Solicitude / Autoliquidación de Partes de Servizo de Extinción de incendios (Bombeiros)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Prestación do servizo de elaboración dos informes / partes con actuación do servizo de extinción de incendios (bombeiros).

A quen está dirixido

Persoas físicas ou xurídicas que sexan parte interesada na información ou documento que se solicita.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

O informe solicitado poderá recollelo na oficina de Información do Concello de Vigo no prazo de 10 – 15 días a partires da entrega da solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, tendo en conta que ditos informes recíbense nesta oficina cada martes.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos

10 – 15 días a partires da entrega da solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

  • Xustificante do pagamento de taxas
    O importe a ingresar pódese consultar no apartado 13.2 do artigo 5 da Ordenanza Nº 10 reguladora das taxas polos documentos que expida ou que entenda a administración do Concello ou a dos seus organismos autónomos, a instancia de parte.

Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.