Ayuntamiento de Vigo

  • Os informes de vida laboral conteñen información respecto das situacións de alta ou baixa dunha persoa no conxunto dos distintos réximes do sistema da Seguridade Social.

    As situacións que se inclúen nos informes son computables para o acceso, polo menos, dunha das prestaciones contributivas do sistema da Seguridade Social. Polo tanto, non todas as situacións que se inclúen no informe de vida laboral teñen que ser necesariamente computables para todas as prestacións económicas contributivas do sistema, aspecto este que deberá ser determinado pola Entidade Xestora competente sobre a resolución da solicitude da correspondente prestación.

    A quen está dirixido

    Persoas con número da Seguridade Social.

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Toda a información de como facer a solicitude nesta páxina

    Trámites relacionados

  • Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia da persoa estranxeira que reside legalmente no pais e que quere traer aos seus familiares, cónxugue, descendentes menores de idade, e ascendentes.

    No informe tense que facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamiento.

    A quen está dirixido

    Pode reagrupar e polo tanto solicitar o informe de vivenda:

    A persoa estranxeira non comunitaria que resida legalmente en España durante un ano e que teña autorización para residir polo menos por outro ano.

    Que teña medios de subsistencia suficientes para atender as necesidades da súa familia unha vez reagrupada.

    No caso de reagrupación de ascendentes requírese, que polo menos durante o último ano de residencia en España, transferíranse fondos de forma regular e en cantidade suficiente como para presumir unha
    dependencia económica.

    No caso de reagrupación de menores Autorización do outro proxenitor para que o menor resida en España.

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Por Internet

    Pode solicitar a cita a través do correo electrónico ofi.inmigracion@vigo.org da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

    Tramitar por Internet >>


    Presencialmente

    Solicitude de cita na Oficina Municipal de Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.


    Por teléfono

    Solicitude cita: 986 442 356 ; 986 442 096

    Documentación requirida

    • Documento que acredite a ocupación da vivenda
      Título que habilite para a ocupación da vivienda (contrato de aluguer, escritura de compraventa, declaración xurada de cesión, etc)
    • Autorización de Residencia e Traballo
      Con unha vixencia mínima dun ano.

    Observacións

    No prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración deberá emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para resolver a autorización de reagrupación familiar.

    Subsidiariamente, a persoa extranxeira reagrupante podrá xustificar o requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta notarial mixta de presenza e manifestacións, no caso de que a Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada.


    Preguntas Frecuentes:

    Requisitos xerais para a reagrupación familiar.

    Requisitos da vivenda.

    Cómo legalizar os documentos do país de orixe.

    Familiares reagrupables.

    Oficinas

    • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados

      Rúa Martínez Garrido 21 interior
      36205 Vigo
      Teléfono: 986 442 356
      Fax: 986 442 096
      Email: ofi.inmigracion@vigo.org

      Horario: De 9 a 14 horas de luns a venres

    Lexislación relacionada

  • Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia do reagrupante no que se deberá facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento.

    Este informe é un dos documentos que se deben de achegar á solicitude de autorización de residencia por reagrupación familiar.

    A quen está dirixido

    As persoas estranxeiras menores de idade ou incapacitadas non nacidas en España que ben sexan fillos/as de españois ou de estranxeiros/as residentes legais en España, ben estean suxeitas legalmente a tutela dun/ha cidadán/a ou institución españois ou dunha persoa estranxeira residente legal en España:

    - Poden obter autorización de residencia cando se acredite a súa *permanencia continuada en España durante un mínimo de 2 anos.

    - Os seus pais ou titores deben cumprir os requisitos de medios de vida e aloxamento esixidos para exercer o dereito á Reagruapción Familiar.

    - Cando os menores se atopen en idade de escolarización obrigatoria, deberase acreditar adicionalmente que estiveron matriculados nun centro de ensino e asistido regularmente a clase.

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Por Internet

    Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico ofi.inmigracion@vigo.org da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

    Tramitar por Internet >>


    Presencialmente

    Mediante solicitude de cita na Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista coa técnico/a correspondente.

    Por teléfono

    Mediante solicitude de cita nos teléfonos: 986 442 356 ; 986-442096

    Documentación requirida

    • Documento que acredite a ocupación da vivenda
      Título que habilite para a ocupación da vivenda (contrato de aluguer, escritura de compravenda, declaración xurada de cesión, etc)
    • Autorización de Residencia e Traballo
      Do proxenitor do menor, cunha vixencia mínima dun ano.
    • Xustificante de Escolarización do Menor
      No caso de atoparse en idade de escolarización obrigatoria.
    • Xustificante de Residencia en España
      Continuada de ao menos 2 anos.

    Observacións

    No prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración Local deberá emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para resolver a autorización de reagrupación familiar.

    Subsidiariamente, a persoa solicitante poderá xustificar o requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta notarial mixta de presenza e manifestacións no caso de que a Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada.

    Preguntas Frecuentes:

    Requisitos xerais para a regularización de menores.

    Requisitos da vivenda.

    Como legalizar os documentos do país de orixe.

    Oficinas

    • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados

      Rúa Martínez Garrido 21 interior
      36205 Vigo
      Teléfono: 986 442 356
      Fax: 986 442 096
      Email: ofi.inmigracion@vigo.org

      Horario: De 9 a 14 horas de luns a venres

  • Comunicación ao Concello de Vigo para solicitar a instalación ou cambio de ubicación de colectores (limpeza e/ou reciclaxe) e papeleiras.

    A quen está dirixido

    Calquera persoa.

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Por Internet

    Presentando a solicitude a través da carpeta cidadá.

    Tramitar por Internet >>


    Presencialmente

    Presentando a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

    Por teléfono

    Notificación a través do teléfono de Participación Cidadá: 010

    Máis información no teléfono: 986 810 233

    Documentación requirida

    Oficinas

    • Servizo Municipal de Limpeza

      Concello de Vigo
      Praza do Rei 1 - Planta 2
      Teléfono: 986 810 223

      Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

    Trámites relacionados

  • Mediante este trámite poderá solicitar a reserva dun espazo deportivo programado para os meses de Xuño, Xullo, Agosto e Setembro de 2019.

    A quen está dirixido

    As entidades deportivas e persoas físicas.

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Por Internet

    Enviando o impreso de solicitude de reserva de instalacións á dirección de correo reservasdeportes@vigo.org

    Presencialmente

    Achegando o impreso cuberto de solicitude de instalacións deportivas nas oficinas do servizo de deportes en Travesas, na Avenida de Castrelos nº1.

    Prazos

    O periodo para a realización das reservas é do 2 ao 15 de maio de 2019.

    Documentación requirida

    Observacións

    Do 21 ao 25 de maio as entidades deberán chamar as oficinas de Travesas para coñecer a resolución, tendo 5 días de periodo de reclamacións. Farase efectiva a reserva da instalación coa firma do Contrato de Pretemporada durante o mes de Xuño.

    Oficinas

    • Servizo Municipal dos Deportes

      Avda. de Castrelos 1

      Horario: De 8:30 a 13:00 horas do 1 de Xuño ata o 31 de Agosto.
      De 9:00 a 14:30 horas o resto do ano.

    Lexislación relacionada

    Trámites relacionados

  • Mediante este trámite poderá solicitar a reserva dun espazo deportivo programado para a Tempada deportiva 2019-2020 (1 de Outubro 2019 - 31 de Maio 2020).

    A quen está dirixido

    Dirixido ás entidades deportivas e persoas físicas.

    Lexislación relacionada: Procedemento de reserva de instalacións deportivas tempada aprobado en Xunta rectora do IMD o 22 Xullo de 2013 .

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Por Internet

    Enviando a documentación requirida a través do rexistro xeral do Concello.

    Tramitar por Internet >>


    Presencialmente

    Recollendo e achegando o impreso cuberto de solicitude de instalacións deportivas na oficina da Concellalía de Deportes.

    Prazos

    O periodo para a realización das reservas e dende o 1 de xullo de 2019 ata o 31 de agosto 2019.

    Documentación requirida

    Observacións

    A entidade poderá chamar a partir do 20 de setembro para coñecer os horarios concedidos.

    Unha vez concedida a instalación e o horario, o responsable do club deberá presentarse nas oficinas de Travesas para firmar o contrato de tempada, onde se lle dará un detalle da reserva, descontos e prazos para o seu pago nos períodos establecidos.

    Oficinas

    • Servizo Municipal dos Deportes

      Avda. de Castrelos 1

      Horario: De 8:30 a 13:00 horas do 1 de Xuño ata o 31 de Agosto.
      De 9:00 a 14:30 horas o resto do ano.

    Normativa Municipal

    Lexislación relacionada

  • A xestión de este trámite corresponde a Xefatura Provincial de Tráfico do domicilio do interesado. Se se tratase dun vehículo especial agrícola tamén pode solicitarse na Xefatura Provincial onde se domicilie o mesmo.

    Para realizar este trámite deberá achegar a dita Xefatura Provincial orixinal e fotocopia do xustificante de pago, exención ou non-suxeción do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica do Concello en que está empadroado, como parte da documentación requerida para facer a matriculación, e que deberá solicitar na casa do Concello (ver trámites relacionados).

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Presencialmente

    Farase a solicitude e presentarase a documentación requerida en:

    Delegación da Xefatura Provincial de Tráfico

    C/ Regueiro 15. (Vigo), C.P. 36211

    Telf. 986 414 046 / 047

    Fax. 986 413 085

    oltvi@dgt.es

    Horario: De 9:00 a 14:00 H.

    Horario de caixa no verán: 9:00 a 13:30 H.

    Observacións

    Para máis información sobre como realizar este trámite visite a páxina da Dirección Xeral de Tráfico.

    Trámites relacionados

  • Trátase de obter unha boca de nicho en concesión nos cemiterios municipais para a súa utilización inmediata.

    A quen está dirixido

    Calquera persoa maior de idade.

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Presencialmente

    Directamente na Oficina de Cemiterios.

    Abonarase a taxa correspondente nese mesmo momento, de conformidade coa Ordenanza Municipal, na Recadación Municipal polo procedemento de autoliquidación a realizar en impreso regulamentario que facilitará o servizo de Cemiterios. Non obstante, ao se tratar de servizos que prestan en sábado, domingo ou festivo, o importe da autoliquidación ingresarase no servicio de Cemiterios.

    Prazos

    O prazo de resolución é inmediato.

    Documentación requirida

    • Autorización Xudicial
      Para inhumación do cadáver.

    Observacións

    - A concesión de este tipo de propiedades municipales, depende da existencia de bocas valeiras no intre da solicitude.

    - Este tipo de concesións de nichos e criptas de propiedade municipal será por 6 anos, sen que se admita outro período distinto. Estas concesións só poderán renovarse por un período de 4 anos e por unha soa vez.

    - Transcorridos seis anos ou dez en caso de renovación dende o enterramento retiraranse as cinzas das criptas ou nichos ao osario xeral ou cinceiro no seu caso.

    Oficinas

    • Oficina de Cemiterios

      Concello de Vigo
      Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
      Teléfono: 986 810 112
      Fax: 986 437 085
      Email: ofi.cemiterios@vigo.org

      Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

    Normativa Municipal

    Trámites relacionados

  • Trátase de obter unha ou dúas bocas de nicho nos cemiterios municipais en concesión administrativa.

    A quen está dirixido

    Calquera persoa maior de idade que se atope empadroado neste concello.

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Por Internet

    Remitindo a solicitude, a través da Carpeta do Cidadán, ao Rexistro Xeral do Concello.

    Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza, que poderá ingresarse polo seu importe total ou ben en fraccións, no caso de que se trate de nichos en construcción.

    Tramitar por Internet >>


    Presencialmente

    Presentando o impreso de solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

    Unha vez realizada a solicitude entrará nunha lista de espera. No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a adxudicación solicitaráselle por escrito a documentación a aportar e deberá pagar a taxa correspondente según a Ordenanza, que poderá ingresarse polo seu importe total ou ben en fraccións, no caso de que se trate de nichos en construcción.

    Prazos

    Depende da existencia ou non de bocas no intre da solicitude.

    Documentación requirida

    • Cando se lle notifique
      • Declaración Xurada
        De que non ten propiedades coma as que solicita en ningún cemiterio municipal.
      • Libro de Familia
        No caso de que solicite dúas bocas.

    Observacións

    No intre de facer a solicitude non é necesario que aporte ningunha documentación, ésta requiriráselle por escrito antes de proceder á adxudicación.

    No momento en que o Negociado de Cemiterios notifique a iniciación do expediente para adxudicación requirirase autoliquidación por trámite do expediente de concesión por importe de 30 euros.

    No caso de que a concesión non fose levada ata o final sexa por renuncia, impago ou calquera outra causa imputable ao interesado, o expediente pecharase sen dereito a devolución do importe ingresado pola tramitación.

    Oficinas

    • Oficina de Cemiterios

      Concello de Vigo
      Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
      Teléfono: 986 810 112
      Fax: 986 437 085
      Email: ofi.cemiterios@vigo.org

      Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

    Normativa Municipal

    Trámites relacionados

  • A xestión de este trámite corresponde a Xefatura Provincial de Tráfico do domicilio do interesado. Se se tratase dun vehículo especial agrícola tamén pode solicitarse na Xefatura Provincial onde se domicilie o mesmo.

    Para realizar este trámite deberá achegar a dita Xefatura Provincial orixinal e fotocopia do xustificante de pago, exención ou non-suxeción do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica do Concello en que está empadroado, como parte da documentación requerida para facer a matriculación, e que deberá solicitar na casa do Concello (ver trámites relacionados).

    Como facelo

    NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

    Presencialmente

    Farase a solicitude e presentarase a documentación requerida en:

    Delegación da Xefatura Provincial de Tráfico

    C/ Regueiro 15. (Vigo), C.P. 36211

    Telf. 986 414 046 / 047

    Fax. 986 413 085

    oltvi@dgt.es

    Horario: De 9:00 a 14:00 H.

    Horario de caixa no verán: 9:00 a 13:30 H.

    Observacións

    Para máis información sobre como realizar este trámite visite a páxina da Dirección Xeral de Tráfico.

    Trámites relacionados

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.