Matrícula nas ensinanzas deportivas.
Forma presentación
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: 07/09/2016 - 26/09/2016.
O prazo de matrícula dos/as aspirantes que superen as probas de acceso abranguerá desde a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 26 de setembro.
- Para a formalización das solicitudes de matrícula, os modelos estarán dispoñibles no enderezo http://sede.xunta.es . Os centros tamén poderán facilitar ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo II a esta resolución (código ED318B). Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría do centro, que se xuntará á documentación xa presentada.
Tamén se poderá presentar a solicitude por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Coa solicitude, os interesados deberán achegar a documentación que se relaciona no anexo II desta resolución, aquela que non fose presentada coa solicitude de admisión ás probas.
Igualmente, non se deberá presentar aquela documentación que xa estivese en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos e cando non transcorresen máis de cinco (5) anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento. - DOCUMENTACIÓN:
- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Certificación académica na que conste o expediente académico e/ou depósito de algún dos seguintes títulos:
- Título de graduado en ESO ou de bacharel (ou equivalente), ou certificación académica na que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións da ESO ou do bacharelato, ou certificado de ter superadas todas as materias do bacharelato.
- Título de técnico superior.
- Título universitario.
- Certificado de estudos do ciclo formativo no que figuren as cualificacións das materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título ou o libro de cualificacións do ciclo formativo.
- Certificación de superación da proba de madureza de acceso ás ensinanzas deportivas.
- Certificación de superación da proba de acceso á formación profesional de grao medio/superior (parte común), ou a de artes plásticas e deseño.
- Certificación de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Resolución personalizada da consellería competente en materia de deporte pola que quen solicita obtén a consideración de deportista galego/a de alto nivel.
- Resolución personalizada do Consello Superior de Deportes pola que quen solicita obtén a consideración de deportista nacional de alto nivel.
- Certificación de méritos deportivos expedida pola federación española ou autonómica correspondente.
- Volante de inscrición condicional (só para titulacións obtidas no estranxeiro).
- Certificación académica na que conste o expediente académico e/ou depósito do título de técnico deportivo alegado para o acceso.
- Certificado de recoñecemento do grao de discapacidade (só terá que achegarse cando non sexa emitido pola Xunta de Galicia ou no caso de non autorizar a súa consulta).
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN,FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
S.X. APRENDIZAXE PERMANENTE E ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial
San Caetano, s/n - Bloque 2, 2º Andar
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546511Fax: 981546551
Solicitude de matrícula nas ensinanzas técnico-deportivas para o curso 2016-2017.
A relación definitiva de persoas inscritas será exposta nos taboleiros de anuncios dos centros onde se realizase a inscrición o día 1 de agosto, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es
Beneficiarios:
Relación provisional de persoas inscritas.
Requisitos:
No relativo a criterios de admisión, observarase o disposto polo Real decreto 1363/2007, no seu artigo 34.
AUTONÓMICA
Orde do 24 de marzo de 2003 pola que se regulan as probas de madurez e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas reguladas polo Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro (DOG nº 65 do 2 de abril de 2003).
AUTONÓMICA
Resolución do 20 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016/17 (DOG nº 127 do 6 de xullo de 2016).
AUTONÓMICA
Cualificacións definitivas das probas de madureza para o acceso ás ensinanzas deportivas.
ESTATAL
Real Decreto 1363/2007, de 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial (BOE nº 268, de 8 de novembro de 2007).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres