Acceso e admisión ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.
Forma presentación
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: 14/06/2016 - 26/07/2016.
Dende o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 26 de xullo de 2016, para os ciclos de grao medio.
- Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de arte e superiores de deseño onde se impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo I a esta resolución. Unha vez cubertos, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:
- Título de ESO ou bacharel, ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións de ESO ou de bacharelato, ou ben o certificado de estudos en que figuren as cualificacións das diferentes materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Certificado da proba de acceso ao ciclo formativo, se é o caso, e só no suposto de non autorizar a súa consulta.
- Certificado da proba de madureza de ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou ensinanzas deportivas, se é o caso, e só no suposto de non autorizar a súa consulta.
- Copia do título correspondente á quenda de acceso, ou autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a súa veracidade.
- Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.
- Copia do DNI da persoa solicitante (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade).
- As persoas solicitantes da exención prevista no punto 5 do artigo 5 da Orde do 25 de xuño de 2007 xuntarán o certificado de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos onde conste a opción efectuada e a puntuación conseguida. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.
- As persoas que aleguen experiencia laboral xuntarán o documento acreditativo emitido pola empresa correspondente.
- Os aspirantes que deban realizar a proba de madureza farano constar no punto correspondente da inscrición. No caso de non superar esta proba, non serán admitidos na proba específica.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN,FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
San Caetano, s/n
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546562Fax: 981546550
http://www.edu.xunta.es
Versión en formato PDFConvocar as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17.
A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.
Beneficiarios:
Aspirantes acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio.
Requisitos:
Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos e superar unha proba específica.
b) Os aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos, pola proba de madureza a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas deportivas ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música, arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.
- Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño:
a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
b) Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo; os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes.
- Estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
a) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
b) Título superior de artes plásticas ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura en belas artes.
e) Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en deseño industrial.
-Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio de artes plásticas e deseño quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación:
a) Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.
AUTONÓMICA
Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (DOG nº 134 do 11 de xullo de 2007).
AUTONÓMICA
Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño (DOG nº 59 do 25 de marzo de 2013).
AUTONÓMICA
Resolucíón do 31 de maio 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17 (DOG nº 111 do 13 de xuño de 2016).
AUTONÓMICA
Corrección de erros. Resolución do 31 de maio 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17 (DOG nº 115 do 17 de xuño de 2016).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres