IN848A - Subvencións para dotación de unidades de I+D dentro das empresas.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D como vía de mellora da súa competitividade mediante a posta no mercado de novos ou mellorados produtos ou servizos, e a transferencia de tecnoloxía entre organizacións densas en coñecemento e orientadas á innovación.

2. Segundo o establecido no artigo 12 do Regulamento (CE) núm. 800/2008, subvencionaranse os investimentos dirixidos a:

a) Investimentos innovadores.
a.1) Creación dun novo centro produtivo; a ampliación dun establecemento da empresa solicitante coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.

a.2) Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.
a.3) Unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.

b) Dotación de unidades de I+D. Creación e ampliación da capacidade tecnolóxica estable dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico e non asociadas á actividade produtiva.

c) Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións.

3. De acordo co establecido no artigo 3.2.a do Decreto 432/2009, do 11 de decembro, polo que se regulan as axudas rexionais ao investimento e ao emprego na Comunidade Autónoma de Galicia en aplicación do Regulamento (CE) 800/2008 da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE, os proxectos teñen que ser viables desde o punto de vista técnico, económico, financeiro e ambiental.

4. Terán a consideración de gastos subvencionables, sempre que cumpran os requisitos da Orde EHA/524/2008, do Ministerio de Economía e Facenda, do 26 de febreiro, pola que se aproban os gastos subvencionables dos programas operativos do Feder e do Fondo de Cohesión, os seguintes:
a) Realización de investimentos en maquinaria necesaria para o proxecto sempre que supoñan unha mellora tecnolóxica significativa e innovadora nos procesos ou na actividade da empresa. No sector do transporte non serán subvencionables os medios e equipamentos de transporte.
b) Adquisición de equipamento específico para o incremento da capacidade tecnolóxica e innovadora da unidade de I+D da empresa.
c) Instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos equipamentos adquiridos. Subvencionarase aquelas instalacións e acondicionamentos específicos para algún dos investimentos subvencionados nos puntos 2.a) e 2.b) deste artigo sempre que non sexan xenéricas (exclúense os gastos correspondentes a mobiliario, material de oficina, iluminación e pintura). O custo por este concepto non poderá ser superior ao 25 % do total do investimento.
d) Custo en concepto de adquisición de dereitos sobre títulos de propiedade industrial relativos a invencións que fosen outorgados por un organismo oficial. Os titulares e/ou os inventores do título correspondente non poderán ter relación laboral ou societaria coa empresa solicitante da axuda.

Ao tratarse de activos inmateriais, definidos no artigo 2, 11) do Regulamento 800/2008, deberán cumprir as condicións do artigo 12.2 do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión. O cumprimento destas condicións deberá verificarse na fase de xustificación. Para seren considerados custos subvencionables para efectos do Regulamento (CE) nº 800/2008, os activos inmateriais deberán cumprir todas as condicións seguintes:
a) Utilizaranse exclusivamente na empresa beneficiaria da axuda. Canto ás axudas rexionais ao investimento, utilizaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda;
b) Consideraranse activos amortizables;
c) Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado sen que o adquirinte estea en posición de exercer control sobre o vendedor, ou viceversa, segundo o teor do artigo 3 do Regulamento (CE) nº 139/2004 (2) do Consello.

5. Poderán ser subvencionables os proxectos cun custo subvencionable entre 50.000 euros e 300.000 euros para as axudas que teñen por obxecto os investimentos innovadores descritos no artigo 1.2.a) destas bases; e cun custo subvencionable superior a 30.000 euros para as dotacións de unidades de I+D descritas no artigo 1.2.b) destas bases. Fóra dos límites marcados por estas cantidades, non serán atendidas as solicitudes de subvención.

Non se establece custo mínimo para os investimentos de transferencia de tecnoloxía descritos no artigo 1.2.c) destas bases.

Non se admitirán aqueles gastos facturados entre empresas asociadas ou vinculadas atendendo ás definicións do artigo 7 desta resolución de convocatoria.

6. A Axencia Galega de Innovación ten entre as súas responsabilidades levar a cabo o desenvolvemento do Plan i2C, onde están incluídas as iniciativas para a innovación en que se enmarca esta convocatoria.

7. Os investimentos integrados nunha mesma solicitude de axuda deben referirse a unha única solución técnica. Cada unha das solicitudes só poderá ter por obxecto investimentos encadrados nunha das categorías descritas no artigo 1.2 destas bases (1.2.a) Investimentos innovadores; 1.2.b) Dotación de unidades de I+D; ou 1.2.c) Transferencia de tecnoloxía mediante a adquisición de licenzas relativas a invencións).

8. Estas subvencións terán unha única anualidade; por tanto, só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no punto 2, que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación establecida no artigo 6 destas bases.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Obrigas dos beneficiarios
Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos anexos desta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:
a) Proceder ao reintegro total ou parcial da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, someterse ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de cinco anos desde a súa concesión. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro dese prazo de cinco anos, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante este período mínimo.
e) Non superar as porcentaxes máximas de acumulación de axudas establecidas na normativa comunitaria europea.
f) Solicitar á Axencia Galega de Innovación, previamente á súa realización e, en todo caso, antes de que remate o prazo de xustificación da subvención, autorización para realizar calquera modificación no desenvolvemento dos proxectos aprobados. Terase en conta que a realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a devolución das cantidades desviadas.
g) Cumprir as medidas en materia de información e publicidade reguladas na sección 1 do capítulo II do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, coas modificacións introducidas polo Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013 que pode consultarse nas seguintes páxinas web:
http://gain.xunta.es
http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos
De acordo co artigo 8 do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 e coa Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, se a axuda pública recibida para o proxecto supera os 100.000 ?, deberá colocarse nun lugar visible do establecemento do beneficiario unha placa de tamaño A4 dun material perdurable (por exemplo, metacrilato) que identifique o financiamento con fondos Feder da subvención. Para subvencións totais por proxecto iguais ou inferiores a 100.000 euros, bastará con colocar un adhesivo identificativo en cada equipamento subvencionado.
h) Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e deberán conservar a documentación xustificativa dos devanditos investimentos por un período de tres anos a partir do peche do programa operativo, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 do Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006.

Ler máis Ler menos

Requisitos

De acordo co artigo 1.6.a) do Regulamento (CE) núm. 800/2008, exclúense como posibles beneficiarios da presente convocatoria os solicitantes que estean suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Igualmente, e tendo en conta o establecido no artigo 1.6.c) do Regulamento (CE) núm. 800/2008, exclúense como posibles beneficiarias da presente convocatoria as empresas en crise.

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)

15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981957392 / 981957387

Fax: 981541039

Email: infosegapi.gain@xunta.es

http://gain.xunta.es

Órgano responsable

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C INN), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2014).

Ligazón á normativa

Resolución do 11 de abril de 2014 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para investimentos innovadores para o crecemento empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C INN), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 81 do 29 de abril de 2014).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.