Convocatoria de probas para a renovación do certificado CE de formación de conselleiros/as de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.



Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación: 10/06/2016 - 09/07/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Versión en formato PDF

  • Solicitude segundo o Anexo III.
  • O interesado deberá satisfacer, no prazo que se indica na base primeira desta resolución, os correspondentes dereitos de exame. Para acreditar o dito cumprimento, os aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude, o pertinente impreso da taxa de autoliquidación correspondente á Administración.
  • Os mencionados dereitos de exame ingresaranse despois de cubrir os correspondentes impresos de taxas (Consellería de: CIV, código: 06, Delegación de: SS.CC, código: 13, Servizo de: Mobilidade, código: 02; Denominación: dereitos de exame probas transportista; código: 31.01.06).
  • A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
  • No caso de que, na solicitude para concorrer ás probas (anexo III desta resolución), os interesados non autorizasen expresamente á Administración pública para a consulta dos seus datos de identidade nos sistemas de verificación de datos de identidade, deberán presentar, ademais da solicitude e do impreso da taxa de autoliquidación, unha copia compulsada do seu DNI.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

DIRECCION XERAL DE MOBILIDADE

SUBDIRECCION XERAL DE ORDENACION DO TRANSPORTE

Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.
15707SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544582Fax: 981544351

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE MOBILIDADE DA CORUÑA
Alcalde Pérez Arda, 4
15006Teléfono: 881881003Fax: 881881000

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE MOBILIDADE DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27071LUGO
Teléfono: 982294421Fax: 982294389

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE MOBILIDADE DE OURENSE
R/ Valente Docasar, 2 baixo
32003OURENSE
Teléfono: 988687307 / 988687308Fax: 988687303

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE MOBILIDADE DE PONTEVEDRA
Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 886206015 / 886206016Fax: 886206026

http://www.cmati.xunta.es/mobilidade

Versión en formato PDF

Esta convocatoria ten por obxecto a realización das probas para a renovación (código MT310B) dos certificados de conselleiro de seguridade.

A data ou datas de realización das probas será determinada na resolución pola que se fixen os cadros de horarios e a relación definitiva de admitidos e excluídos.

Beneficiarios:

Conselleiros de Seguidade.

Requisitos:

1. O certificado renovarase por períodos de cinco anos se, durante o último ano anterior á data de expiración do certificado, o seu titular supera un exame.
2. Para participar na proba para a renovación do certificado será preciso que o certificado para renovar estea en vigor e dentro do seu último ano de validez no día da realización do exame.
3. O exame consistirá nunha proba de 50 preguntas tipo test; valorarase cada resposta acertada con 2 puntos e será preciso acadar un mínimo de 50 para superar este exercicio. As respostas erróneas ou en branco non terán penalización. Os aspirantes disporán de 60 minutos para realizar esta proba.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 24 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (DOG nº 109 do 9 de xuño de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.