Solicitude / Autoliquidación para Instalación Colectores e Sacos na Vía Pública
Ocupación de terreos de uso público local con colectores e sacos para recollida ou depósito de entullos, materiais de construcción ou residuos.
A quen está dirixido
As persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria que instalen colectores e sacos na vía pública.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Documentación requirida
- Solicitude / Autoliquidación para Instalación de Colectores e Sacos na Vía Pública
Só no caso de tramitación presencial e correo.
- Ficha Técnica do Vehículo
Ou vehículos que os transporten.
- Permiso de Circulación do Vehículo
Ou vehículos que os transporten.
Observacións
- A solicitude e o abono da taxa correspondente non presume a expedición da autorización solicitada que deberá corroborar co departamento de carga e descarga da oficina administrativa da Policía Local.
- A obra que xera o servizo deberá contar coas licenzas preceptivas.
- Os servizos técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as licenzas de non atopar diferencias coas peticións e conforme ás normas vixentes no Concello en relación ao tráfico, limpeza, non obstaculizar calzada e beirarrúas, seguridade e outras. Se se desen diferencias coas declaracións, notificaranse aos interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias con aplicación de intereses de demora e a sanción correspondente.
- En caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados.
- Non poderá disfrutarse dun aproveitamento da vía pública ata que fose ingresado o importe das taxas e fose outorgada a correspondente licencia.
- Entenderase autorizada a ocupación polo tempo que figure na licenza e no caso de aproveitamentos de duración indeterminada, mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou non se presente baixa polo interesado.
- Os titulares das licenzas poderán ser requeridos para depositar, no caso de que sexa necesario, fianza para responder dos posibles danos que poidan ocasionarse na vía pública, dos posibles gastos de reconstrucción ou reparación de vía pública, na contía que determine os departamentos de Urbanismo, Infraestructura e Obras e, Circulación Viaria, segundo corresponda.
Oficinas
- Oficina Policía Local
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 286Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo