidades autónomas terán a mesma validez no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

A renovación dos carnés farase de forma automática coa presentación previa da solicitude segundo anexo IV. En caso de que as circunstancias derivadas do desenvolvemento do coñecemento técnico ou da normativa aplicable o requiran, a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal poderálles exixir ás persoas solicitantes a actualización de coñecementos mediante accións de información ou formación complementarias.

Niveis de capacitación.

Os niveis de capacitación son os seguintes:

1. Básico.

2. Cualificado.

3. Fumigador.

4. Especial para a aplicación de fumigantes tóxicos e moi tóxicos para a desinfección de solos agrícolas.


5. Especial para a aplicación de fumigantes moi tóxicos contra os micromamíferos de solos agrícolas.


6. Piloto aplicador agroforestal.

Requirimentos de capacitación para aplicar ou manipular produtos fitosanitarios:

1. Para o caso de produtos fitosanitarios que non sexan gases ou non sexan xeradores de gases clasificados como tóxicos e/ou moi tóxicos segundo o disposto no Real decreto 255/2003, necesitan alcanzar o nivel de capacitación:

a) Básico:

-Os agricultores que non dispoñan de persoal auxiliar na mesma explotación.

-O persoal auxiliar das empresas e outras entidades dedicadas á aplicación de produtos fitosanitarios.

-O persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias que apliquen produtos fitosanitarios.

-O persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público de produtos fitosanitarios.

b) Cualificado:

-Os agricultores e/ou os responsables técnicos das explotacións agrarias que teñan ao seu cargo persoal que aplique produtos fitosanitarios.

-Os responsables das empresas e outras entidades dedicadas á aplicación de produtos fitosanitarios.

-Os responsables técnicos das empresas e explotacións agrarias que apliquen produtos fitosanitarios.

-Os responsables dos establecementos de venda ao público de produtos fitosanitarios.

-Os aplicadores a terceiros.

c) Piloto aplicador agroforestal:

-As persoas que están en posesión do título e a licenza de piloto comercial de avión ou helicóptero e aplican produtos fitosanitarios por medios aéreos.

2. Para o caso de produtos fitosanitarios que son gases ou xeran gases clasificados como tóxicos ou moi tóxicos segundo o disposto no Real decreto 255/2003, necesitan alcanzar o nivel de capacitación:

a) Fumigador:

-Os responsables técnicos, os aplicadores profesionais e o persoal das empresas de servizos que participen de forma directa na aplicación destes produtos.

b) Especial para a aplicación de fumigantes tóxicos e/ou moi tóxicos para a desinfección de solos:

-Os agricultores que apliquen estes produtos na súa explotación para a desinfección do solo así como toda persoa que participe na aplicación, agás as especificadas no número 3.2.a) deste artigo.

c) Especial para a aplicación de fumigantes moi tóxicos contra os micromamíferos do solo:

-Os agricultores que apliquen estes produtos na súa explotación contra os micromamíferos do chan así como toda persoa que participe na aplicación, agás as especificadas no número 3.2.a) deste artigo.


Con carácter previo á obtención de calquera destas dúas modalidades do nivel especial de capacitación especificadas nas alíneas b) e c) deberá acreditarse a posesión do nivel básico ou cualificado.

3. Os contidos e a duración mínima dos cursos de formación para alcanzar estes niveis seguirán o que se especifica no anexo II desta orde.

Autoridade competente: Na Comunidade Autónoma de Galicia a autoridade competente en materia de capacitación das persoas que manipulen ou utilicen produtos fitosanitarios, en particular, para tramitar a autorización de cursos, conceder validacións das materias destes e expedir os carnés que habilitan para a distribución, manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios, é a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consellería do Medio Rural.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Dirección da AGACAL

Área de Formación, Innovación e Investigación

Departamento de Formación

Rua Camiño Francés, 10

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546790

Fax: 981546651

Email: formacion.cmrm@xunta.es

Órgano responsable

Departamento de Formación

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Ligazón á normativa

Orde conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios (DOG nº 77 de 22 de abril de 2009).

Ligazón á normativa

Corrección de erros.-Orde conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, pola que se regula a formación das persoas que realizan actividades relacionadas coa manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea a Comisión Técnica de Produtos Fitosanitarios (DOG nº 81 do 28 de abril de 2009).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios (BOE nº 223 do 5 de setembro de 2012).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.