Comunicación de datos para a inscrición na sección sexta de asociacións de comerciantes ou federacíóns.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Iniciar modificación e baixa dende a carpeta do cidadán
Modificación e baixa dende a carpeta do cidadán: acceda a súa carpeta do cidadán para realizar modificacións e baixas sobre expedientes abertos.
Acceso ao expediente con código de seguridade
Acceso con código de seguridade: acceda a un expediente empregando o código de seguridade proporcionado. O acceso require autenticación na carpeta do cidadán.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
- As asociacións ou federacións interesadas na súa inscrición nesta sección poderán presentar a solicitude conforme o modelo normalizado que se establece no anexo VI.
- A comunicación de datos a esta sección conterá, polo menos, os seguintes puntos:
- a) A identificación da asociación ou federación.
- b) Número de identificación fiscal (NIF).
- c) A descrición do seu obxecto.
- d) A composición dos seus órganos directivos, con indicación do nome e cargo das súas persoas membros.
- e) A relación das persoas comerciantes asociadas, con especificación dos seguintes datos referentes a elas: número de asociada, nome ou razón social, NIF, rótulo e IAE do/s establecemento/s.
- f) No caso de asociacións de carácter autonómico ou federacións, indicaranse as de carácter provincial que as compoñen.
- Coa comunicación achegarase a seguinte documentación:
- a) Acta fundacional.
- b) Estatutos, debidamente inscritos no rexistro correspondente.
- c) Certificación expedida pola persoa que desempeñe a secretaría da asociación ou federación, debidamente asinada e selada, na cal deberán constar os seguintes puntos:
1) A composición dos órganos directivos, con indicación do nome e cargo das súas persoas membros.
2) A relación das persoas comerciantes asociadas, con especificación dos seguintes datos relativos a elas: número de asociada, nome ou razón social, rótulo e IAE do/s establecemento/s.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO
SERVIZO DE ORDENACIÓN
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545594Fax: 981545541
Email: cei.dxcomercio@xunta.es
Neste procedemento regulase a Sección sexta de asociación de comerciantes ou federacións do Rexistro Galego de Comercio, creado pola Lei 13/2010, do 17 de decembro, de comercio interior de Galicia, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 de decembro de 2010 e entrou en vigor o 19 de xaneiro de 2011.
O artigo 8.1, da devandita lei crea o Rexistro Galego de Comercio, adscrito á dirección xeral competente en materia de comercio, que ten por obxecto a inscrición dos establecementos comerciais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como das asociacións comerciais por eles constituídas. Regulamentariamente determinaranse as seccións que integren este rexistro, así como a forma e os datos requiridos para levar a cabo a devandita inscrición.
O artigo 8.2, recolle que o Rexistro Galego de Comercio será público e a inscrición nel gratuíta, e considerada condición indispensable para optar a calquera das liñas de axuda convocadas pola Administración da comunidade autónoma ou para participar activamente nos programas específicos.
No que atinxe ao funcionamento do rexistro haberá que aterse ao disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na Lei de sinatura electrónica, na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e nas normas que se diten en desenvolvemento do portelo único en relación coa aplicación da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.
Beneficiarios:
1. Poderán inscribirse nesta sección do Rexistro Galego de Comercio as asociacións de persoas comerciantes por xunto ou polo miúdo que cumpran os requisitos establecidos no artigo seguinte.
2. Tamén poderán inscribirse as federacións de asociacións de persoas comerciantes.
3. A inscrición nesta sección será condición imprescindible para que as asociacións de persoas comerciantes e as federacións delas poidan optar ás axudas e subvencións convocadas pola consellería competente en materia de comercio ou participar en programas específicos.
Requisitos:
1. Para seren incluídas nesta sección, as asociacións de persoas comerciantes, así como as súas federacións, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar constituída en asociación sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica e debidamente inscrita nos rexistros que corresponda pola súa propia natureza.
b) Ter o seu domicilio social en Galicia e realizar a súa actividade, polo menos, en territorio galego.
c) Contar cunha referencia ao sector comercial na súa denominación.
d) Ter como finalidade nos seus estatutos a defensa ou promoción da actividade comercial das súas asociadas.
e) Non ter como asociadas persoas que non exerzan algunha actividade empresarial.
f) Dispoñer dunha comisión específica, expresamente recollida nos estatutos, para as persoas afiliadas pertencentes ao sector comercial, no caso de asociacións que non estean compostas maioritariamente por empresas do comercio.
2. Tamén poderán inscribirse nesta sección as asociacións de comerciantes que, sen estaren domiciliadas en Galicia, desenvolvan a súa actividade en territorio galego e cumpran os demais requisitos que se establecen no apartado anterior.
AUTONÓMICA
Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio (DOG nº 84 do 3 de maio de 2012).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres