Solicitude / Autoliquidación por outros Aproveitamentos Especiais ou Utilizacións Privativas de Subsolo de Dominio Público
Caixas de distribución e de rexistro no subsolo, tendidos, entubados, galerías para condución de enerxía eléctrica, auga, gas, fibra óptica ou calquera outro servizo e outros aproveitamentos especiais ou utilizacións privativas no subsolo do dominio público local.
A quen está dirixido
Calquera persoa.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Observacións
Teña en conta que o feito de realizar o pagamento non implica obter o permiso. A aprobación / denegación do permiso comunicaráselle posteriormente unha vez estudiada a súa solicitude.
Oficinas
- Negociado Taxas por ocupación da vía pública
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 115Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo