Transmisións Intervivos de Nichos, Cinceiros ou Panteóns en Concesión
Trámite para cambiar a titularidade polo tempo que resta da concesión de nichos, cinceiros ou panteóns en cemiterios municipais por un contrato de compra - venda.
A quen está dirixido
O propietario.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Presencialmente
Presentando a solicitude en documento normalizado xunto coa documentación requirida e o pagamento da taxa correspondente no Rexistro Xeral do Concello.
Na solicitude deberá facer constar os datos persoais do titular, da persoa ou persoas a quen se lle van a transmitir as bocas e os datos destas (cemiterio, libro e folio).
Écondición indispensábel que a concesión teña máis de 5 anos.
Prazos
O prazo de resolución é de 2 meses aproximadamente.
Documentación requirida
- Título de Concesión
- Impreso de Solicitude de Transmisións Intervivos de Nichos, Cinceiros ou Panteóns en Concesión (5 copias)
Observacións
Ao importe a satisfacer pola taxa correspondente, deberase engadir a cantidade especificada na Ordenanza Reguladora dos Cemiterios Municipais en concepto de expedición do título.
Oficinas
- Oficina de Cementerios
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por calle granada)
Teléfono: 986 810 112
Fax: 986 437 085
Email: ofi.cemiterios@vigo.orgHorario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo