Solicitude de Devolución de Ingresos Indebidos
Mediante este trámite vostede pode solicitar a devolución de ingresos indebidos como consecuencia de pagar un recibo, liquidación ou autoliquidación dous ou máis veces, polo feito de efectuar un pago por un importe superior ao consignado no documento de cobro, por realizar o pago de débedas prescritas ou cando así o estableza a normativa reguladora do tributo.
A quen está dirixido
Teñen dereito a solicitar a devolución de ingresos indebidos os obrigados tributarios e os suxeitos infractores que realizasen ingresos indebidos no Concello de Vigo con ocasión do cumprimento das súas obrigacións tributarias ou do pago de sancións, así como os sucesores duns e outros.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Presentado o impreso de devolución de ingresos indebidos no Rexistro Xeneral do Concello de Vigo, xunto coa documentación que acredite o ingreso indebido.
Non esqueza cumprimentar os datos do IBAN (conta bancaria) no que desexe que se lle realice a devolución solicitada.
Documentación requirida
- No caso de que a persoa titular do recibo sexa distinta do solicitante
- Fotocopia do DNI
Da persoa titular do recibo.
- Fotocopia do DNI
- Xustificación do ingreso indebido
Á solicitude achegaranse os documentos que acrediten o dereito á devolución, así como cantos elementos de proba considere oportunos para ese efecto. Os xustificantes de ingreso poderán substituírse pola mención exacta dos datos identificativos do ingreso realizado, entre eles, a data e o lugar do ingreso e o seu importe.
- Certificación bancaria
Si desexa que a devolución se realice mediante transferencia bancaria (é o máis aconsellable) debe achegar unha certificación bancaria na que se indique o número de conta bancaria na que desexa que se realice a devolución solicitada.
Si non aporta a certificación bancaria mencionada pode achegar unha fotocopia da primeira páxina da libreta ou cartilla de aforros onde consta o número completo do IBAN (conta bancaria) e os titulares da mesma.
Observacións
Xunto co importe do ingreso indebido a administración devolverá de oficio o interese de demora calculado ata a data do acordo de devolución. Non será ingreso indebido aquel que tivese lugar por incumplimiento dos deberes formais por parte do obrigado tributario, así como o ingreso realizado no caso de que se lle deniegue a licenza ou a autorización correspondente por non contar coas condicións esixidas pola normativa aplicable ao procedemento. Si por aplicación da normativa do tributo procedese a devolución do ingreso realizado, tampouco se abonarán os intereses de demora. Prazo de solicitude: 4 anos desde o día seguinte a aquel en que realizou o ingreso indebido. Prazo de resolución: 6 meses, transcorridos os cales a solicitude entenderase desestimada.
Oficinas
- Tesourería - Recadación
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
- Área de Seguridade e Mobilidade (Oficina de Recadación Executiva)
Concello de Vigo Praza do Rei 1
Pranta Baixa 36202 Vigo.
Teléfono: 986 810 258 (ext. 1142 - 1144)Horario: De 9 a 13:30 horas e de 16 a 18 horas de luns a venres (excepto do 15 de xuño ao 31 de agosto que será de 9 a 13:30 horas).
- Oficina de Recadación Executiva
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 258Horario: Horario: De 9:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (excepto do 15 de xuño ao 31 de agosto que será de 9:00 a 13:30 horas).
Lexislación relacionada
- Real Decreto 520/2005, de 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento Xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, de 17 de setembro, Xeneral Tributaria, en materia de revisión en vía administrativa
- RD 1065/2007 polo que se aproba o Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación de los tributos
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo