Habilitación profesional para a prestación de servizos en vehículos de transporte sanitario.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: 15/04/2015 - 14/10/2015.
A solicitude presentarase dentro dos seis meses seguintes á entrada en vigor deste decreto.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- As persoas que estean nalgún dos supostos previstos no parágrafo 2 do artigo 17 deberán presentar a correspondente solicitude de conformidade co previsto no anexo IV deste decreto. A solicitude presentarase dentro dos seis meses seguintes á entrada en vigor deste decreto, dirixida á Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Cando as persoas interesadas estean prestando servizos en postos de traballo de empresas de transporte sanitario autorizadas en Galicia, poderá ser a empresa a que presente as solicitudes de habilitación para os seus/súas traballadores/as, acreditando a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, ou mediante declaración en comparecencia persoal do/a interesado/a.
- A solicitude irá acompañada de orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:
- a) Copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
- b) Xustificación do pagamento das taxas correspondentes.
- c) Xustificación da experiencia laboral para traballadores/as por conta allea, necesariamente, mediante os seguintes documentos:
- 1º. A certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación.
- 2º. O contrato de traballo ou certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral que reflicta, especificamente, a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida e o período en que se realizara a devandita actividade.
- d) Xustificación da experiencia laboral para traballadores/as autónomos ou por conta propia:
- 1º. Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou do Instituto Social da Mariña, dos períodos de alta na Seguridade Social no réxime especial correspondente.
- 2º. Descrición da actividade desenvolvida e o intervalo de tempo en que esta se realizou.
- e) Xustificación da experiencia laboral para persoal voluntario que preste servizos de transporte sanitario en Cruz Vermella Española e en entidades benéficas cuxa actividade principal sexa a prestación de asistencia sanitaria cunha finalidade humanitaria e social de carácter xeral. Este aspecto acreditarase mediante certificación individual expedida pola organización en que teña prestado o seu servizo voluntario, en que consten, especificamente, as actividades e funcións realizadas, o ano en que se teñan realizado e o número total de horas dedicadas a elas.
- No caso de que se prestase servizo de forma indistinta en ambulancias asistenciais e non asistenciais, e non se concrete o tipo de traballo en cada clase de ambulancias, entenderase que o tempo traballado corresponde a ambulancias non asistenciais.
- En caso de negativa da empresa a expedir o certificado de funcións desempeñadas, alegada polo traballador, ou ben da súa extinción, o traballador poderá acreditalas presentando outros medios de proba admitidos en dereito.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
- A documentación complementaria poderá presentarse de forma electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada de conformidade co disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro.
- A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
- As copias dos documentos terán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
- Na sede electrónica encontraranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE SANIDADE
FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA - 061
Praza de Martín Herrera, 2-2º (H. Psiq. Conxo)
15706SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881546716Fax: 881546645
Email: secretaria.061@sergas.es
O obxecto do presente decreto é regular:
a) O transporte sanitario terrestre que transcorra integramente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As características técnicas, equipamento sanitario e dotación de persoal, dos vehículos de transporte sanitario por estrada.
c) As certificacións técnico-sanitarias dos vehículos de transporte sanitario por estrada.
d) Os requisitos mínimos de formación do persoal que preste servizos en vehículos de transporte sanitario.
e) O procedemento de expedición de certificacións nos supostos de habilitación por experiencia profesional acreditada.
f) O réxime xurídico do Rexistro de Transporte Sanitario.
Prestación de transporte sanitario.
1. Considerarase prestación de transporte sanitario, de conformidade co establecido no artigo 56 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, o transporte especial de persoas enfermas ou accidentadas, cando concorra algunha das circunstancias seguintes:
a) Unha situación de urxencia que implique risco vital ou dano irreparable para a saúde da xente afectada.
b) A imposibilidade física da persoa ou outras causas clínicas que impidan ou que o incapaciten para a utilización do transporte ordinario para se desprazar a un centro sanitario ou ao seu domicilio logo de recibir a atención sanitaria correspondente.
2. A carteira de servizos comúns de transporte sanitario inclúe:
a) Transporte sanitario non asistido, que é o indicado para o traslado especial de persoas enfermas ou accidentadas que non requiren asistencia técnico-sanitaria en ruta.
b) Transporte sanitario asistido, que é o indicado para o traslado de persoas enfermas ou accidentadas que requiren asistencia técnico-sanitaria en ruta.
3. A prescrición corresponderalle ao/á facultativo/a que preste asistencia e/ou á inspección de servizos sanitarios, e a súa prestación seguirá o procedemento regulado pola Administración sanitaria.
Exclusións.
1. Non terán a consideración de prestacións sanitarias obrigatorias, os seguintes traslados:
a) Traslado por asistencia continuada, que é o traslado de pacientes desde o seu domicilio a un centro asistencial ou á inversa, por motivos diagnósticos ou terapéuticos.
b) Traslado por alta, que é o traslado de pacientes desde un centro sanitario ao seu domicilio.
c) Traslado de transplante que é o traslado de pacientes, órganos ou persoal sanitario para a realización de transplantes.
d) Traslado de material biosanitario, que é o traslado de material biolóxico, soporte de probas diagnósticas, ou medios terapéuticos que se realicen entre centros sanitarios.
2. A planificación, organización e supervisión, así como os gastos ocasionados polos traslados descritos, poderán ser asumidos polo Servizo Galego de Saúde, sempre que concorran circunstancias que así o aconsellen e exista crédito orzamentario dispoñible.
Beneficiarios:
1. De conformidade co previsto na disposición transitoria segunda do Real decreto 836/2012, do 25 de maio, e na disposición adicional sexta do mesmo real decreto, o persoal que, carecendo da titulación exixida, acredite de forma fidedigna a experiencia laboral a que se refire o número 2 poderá quedar habilitado para o desenvolvemento das funcións propias do seu posto de traballo.
2. Para os efectos indicados no número 1:
a) Quedarán habilitadas como persoal condutor ou como persoal condutor en funcións de axudante de ambulancias de clase A1 e A2 as persoas que acrediten máis de tres anos de experiencia laboral realizando funcións propias do seu posto de traballo nos últimos seis anos inmediatamente anteriores ao 9 de xuño de 2012.
b) Quedarán habilitadas como persoal condutor ou como persoal condutor en funcións de axudante de ambulancias de clase B e C as persoas que acrediten unha experiencia laboral realizando funcións propias do seu posto de traballo de cinco anos nos últimos oito anos inmediatamente anteriores ao 9 de xuño de 2012.
3. A habilitación como persoal condutor ou como persoal condutor en funcións de axudante de ambulancias de clase B e C, servirá tamén como habilitación para as de clase A1 e A2. A obtención da habilitación terá efecto exclusivamente de cara á xustificación dos requisitos mínimos de formación para cada tipo de ambulancia.
Requisitos:
1. O persoal que preste servizos de transporte sanitario por estrada deberá reunir os requisitos de titulación que, en función do tipo de vehículo, veñen determinados no anexo II deste decreto.
2. A partir da entrada en vigor do presente decreto, o persoal condutor ou o persoal condutor en funcións de axudante de novo ingreso nas empresas de transporte sanitario, deberá posuír o certificado de profesionalidade en transporte sanitario ou título de técnico/a en emerxencias sanitarias, de conformidade co previsto no artigo 4 do Real decreto 836/2012, do 25 de maio.
Para os efectos do presente decreto, entenderase como «novo ingreso» a contratación de persoal que non prestase servizos no sector do transporte sanitario con anterioridade.
AUTONÓMICA
Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario (DOG nº 69 do 14 de abril de 2015).
AUTONÓMICA
Corrección de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario (DOG nº 73 do 20 de abril de 2015).
ESTATAL
Real Decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada (BOE nº 137, do 8 de xuño de 2012).
ESTATAL
Orde PRE/1435/2013, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres en materia de transporte sanitario por estrada (BOE nº 180 do 29 de xullo de 2013).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres