Solicitude de Devolución de Aval por Pagamento ou Anulación da Liquidación Garantizada
Mediante este procedemento poderá solicitar a devolución do aval depositado para suspender o procedemento de recadación polos seguintes motivos:
- Pagamento da liquidación tributaria.
- Anulación da liquidación tributaria e pagamento posterior da liquidación xirada en sustitución da anulada.
- Anulación da liquidación sen que proceda nova liquidación en sustitución da anterior.
A quen está dirixido
Aos depositantes de calquera tipo de garantía que teña por obxecto a suspensión do procedemento de recadación.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Debe presentar na oficina de Rexistro do Concello de Vigo o impreso normalizado xunto con toda a documentación requirida.
Documentación requirida
- Mandamento de constitución do depósito.
- Xustificante de pagamento da débeda garantizada
Ou, no seu caso, unha copia da resolución na que se anula a liquidación garantizada.
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
- Tesourería - Recadación
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo