Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Estudiante
Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración
Con esta tarxeta pode beneficiarse dunha tarifa reducida, posto que está subvencionada polo Concello, e do transbordo entre liñas.
A quen está dirixido
As persoas matriculadas, durante o presente curso, nun centro de Primaria, Secundaria ou F.P.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Pode consultar toda a información necesaria para solicitar a tarxeta na seguinte páxina.
Por Internet
Tamén pode solicitar a alta de tarxeta ou renovación via online.
Presencialmente
Presentando a solicitude e documentación requirida, de luns a venres (non festivos), nas oficinas de VITRASA:
- De 8 a 14 na Carretera de Camposancos, 36.
- De 8 a 14 no Concello de Vigo (Oficina de Tarxetas de Transporte Público).
Prazos
Renovación anual.
Documentación requirida
- Copia DNI / NIF / NIE (2 caras) ou Pasaporte español ou Documento estranxeiro
- 1 Fotografía tamaño carné
- Certificado de matriculación expedido por un Centro de Ensino de Vigo durante o presente curso
- En caso de solicitude dun menor:
- Copia DNI / NIF / NIE (2 caras) ou Pasaporte español ou Documento estranxeiro
Do representante legal. - Fotocopia do libro de familia
Ou documento equivalente que acredite a filiación.
- Copia DNI / NIF / NIE (2 caras) ou Pasaporte español ou Documento estranxeiro
- No caso de facer a solicitude presencialmente ou por correo:
- Impreso de solicitude tarxeta PassVigo
Trámites relacionados
- Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Pensionistas Tipo II
- Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Pensionistas Tipo I
- Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Universitario
- Solicitude da Tarxeta PassVigo de Transporte Normal
- Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Social
- Servizo para Persoas de Movilidade Reducida (Vitrasa)