Solicitude / Autoliquidación de Instalación de Terrazas na Vía Pública con Mesas e Cadeiras

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

A implantación destas instalacións require a previa obtención de licenza municipal nos termos previstos na Ordenanza Municipal reguladora e na normativa sectorial aplicable.

A licenza municipal permite ao solicitante o aproveitamento de terreos de dominio público dentro do término municipal de Vigo mediante a ocupación temporal con terrazas e instalacións análogas que constitúan complemento da actividade que desenvolven os establecementos de hostalería de carácter permanente.

Estas normas non serán de aplicación aos actos de ocupación do dominio público de carácter hostaleiro que se realicen con motivo da celebración das festas patronais, ferias e festexos populares, que se rexirán polas súas normas específicas.

A estes efectos, entenderase por terrazas, as instalacións formadas por mesas, cadeiras, parasois, toldos, xardineiras e outros elementos de mobiliario urbano móbiles e desmontables, que desenvolven a súa actividade de forma accesoria a un establecemento principal de hostalería tal como bar, café-bar, cafetería, restaurante o similares.

A quen está dirixido

Poderán solicitar licenza para este tipo de ocupacións, os titulares de licenzas de actividade-apertura dos establecementos de hostalería que linden co espacio exterior que se pretende ocupar, sempre que a actividade se desenvolva de conformidade coas normas urbanísticas e sectoriais que regulan a mesma.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (sen perxuízo do disposto nos artigos 38.4 e 38.9 da Lei LRX-PAC).

As solicitudes/autoliquidacións se presentarán cun mes , como mínimo, de antelación á data de instalación que se interesa.

Os períodos impositivos establécense na devandita Ordenanza Fiscal. No momento de facer a autoliquidación, os interesados especificarán o período impositivo polo que optan e para o que desexan obter autorización. En todo caso, os períodos impositivos serán períodos naturais completos.

O período liquidatorio queda establecido da seguinte maneira:

Un ano natural.- A elección desta opción dará dereito a ter unha bonificación na autoliquidación e a ter instalada a terraza durante todo o ano natural a vontade do solicitante.

Cando o interesado desexe continuar coa instalación da terraza autorizada, deberá presentar unha nova solicitude, como mínimo, cun mes de antelación á expiración da licenza de ocupación, logo do pagamento das novas taxas.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Teña en conta a información adicional do apartado presencialmente.

Documentación requirida

  • Solicitude/Autoliquidación Instalación de Terrazas con Mesas e Cadeiras
  • Fotocopia da licenza de actividade-apertura do establecemento de hostalería
    A licenza deberá estar en vigor e non atoparse incursa en expedientes de disciplina urbanística e contaminación acústica que afecten ao devandito establecemento.
  • Memoria descritiva do tipo de ocupación que se vai realizar e do mobiliario que se pretende instalar
    Deberá expresar o número de mesas e cadeiras a instalar e a superficie de m2 a ocupar. Achegarase unha fotografía do mobiliario e da fachada do establecemento.
  • Plano de situación da terraza
    No que se reflecten a superficie a ocupar, a lonxitude da fachada do establecemento, ancho da beirarrúa, distancias ás esquinas, paradas de autobuses, saídas de emerxencia, pasos de vehículos, así como todos os elementos de mobiliario urbano existentes na área de influencia da ocupación.
  • No caso dunha instalación xa autorizada en períodos anteriores
    • Non será necesario presentar a documentación esixida anteriormente
      O interesado fará constar na súa solicitude-autoliquidación o feito de non ter deudas pendentes coa facenda municipal e maila circunstancia de ter realizado instalación de terraza en período anterior, indicando o número de expediente e a data da licenza de ocupación de dominio público, sinalando que se mantén o mesmo titular, a mesma actividade e as mesmas condicións da instalación da terraza.

Observacións

Sen prexuízo da obriga de resolver, a non contestación do pedimento no prazo de un mes, implicará a súa desestimación tácita a efectos da interposición dos correspondentes recursos.

No caso de denegarse a licenza procederase a devolución da taxa autoliquidada.

Os servizos municipais disporán dun prazo de dez días para examinar a solicitude e a documentación aportada e, no seu caso, requirirán ao interesado para que subsane a falta ou adxunte a documentación preceptiva, con indicación de que se non o fixera teráselle por desistido da súa petición, arquivándose sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 42.1 da LRX-PAC.

Unha vez completada a documentación, emitirase informe técnico e xurídico que finalizará con proposta en algún dos seguintes contidos: denegación ou outorgamento da licenza de ocupación-terraza.

Consulte as condicións que deben cumprir as instalacións, beirarrúas e mobiliario nos artigos 12 e 13 da Ordenanza Municipal reguladora.

Consulte as obrigas, prohibicións e horarios nos artigos 14, 15 e 16 da Ordenanza Municipal reguladora respectivamente.

Forma de efectuar a autoliquidación da taxa :

Por regra xeral, para o cálculo dos metros cuadrados, considerarase que unha mesa e catro cadeiras dun modelo estandar común ocupan unha superficie de 3,06 metros cadrados (1,75 mts. x 1,75 mts.). O número de metros cadrados máximos autorizables, que haberá autoliquidar, virá determinado polos metros lineais de fachada do establecemento de hostalería multiplicados por 1,75 metros, o que determinará o número de mesas que se poderán instalar.

Únicamente nas beirarrúas de ancho igual ou superior a 5,50 metros permitirase unha dobre fileira de mesas debendo deixarse, en todo caso, 1,20 metros libres de obstáculos para o tránsito dos viandantes. Os interesados que desexen instalar esta dobre fila, aos efectos da autoliquidación da taxa, para obter o número de metros cadrados máximos autorizables, multiplicarán por tres os metros lineais de fachada do establecemento de hostalería.

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Seguridade e Mobilidade

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 1
    Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.