Solicitude de acceso á información pública
Procedemento a través do cal o cidadán pode exercer o dereito de acceso que garante a posibilidade de levar a cabo consultas sobre datos e información pública en poder do Concello de Vigo. O dereito de acceso poderá ser limitado nos supostos que contempla a Lei 19/2013 nos seus artigos 14 e 15. Entre outros: Seguridade Nacional, Defensa, Política económica e monetaria, para a protección de datos de carácter persoal, etc.
A quen está dirixido
Todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información. Cando se trate de información en posesión de persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a solicitude dirixirase á Administración, organismo ou entidade á que se atopen vinculada.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Debe cubrir o impreso de solicitude ou o formulario web e presentar a solicitude resultante no Rexistro Xeneral do Concello de Vigo.
Prazos
Un mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver. Máis outro mes se o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario.
Documentación requirida
Observacións
O solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dicte a resolución. No entanto, a ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da solicitude.
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Lexislación relacionada
- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno Texto consolidado. Última modificación: 21 de decembro de 2013.
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo