Solicitude / Autoliquidación de Ocupación Vía Pública: Aparcamento Exclusivo e Parada de Vehículos por Obra (Duración Indefinida)
Mediante este trámite autorízase o aparcamento exclusivo de vehículos para carga e descarga en zonas restrinxidas por Ordenanza Municipal.
A quen está dirixido
As persoas físicas e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que disfruten, utilicen ou aproveiten especialmente o dominio público local para o caso mencionado.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Prazos
A licenza concederase 5 días despois de presentar a solicitude e documentación requirida. O día de presentación da solicitude non conta aos efectos de cómputo de prazo.
Documentación requirida
- Impreso de Solicitude/Autoliquidación para Aparcamento Exclusivo e Parada de Vehículos (Duración indefinida)
- Seguro de responsabilidade civil
Observacións
- No caso de solicitudes de aproveitamentos de duración indefinida, os suxeitos pasivos, no momento de formular aquelas, ingresarán polo procedemento de autoliquidación o importe das taxas correspondentes ao período que resta para completar o ano natural.
Para os seguintes períodos impositivos, as liquidacións relativas aos aproveitamentos de duración indefinida, aludidos no parágrafo precedente, incluiranse no padrón periódico anual de Exaccións Unificadas Industriais (E.U.I.).
- Os solicitantes, deberán formular, xunto coa solicitude, autoliquidación de taxas por todo o tempo solicitado. Se o tempo solicitado non resultare suficiente, deberán formular, con anterioridade o seu vencemento, solicitude de continuación co aproveitamento e autoliquidación complementaria.
No caso de que a anterior autoliquidación complementaria fose extemporánea será obxecto dos recargos regulados na Ordenanza Fiscal Xeral.
- Os solicitantes estarán obrigados a formular a baixa do aproveitamento. De non terse formulado esta baixa, a Administración Tributaria do Concello poderá requirir o pagamento das taxas devengadas xunto cos recargos e sancións tributarias procedentes. Igualmente, a Alcaldía poderá impoñer a correspodente sanción por infracción de norma regulamentaria.
- No caso de que o aproveitamento estea situado na confluencia de varias rúas, aplicarase a tarifa correspondente á rúa de categoría superior.
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
- Seguridade e Mobilidade
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 1
Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
- Administración de Tributos
Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo
Teléfono: 010
Teléfono: 986 810 0100Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo