Solicitude / Autoliquidación de Ocupación de Vía Pública para Postos, Barracas, Casetas de Venda, Espectáculos, Atraccións de Recreo etc.
Instalación de postos, barracas, buzóns postais, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreos de dominio público local, así como industrias na rúa e ambulantes, sempre que se trate de supostos non incluídos na ordenanza Reguladora de Venda na Vía Pública e Espazos Abertos.
A quen está dirixido
Interesados e entidades organizadoras do evento.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
En caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Documentación requirida
- Plano de situación
Delimitando a área ocupada, así como a dos diferentes compoñentes en caso de non formar un conxunto.
- Póliza de responsabilidade civil (Fotocopia)
- Solicitude/Autoliquidación de ocupación da vía pública para festas e outros eventos
Observacións
- En caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados.
- Cando a ocupación da vía pública afecte a prazas de aparcamento regulado na Ordenanza reguladora do servizo de aparcamento de vehículos na vía pública mediante parquímetros expendedores de billetes na cidade de Vigo, sumaranse as cantidades establecidas no artigo 4.7 da Ordenanza 30.
- En determinados casos, os titulares das licenzas deberán depositar antes de retirar a mesma, fianza para responder dos posibles danos que poidan ocasionarse na vía pública, dos posibles gastos de reconstrucción ou reparación de vía pública, na contía que determine o departamento correspondente, segundo corresponda.
- Máis información no Departamento de Seguridade, Circulación e Transportes do Concello e nos teléfonos 986 810 291 - 986 810 121.
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
- Seguridade e Mobilidade
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 1
Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza Municipal de Protección do Medio Contra Contaminación Acústica Producida pola Emisión de Ruídos e Vibracións
- Ordenanza Nº 30: Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas por Aproveitamento Especial ou Utilización Privativa do Dominio Público Local
- Ordenanza reguladora da venda na vía pública e espazos abertos
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo