Base reguladora das axudas a proxectos de consultoría e asistencia técnica nas Pemes.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica
Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
Publicarase no DOG mediante resolución do director xeral do Igape.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- A establecida no capítulo I das Bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCION ECONOMICA - IGAPE
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 900815151Fax: 981558844
Email: informa@igape.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
OFICINA TERRITORIAL DO IGAPE EN VIGO
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza da Estrela 9,7ª planta
36201VIGO
Teléfono: 986817366Fax: 986817361
Email: vigo@igape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
OFICINA TERRITORIAL DO IGAPE EN FERROL
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela s/n, 4ª planta
15403FERROL
Teléfono: 981337101Fax: 981337106
Email: ferrol@igape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
OFICINA TERRITORIAL DO IGAPE DA CORUÑA
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Praza de Luis Seoane, s/n, 2ª planta
15008A CORUÑA
Teléfono: 981182239Fax: 981182240
Email: coruña@igape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
OFICINA TERRITORIAL DO IGAPE DE LUGO
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Ronda da Muralla, 70, baixo
27071LUGO
Teléfono: 982294032Fax: 982294801
Email: lugo@gape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
OFICINA TERRITORIAL DO IGAPE DE OURENSE
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79 - 5ª planta
32004OURENSE
Teléfono: 988687289Fax: 988687290
Email: ourense@gape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
OFICINA TERRITORIAL DO IGAPE DE PONTEVEDRA
Edif. Adm. Xunta de Galicia. Fernández Ladreda, 43 - 5ª planta
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986805305Fax: 986805308
Email: pontevedra@igape.es
Información web: HTTP://WWW.IGAPE.ES
Fomento das actuacións que lles permitan ás Pemes galegas a mellora da súa planificación empresarial e a reflexión cara a abordar con maiores garantías de éxito a súa consolidación e crecemento.
Ao abeiro destas bases o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido a:
1. Estudos, asistencia técnica e preparación de proxectos:
a) Elaboración de plans e protocolos de sucesión na empresa familiar.
b) Preparación de estudos e análises dirixidos á planificación da expansión das pequenas empresas.
c) Proxectos de estudo e implantación de medidas de Responsabilidade Social Corporativa (RSC).
d) Asistencia técnica para a elaboración de propostas de proxectos para concorrer ao financiamento do Fondo Tecnolóxico para España 2007-2013, de proxectos europeos ou de cooperación internacional.
2. Proxectos de deseño ou redeseño de imaxe corporativa, presentación de empresas e produtos ou servizos.
3. Programas de formación empresarial de directivos, mandos intermedios ou equipos técnicos.
4. Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto.
Beneficiarios:
Con carácter xeral poderán ser beneficiarios destas axudas:
1. As pequenas e medianas empresas (Pemes) segundo a definición da Comisión Europea que teñan radicado algún centro de actividade de carácter permanente na Comunidade Autónoma de Galicia e acometan proxectos subvencionables, que cumpran as seguintes condicións:
a) Desenvolver no centro radicado en Galicia algunha actividade empresarial non excluida no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOUE L10, 13.1.2001). Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados por normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nestes artigos axustaranse en cada caso a ditas normas específicas.
b) No caso de gastos de investimento, deberán aportar para o proxecto polo menos un 25% do seu importe, con recursos propios ou financiamento alleo, que non poderá ser obxecto de axuda ou subvención algunha.
c) En todos os casos deberán estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
2. Poderán ser así mesmo beneficiarios, cumprindo as anteriores condicións:
a) As persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica , poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención e cumpran os requisitos do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As agrupacións de interese económico.
c) Para os proxectos de deseño e de formación empresarial poderán ser tamén beneficiarios as entidades sen fin de lucro con personalidade xurídica propia (organismos intermedios) domiciliados en Galicia e que a súa actividade estea dirixida eminentemente a o mundo empresarial.
Requisitos:
- Cumprir os requisitos establecidos para cada tipo de iniciativa no artigo correspondente.
- Unicamente serán subvencionables os gastos realizados e pagados conforme ao establecido en cada artigo, dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.
AUTONÓMICA
Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia (DOG nº 200 do 14 de outubro de 1992).
AUTONÓMICA
Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 238 do 11 de decembro de 2000).
AUTONÓMICA
Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 142 do 23 de xullo de 2001).
AUTONÓMICA
Resolución do 9 de marzo de 2007, pola que se da publicadade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape (DOG nº 59 do 23 de marzo de 2007).
AUTONÓMICA
Resolución do 16 de setembro de 2008 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para axudas á presenza nun determinado evento expositivo internacional (procedemento IG110) (DOG nº 182 do 19 de setembro de 2008).
AUTONÓMICA
Resolución do 5 de febreiro de 2009, pola que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos e as bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/200(, do 6 de agosto, xeral de exención por categoría e se procede á convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda previstas nestas bases (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2009).
AUTONÓMICA
Resolución do 15 de outubro de 2009 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para a plurianualidade do ano 2010 para axudas a proxectos de investimento para a innovación ou mellora tecnolóxica das pemes (procedemento IG103) (DOG nº 204 do 27 de outubro de 2009).
AUTONÓMICA
Resolución do 19 de novembro de 2009 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, polo que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos para a aprobación de apoios específicos á provincia de Lugo) (DOG nº 231 do 25 de novembro de 2009).
AUTONÓMICA
Resolución do 19 de novembro de 2009 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, polo que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos para a aprobación de apoios específicos á provincia de Ourense (DOG nº 231 do 25 de novembro de 2009).
AUTONÓMICA
Resolución do 10 de xuño de 2010 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para varios programas de axuda ao abeiro da base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial (procedementos IG100 e IG101) (DOG nº 118 do 23 de xuño de 2010).
AUTONÓMICA
Corrección de erros.-Resolución do 10 de xuño de 2010 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para varios programas de axuda ao abeiro da base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial (procedementos IG100 e IG101) (DOG nº 127 do 6 de xullo de 2010).
AUTONÓMICA
Resolución do 24 de novembro de 2010 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para os proxectos de investimento empresarial superior a 500.000 euros ao abeiro da base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial. (Procedemento IG100) (DOG nº 230 do 30 de novembro de 2010).
ESTATAL
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro de 1992).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres