Solicitude / Autoliquidación de Licenza de Entrada de Vehículos (vados)
O paso de vehículos a locais ou espazos de uso privado, pasando sobre espazos de uso público peatonal, requirirá a correspondente licenza municipal de vado. A licenza de vado conlevará a prohibición de aparcamento de calquera vehículo fronte á entrada do local e, por conseguinte, a autorización para señalizar tal circunstancia.
A quen está dirixido
Poderán solicitar esta licenza calquera titular ou arrendatario dunha entrada de vehículos.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Documentación requirida
- Solicitude/Autoliquidación VADO sen Obra
- Para locais comerciais
- Plano a escala mínima 1:1000 da cartografía oficial
- Fotografía da fachada do local
- Licenza municipal de actividades ou de apertura do local (Fotocopia)
- Comunidades de vivendas e vivendas unifamiliares
- Plano de situación a escala 1:1000 da cartografía municipal
- Fotografía da fachada do inmoble
- Licenza de primeira ocupación do edificio ou da vivenda
Se a edificación é posterior ao ano 1985. (Fotocopia) - Certificación do catastro
Se a edificación é anterior ao ano 1985.
Observacións
- Nas solicitudes presentadas ata o 30 de xuño o período de liquidación é anual, as posteriores a esta data liquidaranse por período semestral.
- No caso de entradas para locais comerciais, ao concedérselle o vado, no caso de existir beirarrúa, requiriráselle para que presenten un aval pola cantidade establecida no artículo 7.2 da ordenanza fiscal número 30.
- No caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados, sempre que non se teña producido o feito impoñible.
Medida mínima do ancho da entrada de vehículos:
Todos os garaxes-aparcadoiros deberán dispoñer, con carácter xeral, dun acceso dun ancho mínimo de 3 metros nas rúas de ancho superior a 8 metros. Nas rúas de ancho igual ou inferior a 8 metros o acceso deberá ser de 4 metros como mínimo.
O ancho da rúa mídese de fachada a fachada, é dicir, incluíndo as beirarrúas.
Cumprimento dos acordos da comisión de Goberno das datas 16/07/99 e 02/10/2000
Os citados acordos refírense por unha banda ao condicionamento do otorgamento destes permisos á obriga de adecuar o pavimento do vado con empedres de 10x10 cm e rigolas de granito como elementos separadores de pavimentos, según os planos aprobados; e pola outra banda exceptuar de dita obrigación aos vados pertencentes a vivendas unifamiliares que serán do mesmo material preexistente na beirarrúa.
Oficinas
- Rexistro Xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei 1
36202 - VigoHorario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
- Seguridade e Mobilidade
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 1
Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
- Oficina I.A.E.-E.U.I.
Administración de Tributos - Departamento de I.A.E.-E.U.I.
Planta Baixa
Praza do Rei 1, 36202 Vigo.
Teléfono: 986 810 313
E-mail: ofi.iae@vigo.orgHorario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
- Ordenanza Nº 30: Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas por Aproveitamento Especial ou Utilización Privativa do Dominio Público Local
- Capítulo 5.7 do Título V do Plan Xeral de Ordenación Municipal
Uso Garaxe - Aparcadoiro
- Ordenanza Nº 16: Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas pola Recollida do Lixo
- Esbozo para vado de vehículos
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo