Comunicación de datos para a inscrición na sección terceira de vendas a distancia.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Iniciar modificación e baixa dende a carpeta do cidadán
Modificación e baixa dende a carpeta do cidadán: acceda a súa carpeta do cidadán para realizar modificacións e baixas sobre expedientes abertos.
Acceso ao expediente con código de seguridade
Acceso con código de seguridade: acceda a un expediente empregando o código de seguridade proporcionado. O acceso require autenticación na carpeta do cidadán.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
Tres meses, o inicio da súa actividade a esta sección do Rexistro Galego de Comercio.
- As persoas físicas ou xurídicas interesadas na súa inscrición nesta sección presentarán a solicitude conforme o modelo normalizado que se establece no anexo III.
- A comunicación de datos a esta sección conterá, polo menos, os seguintes puntos:
- a) A identificación da empresa, así como da súa persoa titular.
- b) A estrutura e a composición dos órganos de administración e goberno da persoa xurídica.
- c) A relación de produtos ou servizos que configuran a oferta comercial.
- d) O ámbito de actuación da persoa física ou xurídica comerciante.
- e) A clase ou as clases de medios de comunicación para transmitir as propostas de contratos e para recibir as respostas das persoas consumidoras.
- f) A referencia ao sistema comercial previsto e ao lugar para atender as reclamacións das persoas consumidoras e para atender o exercicio por parte destas do dereito de desistencia ou revogación.
- Así mesmo, a comunicación de datos incluirá a manifestación de que a persoa comerciante interesada dispón da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos establecidos nas regulamentacións e nas normas específicas aplicables aos produtos obxecto de comercialización e en calquera outra regulamentación sectorial que resulte aplicable.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545557Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.es
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es
1. De conformidade co disposto no artigo 57.1 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas domiciliadas en territorio galego que exerzan a actividade de venda a distancia en calquera ámbito territorial deberanlle comunicar, no prazo de tres meses, o inicio da súa actividade a esta sección do Rexistro Galego de Comercio.
Tamén deberán efectuar a devandita comunicación aquelas persoas físicas ou xurídicas que, sen estaren domiciliadas en territorio galego, difundan as súas ofertas por medios que abranguen Galicia e non consten inscritas noutro rexistro estatal ou autonómico.
2. Quedan exentas da obriga de comunicación de datos a esta sección as persoas establecidas noutros Estados membros da Unión Europea que operen en réxime de libre prestación, sen establecemento permanente en Galicia.
Beneficiarios:
Persoas físicas ou xurídicas domiciliadas en territorio galego.
AUTONÓMICA
Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio (DOG nº 84 do 3 de maio de 2012).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres