Axudas para o programa de implantación de guías para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.



Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación: 06/05/2015 - 05/06/2015.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Para o programa de implantación das guías, (anexo I A):
    • a) Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.
    • b) Acreditación da representatividade do solicitante.
    • c) Memoria pormenorizada do programa establecido no artigo 6 desta orde.
    • d) Relación dos produtores que realicen o programa, que conterá o nome do titular, o seu NIF e o REGA, segundo o anexo II.
    • e) Unha base de datos informática coa estrutura indicada no anexo IV, antes de iniciar a execución do programa, na cal se inclúan os datos das explotacións acollidas a este.
    • f) Folla resumo cuberta na súa totalidade, conforme o anexo III A.
  • De acordo co artigo 4, número 2 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 (DOG do 16 de xaneiro), pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, os solicitantes poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e non terán a obriga de presentar os documentos das letras a) e b) que xa fosen presentados.

    Para facer efectivo este dereito deberán especificar a data en que presentaron os documentos e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou do seu representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA

SERVIZO DE PRODUCIÓNS GANDEIRAS E BENESTAR ANIMAL
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546180Fax: 981545735

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE GANDARÍA
R/ VICENTE FERRER, 2
15071A CORUÑA
Teléfono: 981184565Fax: 981184653

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE GANDARÍA
RONDA DA MURALLA,70
27071LUGO
Teléfono: 982294487Fax: 982294425

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE GANDARÍA
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071OURENSE
Teléfono: 988386515Fax: 988386524

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE GANDARÍA
R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36071PONTEVEDRA
Teléfono: 886206571Fax: 886206590

Versión en formato PDF

O obxecto da orde é establecer as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva para a implantación das guías de prácticas correctas de hixiene en gandarías dedicadas á produción láctea procedente de vacún, ovino e cabrún, e a súa certificación externa. As guías que se implantarán serán as publicadas na páxina web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente:
http://www.magrama.gob.es/es/ganaderia/legislacion/gu%C3%ADa_pch_vacuno_leche_tcm7-5893.pdf

As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural e do Mar:
http://www.medioruralemar.xunta.es/

Así mesmo, por medio desta orde convócanse as axudas para o ano 2015.

As liñas de axuda serán as seguintes:
- Axudas para asesoramento técnico básico na implantación das guías, mediante a aplicación dos programas correspondentes.

Os labores de asesoramento deberán estar repartidos de xeito equilibrado entre todas as epígrafes correspondentes ás diferentes materias que inclúen as guías.

Quedan excluídos destas axudas os gastos vinculados á transformación ou comercialización do leite e os produtos lácteos.

As axudas unicamente poderán ser concedidas respecto ás actividades emprendidas ou realizadas con posterioridade á presentación das solicitudes e deberán axustarse ao prazo establecido nesta convocatoria.

As axudas concederanse en especie mediante servizos subvencionados e non poderán consistir en pagamentos directos en efectivo aos produtores.

Beneficiarios:

As centrais de compra, as cooperativas e sociedades agrarias de transformación que teñan entre os seus obxectivos a comercialización ou a transformación de leite de vaca, ovella ou cabra, e as agrupacións e as asociacións de produtores de leite (en diante «entidades») de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento (CE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño

Requisitos:

a) Levar a cabo a actividade subvencionable sinalada no artigo 3.1., letras a) ou b), nun grupo de titulares de explotacións incluídas nun mesmo programa, contando coa autorización para tal fin dos titulares de cada explotación.

b) Excluír de todos os programas as explotacións gandeiras que deixen de cumprir algún dos requisitos que establece o Real decreto 1589/2009, do 16 de outubro, e comunicalo á autoridade competente nun prazo de dous meses desde a exclusión.

c) Cumprir os requisitos legais e regulamentarios en materia de rastrexabilidade, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

d) Cumprir o exixido, nas normas ou programas complementarios establecidos, se é o caso, pola autoridade competente.

e) Ademais, no caso das centrais de compra deberán realizar un pagamento diferencial positivo por parámetros de calidade hixiénico-sanitaria do leite cru por riba do imposto pola normativa vixente. Este pagamento diferencial poderá establecerse incluíndo, adicionalmente, aspectos ambientais, de benestar animal e de persoal da explotación, con exixencias superiores ás establecidas na normativa, ou na guía.

f) Adicionalmente, en caso de centrais de compra de leite de vaca, deberán:
1º Cumprir coas obrigas impostas polo réxime da taxa suplementaria (sen prexuízo da desaparición do sistema de cotas desde o 31 de marzo de 2015).
2º Analizar as mostras de leite nun laboratorio de análise, rexistrado conforme o Real decreto 1728/2007, do 21 de decembro.

As entidades poderán presentar simultaneamente a solicitude de axudas para un programa de asesoramento e/ou para outro de certificación externa.

No caso dos programas correspondentes á liña de axudas establecidas no artigo 3.1.a), o programa incluirá o cen por cento das explotacións que son subministradoras de leite da entidade beneficiaria. Tamén poderá incluír, xunto a estas, outras que non sexan subministradoras da devandita entidade, pero que se comprometan a participar no programa xestionado por esta, agás ás que xa estean incluídas noutro programa, mediante o cal se soliciten estas axudas.

Os destinatarios últimos destas axudas son os titulares de explotacións produtoras de leite de vacún ou de ovino ou cabrún que teñan a cualificación de pequena e mediana empresa segundo o disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e que, autorizando a unha entidade a súa inclusión no seu programa, segundo se establece no número 1.a), cumpran os seguintes requisitos:
a) Non ter cometido unha infracción sancionada en firme en vía administrativa pola autoridade competente, nos 12 meses previos á resolución da axuda, por incumprimento da normativa vixente.
b) Cumprir cos requisitos legais e regulamentarios en materia de rastrexabilidade e de identificación animal, así como de benestar e de sanidade animal.
c) Non ter a consideración de empresa en crise.
d) Así mesmo, en caso de ser titulares de explotacións de vacún leiteiro, deberán analizar as mostras de leite nun laboratorio de análise, rexistrado conforme o Real decreto 1728/2007, do 21 de decembro.

Non poderán estar incluídos nos programas obxecto das axudas previstas nesta orde aquelas explotacións que incumpran calquera dos compromisos e requisitos a que se refire este artigo no ano anterior á solicitude.

Sen prexuízo do anterior, establécense as seguintes limitacións:
a) As explotacións unicamente poderán estar incluídas nun programa, xa sexa o establecido na letra a) ou na b) do artigo 3.1 desta orde.
b) Os titulares das explotacións incluídas nos programas de referencia, deberán permanecer no mesmo programa como mínimo ata que finalice o ano para o cal se solicitou. Isto non será exixible no caso de que exista unha renuncia expresa do titular.

Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde, as persoas ou entidades:
a) Que estean en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
b) Que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.
c) Que teñan a consideración de empresa en crise.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 23 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa, e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 83 do 5 de maio de 2015).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Real decreto 1589/2009, do 16 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e a súa certificación externa (BOE nº 270 do 9 de novembro de 2009).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Real decreto 901/2010, do 9 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 1589/2009, do 16 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e a súa certificación externa (BOE nº 167 do 10 de xullo de 2010).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.